Educación Plástica e Visual 1ºESO08-09TEMA 1. A Linguaxe Visual 3
1.2.
1.2. Características da Comunicación Visual
Calqueira acto de comunicación ten unha serie de factores que o caracterizan:A. A Linguaxe que se utiliza e os seus elementosB. Os signos propios de dita linguaxe que definen un Estilo de Linguaxe Visualdeterminado.C. A finalidade que se persegue no acto da comunicación.As imaxes, seu código e as finalidades expresivas que perseguen son os factoresesenciais que entran en xogo no caso da comunicación visual.
A. Os elementos da comunicación visual.
A
comunicación visual
é un proceso de elaboración, difusión e recepción demensaxes visuais, é dicir realízase mediante o uso da Linguaxe Visual. Para que nonse perda o valor e o senso de estes mensaxes, cada elemento ou factor que intervénno proceso debe cumprir adecuadamente a súa función. Estes elementos son: emisor,mensaxe, medio ou canle, código e receptor.
•
EMISOR
é quen orixina a mensaxe. Pode ser un fotógrafo, un pintor, unpublicista, etc. Trata de comunicarse por algún motivo: vender, convencer,protestar, embelecer, etc
•
RECEPTOR
é a quen vai dirixida a mensaxe. Chegar a el é o obxectivo doemisor, para elo ten que captar a súa atención e interesalo na súa imaxe.
•
A MENSAXE
é a información que o emisor desexa transmitir. Para que existacomunicación a mensaxe debe de ser a mesma para o emisor e para oreceptor.
•
CÓDIGO
é o conxunto de signos e as normas para combinalos. Nacomunicación visual o código está formado polas imaxes e o conxunto derecursos que usan os creadores para obtelas.
•
A CANLE
ou MEDIO é o soporte utilizado polo emisor para facer chegar a súamensaxe. É dicir, a televisión, Internet, a prensa, os carteis, etc. Cada un delesten as súas ventaxas e as súas limitacións. Pero en definitiva, a canle debe serelixido en función das características e posibilidades de acceso do receptor.
A comunicación visual
pódese realizar a través de
imaxes fixas
como fotografías,debuxos, cómics ou a través da
imaxe en movemento
como as imaxescinematográficas, televisivas ou as animacións por ordenador.
EMISORMENSAXE RECEPTOR
Leave a Comment