Asociación “POR DEREITO”

Estatutos

03/02/2009

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN “POR DEREITO”

TITULO I DA ASOCIACIÓN EN XERAL
Artigo 1º.- DENOMINACIÓN. Coa denominación de Asociación “POR DEREITO”, constitúese unha entidade sen ánimo de lucro, ao amparo do artigo 22 da Constitución, que se rexerá pola Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, regulamentadora do dereito de asociación, normas concordantes e disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables en cada momento, e polos presentes Estatutos, e que o destino de todos os beneficios obtidos, única e exclusivamente serán reinvestidos no fin social da propia entidade. Artigo 2º.- FINS. Son fins principais da Asociación: a) Defender a dignidade e os dereitos dos nenos, mozos e adultos con trastorno xeralizado do desenvolvemento, autismo, e outros trastornos da comunicación. b) Defender os dereitos educativos e de integración destas persoas, e apoiar ás súas familias a obter melloras nas condicions de vida das mesmas. c) Fomentar atitudes sociais positivas cara á persoa con TXD/Autismo e outros trastornos da comunicación. d) A promoción das leis que se axeiten para a mellora da situación das persoas con TXD/Autismo e outros trastornos da comunicación. e) Apoiar fomentar e pular todos aqueles estudos e programas de investigación que teñan como fin a mellora de vida das persoas con TXD/Autismo e outros trastornos da comunicación. Página 1 de 13

Asociación “POR DEREITO”

Estatutos

03/02/2009

f) Fomenta-lo equilibrio interterritorial en calidade e servizos, e si é necesario, desenvolver estratexias solidarias con outras Asociacións o Federacións de similar ámbito. g) Calquera outro fin que de modo directo ou indirecto, contribúa a o cumplimento da misión da Asociación o redunde en beneficio das persoas con TXD/Autismo e outros trastornos da comunicación.

Página 2 de 13

Asociación “POR DEREITO”

Estatutos

03/02/2009

Artigo 3º.- ACTIVIDADES. Para poder levar a cabo os fins anteriormente sinalados, poderá a Asociación desenvolver as seguintes actividades: a) Actividades e campañas de información e sensibilización ante a sociedade en xeral, sobre as características e necesidades dos individuos con estes tipos de trastornos. Xestión, promoción, mediación, representación e integración coas administracións competentes co único obxectivo de conseguir os nosos fins. O uso de calquera medio lícito que sirva para realizar os fins anteriormente definidos no artigo 2º. Outros.

b)

c) d)

As actividades desenvolveranse suxeitas ao disposto no artigo 32.1.b da lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, de modo que non están restrinxidas exclusivamente a beneficiar aos asociados, así como ao disposto no artigo 3, a líneas 3º e 4º, da lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal de entidades sen fins lucrativos e de incentivos fiscais ao mecenado, e normas que a desenvolvan ou substitúan, sen prexuízo das excepcións que para investigacións científicas e desenvolvemento tecnolóxico, servizos de asistencia social e deportivos establece a citada normativa. Artigo 4º.- PERSONALIDADE. A Asociación posúe personalidade xurídica propia, independente da dos seus asociados, e goza de plena capacidade para ser suxeito con dereitos e obrigas. Artigo 5º.- ENDEREZO E ÁMBITO. O enderezo da Asociación establécese na rúa Romero Ortiz, nº22, 1ºdta., 36600, Vilagarcía de Arousa. Poderanse utilizar outros locais asociativos adicionais noutras localidades. Para os efectos de comunicacións e notificacións sinálanse como preferente o enderezo enriba indicado. O ámbito de actuación da asociación será exercido prioritariamente no territorio da Provincia de Pontevedra, puidendo estenderse á Comunidade Galega.

Página 3 de 13

Asociación “POR DEREITO” Artigo 6º.- DURACIÓN.

Estatutos

03/02/2009

A duración desta asociación é de carácter indefinido e só se disolverá, conforme a estes Estatutos, pola vontade dos seus asociados expresada en Asemblea Xeral extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.

TITULO II DOS ASOCIADOS
Artigo 7º. CLASES DE ASOCIADOS. Dentro da Asociación, os tipos de asociados poderán ser: a) Fundadores, aqueles que subscribiron a Acta Fundacional. b) Numerarios, aqueles que ingresaron con posterioridade a subscrición da Acta Fundacional. c) Honorarios, aqueles que, a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable ao desenvolvemento dos fins da asociación. d) Colaboradores, aquelas persoas ou entidades que designe a Xunta Directiva pola súa especial contribución aos fins da Asociación. Artigo 8º. REQUISITOS PARA SER ASOCIADO. Poderán ser integrantes da Asociación todas as persoas físicas ou xurídicas, con plena capacidade de obrar, tras solicitar por escrito o seu ingreso á Xunta Directiva, que resolverá á maior brevidade posible. Deberán cumprir un dos seguintes requisitos: a) Ser pai, nai ou tutelares da patria potestade de individuos con TXD/Autismo e outros trastornos da comunicación, con plena capacidade para obrar. b) Persoas interesadas nos fins da Asociación, que así o soliciten, maiores de idade e que posúan plena capacidade para obrar.

Página 4 de 13

Asociación “POR DEREITO”

Estatutos

03/02/2009

Artigo 9º. PERDA DA CONDICIÓN DE ASOCIADO. Poderá perderse a condición de asociado por: a) vontade propia, que deberá comunicarse á Xunta Directiva, a cal informará á Asemblea Xeral na primeira reunión a celebrar. b) falta de pago nas cotas no equivalente a 12 meses. c) condutas incorrectas que poidan vulnerar os fins da Asociación ou prexudiquen de forma grave os seus intereses. d) poderán ser suspendidos de forma temporal dos seus dereitos como asociados, ata que regularicen a súa situación, aqueles membros que non teñan as súas cotas pagadas de forma puntual, salvo que a xuízo da Xunta Directiva, xustifiquen satisfactoriamente o incumprimento da súa obriga no pagamento. e) os asociados Colaboradores perderán tal condición a petición propia, cando deixen a súa colaboración coa Asociación ou cando demostren contradicción respecto aos fins e valores que a Asociación propugna. Artigo 10º. DEREITOS DOS ASOCIADOS. Os asociados fundadores e numerarios terán os seguintes dereitos: a) Asistir ás Asembleas Xerais con voz e voto nos termos que se establezan nestes Estatutos. b) Participar nas actividades da Asociación, suxeito ao disposto no artigo 32.1.b da lei Orgánica 1/2002 do 22 de marzo e nos seus órganos de goberno e representación. c) Ser informado sobre a composición dos órganos de goberno e representación da Asociación, do seu estado das contas e do desenvolvemento da súa actividade. d) Expoñer á Xunta Directiva as iniciativas e suxerencias oportunas para a mellora do cumprimento dos fins da Asociación e) O uso dos servizos que a Asociación teña disposto en beneficio dos seus asociados. Os asociados colaboradores e honorarios terán dereito a: a) Asistir as Asembleas Xerais con voz, pero sen voto. b) Recibir información das publicacións e memorias de actividades da Asociación. c) Participar nas actividades que se organicen.

Página 5 de 13

Asociación “POR DEREITO”

Estatutos

03/02/2009

Artigo 11º. AS OBRIGAS DOS ASOCIADOS. Son obrigas dos asociados: a) Compartir os fins da Asociación e colaborar para a súa consecución. b) Participar dilixentemente nas accións acordadas pola Asociación. c) Cumprir o disposto nos presentes Estatutos, nos regulamentos de réxime interior que a Asemblea aprobe e os acordos lexitimamente adoptados polos órganos de goberno e representación da Asociación dentro das súas competencias. d) Satisfacer puntualmente as cotas e demais contribucións económicas fixadas nas Asembleas Xerais. e) Non actuar na contra dos fins e valores da Asociación f) Desempeñar fielmente as obrigas propias do cargo para o que puidera ser designado pola Asemblea Xeral ata o seu cesamento no mesmo. Artigo 12º. DO RÉXIME DISCIPLINARIO. Os asociados poderán ser sancionados por incumprir as súas obrigas, estas sancións poderán consistir no apercibimento, na perda dos dereitos (dende un mes como mínimo ata un ano como máximo), e na separación definitiva da Asociación. As faltas poderán ser leves ou graves. Soamente as faltas graves poderán traer a separación definitiva da Asociación e por tanto a perda de condición de asociado. Considéranse faltas leves: mostrar desidia ou neglixencia no cumprimento do deber de colaboración nas actividades sociais da entidade, cando esta colaboración fora requirida de forma expresa pola Asociación, a alteración do bo orde no desenvolvemento das xuntanzas que celebren os órganos sociais, a falta de respecto ao resto dos asociados, sempre que esta non sexa considerada inxuria ou vexación grave. Son faltas graves as recollidas na alínea c) do artigo 9 destes Estatutos, a reiteración de dúas ou máis faltas leves dentro dun prazo de seis meses e as faltas de respecto aos asociados cando estas se consideren inxurias ou vexacións graves. A expulsión de asociados e asociadas será acordada pola Xunta Directiva, previa audiencia do interesado/a. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdicción ordinaria. Cando a baixa se produza por propia vontade do asociado/a, este/a deberá facelo mediante petición escrita, procedendo previamente ao aboamento daquelas cotas ou pagamentos pendentes.

Página 6 de 13

Asociación “POR DEREITO”

Estatutos

03/02/2009

A Xunta Directiva poderá acordar a separación temporal dun asociado/a cando se estea a tramitar un expediente sancionador, ou concorran causas xustificadas que o aconsellen, tales como o atraso no pago das cotas, ou comportamentos que afecten á boa marcha dalgún dos fins da Asociación. O expediente sancionador recollerase no Regulamento de réxime interno, pero en calquera caso a Resolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria.

TITULO III DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN
Artigo 13º. CLASES DE ÓRGANOS. Os órganos de goberno e representación da Asociación son, respectivamente a Asemblea Xeral é a Xunta Directiva. A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo Presidente, Xunta Directiva e Asemblea Xeral.

SECCIÓN 1ª.- A ASEMBLEA XERAL
Artigo 14º. A ASEMBLEA XERAL. A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno da Asociación, integrado polos asociados, que adopta acordos polo principio maioritario ou de democracia interna. Terán dereito á asistencia con voz e voto á Asemblea Xeral todos os asociados numerarios que non se atopen suspendidos no exercicio dos seus dereitos. Os compoñentes da Xunta Directiva, terán a obriga de asistir ás Asembleas. Cada asociado terá dereito a un voto, que poderá delegarse noutro asociado mediante documento asinado. Os acordos adoptaranse por maioría simple dos membros con dereito a voto, asistentes ou representados. Todos os asociados terán a obriga do cumprimento dos acordos adoptados na Asemblea Xeral, tanto os presentes como os ausentes. A estes últimos notificaranse por escrito os acordos adoptados. Artigo 15º. CONVOCATORIA. A Asemblea Xeral poderá ser ordinaria ou extraordinaria. A Asemblea ordinaria será convocada polo Presidente e deberá reunirse como mínimo unha vez por ano, dentro dos seis primeiros meses naturais para a aprobación da memoria de actividades, a xestión da Xunta Directiva, as contas anuais e o balance do exercicio anterior, o programa de actividades e o presuposto do exercicio en curso. A Asemblea extraordinaria poderá ser convocada cantas veces o estime necesario a Xunta Directiva, ou o solicite por escrito un número de asociados

Página 7 de 13

Asociación “POR DEREITO”

Estatutos

03/02/2009

numerarios non inferior a o 20%. Neste último caso deberá realizarse por medio de escrito dirixido ao Presidente, autorizado coas sinaturas dos solicitantes, no que se exporá o motivo da convocatoria. Nas convocatorias tanto de Asembleas ordinarias como extraordinarias deberá indicarse data, hora e lugar en que se celebrará a Asemblea Xeral e o orde do día da reunión. As convocatorias realizaranse mediante escrito dirixido aos asociados con dereito a voto, e deberán ser recibidas polo menos con 20 días de antelación á data. De forma excepcional as convocatorias tamén poderán realizarse mediante medio falado, comunicándose por teléfono ou directamente ao asociado/a. Tamén o prazo de recepción poderá reducirse se concorren razóns de urxencia. Artigo 16º. COMPETENCIAS DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA. Son competencias desta Asemblea Xeral Ordinaria: a) Aprobar a acta da reunión anterior. b) O nomeamento e cesamento dos compoñentes da Xunta Directiva. c) Aprobar a memoria de actividades, xestión da Xunta Directiva e as contas e o balance do exercicio anterior. d) Aprobar o programa de actividades e o orzamento do exercicio en curso. e) Fixar as cotas ordinarias e extraordinarias. f) Resolver definitivamente sobre a admisión, expulsión e suspensión temporal dos membros da Asociación g) A constitución dunha Federación de Asociacións ou a integración nalgunha. h) Solicitar a declaración de utilidade pública. Artigo 17º. COMPETENCIAS DA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA. Son competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria: a) b) c) d) e) A modificación dos Estatutos. A disolución da Asociación A aprobación dos regulamentos de réxime interno da Asociación A constitución de Federacións ou a integración nelas A Resolución sobre a sanción e expulsión de asociados a proposta da Xunta Directiva. f) Todas aquelas que, aínda sendo competencia da Asemblea Xeral Ordinaria, estímense oportuno por razóns de urxencia non esperar a celebración da seguinte Asemblea Xeral Ordinaria.

Página 8 de 13

Asociación “POR DEREITO”

Estatutos

03/02/2009

Artigo 18º. CONSTITUCIÓN E FUNCIONAMENTO DA ASEMBLEA XERAL. A Asemblea constituirase de forma válida cando ao menos concorran máis da metade do número total de socios na primeira convocatoria, ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes. Actuarán como Presidente e Secretario da Asemblea Xeral, os que desempeñen ese cargo na Xunta Directiva. Na súa ausencia serán designados polos asociados ao inicio da reunión. Corresponderá ao Presidente dirixir as deliberacións, conceder o uso da palabra e determinar os tempos de duración das intervencións. Artigo 19º. ADOPCIÓN E IMPUGNACIÓN DE ACORDOS. Os acordos da Asemblea Xeral adoptaranse por maioría cualificada dos asistentes, presentes ou representados. As actas das Asembleas serán redactadas e expedidas polo secretario coa aprobación do Presidente. Esta acta deberá lerse na seguinte sesión para ser aprobada por maioría simple. Desde o momento da súa aprobación, os acordos e actuacións contidas na mesma terán forza executiva, a cal non se verá suspensa pola impugnación dos mesmos, salvo que a autoridade administrativa ou xudicial resolva en sentido contrario. Estes acordos e actuacións poderán ser impugnados por calquera socio, se os estimase contrarios ao ordenamento xurídico, pola tramitación xudicial que corresponda, co axeitado ao establecido na lexislación vixente. Para impugnar un acordo ou actuación da Asemblea, o socio deberá comunicalo á Xunta Directiva da Asociación, a fin de notificalo na seguinte Asemblea a celebrar, sen prexuízo de que aquel poida exercitar perante a xurisdicción ordinaria a acción de impugnación dentro do prazo legal do artigo 40 da Lei Orgánica 1/2002 do 22 de Marzo, a partir da data de adopción do acordo.

SECCIÓN 2ª.- A XUNTA DIRECTIVA
Artigo 20º. COMPOSICIÓN DA XUNTA DIRECTIVA. A Xunta Directiva estará composta por: a) b) c) d) e) 1 Presidente. 1 Vicepresidente. 1 Secretario. 1 Tesoureiro. 3 Vocais.

Página 9 de 13

Asociación “POR DEREITO”

Estatutos

03/02/2009

Estes cargos serán elixidos e revogados pola Asemblea Xeral, e o seu mandato será por un período de dous anos, aínda que poden ser obxecto de reelección de forma indefinida. Estes cargos desempeñaranse de forma gratuíta, sen prexuizo de poder reembolsar os gastos debidamente xustificados que o desempeño da súa función poida ocasionar. Artigo 21º. ACTUACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA. A Xunta Directiva actuará como comisión executiva permanente da Asemblea, e poderá designar comisións integradas por varios socios e presididas por un membro da mesma ou socio, para levar a cabo plans ou actividades determinadas. Tamén poderá representar á Asemblea nas propostas que estime adecuadas sobre materias que sexan obxecto desta Asociación. Artigo 22º. COMPETENCIAS DA XUNTA DIRECTIVA. Correspóndelle a esta Xunta Directiva: a) Ostentar a plena representación da Asociación en todos os ámbitos. b) Convocar as Asembleas Xerais, establecendo o seu orde do día, e executar os acordos adoptados nas mesmas. c) Dirixir, organizar e coordinar as actividades da Asociación e levar a xestión económica e administrativa. d) Elaborar e someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior, a memoria e o programa de actividades. e) Velar polo cumprimento dos Estatutos, así como a interpretación dos mesmos. f) Proposta e resolución da admisión de novos socios. g) Fixar e cobrar as cotas ordinarias e extraordinarias que se aproben. h) Administrar e xestionar os fondos que se recaden (cotas, subvencións, concertos etc.). i) Nomear con carácter provisional ata a seguinte xuntanza da Asemblea Xeral, aos membros da Xunta Directiva que cubrirán as vacantes que se produzan en calquera dos cargos. j) A resolución en arbitraxe ou mediación, cuestións ou conflictos internos entre os asociados. k) Exercer calquera outra función que non estea expresamente atribuída a outro órgano da Asociación.

Página 10 de 13

Asociación “POR DEREITO”

Estatutos

03/02/2009

Artigo 23º. CONVOCATORIA E ADOPCIÓNS DE ACORDOS. A Xunta directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine o Presidente ou o Vicepresidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus membros. Será presidida polo Presidente e, na súa ausencia polo Vicepresidente ou o Secretario, por esta orde,e, a falta de ambos, polo membro da Xunta que teña mais idade. Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia da metade mais un do seus membros. En caso de igualdade decidirá o voto do Presidente. O Secretario, ou no seu defecto, o Vicepresidente levantará acta das sesións, que se transcribirán ao libro de actas. Artigo 24º. FUNCIÓNS DO PRESIDENTE E VICEPRESIDENTE. Correspóndelle ó Presidente: a) Levar a dirección da Asociación velando polo cumprimento dos seus fins. b) Representar á Asociación ante toda clase de organismos públicos ou privados. c) Convocar, presidir e levantar as xuntanzas da Asemblea Xeral e a Xunta Directiva. d) Velar pola execución dos acordos adoptados polos órganos de goberno da Asociación e polo cumprimento dos Estatutos. e) Ordenar os pagos con cargo aos fondos da Asociación, e autorizar coa súa sinatura os documentos, actas, certificacións e correspondencia que emanen da Asociación. Correspóndelle ao Vicepresidente: a) Asistir ao Presidente nas súas funcións. b) Substituír ao Presidente no caso de vacante ou ausencia. Artigo 25º. FUNCIÓNS DO SECRETARIO. Correspóndelle ó Secretario: a) Custodiar e redactar a actas das Asembleas Xerais e Xunta Directiva, así como certificar documentos. b) Redactar as convocatorias e as actas de xuntanzas, agás de expedir certificacións das mesmas coa aprobación do Presidente. En caso de ausencia do Secretario este substituirase polo membro mais novo da Xunta Directiva que non sexa o Presidente.

Página 11 de 13

Asociación “POR DEREITO”

Estatutos

03/02/2009

Artigo 26º. FUNCIÓNS DO TESOUREIRO. Correspóndelle ó Tesoureiro: a) b) c) d) Recadar e conservar os ingresos, fondos e demais bens da Asociación. Dar cumprimento ás ordes de pagamento que expide o Presidente. Supervisar as contas de liquidación do orzamento e os balances de situación. Emitir informes que soliciten órganos de goberno ou outras entidades sobre asuntos económicos e financeiros da Asociación.

Artigo 27º. FUNCIÓNS DO VOCAL. Correspóndelle ao Vocal: a) Desempeñar aqueles cometidos que lle sexan fixados dentro do marco da Xunta Directiva cos dereitos e deberes que en cada caso correspondan. b) Realizar programas e propostas na súa área de actuación

TITULO IV DO RÉXIME ECONÓMICO E FINANCEIRO, CONTABILIDADE E DOCUMENTACIÓN
Artigo 28º. OBRIGAS DOCUMENTAIS E CONTABLES. A Asociación deberá ter a relación actualizada dos seus asociados, levar unha contabilidade reflexo fiel do seu patrimonio (si existe), dos resultados e da situación financeira da entidade, así como das actividades realizadas. Artigo 29º. RECURSOS ECONÓMICOS. Os recursos económicos da Asociación constituiranse por: a) As cotas ordinarias ou extraordinarias que estableza a Asociación, que satisfarán os seus asociados. b) As rendas do seu patrimonio (se existise). c) Calquera contribución que se obteña para ser destinada ao cumprimento dos seus fins (subvencións, doazóns, convenios e/ou concertos etc.).

Página 12 de 13

Asociación “POR DEREITO”

Estatutos

03/02/2009

Artigo 30º. PATRIMONIO, ORZAMENTO E EXERCICIO SOCIAL. A Asociación quedou constituída sen patrimonio inicial. O orzamento ordinario de ingresos e gastos do exercicio corrente será presentado pola Xunta Directiva, para súa aprobación, á Asemblea Xeral Ordinaria que deberá ter a súa xuntanza dentro dos seis primeiros meses de cada ano. O exercicio social comezará no día un de Xaneiro e rematará o trinta e un de Decembro.

TITULO V DISOLUCIÓN E LIQUIDACIÓN
Artigo 31º. DISOLUCIÓN E LIQUIDACIÓN. A Asociación disolverase: a) Pola vontade dos seus asociados con dereito a voto, acordada por maioria cualificada. b) Por outras causas determinadas legalmente (Artigo 39 do Código Civil). c) Por sentenza xudicial firme. Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados liquidadores, que xunto ao Presidente e tesoureiro, efectuarán a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos, e fixando o haber líquido resultante (que se doará a outra asociación non lucrativa que teña os mesmos ou semellantes fins que esta Asociación).

Vilagarcía de Arousa, 24 de febreiro de 2007. PRESIDENTE/A D.N.I: SECRETARIO/A D.N.I: TESOUREIRO/A D.N.I:

Página 13 de 13