You are on page 1of 1

IES Frei Martín Sarmiento Física

Departamento de Física e Química 2º Bacharelato

Nome:…………………………………………………………………………………Data:………….
1.-Dúas pequenas esferas de masas 5 g e con carga q, cada unha, suspéndense do mesmo punto
mediante uns fíos iguais, de masa desprezábel e lonxitude L = 0,5 m, en presencia dun campo
gravitatorio terrestre.
Cal será o valor da carga q para que, en equilibrio, os fíos formen un ángulo de 60º?.
Datos: g = 10 N/kg K = 9•109 N•m2•C-2.

2.- Un protón ten unha enerxía cinética de 10-14 J. Segue unha traxectoria circular nun campo magnético
B= 0'5 T. Calcular:

a) O radio da traxectoria.

b) A frecuencia coa que xira.

mprotón = 1'67.10-27kg; qprotón = 1'6.10-19 C

3.- A Estación Espacial Internacional (ISS) describe unha órbita practicamente circular o redor da Terra a
unha altura h= 390 km sobre a superficie terrestre, sendo a súa masa m = 415 t.
a) Calcula o período de rotación, en minutos,e velocidade cá que se despraza.
b) Que enerxía necesitarase para levala dende a súa órbita ata unha altura dobre?
c) Cal sería o período de rotación nesta nova órbita?.

4.- Calcula o campo eléctrico no punto P cos datos seguintes:

Q1 = +5 µC,

Q2 = -2 µC,

Q3 = +5 µC

1=2=3= 10 cm

5.- Se un corpo cargado entra perpendicularmente nun campo magnético uniforme, para diminuí-lo seu
radio de xiro, debemos:

a. Aumenta-la súa velocidade.

b. Poñe-lo campo o máis paralelo posible á traxectoria inicial.

c. Aumenta-la carga.

6.- Explica como varia o potencial e o campo nunha esfera oca ou maciza.

You might also like