DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato (2011/2012. v.1)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguezwww.elorienta.com/juanluis
3
INTRODUCCIÓN.
Como todos os anos o Departamento de Orientación do
Colexio Divina Pastora-Franciscanas
elabora a
Guía de Orientación Académica e Profesional
para o alumnado de Bacharelato.Trátase dunha guía que pretende facilitar a toma de decisión vocacional e implicar áfamilia nesta importante decisión. A guía é un documento
“vivo”
que se modificará notranscurso deste ano académico 2011/2012 en función de nova normativa, aparición de novosdocumentos da administración e sobre todo en función das dúbidas e preguntas que oalumnado realice nas titorías de Orientación Profesional e no blog de orientación:http://www.colexiodivinapastora.com/ Entrar na sección: DEPARTAMENTOS
ORIENTACIÓN
BLOG ORIENTA
Por este motivo esta é a versión 1 deste curso 2011/2012 con data de NOVEMBRO de2011, cando se publiquen novidades que se implantarán no curso 2011/2012 no BoletínOficial do Estado incorporaranse neste documento converténdose así na versión 2.COMO TOMAR UNHA DECISIÓNNeste documento atoparás as claves para
decidir
o teu futuro académico profesional. Erecorda que
o máximo responsable desta decisión es ti
, pero debes ter en conta a opinión da
túa familia
, que
quere o mellor para ti.
Tamén che vai resultar moi útil o asesoramento dostitores e do orientador.Un Programa de Orientación Profesional vai moito máis alá que a mera información, nonobstante, a información sobre estudos e profesións é un aspecto moi importante. O contidoprioritario de calquera Programa de Orientación Académico Profesional é o desenvolvementoda capacidade de TOMA DE DECISIÓNS.A Toma de Decisións que debes realizar ten en consideración os teus intereses, gustos,aptitudes, características da personalidade, valores, e estilos de aprendizaxe entre outrosaspectos, e confróntaos coas posibles alternativas de estudos e profesións ás que tes acceso.Este é o motivo polo que o presente programa está estructurado en tres bloques:
A.
Coñecemento de un mesmo.
Neste bloque reflexionarás sobre os teus gustos e intereses, sobre a túa traxectoria encada unha das materias que estudiaches no Colexio e sobre as características dasdiferentes actividades profesionais.
B.
Coñecemento das alternativas académicas e profesionais.
É a parte informativa do programa. Coñecerás todas as posibilidades de estudos eprofesións que tes ó teu alcance e profundizarás nas características daquelas que máisvan ós teus intereses., ciclos formativos, carreiras universitarias, outros estudos eprofesións, ¿En qué consiste?, centros de estudo, saídas profesionais, probas deacceso, notas de corte, direccións de interese...
C.
A Toma de decisión.
Xa estás preparado
¡Agora decide!
INFÓRMATE E DECIDE. ¿que facer o curso que vén?
Add a Comment