• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
Download
 
leire e compañíaRaquel Couto Antelo
1
A pouco de cumpli-los trinta decidín que xa era hora de comezar a vivi-la miña vida e abandoa-lo fogar materno; non foi unha decisión provocada polas miñas ansias de liberdade, nin a idílica relación materno filial a que a aplazou. En realidade  foi unha cuestión financeira, levaba máis de dous anos traballando de asesora telefónica, teleoperadora, en Faimecaso Telecomunicacións, e aínda que o soldo non era moi grande a miña xestión milimétrica permitiume chegar nese período a uns cantos miles de euros; pese a que, todo hai que deci-lo, aportaba algo á unidade  familiar, non moito, tamén hai que decilo; e pese a que me permitía certos caprichos de cando en vez. Non me interesaba en absoluto vestir de temporada e a parte de ir todo-los sábados ó cine e sair algún que outro cás amigas tampouco tiña maiores gastos. Levaba unha vida bastante cómoda, tanto que chegou a afogarme; o traballo non me desgustaba, de feito ata me gustaba, xuntabas un monte de anécdotas e entre unhas e outras revirábamolas todas e partíamonos á conta dos clientes; eles  facían outro tanto con nós seguramente. Pero de cando en cando asomaba a  pantasma do fracaso e amargábame. Supuxen que era un aviso para que cambiase de vida, un sinal; así que un día antes de ir traballar fun ó banco preguntar polas hipotecas para saber a que pazo podía aspirar. Saín fría, cá metade do meu soldo hipotecado ata a xubilación, e de pazo nada. A punto estiven de chamar ó meu amigo Xan e pedirlle asilo político en Londres, onde el vivía, pensando en que ó mellor alí o meu futuro profesional podía ser un pouco máis alentador. Pero non o fixen, e non so  porque xa me daba vergoña que sempre me andivese sacando as castañas do lume cando a miña vulnerable persoalidade se atrancaba; non, tamén o fixen porque... porque no fondo rebentábame ser vencida pola adversidade, non vía porque tiña que abandoa-la "miña terra" pola inconsciencia da política do vai ben do pasado. E eu que saberei, era moi pequena.Nos oitenta do século pasado meus avós viñeron da aldea buscando un  futuro mellor para a súas fillas, e para eles, claro está. Miña avoa sempre pensou que o futuro dunha muller pasaba por unha boa educación e eso sempre foi  prioritario para ela; miña nai e miña tía foron as primeiras licencidadas universitarias da familia; miña tía é directora dunha clínica de luxo en Madrid e miña nai traballa nun banco desde que rematou a carreira, se quixera xa podía ser directiva pero tería que renunciar ó seu posto no sindicato, e como creo que lle gustaba máis o de 
 
leire e compañíaRaquel Couto Antelo
2
guerrear que o de denegar préstamos así lle vai. Así coñeceu ó meu pai, guerreando.Supoño que se coñecerían nunha lea desas que se organizan entre uns e outros; moito non pregunto, aínda lembro cando me dou por preguntarlles como despois de ter a meus irmáns, trillizos (dous nenos e unha nena) e dada a apurada situación económica que eu supoñía estarían pasando, fixeran o cálculo para un e sairanlle tres, me tiveran a min ós dous anos; púsoxelles tal cara de lascivia que daba noxo e non quedei a escoita-la resposta, así que me supoño a celebración dalgún éxito  político ou algunha carallada parecida. A verdade é que se o que pretendían era evitar que me inmiscuise na súa vida conseguírono e moito máis eficazmente que os  pais dos meus amigos con decirlles eso das cousas de maiores. Vivíamos na casa dos meus avós, en Monte Alto, meu avó xa había que morrera e miña avoa vivía no baixo, onde había anos tivera o ultramarinos, aínda ule a froita ó entrar; agora adícase a vivi-la vida e a coida-las plantas do patio, que da xenio velas. Nós vivimos no primeiro e María, miña irmá e mai-la moza no segundo. Meu irmán, Pedro, cá moza en Pontevedra e Oscar nas Canarias, esta temporada, porque está estudiando non sei que no Teide, supoño que como vivir coma Dios, el di que é unha investigación científica, eu non lle creo nada.Cando falei de mercar piso, miña avoa comezou a darlle voltas á idea de marchar para a aldea cá bisavoa e deixarme a min o baixo; pero eu vin demasiado encantados a meus pais e aquel sacrificio comezou a cheirarme máis a control que a amor fraternal e moi sutilmente, eso si, moi sutilmente comecei a facer comparacións tipo paseo marítimo-corredoiras, praia a dous minutos-ter que coller sempre o coche,amigas-bisavoa. E pronto se lle esvaeceu a imaxe bucólica do campo en fin de semana e xurdiu a da recollida das patacas ás catro da tarde da súa mocidade;  porque o das plantas do patio era por divertimento pero o das patacas... despois de todo a aldea estaba a duas horas en coche e podía ir cando quixera, e miña bisavoa xa estaba moi afeita a gobernar. A min non me gustaba a aldea, non era pola bisavoa, nin pola herba, nin polas vacas, aínda que unha me turrara unha vez; tampouco era polas galiñas nin polo misterioso raposo que sempre viña cando eu non estaba vixiando. Era, era, era polo mesmo que non me gustaban as clases de lingua galega do colexio, era porque... porque me chamo Leire. Non, se o nome é moi bonito,eso me contaba miña nai cando me enfadaba; pero en canto poñía un pe fóra da  porta e viñan os outros nenos có de Leira ¿ves xogar ou tes vacas pacendo? a min 
 
leire e compañíaRaquel Couto Antelo
3
medrábanme os morros cousa fina; miña prima Elena sempre viña por min e decíame que non lles fixese caso, daquela eu deixaba de chorar e pasaba todo, ata que discutíamos por a quen lle tocaba apandar nas agachadas e volvía a sai-lo tema agrario; por se fose pouco a avoa á minima chamábame Leiriña e meus irmáns contábanllo ós outros e festa de novo. Afortunadamente a bisavoa nunca criu que ese  fose o meu nome, o día do bautizo pensou que meu padriño lle tomaba o pelo e non lle preguntou máis para que non rise á súa conta, así que para ela son Nena,algunha vez téñoa cachado estudiando o meu nome escrito nalgún libro da escola que lle deixaba ós pequenos.Si, o responsable do meu nome é meu padriño, o irmán da avoa, el maila bisavoa son os meus padriños. El non vivía aquí, emigrara de moi novo traballar ós Altos Hornos en Bizkaia, e aló viviu sempre, viña no Nadal e un par de semanas polo vran, e claro polo meu bautismo, claro. Para min aquel era o home máis malo do  planeta, o causante de todo-los meus males, din que a memoria non pode retroceder moito máis aló dos catro anos, non o sei, pero creo lembro perfectamente o día que a voz me dixo "dille ola ó teu padriño". Non lle dixen ola, ¡e unha merda lle ía decir ola! ¿ola? ¿que lle dixese ola? ¿o gilipollas que se lle ocorrera chamarme Leira? porque o nome remataba nun "e" pero a fonética non era o forte daquela xente. Lémbrome cá cabeza baixa, có fuciño ata o chan e mirando cara arriba. Era moi grande, moi alto,erguín algo a cabeza, pero non lle daba visto a cara, lembro que tiña un parecido  perigoso con aquel xigante de cor verde que viña nos botes do millo que me facía comer miña nai cá ensalada. Ademáis traballaba nos Altos Hornos, que me dixeran os nenos que era onde o demo queimaba as nenas que choraban. Eu volvín baixa-la cabeza, todos insistían en que lle dixese ola, vaia antollo que tiñan; andiven todo o día cá cabeza baixa cando el andaba preto, coñecíalle os zapatos, controlábaos, parecían apisonadoras. Era Nadal e ós nenos sentábamos xuntos nun lado da mesa  para que os maiores poidesen falar sen que nos enterásemos de moito, como ninguén se metiu conmigo relaxeime, despisteime e mireino á cara, pois non parecía tan malo,el viume e sorriu, daquela eu cá vergoña baixei a vista e dei un lazo negro que levaba onde meu avó poñía un caravel branco, aquelo non podía ser boa cousa. De regalo de Nadal trouxérame unha caixa de madeira, coma as dos debuxos de piratas; non, se todo cadraba, e traía un fecho pequeniño e díxome algo que a min naquel momento me dou igual "cando sexas grande heiche da-la chave" a min tanto me tiña, si ho que 
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...