8 >> experiencia educativa

> AL HABLA CON ISABEL PASCUAL ABALDE | PROFESORA DO CEE JUAN MARÍA DE NIGRÁN

jueves, 15 de noviembre del 2012 | la voz de la escuela

Unha sinfonía integradora
Dous colexios de Nigrán presentan unha obra de teatro musical en versións adaptadas
O venres 26 de outubro tivo lugar no Auditorio de Nigrán a presentación dos libros Os músicos do Val Miñor, obra de teatro musical de Paula Carreras Silva, en tres versións: orixinal e adaptadas ás discapacidades intelectual e visual (a versión en braille fíxose por xentileza da ONCE de Vigo). Estes libros son o resultado final dun proxecto de integración social, gañador dun premio CreArte 2011 do Ministerio de Cultura, que involucra a máis de 70 alumnos, entre músicos e actores, do IES Escolas Proval e o centro de educación especial Juan María, ambos os dous de Nigrán, que o veñen desenvolvendo desde o curso 2010-11. «A obra foi representada en diferentes escenarios da contorna, Pontevedra e Santiago, para compartir a experiencia coas familias e mais con outros centros… A última actuación tivo lugar o 26 de outubro no Auditorio de Nigrán, na presentación da edición dos libros», contaba Isabel Alonso Abalde, coordinadora deste proxecto, a La Voz de la Escuela. A experiencia produciu os efectos buscados, pois «permitiu a interrelación entre os alumnos de ambos os dous centros, que demostraron as súas capacidades, a súa calidade humana e a súa responsabilidade. E serviu tamén
Un momento da presentación de «Os músicos do Val Miñor» interpretada por alumnos do CEE Juan María e o IES Escolas Proval. A autora da obra, Paula Carreira, está de pé, co vestido vermello

para dar a coñecer á sociedade as posibilidades deste colectivo cando conta cos medios e a formación adecuada», engade Isabel. A autora, Paula Carreras, «inspirouse para o texto no conto Os músicos de Bremen, dos irmáns Grimm, e a música que acompaña a representación é totalmente orixinal». As ilustracións do libro na versión orixinal fíxoas o pintor David Carreras Silva: «El foi o que lles deu vida aos personaxes do conto deseñando o debuxo da banda de Os músicos do Val Miñor». «Conta a historia de seis animais que son desprezados polos seus amos porque xa non lles son útiles. Vanse atopando polo camiño e deciden formar

unha banda. Todos os personaxes, excepto a gata, teñen unha limitación que lles impide desenvolver o traballo para o cal naceron», continúa Isabel. Unha historia sinxela que «chega a todos os públicos porque a música é unha linguaxe universal. Os músicos e actores son rapaces que co seu entusiasmo, bo facer, dozura e graza emocionan. Aos máis pequenos gústalles a historia. E aos maiores dános unha mensaxe de esperanza, de superación das dificultades. Ninguén é perfecto, sempre hai cousas que non somos quen de facer. Pero non por iso podemos rendernos». Partindo da narración orixinal, no CEE Juan María «fíxose unha adap-

tación a lectura fácil, en galego e castelán, para chegar a máis alumnos. E a logopeda do centro transcribiuna a pictogramas». Entón comeza a participación dos alumnos: «As ilustracións realizáronas eles. A idea era que o máximo número posible de alumnos puidese participar». No xornal non podemos escoitar a obra, claro, pero... «Editamos tres contos musicados: versión orixinal, adaptado á discapacidade intelectual (en lectura fácil e pictogramas) e á discapacidade visual (en braille). A parte musical da versión audio foi gravada pola Radio Galega no Conservatorio Superior de Música de Vigo. A música é unha mestura de timbres pouco convencionais: nela hai valse, samba, rumba, ritmos galegos...», conclúe Isabel.

> Carlos Ocampo