2
O BOSQUESAGRADO DE LUGO
Os bosquescomo lugar de encontroentre home, natureza e espírito
Recollendo as conclusións extraídas na primeira xornadadedicada aos bosques como memoria viva dos pobos,constatamos que o legado natural e o ecosistema dosconcellos de Begonte e Outeiro de Rei posúen unha redeharmónica de illas, ríos, lagoas e bosques que o convertenen Lugar de Interese Comunitario integrado na Reserva daBiosfera Terras do Miño, de incalculable valor ecolóxico queconvén recuperar, ampliar e protexer.Os restos arqueolóxicos achados na zona, sumados aopatrimonio arquitectónico existente, aportan tamén unexcepcional valor engadido que ampara e pon de relevea hipótese defendida polo Grupo de Traballo do BosqueSagrado, que a considera antigo lugar de culto, cuxaconservación e protección é necesaria e urxente.
O inmaterial, tanto no que se rere a un coñecementoautóctono gardado en antigos ocios, como o patrimonio
oral, literario e ritual deste territorio, adquire na Terra Chádimensións sobresalientes, profundas e arraigadas, cuxocoñecemento e comprensión nos integran de cheo nasrelacións ancestrais e de encontro entre home, espírito enatureza.Memoria, saberes, técnicas, formas de organización social,celebracións rituais e festivas e mulleres da chaira supoñen noseu conxunto unha actividade distintiva e de resultados plurais
nun territorio concreto e identicable e que poñen de manifesto
a capacidade do home para transformar a natureza en cultura.Todo iso, co paso dos séculos, xerou un pequeno cosmosintegrador destes elementos propios que nos obriga aemprender iniciativas que se encamiñen a conservar, protexer,promover e difundir os valores deste territorio, acompañandocada iniciativa dunha delicada actuación que evitedescompensar o equilibrio natural alcanzado.Nesta liña, o Grupo de Traballo propón unha segunda xornadapara afondar no coñecemento de ditos valores desde unhaperspectiva humanística que propicie o respecto e reencontroindividual e colectivo da comunidade co seu medio natural.
Leave a Comment