You are on page 1of 8

1.

- TÍTULO Programa de iniciación un Sistema


Alternativo de Comunicación: SPC.

2.- DESTINATARIOS xxxxxxxxxx

3.- DURACIÓN DO PROGRAMA Curso 2008-2009

4. XUSTIFICACIÓN

XXXXX é un alumno de 13 anos, escolarizado no 6º curso da Educación Primaria,


que non é capaz de manter unha expresión oral que sexa funcional para a
comunicación, xa que a pesar de manifestar vocalizacións, éstas non permiten
diferenciar os seus desexos e peticións. En consecuencia, faise imprescindible o
emprego dun SAAC.

Tamarit (1989) define os Sistemas Alternativos ou Aumentativos de comunicación


(SAAC) como “un conxunto estructurado de códigos non vogais, necesitados ou non
de soporte físico, os cales, ensinados mediante procedementos específicos de
instrucción serven para levar a cabo actos de comunicación por si mesmos ou en
conxunto con códigos vogais ou como apoio parcial ós mesmos”.

Entre os SAAC máis extendidos atópase o SPC (Símbolos Pictográficos de


Comunicación). Componse principalmente de debuxos simples e a palabra que
simboliza cada debuxo vai impresa. O vocabulario divídese en 6 categorías
(persoas, verbos, descriptivos, miscelánea e social) e cada unha asóciase a unha cor
diferente.

A razón de optar polo SPC como SAAC é que este sistema está composto por
símbolos que son debuxos pictográficos que gardan un gran parecido coa realidade
e, á súa vez, facilita a elaboración de material. Outra vantaxe é a universalidade
dos símbolos dentro do posible.

O SPC é un SAAC con axuda de materiais externos ó propio corpo, como son os
pictogramas, libretas de comunicación, etc. o que engade outras vantaxes:
• As destrezas motrices que demanda son mínimas.
• Son apropiados para persoas cunha capacidade mental baixa.
• Son sinxelos de aprender e aplicar.

5. OBXECTIVOS

Obxectivos xerais Obxectivos específicos


•Desenvolver capacidades de coñecemento, exploración
e relación cos obxectos (conceptos básicos: cor,
1. Desenvolver estratexias tamaño, cantidade)
de comunicación non •Afianzar rutinas de actividades básicas que favorezan
verbal que lle posibiliten a anticipación.
entender e ser • Desenvolver destrezas comunicativas: peticións de
entendido desexos e de necesidades.
• Identificar imaxes correspondentes a obxectos e a
persoas.
2. Expresar necesidades • Expresar necesidades de comunicación mediante
básicas xestos e pictogramas.
• Empregar debuxos como transmisores de información.
• Asociar debuxos e pictogramas sinxelos con obxectos
e situación cotiás.
3. Favorecer a • Interpretar imaxes: recoñecer obxectos, persoas e
representación e accións.
simbolización a través de • Usar pictogramas ou símbolos sinxelos para transmitir
linguaxes diversas. mensaxes simples.
• Percibir e discriminar as cores primarias.
• Explorar e usar materiais de producción plástica:
plastilina, ceras, pinturas de dedos, témperas.

• Adquirir habilidades para o coidado do entorno e do


centro: tirar papeis no sitio axeitado, colocar o
material no lugar correspondente,…
4. Resolver con autonomía e • Adquirir a postura axeitada segundo a actividade a
iniciativa situacións realizar.
habituais da súa vida • Aumentar progresivamente o tempo de estar sentado
cotiá. ou traballando nunha mesma tarefa.
• Atender e responder a ordes sinxelas: séntate, saca o
abrigo, límpate, ….
• Regular o seu propio comportamento: esperar turno,
recoller,…
6. ACCIÓNS PRIORITARIAS

• Priorízase a funcionalidade da comunicación, de modo que o neno poida


comunicarse e se abran canles para conseguir o que desexa e satifacer as
súas necesidades. Esta posibilidade pode mellorar, ademais, a súas condutas
disruptivas e agresivas.
• Priorízase a colaboración coa familia, como parte fundamental do programa,
especialmente en canto á xeneralización dun SAAC á vida cotiá.
• Familiarizar a todos os integrantes da comunidade educativa co SAAC do
neno para mellorar a súa integración e potenciar a sensibilidade da
comunidade educativa cara á diversidade.
• A coordinación de todos os implicados no proceso de ensinanza-aprendizaxe
do alumno: titor, coidadora, PT, profesorado especialista nas diferentes
áreas e orientador.

7. FASES DE INTERVENCIÓN

1. FASE DE PLANIFICACIÓN E DESEÑO


Esta fase terá lugar durante o mes de setembro. Partindo das
características do centro planifícase as actuacións que se van a poñer en
marcha co alumnado, fixando prioridades naqueles aspectos nos que
queremos facer incidencia.
Durante esta fase desenvólvese a avaliación inicial, a partir da que se
formulan e priorizan uns obxectivos para desenvolver este programa, unhas
estratexias metodolóxicas, unha serie de actividades, así como uns
recursos, instrumentos e espacios para a posta en marcha do programa.
Tamén se fixan os papeis de todos os profesionais que participan no
desenvolvemento do programa, así como a programación do seu seguimento e
avaliación.

2. FASE DE IMPLEMENTACIÓN
Este programa vaise desenvolver ó longo dos meses de novembro a xuño, ó
longo de 8 horas semanas na aula de PT, aínda que se potenciará o seu
emprego na aula ordinaria co seu grupo de referencia.

3. FASE DE AVALIACIÓN

A avaliación será inicial, continua, formativa e global para poder introducir


os axustes que se consideren necesarios para acadas o máximo
desenvolvemento das capacidades dos alumnos.
Ademais, realizarase unha avaliación final para comprobar o grado de
consecución dos obxectivos propostos.

8. ACTIVIDADES TIPO

É importante crear unha serie de rutinas que


permitan ó alumno a anticipación e melloren a
súa autonomía. As rutinas están orientadas a
mellorar a estructuración espacial e temporal.

Úsanse LOCALIZADORES DE PERSOAS: No


momento de chegar á aula situarase unha
fotografía do neno
xunto a un debuxo do
colexio, explicando que xa non se atopa na casa coa súa
familia senón que está na escola. Despois
explicarase a axenda pictográfica na que
se representa o horario coas actividades
da xornada escolar. A explicación
realizase en voz alta e sinalando cada símbolo.
Desta forma diminúense as tensións,
proporciónase seguridade e equilibrio emocional
e axúdase a ordear na memoria a secuencia
temporal de cada proceso.

Para cada actividade tamén pode ser necesario empregar


axendas nas que se secuencien en imaxes cada un dos pasos
dunha actividade.

Tamén se intentará introducir a educación emocional,


empezando porque o neno recoñeza expresións faciais que
comunican un estado emocional ou outro. Isto farase a través
da análise do estado do neno cada día, unha vez que facemos
referencia conxunta a cómo se atopa, analizando fotos reais
coa expresión facial correspondente, colocamos o pictograma
do estado emocional no taboleiro “HOXE SÍNTOME…).
Despois, facendo uso da LIBRETA DE COMUNICACIÓN o neno
comprobará o día que fai, usando os pictogramas do SPC e
saíndo ó patio para experimentar el mesmo o tempo que fai ese
día. Colocarase no calendario mensual unha imaxe co tempo do
día para que o neno vaia comprobando como van avanzando os
días.

Os primeiros símbolos que se ensinaron


foron o do ordenador, aro e pelota por ser
actividades motivadoras para o alumno o
que favorecía a súa aprendizaxe.

Para ensinar os símbolos acompáñanse


dunha lámina A4 coa imaxe do referente real (facendo uso do DICCIONARIO DE
IMAXES) e se é posible o obxecto real ou representativo (xoguetes) que permita a
manipulación. Tamén se pode facer uso de presentacións en Powerpoint sobre o
referente acompañado de música para atraer a atención do neno, xa que ten unha
capacidade moi baixa e a música resúltalle altamente estimuladora.

A adquisición de novo vocabulario mellora cantos máis canais sensoriais se poñan en


funcionamento, por exemplo, se traballamos as froitas pode realizarse unha
estimulación do sentido do olfacto, ou elaborar referentes de diferentes texturas,
como engadir algodón ó debuxo dunha ovella para poder apreciar que o tacto é
suave.

Traballase en primeiro lugar a adquisición e uso


funcional do símbolo e a súa discriminación dos
demais símbolos pictográficos. Por exemplo, con
paneis nos que teña que ir seleccionando a tarxeta
que corresponde a cada imaxe.

Os pictogramas tamén son útiles para facilitar a realización de tarefas de


clasificación como introducir pezas en diferentes recipientes segundo criterios
como forma, color, … A tarxeta pégase no exterior do recipiente indicando que
obxectos hai que introducir dentro.

Emprégase ademais, unha LIBRETA DE COMUNICACIÓN para


que o neno poida facer peticións. Así, conseguimos que empregue
de forma funcional algunhas tarxetas de pictogramas como “Auga” para indicar que
quere beber, “Ordenador” ou “Aro”.

Os pictogramas tamén foron empregados para a


estructuración espacial e temporal do contexto
escolar do neno.

Para a estructuración temporal empregamos


marcadores de mobiliario, rincóns, materiais, etc.
de forma que pode asocialos coa tarxeta que se
lle entrega indicando cal é o seu destino, a onde vai ir.

Para a estructuración temporal foi creado un panel horario visual que permite
secuenciar pictográficamente as diferentes actividades de cada día ou de cada
sesión coa fin de favorecer a anticipación; ademais de guións visuais con imaxes da
secuencia de acción a realizar para conseguir un obxectivo.

Búscase facilitar a transición dunha actividade a outra, para mellorar a


comprensión do que sucede e mellorar a forma de afrontar o cambio dunha
actividade na que se atopaba agosto e que lle prorporcionaba benestar a outra que
lle gusta menos ou lle produce maior frustración. Así, o neno sabe o que pode
esperar e evítase a confusión.

Os pictogramas tamén se usaron como MENÚS ou CARTELEIRAS DE SELECCIÓN


1
de forma que se lle permite ó neno escoller entre varias opcións. Por exemplo:

• Á hora de tocar un instrumento ou outro na


hora de expresión musical.
• Ver unha presentación powerpoint sobre un
animal, frutas, prenda de roupa, etc. en
función do campo semántico que se traballe.
• Elexir unha cor.

As opcións que lle ofrecen son poucas (entre 2 e 4


pictogramas en función da dificultade e da
familiaridade do neno con cada grupo de
pictogramas) pola dificultade para ampliar a

                                                            
1
 As opcións que se lle dan, deben ser controladas para ter presente o que interesa traballar. 
 
atención a moitos estímulos simultáneamente (no caso contrario hai pictogramas
que non ten en conta porque non reciben nin atención). No caso en que sempre pida
o mesmo, dáselle un pouquiño e se introduce un cambio de actividade ou de obxecto
seleccionado. Unha vez que xa usou un pictograma non pode volver a solicitalo
porque xa fixo uso del.

9. METODOLOXÍA

• Hai que dotar de intención e significado sempre que sexa posible ás acción
do neno, de modo que se potencie a súa funcionalidade e a intencionalidade
comunicativa. Trátase de ensinar ó neno a dirixirse a outras persoas para
conseguir algo desexado.
• O profesorado terá un papel de mediador, de ponte entre os coñecementos
previos do alumnado e os que se pretende que cheguen a aprender,
traballando na súa Zona de Desenvolvemento Próximo (ZDP),
proporcionándolles as axudas necesarias.
• As actividades que se propoñen deben ser significativas para o alumnado e
potenciar a súa motivación.
• As aprendizaxes deben ser funcionais, é dicir, deben ser útiles na súa vida
cotiá.

10.- RECURSOS

- Profesor-titor
- Profesorado especialista nas diferentes áreas
- Departamento de Orientación: profesora de
Pedagoxía Terapeútica e Orientador.
PERSONAIS
- Equipo de Orientación Específico

- Aula de pedagoxía terapeútica


- Fichas de traballo individualizadas.
- Programa CLIC.
- SPC: As tarxetas pictográficas seleccionadas ou
MATERIAIS
elaboradas en función das necesidades han de ser
funcionais (que poida empregalas para actuar sobre
o entorno) e xeneralizables (de modo que poidan
empregarse en diferentes contextos e con distintas
persoas).
O tamaño das tarxetas é de 5x5 cm. para facilitar
a súa discriminación fronte á outra posibilidade de
2,5 x 2,5.

- Libros de contos con


imaxes sobre o
vocabulario
traballado para
desenvolver a
discriminación de
imaxes.
- Materiais
elaborados para
potenciar a
discriminación entre os diferentes
símbolos do SPC.

- O apoio realizarase fóra da aula durante 8 horas


semanas para o traballo de aspectos específicos
ORGANIZATIVOS relacionados coa aprendizaxe do SPC.

- Colaboraremos co profesorado das diferentes áreas


para a adaptación do material necesario para o
traballo diario.

11.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN

- Grao de consecución á hora de extraer o significado das tarxetas


pictográficas
- Grao de funcionalidade do vocabulario seleccionado.
- Grado de xeralización das aprendizaxes á vida cotiá.
- Grao de consecución dos obxectivos propostos.
- Nivel de satisfacción do alumnado e do profesorado en relación ás
expectivas formuladas e á posta en práctica do programa.

You might also like