Welcome to Scribd, the world's digital library. Read, publish, and share books and documents. See more
Download
Standard view
Full view
of .
Look up keyword
Like this
2Activity
0 of .
Results for:
No results containing your search query
P. 1
ponencia_ideolóxico-política_mocidade irmandiña

ponencia_ideolóxico-política_mocidade irmandiña

Ratings: (0)|Views: 395|Likes:

More info:

Published by: Paula Vázquez Verao on Jun 21, 2012
Copyright:Attribution Non-commercial

Availability:

Read on Scribd mobile: iPhone, iPad and Android.
download as PDF, TXT or read online from Scribd
See more
See less

06/21/2012

pdf

text

original

 
 
MOCIDADE IRMANDIÑA
– ASEMBLEA NACIONAL CONSTITUÍNTE – 7 DE XULLO DE 2012
1
MOCIDADE IRMANDIÑA
ASEMBLEA NACIONAL CONSTITUÍNTE
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2012.
2. PONENCIA IDEOLÓXICO-POLÍTICA.
1.
INTRODUCIÓN
2.
Na Mocidade Irmandiña somos conscientes de que estamos a vivir como Humanidade un
3.
momento histórico en que a crise do sistema capitalista pon en cuestión a existencia mesma
4.
da especie humana e do propio planeta tal e como o coñecemos. Non hai saída para a
5.
Humanidade dentro do Capitalismo, depredador da biosfera, socialmente desigual, expoliador
6.
dos bens comúns – a auga, o alimento... -, fonte de guerras, de explotación laboral, de
7.
violencia contra as mulleres en distintas formas, incompatíbel coa diversidade cultural e a
8.
soberanía nacional.
9.
Na Galiza, o proceso recentralizador do Estado e as políticas aniquiladoras do PP instalado na
10.
Xunta – unha política de “demolición” do autogoberno e dos servizos públicos, “limpeza étnica
11.
e ecocidio” – sitúan á nosa nación nun auténtico estado de excepción.
12.
A crise do capitalismo maniféstase no plano político – tamén na Galiza – nunha crise de
13.
credibilidade e lexitimidade das forzas políticas, que remataron asumindo a lóxica do sistema,
14.
mesmo aquelas que naceron para transcendelo, converténdose en fins en si mesmos para
15.
perpetuar poder institucional que lle permita manter entramados de poder desconectados
16.
das necesidades da maioría social. No entanto, e a pesar da emerxencia deses vellos poderes
17.
fácticos, agora disfrazados abstractamente como “mercados, non todo esta perdido e a clase
18.
traballadora aínda é, en grande medida, dona do seu propio destino.
19.
Un sistema fracasa se non pode asegurar o benestar da súa cidadanía, se os fillos e fillas viven
20.
peor que os seus pais e nais rompendo a cadea do “progreso”. Un sistema falla se non dispón
21.
dunha política económica centrada no pleno emprego, no aumento da capacidade adquisitiva,
22.
no coidado da biosfera e na cobertura das necesidades básicas de toda a Humanidade. Un
23.
sistema tamén erra se non é quen de protexer as minorías e non respecta os desexos e a
24.
vontade da maioría.
25.
Fronte a isto, reivindicamos a política como mecanismo lexítimo de poder do conxunto da
26.
sociedade, como medio para a transformación social, como a arte da construción local e
27.
singular de casos de universalidade, con tres trazos principais que viñeron acompañando a
28.
historia da loita do proletariado: a igualdade, a liberdade e a súa expresión política: a
29.
fraternidade. Asumimos os principios do Encontro Irmandiño, que son os da tradición cívica do
30.
nacionalismo galego, considerándonos herdeiras e herdeiros das contribucións de cidadáns e
31.
cidadás, forzas e movementos que ao longo dos séculos se comprometeron coa defensa
32.
afoutada da liberdade e coa a busca de alternativas á discriminación, á explotación e á
33.
inxustiza.
 
 
MOCIDADE IRMANDIÑA
– ASEMBLEA NACIONAL CONSTITUÍNTE – 7 DE XULLO DE 2012
2
34.
Acordamos reforzar a nosa organización como mocidade do Encontro Irmandiño, mais non
35.
coa pretensión de convertérmonos nunha estrutura captadora de novos cadros dirixentes nin
36.
coa vontade de ser unha estrutura dentro doutra estrutura ou unha ferramenta de
37.
cooptación. Non imos ser un
buró 
que enferruxe á mocidade organizada. Pretendemos ser
38.
simplemente unha ferramenta, non un fin en si mesmo, co obxectivo de contribuír a que a
39.
xente moza volva a sentirse cómoda nunha estrutura organizada politicamente, que tantos e
40.
tantas mozos e mozas volvan a verse involucradas no proceso político de liberación nacional e
41.
social.
42.
A Mocidade Irmandiña constitúese formalmente para procurar por un sistema máis xusto,
43.
igualitario, participativo, respectuoso coas características nacionais dos pobos; coa vontade de
44.
traballar a prol do progreso social e non de chuchar da política en beneficio propio.
45.
A Política do mañá temos que comezar a facela hoxe.
46.
1. PRINCIPIOS IDEOLÓXICOS
47.
A Mocidade Irmandiña, grupo de traballo do Encontro Irmandiño, constituíndose como
48.
organización pretende ser unha ferramenta que contribúa á consecución dos fins estratéxicos
49.
que todos e todas as militantes do EI teñen referendado e recoñecido e asume os seus
50.
principios ideolóxico-políticos.
51.
-
FRATERNIDADE.IGUALITARISMO
. A fraternidade significa politicamente o principio da
52.
cidadanía igualitaria como alicerce e centro de gravidade da estruturación política
53.
democrática da sociedade, significa democracia republicana. Para a Mocidade Irmandiña a
54.
fraternidade é, cara fora, a bandeira e guía do traballo político; dentro significa igualdade de
55.
dereitos e deberes das persoas integrantes e respecto e colaboración mutua.
56.
-
ASEMBLEARISMO
. A Mocidade Irmandiña, como organización plural, aberta e participativa,
57.
basea o seu funcionamento nas decisións asemblearias. As coordinadoras e os/as
58.
responsábeis non teñen outro carácter que o de mandatarios/as dos plenarios ou asembleas e
59.
polo tanto, poden ser revocados/as polo seu electorado en calquera momento. A liberación
60.
nacional da Galiza debe ser realizada por e para o pobo galego.
61.
 –
DEMOCRACIA HORIZONTAL
. A democracia horizontal é a única forma de toma de
62.
decisións compatíbel cos obxectivos da Mocidade Irmandiña, e na acción política, é o xeito
63.
preferente de intervención e participación. A acción institucional, baseada no actual marco
64.
xurídico-político na democracia representativa, é para nós instrumental e propoñémonos
65.
transcendela en todo o posíbel promovendo unha autentica participación cidadá.
66.
-
MAIORÍAS E MINORÍAS.ACORDOS E CONSENSOS
. As decisións e acordos da Mocidade
67.
Irmandiña procurarán sempre o consenso e decídense por maiorías nos diferentes ámbitos.
68.
Na acción institucional serán vinculantes. Na acción social, serán só orientacións. Os
69.
irmandiños e as irmandiñas terán autonomía para modular os acordos da Mocidade Irmandiña
70.
á realidade dos movementos sociais nos que interveñan.
71.
-
ESTRUTURACIÓN TERRITORIAL
.
72.
A Mocidade Irmandiña entende que o seu ámbito de actuación xeográfico é a nación galega.
73.
Deste xeito, estrutúrase en irmandades locais de xeito preferente. De non ser posíbel, suma
74.
forzas a nivel comarcal. Entendemos que a acción política, máis alá da teoría e da abstracción
 
 
MOCIDADE IRMANDIÑA
– ASEMBLEA NACIONAL CONSTITUÍNTE – 7 DE XULLO DE 2012
3
75.
ideolóxica, debe facerse a pe de rúa. Evidentemente, ese traballo constante e diario é
76.
imprescindíbel na consecución dunha cidadanía plena e libre. Mais ese traballo debe estar
77.
integramente apoiado nas ideas nais nas que a Mocidade Irmandiña se apoia, así coma nunha
78.
análise do contexto local, nacional e internacional. Deste xeito, o que semella superfluo e
79.
intrascendente a nivel local non é senón un efecto dos procesos globais que abranguen a
80.
totalidade do sistema económico-político.
81.
-
SOCIALISMO
. A Mocidade Irmandiña considérase socialista e polo tanto de esquerdas, nunha
82.
concepción libertaria e fondamente democrática do socialismo. Lonxe do sectarismo, practica
83.
e propugna a democracia republicana. Democracia que fuxe o máis posíbel dos métodos
84.
representativos e que se atopa máis cómoda no que se vén coñecendo como democracia
85.
participativa e democracia deliberativa. Por tanto, defende o principio básico do igualitarismo.
86.
Estamos radicalmente contra o capitalismo, o patriarcado, o racismo e todo tipo de
87.
discriminación.
88.
-
NACIONALISMO
. Galiza é unha nación sometida ao rol de colonia interior no seo do Estado
89.
Español, cuxa soberanía está tamén cada vez máis transferida a focos de decisión exentos do
90.
control democrático e da cidadanía do común. A emancipación das nacións, a súa realización
91.
plena como nacións, ten o mesmo valor histórico que a emancipación das clases explotadas e
92.
vai inseparabelmente vencellada á destas no camiño da destrución do capitalismo e a
93.
construción do socialismo.
94.
-
ANTIIMPERIALISMO E PACIFISMO
. Asumimos a loita antiimperialista e contraemos o
95.
compromiso de asumir e exercer con absoluta enerxía e rotundidade os métodos de combate
96.
pacíficos e democráticos propios da mobilización cívica, social e política, con exclusión do uso
97.
da violencia e co rexeitamento e denuncia da violencia institucional padecida polo común da
98.
cidadanía, que nos está conducindo a un estado de excepción permanente.
99.
-
ANTIPATRIARCADO
. Asumimos as análises dos feminismos sobre a situación de dominación
100.
das mulleres e traballamos pola liberación das mulleres enmarcada en todas as loitas de
101.
liberación contra toda caste de dominio.
102.
-
SUSTENTABILIDADE ECOLÓXICA E SOCIAL
. O planeta non pode asumir o crecemento
103.
continuado da produción que precisa o sistema capitalista, xerando a competencia por
104.
recursos naturais cada vez máis escasos e xerando aínda máis desigualdade social. A
105.
necesidade dun modelo sustentábel no ecolóxico vai unida a un modelo xusto
106.
socialmente: nin capitalismo verde, nin socialismo desenvolvimentista a longo prazo.
107.
2. DE GRUPO DE TRABALLO DE MOCIDADE A MOCIDADE IRMANDIÑA.
108.
A mocidade do Encontro Irmandiño organizouse, dende a III Asemblea do EI, en marzo de
109.
2011, como grupo de traballo sectorial.
110.
Neste tempo, acadamos grande parte dos nosos obxectivos, considerando como mellor
111.
valor da mocidade do EI a participación activa da nosa militancia en movementos sociais
112.
transformadoras en distintos eidos (estudantil, asociacionismo veciñal e cultural...) e a
113.
coordinación co resto de organizacións da mocidade e xente moza nacionalista no
114.
combate por unha Galiza ceibe. Comezamos o noso traballo nas comarcas que cómpre,
115.
con todo, impulsar en moita maior medida, descentralizando a actividade política da
116.
Mocidade Irmandiña. Destacamos tamén o eido da autoformación, piar fundamental da
117.
nosa actividade política, necesario para combater os mecanismos de domesticación que o

You're Reading a Free Preview

Download
scribd
/*********** DO NOT ALTER ANYTHING BELOW THIS LINE ! ************/ var s_code=s.t();if(s_code)document.write(s_code)//-->