You are on page 1of 1

VALEO/CABLEADOS AUTO/ E A XUNTA

Tres autores…tres mentiras

Hai mentiras que quedan ben e custan pouco. Pero cando estas poñen en perigo o futuro
laboral de 100 persoas coas correspondentes familias, entonces as mentiras entran en terreo
do fraude.

Somos traballadores/as da ex Valeo que despois de habernos anunciado hai tres anos a
deslocalizacion da nosa empresa en O Porriño, no pasado mes de Xullo, formalízanse uns
acordos entre a nova empresa Cableados Auto e a Xunta de Galiza que entrando no
accionariado da mesma, comprométense ambos a manter os postos de traballo tras un Plan
Industrial que xa estaba maduradao e incluso mereceu en boca dos seus titulares da Xunta os
calificativos de “viable, bonito, apetecible, etc”. Proxectos os cales os traballadores/as non os
podíamos coñecer para evitar “expionaxe industrial”.

Os traballadores/as si ben conservabamos dúbicas acerca da nova empresa de Cableados, o


feito de que a Xunta avalase este proceso o inverter diñeiro público, foi o que non inclinou o
conxunto da plantilla a aceptar este cambio.

Non pasaron dous meses para darnos conta que todo foi unha farsa hacia os 100 empregos.

Agora non hai proxecto.


Nunca houbo proxecto, porque nunca houbo interés por conservar os postos de traballo, o
único interes real que se ve con claridade é o especulativo da nave, un inmobel de 17.000
m2.

Por elo dicimos que:

MENTIU Valeo, o afirmar que quedabamos en boas mans


MENTIU Cableados Auto, por afirmar que había moitos proxectos para nós
E MENTIU a Xunta, por partida dobre:
- primeiro porque foi cómplice o afirmar que a nova empresa tiña proxecto industrial
- segundo porque como administradores dos recursos dos galegos/as inverteu un
diñeiro público sen garantir a súa utilidade o servizo dos mais débiles como neste caso son os
traballadores.

Todo un guión, pero deben saber os seus autores que as/os traballadores/as de Valeo non
vamos permitir que o engano nos quite os postos de traballo.

Decembre 2008

COMITÉ DE EMPRESA EX – VALEO


Mais información en www.valeocabreados.blogspot.com

You might also like