You are on page 1of 4

BOLETÍN INFORMATIVO DEL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN

Nº 12. Octubre - Noviembre de 2003


Dep. Legal nº C-1701-03

PEREIRIÑOS
Boletín Informativo
Decano de la da Biblioteca
prensa náutica del Barbanza do
CEIP do Foxo

BOLETÍN Nº 23
ABRIL 2007

PRESENTACIÓN

Estes días na nosa escola estivemos a ler unha morea SUMARIO

de libros dun debuxante e escritor que fixo da familia Páx. 1


Bolechas todo un best-seller galego. PRESENTACIÓN
"

Por iso mesmo -para saber máis de Pepe Carreiro e dos Páx. 2
Bolechas-, neste número especial do Boletín QUEN É
" O NOSO
INVITADO
Informativo da Biblioteca, O PEREIRIÑOS, queremos
"O FENÓMENO
informarvos que o próximo mércores 18 de abril ás
“BOLECHAS”
16.00 horas no salón de actos “Manuel Daniel Varela
Páx. 3
Buxán”do noso colexio teremos a oportunidade de
OUTRAS
" COUSIÑAS
asistir a unha charla-coloquio con Pepe Carreiro.
"DA MAN DE PEPE
CARREIRO
Páx. 4
CEREIXAS...
" DE XULIO
VARCÁRCEL

Deseño e Maquetación
Aula de Informática

Pepe Carreiro cos seus Bolechas


Páxina 2 PEREIRIÑOS

QUEN É O NOSO INVITADO


Pepe Carreiro

Ilustrador e deseñador de Banda Deseñada, comezou en


1977 coa banda O fillo de Breogán no voceiro comunista A
Voz do Pobo. Foi un dos fundadores de Can sen Dono, revista
que chegou a dirixir, e ten colaborado con publicacións como
Teima, El Pueblo Gallego, Hoja del Lunes de Vigo, Faro de
Vigo, A Peneira, La Voz de Galicia, A Nosa Terra ou La
Codorniz. Publicou a saga A retirada de Sir John Moore na
revista Golfiño, que despois foi recompilada en formato álbum
por Xerais. Outras creacións súas inclúen O curral de Don
Mundo, Maxistérico, O galo Camilo e Robinson. Como
ilustrador para nenos ten acadado moita fama, asinando a
serie Os Bolechas. Ten desenvolvido a publicación infantil Bule
bule e publicou o álbum Compostela, historia dunha lenda
Pepe Carreiro...
(ed. Toxosoutos, 2003) da que se tiraron dez mil exemplares. o compromiso ético e
Na mesma editora viu a luz a súa serie de álbumes Os estético con Galicia.
Barbanzóns (2003), unha revisitación asterixiana.

O FENÓMENO “BOLECHAS”

Non hai xeración nin cultura que non teña unha familia
imaxinaria de referencia, desde a familia Cebolleta aos
Simpson. E o debuxante Pepe Carreiro quixo que Galicia tivese
a súa propia familia, Os Bolechas, unha familia das de toda a
vida que se colou nos nosos fogares e xa forma parte, para
sempre, das nosas vidas.

Eso debeu pensar Pepe Carreiro cando propuso a súa idea á


editorial (A Nosa Terra) e fixo dos Bolechas todo un “best-seller”.

“Estaba un pouco farto de fantasías, maxia, sonos e pensei


nun personaxes máis apegados á realidade, que non se
moveran por castelos, senón pola cociña, o colexio, o carto
de baño, por ambientes domésticos… e que ademais non
pretendesen ningún afán moralizante…. Desde que comecei
co cómic, eu, e mais os que comezaron comigo, tivemos a
ilusión de crear algún referente no tebeo galego, algo como
os Simpson ou Mafalda. Eu penso que cos Bolechas conseguín
algo diso.”
Nº23. ABRIL 2007 Páxina 3

OUTRAS COUSIÑAS SOBRE OS BOLECHAS


Unha curiosidade: o nome orixinal que tiña pensado Pepe
Carreiro para a exitosa serie de libros era os Manteiga, pero a
editorial A Nosa Terra propuxo os Bolechas e así ficaron.

Os Bochechas en Portugal: os Bolechas tamén foron editados


en Portugal, pero alí o nome sufriu unha pequena
transformación, pasando a chamarse os Bochechas. Seica o
de Bolecha era un adxectivo moi vencellado a Mario Soares,
unha auténtica institución no país veciño.

Por toda a súa traxectoria recibíu en 2003 o Premio Ourense de


Banda Deseñada, que recoñece cada ano unha iniciativa ou
persoeiro relevante da novena arte en Galicia.

VI Premio de Lecturas, dedicado ás obras publicadas en 2004:


O solpor da prehistoria da serie Os Barbanzóns.

DA MAN DE PEPE CARREIRO


Levantámonos moi cedo para facermos unha pequena
excursión. Tocaba Redondela. O meu fillo, de seis anos, colleu
na súa habitación o libriño que nos serviría de guía durante toda
a xornada. Paseamos pola praia de Cesantes, vimos as illas de
San Simón e San Antonio, a Ponte de Rande e logo
marabillámonos vendo pasar o tren polo viaducto como se fose
un avión, e por suposto, como os protagonistas da historia,
comemos empanada de chocos… O culpable deste
marabilloso día foi Pepe Carreiro.

A miña meirande preocupación foi e segue sendo a de facerme


comprender dos nenos, porque se consigo facerme comprender
dos nenos terei a alta satisfación de facerme comprender dos
maiores. E Pepe Carreiro fíxose comprender dos nosos nenos e
nenas, dos nosos pereiriños.
Os seus libros dos Bolechas (Braulio, Sonia, Loli, Pili, Carlos, Tatá e
Chispa) son unha lección de tenrura, de sensibilidade e de poder
de comunicación cos máis novos que, non o esquezamos, son o
noso futuro.
CEREIXAS... DE XULIO LÓPEZ VALCÁRCEL

Antes de que o desexo tinguise os ollos,


antes de que a ambición cegase
a trémula flor azul do liño,
o norte fráxil dos soños,
houbo un tempo de cereixas.
Non resulta doado entendelo,
pero antes da súa mancha,
do seu oprobio, antes de que nos ferisen
ferruxe mesquindade, óxido miseria,
corrosión calumnia,
antes da definitiva dor,
houbo un tempo de cereixas.

Polpa, celme lentísimo,


sobre o fondo verde das follas
brillaban,
rubís acesos, as cereixas...

Antes do desexo, da ambición


e da conciencia da morte,
aló, na inocencia máis antiga, Pepe Carreiro
houbo un tempo de cereixas.

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A CULTURA GALEGA...


CEIP DO FOXO

You might also like