-E a onde dicía vostede que se dirixía?- A Ourense, en Galicia. Cando escoitei esas palabras, deume unha volta o corazón. Non o podíacrer!! Ía regresar a Galiza; á fermosa Galiza que tanto estrañara despois desemellante tempo!!! Estaba ansiosa por chegar. A diferenza doutras veces, queríaque a viaxe rematara canto antes.Unha vez no auditorio do conservatorio, o músico sacoume do estoxo, afinouas miñas cordas, e, tras ensaiar un par de veces, comezou o concerto. Debido áledicia que sentía, o meu son foi tan impresionante que algunha xente do públicochoraba da emoción.Chegou a hora do descanso do concerto e o músico deixoume nos camerinosmentres el se dirixía ao baño. Estaba soa. Era a miña oportunidade para fuxir esabía o que tiña que facer. O tempo estábaseme esgotando. En calquera momento omúsico podía regresar e, seguramente, non volvería ter esa alternativa en moitosanos. Estaba nas miñas mans, de min dependía todo: fuxir e ter unha vida feliz ouser a prisioneira do músico eternamente. Sen pensalo un segundo máis, decidín quechegara o momento idóneo. Pero…non podía marchar así, sen darlle unhaexplicación ao músico. Polo tanto, collín lapis e papel e dispúxenme a escribir:
Querido Bartolo: Lamento dicir que estes últimos dous anos foronos peores da miña vida. Porque, por moi bo músicoque sexas e que te consideres, debes saber que esunha persoa verdadeiramente insensible, trapalleiroe lacazán, o que me fixo chegar á decisón de fuxir. Así pois, espero que o tomes como a persoa adultaque es e non como un rapaciño de tres anos. Non agardo máis de ti. E non intentes buscarme,asegúroche que non me atoparás. Ah! E se precisasunha viola fai o favor de comprala e non coller a
3