You are on page 1of 32

Lei de Conservación da

Superficie Agraria Útil e do


Banco de Terras de Galiza

David V.V.
Principio xeral
• A terra é un factor de produción estratéxico e escaso

• Debe ser obxecto de aproveitamento:

– Para a produción de bens dirixidos ao autoconsumo ou ao


mercado

– Para a xeración de bens de carácter medioambiental e de


lecer dirixidos ao conxunto da sociedade
OBXECTO DA LEI
 En definitiva, a terra con vocación agrícola:

– Debe servir para enriquecer o país

– A terra hoxe improdutiva, debe poñerse a producir

– Manter as terras infrautilizadas ou abandonadas debe ter un custo

• OBXECTIVOS FUNDAMENTAIS:

– Aumentar a riqueza do país a través da posta en valor das terras con


evidente aptitude agraria

• Frear a perda de superficie agraria útil


Situación de partida
– Excesiva fragmentación nun elevado número de parcelas de
pouca dimensión
– Forte redución do número de explotacións
– Abandono, con escasa transferencia da base territorial
– Destino de terras a outros usos
– Continua redución da superficie agraria útil
– Perda dunha riqueza de interese social e público que un país non
se pode permitir

 Consecuencias:

– Mínimo relevo xeracional


– Insuficiente base territorial para garantir un nivel de rendas
suficiente a titulares e familias das explotacións agrarias
Obxectivos (1)
• Mantemento da capacidade produtiva da terra
• A mobilización das superficies agrarias útiles hoxe
improdutivas
• Dinamización do mercado da terra
• Conseguir o aproveitamento e evitar a perda de superficie
agraria útil
• Evitar a infrautilización, o abandono e o destino inapropiado da
SAU
• Mellorar, ampliar e redimensionar a base territorial das
explotacións
Obxectivos (2)
• Promover modelos de explotacións de carácter extensivo

• Fomentar a modernización das explotacións e o establecemento de


novas

• Garantir o cultivo racional, directo e persoal da terra

• Lograr unha mellor xestión do territorio con fins agrarios

• Protexer os bens públicos e privados e preservar as fincas colindantes

• Converter a terra nun factor de riqueza colectiva


Obxectivos (3)

• Axilizar os labores preventivos e de extinción de lumes


forestais

• Velar pola conservación do contorno e das condicións


ambientais

• Camiñar cara unha agricultura sustentábel e compatible


coa conservación do medio ambiente e a seguridade
alimentaria
Posibilidades

• Existe oferta potencial de terras libres procedentes de:


– Fincas con vocación agrícola, en situación de abandono.

– Terreos de persoas que abandonaron a actividade agraria por cambio de


emprego ou por xubilación

– Explotacións sen relevo na titularidade das explotacións

– Terras traballadas en arrendamento devoltas ao propietario por fin do


prazo

• Existe demanda potencial de terras libres por parte de:

– Explotacións que pretenden ampliar a base territorial ao través de


compras ou arrendamentos
Instrumentos

Fondo de Terras :

 Conxunto de fincas de interese agrario radicadas en territorio


galego postas a disposición do Banco de Terras para a súa xestión

BANTEGAL :

 Instrumento da Administración para a intermediación e xestión


dos bens do Fondo de Terras
Fondo de Terras (1)
Integraranse no Fondo de Terras de Galiza os seguintes elementos
patrimoniais situados no territorio da Comunidade Autónoma:

– Os predios sobrantes, masas comúns e fondos de terras das zonas de


concentración parcelaria
– Os predios ou explotacións agrarias adquiridos pola Comunidade
Autónoma
– Os de interese agrario do Inventario Xeral do Patrimonio da
Comunidade Autónoma
– Os cedidos para o efecto por calquera ente público a través de convenio
– Os predios ou explotacións agrarias que lle fosen cedidos
temporalmente
Fondo de Terras (2)
– Os predios de propietarios descoñecidos

– Os montes veciñais en man común cando sexa declarada a


situación de grave abandono ou degradación

– Os montes veciñais en man común por extinción ou


desaparición da comunidade de veciños titular do monte

– Os predios nos que teña cesado anticipadamente o titular da


explotación, sen cesión a terceiros
O órgano de xestión :
BANTEGAL
Crearase a sociedade xestora do FONDO DE TERRAS
DE GALIZA, baixo o nome de

Banco de Terras de Galiza (BANTEGAL)

Será unha sociedade pública autonómica como medio


propio instrumental e servizo técnico da Xunta de Galiza,
encargada dos labores de xestión e intermediación para o
arrendamento das fincas que constitúen o Fondo de Terras
Fins fundamentais do
BANTEGAL
• Labores de asesoramento e intermediación:

• Facilitar o acceso á terra de aquelas explotacións que queiran


incrementar a súa base territorial

• Facilitar a xestión a aquelas persoas que teñan vontade de


vender, permutar ou ceder en arrendamento as súas
propiedades
Outras funcións
• Administración, conservación e defensa dos bens que integran en propiedade o Banco de
Terras.

• Velar pola conservación do contorno ecolóxico dos predios que integran o Banco de
Terras

• Esixir unha explotación racional dos seus recursos naturais.

• Realizar os labores de mantemento que considere precisos.

• Seguimento do mercado de terras en Galiza

• Elaborar os estudios que podan resultar de utilidade para favorecer a mobilidade das
terras

• Estudar as condicións de oferta e demanda, prezos e valores deste mercado.

• Xestionar e actualizar a información cartográfica, territorial, parcelaria e agronómica


para o eficaz desenvolvemento das súas funcións.
As valoracións:
Comisión Técnica de Prezos e
Valores
O Consello da Xunta establecerá os prezos de
referencia para os arrendamentos, previo informe da
Comisión Técnica de Prezos e Valores, constituída por:

• Consellarías de Medio Rural, e outras colaboracións.


• Federación Galega de Municipios e Provincias
• Xerencia Territorial do Catastro
• Organizacións sindicais agrarias
• Asociación Galega de Cooperativas Agrarias
Adquisición de fincas para o Banco
de Terras
• A Xunta de Galiza gozará dos dereitos de tenteo e retracto para
a compra de fincas rústicas para o Banco de Terras, excepto que
a transmisión se realice a favor dun profesional da agricultura.

• Tamén terá dereito de adquisición nos casos de poxas xudiciais


ou administrativas de predios rústicos

• Non se utilizará o instrumento expropiatorio para a adquisición


de predios
Cesión de fincas ao Banco de Terras

• O propietario ou titular dunha finca rústica ou explotación


agraria poderá solicitar a incorporación desta ao BANCO DE
TERRAS como cesión temporal de uso
Cesión de fincas agrarias ao Banco de
Terras
• O propietario:

• Poderá seguir a realizar a explotación da mesma, así como o cultivo, melloras e


demais actuacións que considere precisas

• Manterá sobre a finca os mesmos dereitos e obrigas respecto da propiedade,


titularidade e responsabilidade patrimonial

• Poderá proceder a súa venda, doazón ou partición hereditaria, subrogándose no


caso de que fose cedida en arrendamento

• Poderá cedela ou arrendala pola súa conta, sempre que o BANTEGAL non
tivera disposto a súa cesión ou arrendamento
Cesión de fincas agrarias ao Banco de
Terras
• O Bantegal :

• Poderá realizar nas fincas cedidas e nas que integran o seu


patrimonio, os labores de mantemento que considere
precisos.

• Poderá realizar labores de acondicionamento das fincas antes


e despois do período de arrendamento, para mellorar as
condicións agronómicas dos predios
Destino e forma de adxudicación das
fincas (1)
• Ampliación da base territorial de explotacións existentes.

• Primeira instalación de agricultores mozos e agricultoras mozas.

• Creación ou ampliación da base territorial de cooperativas agrarias.

• Establecemento de novos asentamentos, fundamentalmente nas zonas


gravemente afectadas polo envellecemento da poboación ou éxodo rural.

• Facilitar terra a cantas persoas desexen establecerse como agricultores.


Destino e forma de adxudicación das
fincas (2)

• Creación ou ampliación da base territorial de asociacións e


entidades legalmente constituídas, sempre que sexa para
actividades agrarias.

• Establecemento de campos de investigación e experimentación


agraria.

• Incorporación ao patrimonio público por conveniencia


medioambiental ou interese social.
Cesión por Arrendamento
A adxudicación de predios farase normalmente en
réxime de arrendamento

– Os arrendamentos serán por un período mínimo de cinco


anos e o máximo que se estipule no contrato

– Será necesario o consentimento expreso do propietario dos


predios para o caso de cesión ou arrendamento por un
período superior a 5 anos
Cesión por Arrendamento

O contrato de arrendamento será formalizado polo


BANTEGAL como arrendador e o cesionario como
arrendatario

– O BANTEGAL percibirá o importe do arrendamento por parte do


cesionario e reembolsará periodicamente ao propietario o importe
que lle corresponda

– O BANTEGAL garantirá ao propietario a percepción deste importe,


con indiferenza do cumprimento ou incumprimento por parte do
arrendatario
Cesión por Venda

• No caso en que a titularidade sexa do Banco de


Terras poderá facerse tamén adxudicación en
propiedade

• O propietario de fincas cedidas ao Banco de Terras,


poderán solicitar a mediación do BANTEGAL para a
venda das mesmas
Axudas, melloras e garantías (1)

• A Administración Autonómica poderá subvencionar en todo ou en


parte, e por un período determinado de tempo, o custo de
arrendamento

• Tamén poderá establecer liñas de axudas destinadas á limpeza, posta


en cultivo e melloras, incluso de carácter permanente

• Os gastos de notarios, escrituras, rexistros e demais que signifiquen


incremento da base territorial dunha explotación agraria poderán ser
satisfeitos polo BANTEGAL

• Estas transaccións estarán exentas de liquidación do imposto de


transmisións patrimoniais
Axudas, melloras e garantías (2)

• A Consellería poderá establecer convenios para a


concesión de préstamos aos solicitantes de fincas do
Banco de Terras para aumentar a base territorial das
explotacións agrarias

• Rematado o período de arrendamento, o BANTEGAL


garantirá para o propietario o rescate da finca
arrendada nas axeitadas condicións de uso
Sobre os predios incultos ou abandonados

A Xunta de Galiza poderá establecer mecanismos


tendentes á conservación da superficie agraria útil e de
actuación sobre os predios incultos ou abandonados,
incluso mediante procedementos sancionadores cando
estas situacións podan causar prexuizos a terceiros

As zonas de actuación serán establecidas de xeito gradual


e paulatino, con especial incidencia en aquelas zonas que
foran obxecto de concentración parcelaria realizada con
fondos públicos
Obxectivos

– Manter a capacidade produtiva da terra


– Velar pola conservación do contorno e das condicións
ambientais
– Preservar as fincas e explotacións contiguas
– Axilizar os labores preventivos e de extinción de lumes
forestais
– Protexer os bens patrimoniais públicos e privados
– Contribuír á dinamización do mercado e mobilización da
terra,
Non serán obxecto de expediente:
• As fincas agrícolas cultivadas normalmente ou en situación de
barbeito, sempre e cando reciban as axeitadas labores de mantemento

• Aquelas sobre as que se realice, cando menos, agricultura de


conservación, e que non representen risco de lume nin prexuízo a
colindantes

• As que estean incluídas no BANCO DE TERRAS agás que o


BANTEGAL as teña cedido en arrendamento

• As que por conveniencia medioambiental ou interese social


determinado, non interese a súa explotación agraria

• Se no decurso de tramitación do expediente cesa a situación de abandono, a


Administración poderá decretar a caducidade do mesmo
Enlaces de interese en internet
• Para consultar máis información relacionada
co BANTEGAL, visitar estes enlaces:
– http://www.bantegal.com/
– http://www.bantegal.com/multimedia.php
– http://www.bantegal.com/preguntas.php
– http://www.bantegal.com/zonasprioritarias.php
– http://www.bantegal.com/garantia.php
Lugares de interese
• Para consultar máis información relacionada
co BANTEGAL, visitar estes enlaces:
– http://www.bantegal.com/sitegal/
– http://www.bantegal.com/sitegal/PlotList.do
– http://www.bantegal.com/sitegal/
SelectPlotLocalization.do
– http://www.bantegal.com/sitegal/Forms.do
MOITAS GRAZAS

You might also like