1
DECRETO …/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnadodos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzasestablecidas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación
O Estatuto de autonomía de Galicia, no artigo 31, determina que é competencia plena daComunidade Autónoma de Galicia a regulación e a administración do ensino en toda a súaextensión, nos seus niveis e graos, nas súas modalidades e especialidades, sen prexuízo dodisposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro doartigo 81, a desenvolvan.A Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación, no capítulo I do título preliminar establece osprincipios e fins do sistema educativo, destacando entre os principios que o inspiran: a calidadeda educación para todo o alumnado; a equidade, a inclusión educativa e a non discriminación; aconcepción da educación ao longo de toda a vida; a flexibilidade para adecuar a educación ádiversidade de aptitudes, intereses, expectativas e necesidades do alumnado; a orientacióneducativa e profesional do estudantado; o esforzo compartido por alumnado, nais, pais outitores e titoras legais, profesorado, centros, administracións, institucións e o conxunto dasociedade, e a autonomía para establecer e adecuar as actuacións organizativas e curriculares.Mediante eses principios trátase de conseguir o éxito escolar de todo o alumnado.No propio título II da referida Lei, dedicado á equidade na educación, establécese que asadministracións educativas disporán os medios necesarios para que todo o alumnado alcance omáximo desenvolvemento persoal, intelectual, social e emocional, asegurando os recursosnecesarios para que o alumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinariapoida acadar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades así como os obxectivosestablecidos con carácter xeral para todas as alumnas e alumnos. Igualmente, disponse que asadministracións educativas establecerán os procedementos e recursos precisos para identificarde forma temperá as necesidades educativas específicas do alumnado, debendo iniciarse aatención integral desde o momento da identificación e tendo como principios a normalización ea inclusión, e que, para facer efectivo o principio de igualdade no dereito á educación,desenvolverán accións de carácter compensatorio en relación coas persoas, grupos e ámbitosterritoriais que se encontren en situacións desfavorables, tratando de evitar as desigualdadesderivadas de factores sociais, económicos, culturais, xeográficos, étnicos ou doutra índole.A diversidade, pois, é unha realidade social, e, polo tanto, unha realidade en cada centroeducativo; realidade derivada da singularidade biolóxica, psicolóxica, social e cultural de cadaalumna e cada alumno, da singularidade de cada familia e de cada unha das profesoras e dosprofesores, tamén das particularidades de cada centro e de cada comunidade educativa no seuconxunto. E a resposta educativa a esa diversidade debe concretarse en cada un dos proxectoseducativos, en cada unha das ensinanzas, na coordinación docente, na personalización daeducación de cada unha das alumnas e alumnos, nos recursos e medidas educativas, noscompromisos familiares e sociais e en todo o que contribúa ao máximo desenvolvementopersoal e social do alumnado e á súa preparación para convivir e participar, de forma autónoma,nunha sociedade democrática.Concíbese a atención educativa á diversidade como o conxunto de medidas e accións deseñadascoa finalidade de adecuar a resposta educativa ás diferentes características, potencialidades,
Leave a Comment