3
L U A N O V A
LÚA NOVARevista galega de difusióncultural e social
Director
Antonio Díaz Fernández
Subdirector
Xosé Carlos García González
Consello de Redacción
Carlos de Torres, Xulio CouxilVázquez, Xulio Simón Rúa, PuraSalceda Carballeda, A. do Neto.
Corrección:
Vagalume Producións Culturais
Colaboran neste número:
Anxos Sumai, Amelia López,Henrique Fernández Sánchez,Manuel Suárez Suárez, Emilio L.López Arias, Manuel Rodríguez Julían, Amparo Centeno, PacoAscón, Armando Fernández,Mariano Goikoa Otero, Galiciaberta,e Culturagalega.org
Deseño Capa:
A. Diaz
Produción e autoedición:
ACEGA-Edicións
Impresión:
Grácas Rey
Dep. Legal:
B-26.985-95
R.M.:
M-1296612-1.989Autorízase a reprodución do conti-do desta revista sempre que se citea súa procedencia e o autor, sendocomunicado á entidade que editaesta publicación.
LÚA NOVA
non se identica,necesariamente coas opiniónsrecollidas nos artigos polos seusautoresXaneiro de 2012Nº 52
Edita
A.C.G. ROSALÍA DE CASTRORúa Federico Soler, 71,08940-Cornellà Tel.: 93 375 11 03Fax: 93 375 10 95Mailto: acgrdecastro@yahoo.es
Presidente:
ALFONSO RICO GARCÍA
Síguenos en:
Facebook.com/acgrdecastro eFacebook.com/lua_nova
Colaboracións
Lua_nova@terra.es
Limiar
Xa temos nas mans a nosa “Lúa Nova”, despois dunha obrigada paréntese,por razóns evidentes nos tempos de crise que estamos sofrindo todos ossectores da sociedade, e que para as entidades galegas afectan dun xeitopreocupante dado que os seus ingresos se reducen drasticamente polos re-cortes que as diferentes institucións das que dependen a maior parte dosseus recursos, están a facer. E como as actividades que se organizan cada vezteñen un custe económico maior, pois a situación non é doada e só quedareducir actividades ou xestionar mellor e reducir custes para poder seguircoas actividades máis necesarias, e nesta liña estamos na nosa Entidade, poriso coidamos que esta revista siga viva, é necesario.Este ano cumprimos 25 anos da primeira edición de Lúa Nova: Saíu porprimeira vez alá polo verán de 1987, desde entón percorremos un longo ca-miño, cheo de dicultades que fomos superando. A etapa que nos toca vivirhoxe coido que é a peor, pero nestes 25 anos nos que unha longa ringleirade colaboradores de todo tipo apostaron por este proxecto, entre todos con-seguimos esta vosa revista que é un referente para os galegos da diáspora.Unha morea enorme de traballos publicados que, todos eles desde as ópticasdos seus autores, sempre promoveron e xeron país, Galicia. A todos estescolaboradores, escritores, anunciantes, socios, etcétera…, o noso agradece-mento. Foron 25 anos de moitas e boas novas que xermolaron nun proxec-to de divulgación cultural galega en Cornellá no ano 1986, 25 anos de LúaNova, 25 anos de Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro, 25anos de programa de radio en galego “
Sempre en Galiza
” que desde RàdioCornellà, de forma ininterrumpida, leva divulgando Galicia semana a sema-na, así como outras moitas actividades.Por outra banda o pasado ano 2010, tamén conmemoramos o trinta aniver-sario da nosa entidade, Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, queé quen fai posible que Lúa Nova cumpra 25 anos, así como outra morea deactividades que cada ano se levan a cabo en Cornellá, a cidade que acolledesde o ano 1980 a sede desta Entidade e a que participa nas actividadessocioculturais de Cornellá dun xeito determinante. Nesta edición queremosamosarlles unha mostra, dun xeito resumido, daquelas actividades que aolongo dos trinta anos de andadura xeron que a nosa Entidade sexa unhadas máis signicativas en Cataluña, así como na Galicia do Exterior.No referente á actual situación das entidades galegas en Cataluña e a súa pro- blemática, nestes difíciles tempos, queremos manifestar o noso compromisode participar con todas elas na solución dos problemas dun xeito unitario da-cordo á vontade da maioría das mesmas, e impulsar proxectos colectivos quedigniquen a súa natureza deixando de lado os intereses individuais e per-soais para acadar os obxectivos xerais que precisan as nosas colectividades.Neste senso estamos convencidos que o futuro pasa por sumar e non dividir,impulsar proxectos como o que viu a luz no 2010 entre as entidades, Casa Ga-lega deL’ Hospitalet, Toxos e Xestas de Barcelona, Agarimos de Badalona eRosalía de Castro de Cornellá coa creación da Banda de Gaitas XUNTANZAde Catalunya. Son imprescindibles para asegurarse o futuro.Por último quixera referirme ao anuncio do Goberno Galego sobre a novaLei de Galeguidade que parece ser pretenden aprobar no Parlamento nosprimeiro meses de 2012 e que a grande maioría de entidades non coñecen oseu borrador. Coido que unha Lei que principalmente regulará a futura nor-mativa do Goberno Galego coas Entidades Galegas no Exterior, debería termoitísima máis información e comunicación coas Entidades. Coidamos queé preciso que os nosos representantes da Comisión Delegada teñen a obri-ga e o deber de informar a tódalas Entidades para, dun xeito democrático,aportar tódalas suxestións e propostas que se consideren oportunas dianteda Xunta de Galicia, ou alomenos na Secretaría Xeral de Emigración.
Antonio Díaz Fernández
antonidiaz1952@gmail.com