You are on page 1of 6

Grao en Educación Social

Facultade de Ciencias da Educación


Universidade de Santiago de Compostela

Proposta do Comité de Educación Social que incorpora as alegacións e as suxestións da


Comisión mixta Educación Social-Pedagoxía (reunión do 7 de outubro de 2008)
(Destácanse en cor azul os cambios introducidos na proposta inicial do Comité)

Perfil formativo e profesional do título de Grado en Educación Social


O título de Grado en Educación Social, impartido pola Universidade de Santiago de
Compostela, debe capacitar aos seus estudantes para o desenvolvemento profesional
autónomo dos coñecementos científicos e dos principios de acción necesarios para a
comprensión, interpretación, análise e intervención educativa en distintos contextos
institucionais e sociais, contribuíndo á formación integral das persoas e á mellora da súa
calidade de vida.

Neste sentido, proporciona as destrezas, actitudes e habilidades básicas que se precisan para o
deseño, xestión, intervención e avaliación dos recursos, plans, programas e proxectos de
natureza socioeducativa que afectan a vida cotiá das persoas, individual e colectivamente, con
especial énfase en procesos ou realidades xeradores dalgún tipo de dependencia, risco ou
dificultade social. Asumindo a necesidade de promover e desenvolver prácticas educativas
que se estendan ao longo de todo o ciclo vital, en diferentes espazos e tempos sociais, o seu
labor profesional concretarase en tarefas e funcións que favorezan a incorporación, inclusión e
a participación das persoas nas dinámicas sociais, como suxeitos activos dos cambios que
nelas se produzan, ou que deban producirse, ampliando a súa sociabilidade e capacidade de
circulación social.

Sendo un profesional da educación, que comparte principios éticos e deontolóxicos con outros
profesionais educativos e sociais, deberá dar resposta ás necesidades e demandas da cidadanía
en ámbitos ou problemáticas que afecten á convivencia e ó benestar das persoas,
fundamentalmente con intervencións educativas e sociais de alcance institucional e
sociocomunitario.

A tal fin, o título de Grao en Educación Social debe posibilitar a adquisición dunha formación
inicial básica que permita desempeñar a actividade profesional de “educador ou educadora
social” en ámbitos ou cometidos relativos á:
- Educación en contextos familiares e en procesos de desenvolvemento comunitario.
- Educación para a mediación, a inclusión social e a diversidade.
- Educación do Lecer, a Animación e a Xestión Sociocultural
- Acción socioeducativa en Infancia e Xuventude.
- Acción socioeducativa con persoas adultas e maiores.
- Educación para a Cidadanía e a cultura da sostenibilidade.
Obxectivos xerais:
Consonte ao perfil académico e profesional definido, a formación dun educador ou dunha
educadora social deberá garantir, cando menos, o logro dos seguintes obxectivos:

1. Coñecer os fundamentos conceptuais, teóricos, metodolóxicos e técnicos da


Educación Social, como unha práctica educativa e social diferenciada en relación aos
suxeitos que participan das súas iniciativas e aos contextos sociais nos que se
desenvolven.

2. Coñecer o marco socio-político, cultural e institucional no que insire a Educación


Social as súas prácticas, tomando en consideración os valores cívicos e os dereitos
humanos, con especial atención á equidade, xustiza, liberdade, paz e á participación
social, como principios inspiradores das políticas educativas e sociais.

3. Ter capacidade para buscar, obter, procesar e interpretar información (oral, impresa,
audiovisual, dixital e multimedia) referidas aos cometidos profesionais dos
educadores e educadoras sociais, así como aos contextos sociais nos que se insire o
seu labor, para emitir xuízos fundamentados sobre problemas ou realidades de
natureza socioeducativa.

4. Ser capaces de elaborar, sistematizar e transmitir información relevante sobre as


persoas e colectivos cos que traballan, tanto desde unha perspectiva diagnóstica das
súas problemáticas específicas como das alternativas de acción-intervención
educativa que se propoñan.

5. Poder afrontar o deseño, desenvolvemento e avaliación de procesos educativos (plans,


programas, proxectos ou actividades) que tomen como referencia a Educación Social,
nos distintos ámbitos da intervención socioeducativa nas que se concreta o seu
desempeño profesional, individualmente e/ou en colaboración con outros profesionais
educativos e sociais.

6. Estar capacitado para facer uso de estratexias, metodoloxías, técnicas e recursos que
posibiliten unha intervención educativa diferenciada en función dos suxeitos, grupos
e/ou colectivos aos que remiten o seu labor profesional os/as educadores/as sociais, en
contextos institucionais e comunitarios nos que se desenvolve a vida cotiá das
persoas, dende a infancia ata a vellez e atendendo a distintas circunstancias sociais.

7. Coñecer as características que definen a profesión de educador/a social, tomando en


consideración o seu código deontolóxico, así como os valores e principios que a
singularizan no conxunto das profesións educativas e sociais.

8. Ter capacidade para tomar decisións relativas ao seu desenvolvemento persoal,


académico e profesional, poñendo en valor capacidades e recursos que favorezan a
súa formación e aprendizaxe autónoma no ámbito específico da Educación Social e
das Ciencias da Educación, en xeral.
Competencias:
Co propósito de acadar os obxectivos formulados no título, e de acordo co establecido no Real
decreto 1393/2007, de 29 de outubro, os graduados deberán posuír e acreditar as seguintes
competencias xerais:

1. Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se


sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar
criticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de
intervención da Educación Social.
2. Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas,
educativas e culturais nas que se desenvolve o labor profesional dos
educadores sociais, tanto en termos diagnósticos coma prospectivos.
3. Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a
planificación e avaliación das súas intervencións educativas, atendendo ás
circunstancias, necesidades, problemáticas e expectativas nas que se insire, en
relación aos suxeitos cos que traballa e ás dinámicas sociais das que participan.
4. Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes
contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e
colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización,
coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
5. Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais,
metodolóxicos, técnicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa
profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes,
utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas,
etc.
6. Estar en condicións de tomar decisións relativas á mellora da súa formación e
da práctica profesional, con pleno respecto aos principios deontolóxicos aos
que se remite a Educación Social, tendo como soporte os valores cívicos e os
dereitos humanos.

No seu conxunto estas competencias, ademais dos coñecementos e destrezas que presupoñen,
deberán permitir que os graduados en Educación Social desenvolvan distintas competencias
transversais ao seu quefacer profesional, e que se resumen en ter capacidade para:

ƒ Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos


lingüísticos, materiais e tecnolóxicos.
ƒ Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en
equipo e na colaboración con outros profesionais.
ƒ Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese
respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.
ƒ Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
ƒ Manter unha permanente actitude de formación e actualización respecto do seu
desempeño profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica.
Estas competencias xerais concrétanse nas seguintes competencias específicas:
a) O titulado ou titulada de Grao en Educación Social deberá demostrar coñecementos e
capacidades que lle permitan unha comprensión básica do marco teórico e contextual
do seu labor profesional:
ƒ Comprender os referentes teórico-conceptuais, históricos, comparados,
metodolóxicos e pedagóxicos da Educación Social e das prácticas que nela se
promoven.
ƒ Analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e
culturais, así como os ámbitos da acción educativas nas que os educadores
sociais desenvolven o seu labor profesional.
ƒ Diagnosticar e valorar as circunstancias persoais, institucionais e sociais que
constitúen ao ser humano como protagonista da educación e da súas prácticas
profesionais, dende a infancia ata a vellez.
ƒ Seleccionar e facer uso de métodos e recursos orientados ao coñecemento das
realidades educativas e sociais, emitindo xuízos razoados sobre as
informacións obtidas e a súa utilidade para o desenvolvemento da súa práctica
profesional.
ƒ Proxectar a súa formación teórica e metodolóxica en iniciativas e prácticas
educativas que dean resposta a necesidades e demandas sociais, en diferentes
contextos e realidades, por si mesmo e/ou en colaboración con outros axentes
da sociedade.
ƒ Identificar académica e profesionalmente aos educadores sociais como
profesionais da educación, con funcións e tarefas diferenciadas respecto
doutros profesionais da educación e da acción-intervención social.

b) O titulado ou titulada de Grao en Educación Social deberá demostrar coñecementos e


destrezas que lle permitan promover e desenvolver procesos de acción-intervención
socioeducativa:
ƒ Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de
intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
ƒ Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a
participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco ou
dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá
un especial significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de
xénero, aos valores da cultura de paz, á sustentabilidade, etc.
ƒ Facer uso de estratexias, procedementos, recursos, técnicas, métodos, etc. que
posibiliten unha intervención educativa directa con persoas e colectivos
afectados por distintas problemáticas ou circunstancias sociais.
ƒ Elaborar, xestionar e/ou utilizar medios e recursos socioeducativos que
posibiliten un adecuado desenvolvemento do seu labor profesional e das
institucións ou entidades nas que se leve a cabo.
ƒ Realizar e facer uso de informes técnicos, de investigación e avaliación sobre
accións, procesos e resultados socioeducativos.
ƒ Valorar e axustar a súa práctica profesional ás esixencias e compromisos
deontolóxicos da Educación Social.
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
(proposta da Comisión, 7-10-08)
1º curso
1º cuadrimestre 2º cuadrimestre
A realidade educativa, social e cultural As persoas e o dereito á educación

• Socioloxía da educación (6) • Política e lexislación socioeducativa (6)


• Antropoloxía da educación (6) • Psicoloxía do desenvolvemento (6)
• Psicoloxía social da educación (6) • Teoría da educación (6)
• Metodoloxía de investigación en Ciencias Sociais e da • Economía da educación (6)
Educación (6) • Educación para a cidadanía e os dereitos humanos (6)
• Documentación e información educativa (6)
2º curso
1º cuadrimestre 2º cuadrimestre
A profesión, ámbitos e axentes As institucións e os recursos da Educación Social

• Pedagoxía Social (6) • Familia, escola e comunidade na Educación Social (6)


• Formación e profesionalización en Educación Social (6) • Servizos educativos e culturais na Educación Social (6)
• Contextos, ámbitos e axentes da acción socioeducativa (6) • Educación Social, servizos sociais e iniciativa cidadá (6)
• Análise e diagnóstico das realidades socioeducativas (6) • Recursos e aplicacións das tecnoloxías na Educación
• Historia da Educación Social (6) Social (6)
• Practicum (6)
3º curso
1º cuadrimestre 2º cuadrimestre
Deseño e desenvolvemento de programas e metodoloxías Deseño e desenvolvemento de programas e metodoloxías
socioeducativas socioeducativas

• Planificación e deseño da acción socioeducativa (6) • Xestión e desenvolvemento de programas de Educación


• Métodos e técnicas de investigación na acción Social (6)
socioeducativa (6) • Avaliación na Educación Social (6)
• Dinámica e técnicas de educación en grupo (6) • Practicum (12)

Mención: Inclusión social e educativa


• Educación e mediación nos procesos de inclusión social (6
• Acción socioeducativa con minorías e colectivos Mención: Inclusión social e educativa
vulnerables (6) • Acción educativa nas discapacidades (6)

Mención: Acción sociocultural e desenvolvemento


comunitario Mención: Acción sociocultural e desenvolvemento
• Educación Social nas políticas culturais (6) comunitario
• Educación e desenvolvemento comunitario en contextos • Educación Social, diversidade cultural e desenvolvemento
rurais e urbanos (6) local (6)
4º curso
1º cuadrimestre 2º cuadrimestre
Deseño e desenvolvemento de programas e metodoloxías Innovación e desenvolvemento socioeducativo
socioeducativas
• Investigación, desenvolvemento e innovación en
• Practicum (18) Anual Educación Social (6)
• Educación nos medios de comunicación e nas redes sociais
(6)

Mención: Inclusión social e educativa Mención: Inclusión social e educativa


• Acción socioeducativa con infancia e xuventude (6) • Acción socioeducativa nas dependencias (6)
• Acción socioeducativa con persoas adultas e maiores (6)

Mención: Acción sociocultural e desenvolvemento Mención: Acción sociocultural e desenvolvemento


comunitario comunitario
• Educación do lecer e desenvolvemento comunitario (6) • Educación ambiental e cultura da sostenibilidade (6)
• Animación e xestión sociocultural (6)

• Proxecto de fin de grao (6). Anual


Actividades complementarias: 6 créditos

You might also like