REVISTAS PROFESIONAIS

Un recurso para o estudante de grao

QUÉ APORTAN AO ESTUDANTE DE GRAO?
É importante habituarse a ler literatura profesional dende os primeiros cursos

Axudan a identificar e desenvolver o perfil profesional desexado. Complementan a información máis académica e teórica que recibides na clase.

REVISTAS INTERNACIONAIS DE ACTUALIDADE
ECONÓMICA
Temos 3 das principais revistas económicas do mundo

Habituan ao estudante a ler en inglés literatura económica e financeira. Axudan a manterse informado do que está a pasar no mundo.

CÓMO ACCEDER AS REVISTAS
Versión papel vs versión electrónica

Moitas das revistas que mostramos nesta guía as tedes no Expositor de Revistas (segundo entrades pola porta da Biblioteca á dereita)
Se non aparecen no Expositor preguntade no mostrador ao bibliotecario/a. Tamén tedes acceso á versión electrónica das revistas coas vosas claves institucionais (as mesmas que as de moodle, wifi, etc.) Eso si, non todas teñen a versión electrónica dispoñible.

LISTAXE DE REVISTAS ACCESIBLES Á VERSIÓN
ELECTRÓNICA
         

(ALGÚNS EXEMPLOS)

Distribución y Consumo (acceso libre online) Estrategia Financiera MK Marketing + Ventas Harvard Deusto Marketing y Ventas Partida doble + Técnica Contable Auditoría Pública (acceso libre online) Capital humano The Economist Financial Times Bloomber Businessweek

CÓMO ACCEDER ÁS VERSIÓNS ELECTRÓNICAS (I)

Dende a páxina web da Biblioteca da UDC: http://www.udc.es/biblioteca/gal ego/index.htm

Premedes no A-Z na primeira letra do título da revista

CÓMO ACCEDER ÁS VERSIÓNS ELECTRÓNICAS (II)

Dentro da listaxe buscades o voso título

Unha vez que premades no título é cando teredes que autenticarvos. Esto é válido tanto para a consulta dende a UDC coma dende a vosa casa.

CONCLUSIÓNS

As revistas profesionais son moi beneficiosas para o desenvolvemento do estudante de grao. Complementan os vosos coñecementos académicos e axudan a contextualizalos. Permiten ir perfilando os vosos futuros perfís profesionais: que ramas vos chaman máis a atención, en cales non traballaríades nunca, etc. Consultade ao voso profesor por máis títulos.

Biblioteca de Economía e Empresa da UDC
981167000 Ext. 2471 becem.bib@udc.es

Related Interests