PARA UN DEBATE CONSTRUTIVO E CONCRETO

Unha comparación das propostas achegadas para a asemblea de ProLingua

Este é o meu diagnóstico a respecto do punto no que estamos, a modo de foto fixa. Obviamente, sería desexable un achegamento a través do diálogo. Como xa dixen nun momento do debate, dous non dialogan se un non quere, se non recoñece a lexitimidade do outro como interlocutor, se non argumenta os porqués das súas propostas e se non entra a discutir as propostas dos demais. Estamos a tempo. Dous apuntamentos importantes: o primeiro consiste en que este é un documento pensado e elaborado de xeito individual, do cal son único responsable. Os compañeiros que asinan xunto comigo a proposta “Nova vida para ProLingua” van recibilo pola primeira vez ao mesmo tempo que as demais persoas de ProLingua; o segundo, en que se trata dun resumo persoal e por tanto non exento de subxectividade, polo que terei o maior pracer en recibir e debater argumentos que mostren os erros nos cales poida ter incorrido e, por suposto, en rectificalos.

Nova vida para ProLingua
(Proposta presentada o 18/07/2012 por Craig Patterson, Filipe Diez e Xosé Luís Regueira)

Que é e que debe facer ProLingua
(Proposta presentada o 09/08/2012 por Agustín Fernández Paz, Manuel Bragado, Martin Pawley e Xabier P. Docampo)

Cuestións de método (atinentes aos respectivos documentos e ás posturas mantidas no debate até agora) Como se presenta a  proposta • • • • Primeiramente á Cerna. Espérase resposta para proceder a un diálogo e modificar o que sexa preciso. Recíbese unha resposta da Cerna negándose a avaliar o contido da proposta. Finalmente, sométese a proposta á consideración do grupo de correo de ProLingua (seguindo as indicacións da propia Cerna nese sentido). Reivindicar as raíces de ProLingua e a súa potencialidade para ser un referente social. Propor accións concretas e unha estrutura flexible destinada a executalas. • Directamente ao grupo de correo de ProLingua, sen interlocución coas persoas que previamente presentaran outra proposta.

Cal é o ton do  documento

• •

Reivindicar as raíces de ProLingua, mais propondo unhas funcións (académicas e profesionais) e un modo de organización (estrututas comarcais estables) que diferen radicalmente do que foi ProLingua desde o seu nacemento até agora. Afirmar unha suposta esencia de ProLingua desvinculada de propostas de acción concretas, ausentes case por completo. Como un ataque á Cerna e unha falta de recoñecemento ás persoas que a compoñen. Como unha loita polo poder, cuxo exercicio (real) por parte duns é visto como sacrificio e por parte doutros (atribuído hipoteticamente) como ambición. Como unha vontade de romper a unidade de ProLingua e da loita pola normalización. Como unha maniobra partidista.

Como se entende o  debate

• • •

Como un enriquecemento. Como unha oportunidade para o diálogo, o achegamento de posturas, a cesión e o consenso. Como un acto lexítimo, no que todos deben ter o mesmo trato e as mesmas oportunidades de expresaren as súas opinións.

• •

• •

Observación importante: unha boa parte dos actuais membros da Cerna ten carné de partidos políticos, de xeito absolutamente lexítimo e sen que ese feito ocasionara até agora ningunha interferencia na actuación do colectivo; entre os asinantes da proposta “Nova vida para ProLingua”, ningún milita en organizacións políticas, opción igualmente lexítima.

Cal é o diagnóstico da  saúde actual de  ProLingua Cal é o balance que se  fai da actividade de  ProLingua desde 2009 O que se espera da  asemblea de setembro

• •

Preocupante polo declive da participación e da actividade detectado desde hai maís de un ano. Necesita unha remobilización da base social que apoiou a súa constitución. Con claros e escuros: un 2010 con fitos importantes que non se aproveitaron para consolidar o grupo e unha posterior parálise case total das actividades, da información e da participación. Un fortalecemento de ProLingua, de xeito que siga a facer o que estivo facendo ben mais ao tempo aborde tarefas pendentes. A constitución dunha asociación cun funcionamento participativo, democrático e transparente.

• •

Normal, xa que o declive da actividade é un fenómeno natural. Necesita un novo estímulo, mais sen mudar o rumbo seguido até agora. Positivo, xa que se mantiveron os compromisos asumidos na asemblea fundacional.

A vitoria das propias teses ou, en caso contrario, o abandono de ProLingua.

Resumo do contido (exclusivamente dos respectivos documentos) Como se concibe  ProLingua Para que se debe usar  ProLingua • • Como un movemento social apartidario. Para realizar campañas sectoriais que impulsen o uso do galego en ámbitos nos que precisa de reforzo. Para fomentar eventos que ultrapasen as fronteiras do galeguismo social, cultural e político. Para promover actos festivos que desatrelen a imaxe dos actos sociais a prol da língua da faceta exclusivamente reivindicativa e pancartista. Para conversar con todos os axentes sociais implicados nas decisións e accións que inciden sobre a língua, a fin de influír nas súas decisións. Para emitir comunicados. • • • • Como un foro académico e profesional. Para realizar e socializar labores teóricos e divulgativos. Para organizar debates, conferencias, mesasredondas e proxeccións. Para conversar con todos os axentes sociais implicados nas decisións e accións que inciden sobre a língua, a fin de influír nas súas decisións. Para emitir comunicados.

• •

Como debe funcionar  ProLingua

• • •

Como unha asociación na cal as persoas afiliadas teñen dereitos e deberes. Como un colectivo cuxo maior patrimonio son as persoas adherentes e simpatizantes. Como unha organización democrática na cal todas as persoas poden facer propostas, participar nos debates, recibir información das decisións e colaborar na súa execución. Grupos territoriais (locais ou comarcais) flexibles, que se activen con motivo das campañas e actividades concretas a seren desenvolvidas. Grupos sociais (sectoriais) igualmente flexibles que dean apoio ás campañas que se desenvolvan nos ámbitos nos cales actúan e/ou teñen capacidade de incidencia. Realizar propostas e escoitar as que se propoñen desde a base (grupos de apoio territoriais, sociais ou persoas a título particular). Trasladar as propostas ao conxunto das persoas asociadas. Tomar as decisións sobre execución de campañas e actos, unha vez consultada a base asociativa. Buscar os medios necesarios para executar as accións aprobadas. Emitir comunicados no nome de ProLingua. Transmitir información puntual a todas as persoas asociadas. Fraternalmente e con iniciativa propia. Buscando o entendemento para un novo e amplo pacto social pola língua. Apoiando os actos dos demais. Promovendo actos que sexan compatibles cos que outros colectivos irmáns convocan. • • •

(Non se aborda este asunto) Observación. Hoxe ProLingua é unha asociación só sobre o papel, xa que así foi legalizada por aproximadamente unha decena de membros da Cerna, segundo foi comunicado oficiosamente. Aínda que non está no documento, Xabier P. DoCampo ten apoiado publicamente que se manteña así. Grupos territoriais (comarcais) estables, que se reúnan periodicamente e concibidos como grupos de traballo orientados ao estudo e análise da situación lingüística.

Con que estrutura

Cal debe ser o papel da   dirección

(Non se aborda este asunto)

• • • • •

Como debe  relacionarse PL cos  demais

• • • •

Fraternalmente e cedendo a iniciativa aos demais. Renunciando a convocar actos que, mesmo sendo compatibles cos deoutros grupos, non sexan do seu agrado.

O que debe facer PL  nas mobilizacións pola   lingua Que importancia se da  á visibilidade social de   PL

• •

Non convocalas nunca se non hai unidade cos demais colectivos que traballan a prol da língua. Apoiar aquelas coas que concorde e, se for o caso, axudar na súa organización. Relativa. A prioridade é sempre que as accións sexan levadas a cabo, non que consten nin o nome nin o logo de ProLingua. A visibilidade de ProLingua é un medio para poder influir socialmente, nunca un fin en si mesmo. Esencial. Estáblecese a necesidade dun plan de comunicación que permita dividir tarefas e responsabilidades para tirar o máximo partido á presenza nas redes sociais, ao sitio web de ProLingua, ao grupo de correo e ao impacto das posturas, propostas e accións de ProLingua nos medios de comunicación. Si, con aqueles que comparten a loita pola normalización noutras terras.

• •

Non convocalas nunca se non hai unidade cos demais colectivos que traballan a prol da língua. Apoiar aquelas coas que concorde e, se for o caso, axudar na súa organización. (Non se aborda este asunto)

Cal a importancia  dada á presenza na  web

Relevante. Fálase de aproveitar o potencial das redes sociais e do sitio web.

Debe manter PL  relacións con  colectivos de fóra do  país O que é, a final de  contas, ProLingua

(Non se aborda este asunto)

Unha asociación cívica e apartidaria, que debe facer todo o que estea na súa man a prol do galego: a xeración de discurso e de novas estratexias debe ser un instrumento ao servizo da acción na sociedade. Un referente na loita pola normalización e extensión de usos do galego, capaz de chegar onde outros non dan chegado e, así, sendo complemento deles.

• •

Un colectivo apartidario dedicado á xeración de discurso e de novas estratexias. Un complemento do que outros colectivos fan na loita pola normalización e extensión de usos do galego, renunciando a alargar as fronteiras do apoio social á normalización máis alá do que eses outros colectivos conquiran.

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful