Explore Ebooks
Categories
Explore Audiobooks
Categories
Explore Magazines
Categories
Explore Documents
Categories
O AFUNDIMENTO
DO SANTA ISABEL
1
Mariñeiros e mariñeiras, como sabedes son
Benito Souto, capitán de barco xubilado que se
adica a contar historias polas escolas para
poder chegar a fin de mes.
O afundimento do Santa
Isabel
2
A illa de Sálvora ten algo menos de 190 hectáreas de
superficie, e con forma triangular dá abrigo á boca da
ría da Arousa. Terra metida no mar ou mar metido na terra,
esta illa está tinxida de lendas como a aquela protagonizada
polo cabaleiro Roldán emparentado cos señores dos Mariño.
Esta illa tamén foi escenario de acontecementos históricos
reseñables tales como a de ser acubillo da flota dos piratas
sarracenos que no século XII guerreou contra o todo
poderoso arcebispo Xelmírez; ou como en 1770 se instalou
nunha das súas praias a primeira fábrica de secado e
salgadura de sardiña de toda a ría ou xa de en tempos máis
recentes, a cómplice muda en épocas do contrabando. Na
actualidade forma parte do Parque Nacional das Illas
Atlánticas onde se conserva o seu entorno e en especial os
seus ecosistemas mariños.
3
Sálvora
A illa de Sálvora
4
mariscos de todo tipo, etc que se pescaba coa dorna que
tiña cadan súa familia. O centro de vida illa era unha taberna
situada preto do peirao. Pero a vida non era nada cómoda en
Sálvora e carecíase, por exemplo, de electricidade ou de
calquer tipo de comunicación por radio co continente.
O faro de Sávora
na actualidade
5
O Santa Isabel recén saído de dique
6
A última travesía do
Santa Isabel
Máis houbo un acontecemento producido en Sálvora e
protagonizado polas súas xentes que ocurridos a comezos
dese ano 1921, conmocionaron á toda a sociedade do
momento e aínda hoxe queda pouso nas xentes dos portos
próximos a illa. Trátase do afundimento do vapor-correo
Santa Isabel, que na madrugada do 2 de xaneiro dese ano,
vai a pique a escasos metros do faro da illa, deixando un
tráxico balance de 213 persoas mortas.
7
A última ruta do
Santa Isabel
Sávora
Aquela noite de fin de ano moitos dos habitantes da illa na
foran
visitar aos seus familiares na parroquia de Carreira
quedando, maiormente, vellos e vellas e rapazada. O
temporal deses días impediu o regreso a illa dos salvoreños
tal como tiñan previsto ao rematar esa festa.
8
para alí transbordar a pasaxe a barcos máis grandes que os
levarían ao soño da emigración americana.
O temporal en Sálvora
Esa madrugada do 2 de xaneiro o temporal comezou cando
o Santa Isabel navegaba á altura de Fisterra o mar picado
convértese en groso. Ao ter superado Sálvora entrar dentro
da ría da Arousa, teríase máis abrigo ata chegar ao porto de
Vilagarcía. Máis o barco non consegue facer a maniobra de
xeito axeitado para enfilar o carreiro e á 1:30 da madrugada
o Santa Isabel encalla no baixo de Pegar a uns escasos 150
metros do faro vello da illa de Sálvora.
9
Aquí un periódico da
época que atopei no
faiado da casa que fala
do afundimento
Comeza o afundimento
Rapidamente o capitán Esteban García súbese a un mastro
10Oafundíndose
barco
de popa para ordenar a evacuación. A pasaxe foise xuntando
á popa do barco xa que o barco afundía de proa. O Santa
Isabel quedou atravesado cara o norte amosando o costado
de babor ás ondas, facendo que todos os botes que se
arriaron por ese costado escachasen contra o costado do
barco e os cantís da costa.
11
Acudindo ao rescate
Avisados os habitantes
da illa dispúxose que se
botaran varias dornas ao
mar dende a praia da
Area dos Bois: unha,
tripulada por dous homes
maiores, para ir a Ribeira
a dar parte do que
estaba acontecendo, e
outra tripulada por
homes para axudar no A sera dos Mariño que está
rescate e sobre todo en Sálvora
12
moribundos nunha bahía, percorrendo case 2 millas en cada
viaxe entre as ondas bravas. Os primeiros viaxes trouxeron
aos náufragos entre augas permitindo que se agarrasen ao
costado da dorna e traendo de remolque na última viaxe un
bote salvavidas con supervivintes a bordo.
Chega auxilio
dende
Ribeira
A dorna que chegou a Ribeira, dou parte rapidamente ao
axudante de mariña do que estaba pasando na illa, e este
dispuxo todo rapidamente para saír cara Sálvora no
13
pesqueiro Rosiña que estaba no peirao de Ribeira con
presión nas caldeiras disposto a saír cara Vigo.
Recoñecemento das
heroínas
Tras unha intensa campaña de loanzas na prensa da época,
valorando o heroico comportamento das 3 mulleres e dunha
cuarta, Cipriana Crujeiras, que axudou en terra, foron
obxecto de diversos actos de homenaxe e recoñecemento.
14
Así, por exemplo, as catro mulleres xunto a 6 veciños de
Sálvora foron distinguidos coa Cruz de terceira clase con
distintivo negro e blanco que lles otorgou o Consello do
Estado. Xunto coa medalla tamén se lles concedeu unha
pensión vitalicia que co paso do tempo foi máis simbólica que
outra cousa. Tamén foron recompensadas con 18.000 reais
cada unha, aínda que semella que moitas das colectas
populares que se organizaron en diversas partes de Galiza e
de América non chegaron ás mulleres.
As heroínas de Sálvora foron convidadas a participar en
numeros homenaxes populares en diversos puntos da nosa
xeografía como Vigo, Coruña, Vilagarcía, etc.
15
Nobre, Moi Leal e Moi humanitaria Cidade.
Podedes ir á biblioteca a
navegar entre libros que contan
fabulosas aventuras
16
Edicións Vento en Popa, do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
do CEIP O Grupo
EQUIPO
MEDIO DE
MEDIOAMBIENTE
17