You are on page 1of 1

8 >> prensa-escuela

miércoles, 6 de febrero del 2013 | la voz de la escuela

Á procura dos mellores blogs
Prensa-Escuela convoca unha nova edición do seu concurso de bitácoras de aula
Non importa a disciplina, o nivel educativo nin a metodoloxía. Tanto ten que sexa en galego, en castelán ou en inglés. O importante é dispoñer dun blog na plataforma de Prensa-Escuela e traballar con el durante o curso empregando o xornal. Así de sinxelo é participar nunha nova edición do Concurso dos Mellores Blogs que vén de convocar o programa educativo de La Voz, que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre en colaboración coa Obra Social de Novacaixagalicia. O certame está aberto a toda a comunidade escolar de Galicia e ten como obxectivo fomentar o uso das novas tecnoloxías na aula a través dos blogs e a prensa. Os profesores que queiran participar non teñen máis que abrir unha bitácora a través da páxina web de Prensa-Escuela ou, se xa a teñen de anteriores edicións, manter a súa actividade durante o curso. O que fagan na blogosfera ata o final das clases será o que teña en conta o xurado do concurso para elixir os mellores traballos da edición 2012-2013. Os aspectos que máis se van valorar son os contidos ou as metodoloxías innovadores desde o punto de vista pedagóxico, a presentación e a diversidade das actividades propostas, a calidade dos elementos multimedia e a interactividade. Tamén se terá en conta o carácter comunicativo dos cadernos dixitais, os

> ¡ENTRA NA BLOGOSFERA!
A mellor porta de acceso á blogosfera para os profesores de Prensa-Escuela é a web do programa. Ao acceder ao apartado Blogs, os usuarios dispón da pestana Crea o teu blog, onde poden abrir de forma rápida e sinxela a súa bitácora. Para facilitar aínda máis a tarefa, nese mesmo apartado da web os docentes poderán atopar unha guía básica de xestión, enlaces a algúns dos blogs máis activos do programa e acceso ao Blog Maestro de Prensa-Escuela. Este recurso, que coordina o profesor Alberto Sacido, pretende axudar ao profesorado a xestionar día a día o seu espazo na blogosfera, suxerir actividades coa prensa, resolver dúbidas e propoñer recursos cos que os docentes poden sacar máis partido a esta ferramenta. Durante o curso, o Programa Prensa-Escuela organiza tamén varios talleres en distintos puntos de Galicia destinados á comunidade docente cos que buscar dar as claves para abrir e xestionar un blog de aula e tamén para orientar aos educadores no uso da prensa a través desta plataforma dixital tan estimulante para o alumnado.

Alumnos del CEIP Saco e Arce de Toén (Ourense), gañadores do primeiro premio da pasada edición

vínculos que suxira, o respecto ás fontes de información e a coherencia dos contidos. Prensa-Escuela, que constata curso tras curso a eficacia dos blogs como ferramenta pedagóxica, repartirá tres premios entre os profesores que xestionen as mellores bitácoras e os seus alumnos. O primeiro premio consiste nunha estancia no Parque Aventura de Manzaneda para un máximo de 25 nenos e dous adultos, xentileza de Oca-Hoteles. O

profesor recibirá tamén un libro electrónico Energy Color eReader. O segundo premio é unha xornada no circuíto Karting Racing Dakart de Sanxenxo e un libro electrónico Papyre 602 para o coordinador do blog. Os alumnos que queden terceiros van recibir un MP3 e o seu profesor, unha estancia para dúas persoas nun hotel spa de catro estrelas. Os premios entregaranse na festa fin de curso de Voz Natura, que se celebra no mes de xuño.