You are on page 1of 1

1 Por que se di que o método científico é propio das ciencias experimentais? En que se basea?

Solución:
Significa que é un método propio daquelas ramas do saber cuxo punto de partida sexan os feitos observables e
que se poden medir. Sen un experimento que permita tomar medidas a partir das cales se poidan analizar
regularidades e enunciar regras e leis, non hai propiamente método científico. Dende logo a súa base fundamental
é a medida, a cal require experimentación.

2 Indica a fase do método científico á que pertence cada un destos feitos ou enunciados:
a) Medir o tempo de caída dunha bóla por un plano.
b) Supoñer que a lúa no ten luz propia senón que reflicte a luz solar.
c) Observar as estrelas da Osa Menor.
d) Buscar nun libro de física o significado da palabra dispersión.
e) Representar graficamente a presión dun gas fronte ao volume que ocupa.

Solución:
a) Refírese á fase experimental de toma de datos co fin de verificar unha teoría.

b) Trátase dunha hipótese que enunciamos baseada en apoio documental, sen necesidade dun referendo
experimental.

c) Sería a primeira fase do método científico: observación da realidade.

d) Non corresponde propiamente a unha etapa senón a todas elas: xeralmente será máis propia dunha etapa inicial
de asesoramento, definición e formulación do problema.

e) Refírese ao tratamento de resultados que segue á fase experimental, pode axudar a confirmar ou rexeitar unha
hipótese, pode proporcionarnos unha relación entre variables, unha lei xeral...
Debe quedar claro que non sempre as accións son exclusivas dunha etapa, nin as etapas do método científico se
suceden na mesma orde

3 Indicar en cada caso que magnitude é maior:


a) 1892 mm ou 20 dam
b) 4,02 dg ou 0,402 g
c) 226 cm2 ou 0,0226 m2
d) 1740 g ou 1,6 kg
e) 1Å ou 10 nm.

Solución:
Pasámolo todo ás mesmas unidades para comparar:
a) 1892 mm; 200 000 mm. É maior a segunda.
b) 4,02 dg; 4,02 dg. Son iguais.
c) 226 cm2 ; 0,0226 · 100 00 = 226 cm2. Son iguais.
d) 1740 g; 1,6 · 1000 = 1600 g. É maior a primeira.
e) 10-10 m; 10·10-9 = 10-8 m. É maior a segunda.

You might also like