You are on page 1of 51

50 Mulleres que

cambiaron a ciencia

IES de Pobra do Caramiñal

Dpto. de bioloxía e xeoloxía


Aspasia de Mileto
(470 - 400 aC)

Esposa de Pericles. Protectora das artes e as letras e célebre pola súa


beleza e intelixencia. Considérase o prototipo de muller que reune ó seu
redor un círculo de debate de ideas cos homes máis cultos da súa época
como Sócrates, Xenofonte e Alcibíades
Agnodice
(Atenas s IV aC.)

Médica grega. Estudou medicina disfrazada de home porque ás mulleres


non lles estaba permitido exercer esta profesión. Exerceu como
xinecóloga con tanto éxito que foi denunciada por abusar das pacientes
por colegas que a envexaban. Para defenderse tivo que revelar o seu
segredo. Foi condenada por quebrantar a lei pero debido á presión das
súas pacientes a lei foi revocada.
María a Xudea
(Séculos I- III?)

Foi unha das primeiras alquimistas. Vivíu en Alexandría (Exipto). Tamén


escribiu varios tratados de alquimia que se queimaron no incendio da
famosa Biblioteca. Pero se conservan partes dos seus escritos en textos
doutros autores. Unha das súas obras era unha descrición detallada dos
utensilios e técnicas de laboratorio, moktas delas da súa invención, como
o “baño María” que tamén se emprega actualmente na cociña, un
alambique de destilación e un condensador de vapores.
Hipatia de Alexandría
(370–415)

Matemática, astrónoma e filósofa neoplatónica grega. Naceu en Exipto e


desenvolveu a súa actividade investigadora e docente en Alexandría.
Inventou diversos aparatos de medición astrnómica, mellorou o astrolabio
e inventou un densímetro. Morreu asasinada por un grupo de cristiáns
fundamentalistas debido a que era declaradamente agnóstica.
Trótula de Salerno
(morta en 1097)

Médica da escola de Salerno, unha das poucas que permitía o exercicio da


profesión ás mulleres. Aplicaba os coñecementos de Galeno. Escribiu
moitas obras dedicadas sobre todo á pel e á cosmética. Foi pioneira na
medicida preventiva, da limpeza e a hixiene e defensora da dieta
equilibrada e do exercicio físico. Desenvolveu unha técnica cirúrxina para
reparar o perineo desgarrado no parto e estableceu os coidados que se
deben dar a unha muller e ao seu bebé despois do parto.
Hildegarda de Bingen
(Bemerrsheim 1098-Bingen 1179)

Abadesa, mística, médica escritora e música. Despregou unha actividade


pouco común en varios campos moi distintos. Fundou monasterios e
viaxou por toda Alemaña dando conferencias sobre teoloxía. Dentro da
súa actividade científica destacan as súas obras sobre o poder curativo
das plantas e a orixe das enfermidades. Compuxo sesenta e oito obras
musicais, todas de carácter relixioso.
Marie de Gournay
(Paris 1566 – Paris 1645)

Escritora e alquimista francesa. Publicou libros de ensaios, poesía e un


tratado sobre estilo, lingua e versificación.
Recoñecida intelectual no seu tempo tanto en Francia como no resto de
Europa, foi encargada polos heredeiros de Montaigne da edición póstuma
dos Ensaios.
Mme. Dacier
(1654-1720)

Filóloga francesa. Esposa do erudito André Dacier. Realizou moitas


traduccións de poetas gregos e latinos, como a obra do poeta grego
Calímaco así como da Ilíada e a Odisea. O seu traballo foi moi polémico
por realizar traduccións moito máis fieles ós orixinais do que era norma
na época.
Mary Wortley Montagu
(1689 - 1762)
Epistológrafa e poetisa inglesa. Esposa dun diplomático bri-tánico, tivo
oportunidade de facer longas viaxes. Durante a súa estancia en Estambul
observou como as sanadoras turcas inoculaban pus dun enfermo de
viruela a persoas sanas para previ-la aparición da enfermedade. En 1917
realizou a inoculación no seu propio fillo e durante a gran epidemia de
1721 divulgou e defendeu a posta en práctica xeralizada deste método. Foi
apoiada por médicos famosos como John Woodward. En 1796 Jenner
melloraría o método empregando unha varie-dade máis benigna da viruela
que afectaba ó gando vacún e que recibiría o nome de vacina.
Emilie du Chatelet
(París 1706 – Lunèville 1749)

Matemática e física francesa. Fixo unha tradución dos principia matematica de


Newton con comentarios, que tivo gran éxito etre os científicos franceses. Mantivo
unha correspondencia cos científicos máis importantes da súa época como
Bernouilli, Lavoisier, Euler, Buffon e Reaumure. Foi amante de Voltaire, que
consideraba superior a si mesmo polos seus coñecementos.
María Gaetana Agnesi
(Milán 1718 - Milán 1799)

Matemática, filósofa e lingüísta italiana. Publicou libros sobre cálculo diferencial e


integral. A súa obra Instituzioni analitiche é considerado como o primeiro libro de
texto. Debido a unha mala tradución dun dos exemplos que aparecen no seu libro
unha curva hoxe é coñecida como a bruxa de Agnesi.
Caroline Lucretia Herschel
(Hannover 1750 - Hannover 1848)

Astrónoma alemana. Comezou a súa actividade científica no Reino Unido


en compañía do seu irmán, Sir William Herschel, para que realizou
laboriosos cálculos astronómicos.
Máis adiante dedicouse á corrección e ampliación do catálogo de corpos
celestes. Descubriu tres nebulosas e oito cometas. A súa inxente labor foi
recompensada coa medalla de ouro da Real Sociedade Astronómica
Inglesa.
Mª Louise Duges
(Mme. Lachapelle)
(1769 - 1821)

Especialista en obstetricia. De formación empírica. Directora da


Maternidade do Hospital de Paris. As súas obras sobre obstetricia foron
durante moitos anos os manuais de uso habitual nos hospitais franceses e
de gran parte de Europa.
Sophie Germain
(París 1776 - París 1831)

Matemática francesa. De formación autodidacta, traballou sobre o teorema de


Fermat e sobre as vibracións das láminas elásticas. Toda a súa vida sufriu o illamento
dunha sociedade que rexeitaba a adicación das mulleres á ciencia. Así na
correspondencia científica que mantivo con Lagrange e Gauss debía emprega-lo
seudónimo de Le Blanc. Fourier, impresionado polos traballos de Germain,
conseguiu que participara na comunidade científica de París, sendo a primeira muller
que asistiu ás sesións da Academia das Ciencias. Recibiu en 1815 o premio do
Instituto de Francia. Sen embargo o recoñecemento académico que a súa obra
merecía nunca chegou. Gauss foi incapaz de que a Universidade de Götinguen lle
concedera o doctorado "honoris causa".
Mary Fairfax Somerville
(Jedburgh 1780 – Nápoles 1872)

Astrónoma e matemática escocesa. Escribiu multitude de libros e ensaios


sobre astronomía de gran difusión. Foi admitida como socia de honra na
Academia Real inglesa pese a que as mulleres o tiñan prohibido naquel
tempo.
Mary Anning
(1799 - 1847)

Paleontóloga adicada ó estudio dos fósiles. Fixo os primeiros


descubrimentos de plesiosaurios e ictiosaurios nos acantilados de Regis,
na costa meridional de Inglaterra, onde atopou esqueletos moi ben
conservados.
Ada Byron Lovelace
(Londres 1815 - Londres 1852)

Matemática inglesa. Filla do poeta Lord Byron. Foi a primeira persoa en


desenvolver unha linguaxe de programación. Realizou este traballo para unha
máquina analítica denominada máquina de Babbage.
Florence Nightingale
Florencia 1820 - Londres 1910.

Enfermeira inglesa. É considerada como a creadora desta profesión no sentido


moderno do término. En 1854-56 participou como enfermeira voluntaria na
guerra de Crimea despregando unha enorme labor asistencial e organizativa. Foi
chamada "Lady of the lamp" polas numerosas gardas nocturnas que facía. A súa
volta foi aclamada como heroina nacional. Nos hospitais de campaña observou a
necesidade dun profundo cambio nos métodos e nas técnicas sanitarias. En 1860
fundou en Londres a primeira Escola de Enfermeiras, pioneira en técnicas de
limpexa e hixiene.
Elizabeth Garrett Anderson
(Aldeburg 1836 - Aldeburg 1917)

Primeira muller médica inglesa. A pesar do seu interés por estudiar


medicina non foi admitida nas escolas médicas e tivo que estudiar de
forma privada.
Recibiu o seu título académico na universidade de París, e despois de
vencer múltiples obstáculos por parte dunha clase médica pechada e
tradicional, obtivo licencia para exercer no "New Hospi-tal for Women",
que anos despois levaría o seu nome.
Mary Putman Jacobi
(1842 - 1906)

Primeira muller médica de EEUU. Licenciada en Farmacia en Nova York


estudiou medicina en Filadelfia gracias a un permiso excepcional do
ministro. Exerceu a pediatría.
Sofía Kovalevskaya
(Moscova 1850 - Estocolmo 1891.)

Matemática e novelista rusa. Estudiou na universidade de Gotinga onde


ingresou vencendo numerosas dificultades, e despois na universidade de
Heidelberg. Realizou importantes contribucións á teoría de ecuacións
diferenciais, que lle valeron para desempeña-la cátedra de Análise da
universidade de Estocolmo. Recibiu o premio Bordin en 1888.
Jeanne Magre Dieulafoy.
(1851 - 1916)

Arqueóloga e escritora francesa. Acompañou ó seu marido a Persia onde


descubriron os palacios de Darío e Artaxerxes. Levaron o famoso "friso
dos arqueiros" ó museo do Louvre. Dirixiu excavacións en Rabat. Debido
á natureza do seu traballo levaba indumentaria "masculina" o que
suscitaba moita estrañeza.
Marie Phisalix
(Besançon 1861- Sèvres1946)

Herpetóloga francesa. Investigadora sobre reptiles. Asúa obra "Animais


venenosos e venenos" de 1922 é un tratado clásico sobre os réptiles. Foi
unha das primeiras mulleres en conseguir o titulo de doctora en mediciña
en Francia.
Maria Sklodowska-Curie
(Varsovia 1867- Sallanches 1934)
Química polaca que fixo a maior parte da súa carreira científica en Francia. O
obxecto da súa investigación foi a radiactividade e os elementos radiactivos.
Descubriu a radiactividade do torio e logrou illar, por primeira vez, e estudiar as
propiedades do radio e o polonio. A súa enorme capacidade científica fixo dela a
primeira muller catedrática na Sorbona, a primeira muller que recibíu o premio
Nobel (en física de 1903) e a primeira persoa que recibíu por segunda vez este
importante premio (en química en 1911). Durante a primeira guerra mundial
desempeñou un importante papel na creación do servicio radiolóxico do exército.
Morreu dunha leucemia ocasionada polas prolongadas exposicións á radiación que
soportou durante o seu traballo.
Henrietta Swan Leavitt
(Massachusetts 1868 - 1921)

Astrónoma americana. Determinou un método para medir grandes


distancias estelares utilizando as Cefeidas. Descubriu e catalogou estrelas
variables pero nunca obtivo recoñecemento en vida polo seu traballo.
Morreu pouco antes de que a postularan para o premio Nobel.
Maria Montessori
(Chiaravalle 1870 - Noordwijk 1952)
Pedagoga, psiquiatra e socióloga italiana. Graduada en medicina pola Universidade
de Roma especializouse en psiquiatría clínica ara investigar sobre os problemas da
educación dos nenos e nenas deficientes mentais.
En 1907 fundou en Roma a "Casa dei bambini" onde puxo en marcha un sistema de
ensino, que hoxe leva o seu nome, baseado no desenvolvemento do potencial
creativo dos seus alumnos e alumnas.
Durante a época fascista fuxiu de Italia e percorreu moitos paises. Finalmente
instalouse en Holanda ata a súa morte.
Entre a súa extensa obra destacan os libros: "Il metodo della pedagogia scientifica",
"The Montessori Method", "Education for a new world" e "The absorbent mind”.
Lise Meitner
(Viena 1878 - Cambridge 1968)

Física alemana. Discípula de Max Planck e doctora en física pola


Universidade de Viena. Tivo que fuxir da Alemania nazi e refuxiarse en
Suecia por ser xudea.
Realizou investigacións sobre a radioactividade e os productos do
bombardeo con neutróns sobre o uranio. Conseguiu aillar, con Hahn, o
isótopo Protoactinio 231.
Gañou o premio E. Fermi en 1966 cos químicos Otto Hahn e Fritz
Strassmann polo decubrimento da fisión do uranio.
Emily Noether
(Baviera 1882 – Pennsylvania 1935)

Matemática alemana, considerada por Einstein a mellor matemática de


todos os tempos. Publicou traballos sobre as teprías de aneis, corpos e
álxebras que tiveron un extraordinario impacto científico. O teorema de
Noether é fundamental para explicar a conexión entre a simetría en física
e as leis da conservación.
Ida Eva Tacke
(1896 - 1978)

Química alemana. En colaboración co seu marido Walter Noddack,


descubriu o elemento 75, chamado Renio polo río Rin. Foi a primeira
persoa en mencionar a idea da fisión nuclear en 1934
Irène Joliot-Curie
(Paris 1897 – Paris 1956)

Física e química francesa, filla de Pierre e Marie Curie. Obtivo o premio


Nobel de química en 1935 polos seus traballos de física nuclear.
Descubriu a estrutura do nucleo atómico. En 1934 consegiu a síntese de
novos elementos radioactivos.
Cecilia Payne
(Wendover 1900 - 1979)

Pioneira da astronomía inglesa, brillante graduada en Harvard. Demostrou


en 1925 que o hidróxeno é o elemento máis abundante no Sol, e nas
demáis estrelas, un descubrimento que é a base das teorías actuais sobre a
evolución das estrelas e as galaxias.
Margaret Mead
(Philadelphia 1901 - New York 1978)

Psicosocióloga estadounidense coñecida polos seus estudios sobre as


sociedades primitivas. Gran antropóloga cultural, demostrou que o efecto
do aprendizaxe social depende tan só do contexto cultural no que se
efectúa e que certas crisis sicolóxicas están estreitamente vencelladas ó
estatuto social, non existindo en certas culturas primitivas.
Entre as súas obras máis importantes destaca "Coming of age in Samoa",
sobre a investigación que levou a cabo nas sociedades polinésicas. Este
libro tivo unha extraordinaria influencia na antropoloxía moderna.
Barbara McClintock
(Hartford 1902 – Huntington 1992

Bióloga norteamericana. Ganadora do premio Nobel de Medicina e


Fisioloxía en 1983. Traballou sobre recombinación xenética, fixo o
piomeiro mapa de ligamento do xenoma. Descubriu a transposición de
elementos do xenoma e estableceu unha hipótese sobre a expresión
xénica.
Maria Goeppert-Mayer
(Katovice 1906 – San Diego 1972)

Física alemana nacida en Polonia. Recibíu o premio Nobel de Física en


1963 polo descubrimento da estrutura nuclear orbital.
Grace Murray Hopper
(Nova York 1906 – Arlington 1992)

Matemática e militar estadounidense. Foi a primeira programadora e


desenvolveu as bases para a linguaxe COBOL e FORTRAN. Na carreira
militar acadou o grao de contraalmirante.
Rachel Carson
(1907 - 1964)

Bióloga estadounidense. Investigou os efectos do DDT sobre a vida


silvestre. Desenvolveu unha gran actividade divulgadora. Considérase
como unha das promotoras da conciencia ecoloxista polo gran impacto do
seu libro “A primavera silenciosa” (1962).
Dorothy Crowfoot Hodgkin
(Cairo 1910 – Shipstons 1994)

Química pioneira na aplicación de raios X á bioquímica. Consegiu


determinar a estrutura tridimensional de moitas biomoléculas como o
colesterol, a penicilina, a insulina e algunhas vitaminas. Foi a terceira
muller en conseguir o premio Nobel.
Chien-Shiung Wu
(Shanghai 1912 – Nova York 1997)

Física norteamericana nacida en China. Participou no proxecto Manhattan


para a fabricación da primeira bomba atómica. Participou no deseño dos
contadores Geiger para medir a radiación nuclear. Polos seus traballos na
física de partículas subatómicas recibiu o premio Nobel de física en 1957.
Mary Leakey
(1913 – 1996 )

Paleontóloga británica. Traballou durante anos co seu marido Louis


Leakey en Olduvay (Tanzania) onde descubriron numerosos fósiles de
homínidos como Australopithecus, Homo habilis e Homo erectus.
Rosalind Franklin
(Kensington 1920 – Chelsea 1996 )

Biofísica e cristalógrafa inglesa. Investigou a estrutura espacial de virus,


carbón e grafito. O seu achado máis importante foi a estrutura do ADN.
Sen embargo o mérito do descubrimento foi só para os outros membros do
equipo, Watson, Crick e Wilkins.
Vera Rubin
(Filadelfia 1928 -)

Astrónoma da Institución Carnegie de Washington. Nos anos 60


desencadenou unha forte polémica cando informou de observacións que
mostraban á Vía Láctea movéndose a alta velocidade con respecto a
outras galaxias.
A principios dos 80 estableceu que incluso os sistemas estelares máis
luminosos conteñen gran cantidade de materia escura. Descubrimento
importante porque a materia escura pode conte-la clave do maior enigma
cosmolóxico "cal é o destino definitivo do universo”.
Dian Fossey
(San Francisco 1932 – Ruanda 1985 )

Naturalista estadounidense. Desde 1963 estudiou a vida e costumes dos


gorilas dos montes Virunga (Cadea de oito volcáns na fronteira entre
Zaire, Ruanda e Uganda).
A película "Gorilas na neboa" está baseada na súa vida. Foi asasinada por
cazadores furtivos.
Tuneko Okazaki
(1933 - )

Bióloga xaponesa. Xunto co seu marido Reiji Okazaki Descubriu os


frgamentos de ADN que reciben o seu nome. Fragmentos curtos que se
forman durante a duplicación do ADN
Jane Goodall
(Londres 1934 - )

Primatóloga inglesa. Investigou durante décadas o comportamento de


chimpancés salvaxes. Descubriu que utilizan ferramentas para capturar
pequenos animais. Actualmente compaxina a investigación coa promoción
de iniciativas para a conservación da natureza.
Lynn Margulis
(1938 - )

Bióloga estadounidense especializada en evolucionismo. É unha das


creadoras da teoría da endosimbionte, que explica a orixe das
mitocondrias, cloroplastos e flaxelos como un caso de simbiose de células
hospedadoras con células procariotas.
Margarita Salas
(Canero 1938 - )

Química asturiana, discípula de Severo Ochoa. Desenvolve varias


investigacións sobre virus bacteriófagos e sobre biotecnoloxía. É a
primeira muller española membro da Academia Nacional de Ciencias de
Estados Unidos.
Shannon W. Lucid
(1943 – )

Bioquímica e astronauta da NASA. Ostentou o record feminino de


permanencia no espacio, na estación espacial MIR.
Jocelyn Bell Burnell
(Belfast 1943 - )

Astrofísica, descubridora do primeiro radiosinal de púlsar xunto con


Hewish, pero só a este lle concederon o premio Nobel polo
descubrimento.
Anna Veiga
(Barcelona 1956 - )

Bióloga catalana especializada en reprodución asistida. Participou na


primeira fecundación “in vitro” realizada en España. Actualmente
colabora con Bernat Soria e Juan Carlos Izpisúa na investigación con
células nai embrionarias.
Carmen Ascaso
(Castillo Pompién 1956 - )

Bióloga oscense. Especialista en microscopía electrónica Atopou


fragmentos de magnetita de posible orixe biolóxica no meteorito
ALH84001 que se atopara na Antártida, o que dou un pulo importante á
teoría da panspermia.

You might also like