procurarlle comida; co que, téndose quedado sen alimento, acabaron por morrer eles tamén, comoo órgano do cal querían vingarse. Pero os
plebeos
, duros, responderon que non había elección: ouo
Senado
cancelaba as débedas liberando a quen se converteron en escravos porque non aspagaron, e autorizaba á
plebe
a elixir os seus propios maxistrados que a defendesen, ou a
plebe
quedaba en
Monte Sacro
, aínda que viñesen todos os
volscos
deste mundo a destruír Roma.Finalmente, o
Senado
capituló. Cancelou as débedas, restituíu a liberdade a quen caeran naescravitude por elas, e puxo á
plebe
baixo a protección de dous
tribuni
e de tres
ediles
elixidospor esta cada ano. Foi a primeira gran conquista do proletariado romano, a que lle deu oinstrumento legal para alcanzar tamén as demais polo camiño da xustiza social. O ano
494 a.C.
émoi importante na historia da
Urbe
e da democracia (...)Os
galos
eran unha poboación bárbara, de razacéltica, que, vinda de Francia, alagara xa a chaira doPo. Repartiron aquel fértil territorio entre as súastribos, os insubrios, os bonnos, os cenomanos, ossenones: mais unha destas, ao mando de
Brenno
,dirixiuse cara ao Sur, conquistou Chiusi, desbaratou aslexións romanas no río Alia, e marchou sobre Roma.Os historiadores contaron despois, envolvido en moitaslendas, este capítulo que debeu ser moi desagradablepara a
Urbe
. Din que cando os galos intentaronescalar o
Capitolio
, os gansos consagrados a
Xuno
puxéronse a berrar espertando así a
ManlioCapitolino
quen, á fronte dos defensores, rexeitou oataque. Pode ser. Pero os galos entraron igualmente no
Capitolio
como en todo o resto da cidade, de onde apoboación fuxira en masa para refuxiarse nos montescircundantes. Din tamén que os senadores, con todo,quedáronse, ao completo, solemnemente sentados nasbastas cadeiras de brazos de madeira da súa curia, eque un deles,
Papirio
, ao sentirse tirar da barba porbroma dun galo, que a cría postiza, arroxoulle á cara ocetro de marfil. E por fin narran que
Brenno
, tras pegar lume atoda Roma, pediu, para irse, non sei cantos quilos de ouro e impuxo, para pesalo, unha balanzaapañada. Os senadores protestaron e entón
Brenno
, sobre o prato de pesalas, arroxou tamén a súaespada pronunciando a famosa frase:
Vae victis!
, «
ai dos vencidos!
». Ao que
Camilo
, reaparecido demilagre respondería:
Non auro, sed ferro
,
recuperanda est patria
, «
a patria haberá de recuperareseco ferro, non co ouro
», poríase á fronte dun exército que ata aquel momento non se comprende onde otivo escondido e poría en fuga ao inimigo. A verdade é que os galos expugnaron Roma, saqueáronna e marcháronse perseguidos polas lexións,pero cargados de diñeiro. Eran bandoleiros robustos e zafios, que non seguían ningunha liña políticae estratéxica nas súas conquistas. Asaltaban, depredaban e retirábanse sen preocuparse en absolutodo mañá. De poder imaxinar a vinganza que Roma habería de sacar daquela humillación, nondeixasen pedra sobre pedra. En cambio, a devastaron, si, pero sen destruíla. E volveron sobre osseus pasos, cara á Emilia e Lombardía (...)Pero mentres sucedía todo isto na fronte exterior, a
Urbe
alcanzaba no interior unha importantemeta coa
Lei das Doce Táboas
.
Historia de Roma (extracto do cap. VI) - Indro Montanelli
3
Brenno - Imaxewikipedia
Leave a Comment