Welcome to Scribd, the world's digital library. Read, publish, and share books and documents. See more
Download
Standard view
Full view
of .
Save to My Library
Look up keyword
Like this
3Activity
0 of .
Results for:
No results containing your search query
P. 1
Carta de compromisos pola rexeneración democrática

Carta de compromisos pola rexeneración democrática

Ratings: (0)|Views: 269 |Likes:
Published by Filipe Diez
Carta de compromisos pola rexeneración democrática dirixida aos partidos políticos galegos, presentada publicamente pola Iniciativa BenComún o 28/07/2011.
Carta de compromisos pola rexeneración democrática dirixida aos partidos políticos galegos, presentada publicamente pola Iniciativa BenComún o 28/07/2011.

More info:

Published by: Filipe Diez on Jul 28, 2011
Copyright:Attribution Non-commercial

Availability:

Read on Scribd mobile: iPhone, iPad and Android.
download as DOC, PDF, TXT or read online from Scribd
See more
See less

07/29/2011

pdf

text

original

 
CARTA DE COMPROMISOS POLA REXENERACIÓN DEMOCRÁTICADIRIXIDA AOS PARTIDOS POLÍTICOS GALEGOS
A
Iniciativa BenComún
, en representación dos seus 350 membros e facéndose eco dasreivindicacións dunha boa parte da cidadanía galega, fai chegar ás forzas políticas galegas apresente carta de compromisos coa intención de discutila conxuntamente e recabar o seuposicionamento sobre as medidas nela contidas.Estes son os compromisos políticos e éticos para cuxo debate emprazamos as forzas políticase cuxo cumprimento demandamos delas:
A – Sistema electoral
1.Apoiar a implantación dun sistema electoral proporcional, suprimindo os actuais umbraismínimos e todos os demais elementos –nomeadamente, o tamaño das circunscricións ea asignación de escanos mediante criterios non proporcionais– que deforman a vontadeexpresada pola cidadanía a través do voto.
2.
Instaurar unha circunscrición galega en todos os procesos electorais de ámbito superior ao local. A pesar de seren as comunidades autónomas as entidades territoriais básicasda articulación do Estado español –por nivel competencial, de gasto e de aceptacióncidadá–, paradoxalmente son as únicas que non serven como circunscrición en ningúnproceso electoral. Esta anomalía debe ser superada, con diversos beneficios engadidosen termos de riqueza democrática: aumento da proporcionalidade e maior relevancia econtextualización social dos debates, ao non dependeren case exclusivamente dedinámicas marcadas no centro do Estado.3.Implantar as listas desbloqueadas en todos os procesos electorais, permitindo desexeito que o cidan conxugue o apoio a un proxecto potico coa escolla dosrepresentantes que ao seu xuízo –e non só ao dos órgaos do partido respectivo– mellor poden defendelo.4.Utilizar o todo de eleccións primarias para a elección dos candidatos a postosinstitucionais executivos, coa participación dos simpatizantes que soliciten a súa ainclusión no censo de electores e instaurando mecanismos que garantan a limpeza etransparencia do proceso.
 
B – Transparencia pública e participación cidadá
5.Ampliar o ámbito de aplicabilidade das Iniciativas Lexislativas Populares e implantar aobrigatoriedade legal da súa discusión no plenario da cámara lexislativa diante da cal sepresenten, unha vez cumpridos os requisitos legalmente esixidos.6.Instituir os referenduns por iniciativa popular, delimitando os ámbitos de aplicación e oscasos en que terán carácter consultivo ou vinculante.7.Instaurar a moción de confianza popular para a ratificación, se for o caso, dos máximosresponsables dos diferentes niveis gubernativos.8.Instaurar o modelo de orzamentos participativos a nivel local e nas partidas dependentesdo Goberno galego que afecten de xeito determinante (p.ex. aquelas que impliquen unnivel de gasto superior ao 10% do orzamento local) a unha comunidade de dimensiónigual ou menor á das entidades locais.
9.
Implantar as prácticas de goberno aberto, nomeadamente o
open data
sen restricións,aprobando unha Lei de Libre Acceso á Información e cumprindo deste xeito o mandatodas Nacións Unidas. Todas as Administracns blicas e os organismos delasdependentes deberán publicar, en formato dixital e en estándares abertos, todos osdatos económicos, demográficos, sociais e ambientais.10.Obrigar as empresas públicas e privadas a prestar contas publicamente do destino dodiñeiro blico que reciban, xustificando o seu uso para os fins para os cales foiconcedido.11.Aprobar unha Lei de Participación Cidadá que inclúa mecanismos de control cidadán daactividade institucional.12.Crear Consellos Sociais en todos os niveis gubernativos, cunha ampliación dapluralidade da representación da sociedade civil e atribucións reforzadas.13.Vincular a percepción de financiamento público ao cumprimento da obrigatoriedade legalde prestación de contas detalladas por parte dos partidos políticos, sindicatos detraballadores e sindicatos patronais, coa obrigación da devolución do importe íntegro encaso de que as contas non sexan aprobadas polo órgao fiscalizador responsable.14.Dotar o Valedor do Pobo e o Defensor del Pueblo de capacidade punitiva sobre asAdministracións Públicas que incumpran as súas obrigacións.
15.
Incluir no currículo do ensino obrigatorio os mecanismos de acceso á información e decontrol da actividade política.16.Crear canais de TDT nos cales se retransmitan en vivo as actividades do Congreso, doSenado e dos Parlamentos autonómicos.
 
C – Exercicio de cargos públicos
17.Someter a referendum a forma da xefatura do Estado, pois do contrario todo o resto doentramado institucional perde lexitimidade democrática.18.Limitar por lei o número de mandatos en cargos electos, nomeadamente nos de carácter executivo.19.Aprobar por lei mecanismos de revogación do mandato dos cargos electos por parte docorpo electoral que procedeu á a escolla. Igualmente, definir criterios obxectivos(absentismo, transfuguismo) que determinen automaticamente a perda do mandato.20.Autoimpoñer normas internas nos partidos políticos que eviten a acumulación de cargospor parte dunha mesma persoa.21.Apoiar a supresión dos privilexios dos cargos electos na percepción de remuneraciónstras o abandono do cargo e para o cómputo da xubilación, establecendo criteriosobxectivos que conxuguen a valoración dos servizos públicos prestados coa equidade ea igualdade ante a lei.22.Establecer topes máximos para a remuneración dos cargos electos en cada un dosniveis das Administracións Públicas, atendendo a criterios obxectivos.23.Impoñer por lei a obrigatoriedade da publicación do patrimonio e rendementos de todosos cargos electos e da variación anual sofrida durante o exercicio do cargo.24.Establecer un réxime estrito de incompatibilidades dos cargos electos na contratacióncoas Administracións públicas.25.Promover por lei a incompatibilidade das persoas empregadas en cargos de confianzapara opositar a prazas de funcionariado dependentes do departamento no caldesenvolven os servizos.26.Aprobar para os traballadores do sector privado (asalariados por conta allea eautónomos) mecanismos homologables aos vixentes para os do sector público noatinente ás garantías do exercicio de funcións políticas sen detrimento da súa carreiraprofesional.
D – Campañas electorais e financiamento dos partidos políticos
27.Regular por lei a obrigatoriedade de debates nas campañas electorais, requisito cuxoincumprimento por parte de calquera candidatura implicará a súa exclusión do procesoelectoral, mediante ditame da Xunta Electoral.

Activity (3)

You've already reviewed this. Edit your review.
1 thousand reads
1 hundred reads
manuelpieiro liked this

You're Reading a Free Preview

Download
/*********** DO NOT ALTER ANYTHING BELOW THIS LINE ! ************/ var s_code=s.t();if(s_code)document.write(s_code)//-->