- O que a min verdadeiramente me gusta é tocar o saxofón. Ademais, se esascousas que vostede di son tan útiles, non entendo por que non as estuda taménArmando.-Porque o teu irmán é un home, Amalia! Un home!!- E por iso el pode estudar e saír cando lle pete? Non quixen escoitar a súa resposta. Saín enfadadísima cara ao meu cuarto, e, por efecto da ira, dei un portazo. Entón, chorei un mar de bágoas. Meu pai era especialistaen sacarme de min. Co teimudo que era, ás veces incluso me facía pensar que quizaistiña razón; que ao mellor as mulleres eramos inferiores aos homes; que tiñamos queagochar a cabeza e someternos a eles coma parvas sen poder manifestar as nosas ideas e pensamentos… Pero ata neses momentos había algo en min que me dicía que as cousasnon eran así.Eu o único que quería era estudar a carreira de saxofonista. Había algo maloniso? Acaso era algo malo o querer saber? O querer prepararse e ser unha persoa culta?Eu creo que non. E sentíame tan capaz de facelo coma calquera home. Nunca entendín alimitación á que se ven sometidas as mulleres. Admirei dende nena seres como Rosalía,María Pita…, sobre as cales lía e relía naquel libro que atopara no faiado do meu avó,que fora mestre de escola. Pero o que máis me emocionaba era lembrar que a miñaantepasada Teresa Bouchet chegara a participar en varias exposicións coa súa pintura.Eu soñaba sen parar con seguir os seus pasos…E é que para min o saxofón era máis que un simple instrumento. Era coma unamigo que sempre estaba aí; un amigo que fala sen falar…Como recordo aquelas fríastardes de inverno nas que o meu avó, tan sabio coma maior, acariciaba cos seusenrugados dedos de ancián aquel curvado instrumento que tanto chegou a fascinarme.Porque o meu avó, sabede, comezara a súa mocidade sendo músico de orquestra polasfestas de Galiza. Velaí o meu amor polo saxofón. Porque, cando eu o toco, esquézomede todo e entro nun mundo sen principio e sen fin, cheo de esperanzas e ilusións…- Miña rula, acaba de vir a túa amiga Remedios -dixo miña nai dende o outro ladoda porta.- Pasa, Reme, pasa…2