MANUAL DE PRODUCIÓN INTEGRADA .

. Legal: C-1990 .2004 A Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias AGACA quere agradecer a colaboración de tódolos técnicos das cooperativas agrarias que formaron parte do Equipo de Traballo que participou na redacción deste manual. S. L.1ª edición: xullo 2004 Imprime: Imprenta Plana.Santiago de Compostela Dep. .

MANUAL DE PRODUCIÓN INTEGRADA AGACA .

.

4. GLOSARIO DE TERMOS 13 3.2. PRESENTACIÓN 11 2.1.7.3.1.2. Control químico sistemático 45 4.1.5. UNHA NOVA TÉCNICA PARA COMBATER AS PRAGAS 5. Que pretende o control integrado? 53 6.2.ÍNDICE 1. Metodoloxía do Control Integrado 53 5. Obxectivo da Loita Biolóxica 57 6.1 Introdución 71 8. Emprego das feromonas no control de insectos 72 47 .7.2.1.2. Insecticidas de orixe vírica 67 7.2. Introdución 49 5.2. Por que aplicar CONTROL INTEGRADO nunha explotación agraria? 51 5.1.2.1.6.2 Feromonas sexuais 71 8. EVOLUCIÓN DO CONTROL DE PRAGAS 43 4. Introdución 57 6. CONTROL BIOLÓXICO 55 6. Evolución das estratexias de control na protección de cultivos 45 4. Control biolóxico 46 4. CONTROL INTEGRADO.3. Determinación dos umbrais económicos 50 5.Introdución 65 7.4.3. Características dos inimigos naturais liberados 58 6.8. Introdución 45 4. Insecticidas de orixe bacteriana 65 7.2.2. Control dirixido 46 5. 3.5. Clasificación de insecticidas biolóxicos 65 7. Insecticidas de orixe fúnxica 66 7. Fundamentos do Control Integrado 49 5. IGR: Insecticidas Reguladores do crecemento de orixe biolóxica 67 7.4. Historia 57 6. CONTROL BIOTECNOLÓXICO 69 8.2. Niveis de tolerancia 50 5. Introdución 21 3. Principais grupos de inimigos naturais utilizados para controlar pragas: 58 6. Concepto de Control Integrado ou Loita Integrada 49 5. NORMAS XERAIS DE PRODUCIÓN INTEGRADA 19 3.4.2.3. Organismos de control biolóxico indicados contra as principais pragas 62 7. Control químico aconsellado 45 4.5.8. INSECTICIDAS DE ORIXE BIOLÓXICA 63 7.2.2.2.2. Presentación e características dos produtos comerciais: 59 6. Tipos de loita biolóxica 58 6.1.6. IGRs: Reguladores do crecemento de orixe sintética 68 8. Normas xerais de produción integrada 23 4.

Que é unha planta transxénica? 87 9. Mantemento das trampas 80 8.5.5.5.4. En que se diferenza unha planta transxénica dunha convencional? 89 9.2.3. Tipos de trampas de feromonas para a captura de insectos praga 76 8. Obxectivos da mellora xenética en plantas 84 9.3.7. Detección e seguimento de pragas: control de voos 72 8.5. Capturas masivas 73 8. Resistencia das plantas aos insectos 85 9.6.4.3. CONTROL DE TIPO CULTURAL 99 11.5. Vapor de auga 93 10.4.4.1.3.4. Rotacións que melloran a fertilidade dos solos 104 11.3. Vantaxes dos produtos transxénicos 89 9.8.4. Riscos potenciais que poden implicar as plantas transxénicas 90 9.8. Boa preparación do terreo antes da sementeira 105 11.2. LOITA FÍSICA 91 10.6.3.5. Labores culturais sobre o terreo 102 11.1. Barreiras 95 10.Planta Hospedeira 86 9. Relación Insecto Praga .1.1 Rotacións que evitan a reinfestación de determinadas pragas 103 11.8.7. Introdución 83 9.Introdución 101 11.3. De onde proveñen os xenes dunha planta transxénica? 88 9.1.3.2.2.2.4.4.1.2. Factores que inflúen na cantidade de trampas necesarias 80 9.1. CONTROL XENÉTICO 81 9. Concepto de resistencia e tolerancia xenética 85 9. Para que serven as plantas transxénicas? 88 9.1 Tecnoloxía da mellora xenética clásica 84 9.3.4. Loita autocida 94 10. Trampas de luz 96 10.7. Trampas cromotrópicas 96 10. Recolección precoz 105 86 . Definición de Planta Resistente a Insectos 85 9.4.5.6.5.4. Solarización 93 10.6. Exemplos de caracteres introducidos en plantas transxénicas 90 10.2.5. Introdución 93 10.5. Trampas de atracción por estímulos naturais 97 11. Plantas transxénicas 87 9. Época de plantación ou sementeira 101 11.4.5.Trampas de feromonas para a captura de insectos 74 8. Introdución 87 9.5. Mellora xenética clásica 83 9. Vantaxes de usar variedades de cultivos resistentes a pragas e enfermidades 9.5. Sistema de confusión sexual 73 8. Rotacións de cultivo axeitadas 103 11.2.

5. Xeneralidades sobre praguicidas 111 12.3 Ventilación axeitada 106 11. Residuos e perigosidade contra outros organismos 119 12. Myzus persicae) 134 13..3.7.8.1.9.9.11.3. Introdución 111 12.) 146 13.8.2 Clasificación dos praguicidas segundo a súa finalidade 112 12.9.6.5..2.1 Definición 111 12. Material vexetal san 105 11.2. ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS DE CONTROL INTEGRADO 123 13. 121 13.9. En produción integrada.1.1.1.3. PULGÓNS (Aphis gossypii.4. PODREMIA GRIS (Botrytis cinerea Pers.1.4. é recomendable . En produción integrada. Vantaxes e inconvenientes dos praguicidas 111 12. MILDEU en Leituga. 121 12.3.1.7.) Arnaud) 145 13.3.) 140 13. Correcta planificación do rego 106 11. ARAÑA VERMELLA (Tetranychus urticae) 125 13.9.2. En produción integrada. FUNGO do feixón (Uromyces appendiculatus Pers.1.10.7. MINADORES DE FOLLA (Liriomyza trifolii Burguess) 138 13.8. Introdución 125 13.1. Perigosidade para os polinizadores 115 12. prohíbese . MILDEU en Tomate. esíxese .2. (Bremia lactucae Regal) 145 13.9.9.8.5. OÍDIO (Leveillula taurica (Lev.9.6.1 Adquisición de resistencia a praguicidas 116 12. Sistemas de detección 107 12..1. Trofobiose 118 12.1. (Phytophtora infestans (Mont.8. Prácticas culturais en cultivos de invernadoiro 106 11. Normas xerais de almacenamento de produtos fitosanitarios e fertilizantes 115 12.3 Características dos praguicidas 112 12...3.1.6.2.1. 121 12.9.4. CONTROL OU LOITA QUÍMICA 109 12. Autographa gamma. Spodoptera littoralis.2..1.9.1. Mallas en bandas e fiestras cenitais 106 11.9.) de Bary) 143 13. Emprego da Loita Química en Produción Integrada 120 12. Recorrencia de pragas 119 12. Perigosidade para a saúde humana e animais domésticos 114 12.4. MOSCA BRANCA DE INVERNADOIRO (Trialeurodes vaporariorum) 130 13. Gromos de pragas secundarias 118 12. Perigosidade para a fauna terrestre e acuícola 115 12.3.11. POLINIZACIÓN NATURAL DE CULTIVOS 149 .8. TRIPS (Franliniella occidentalis) 127 13.1.1.8. Densidade de sementeira 106 11.0.9. Efectos secundarios da Loita Química 116 12.) 148 13. Eliminación de restos vexetais e plantas afectadas e malas herbas 107 11. ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS EN CULTIVOS HORTÍCOLAS 125 13.5. EIRUGAS (Heliothis armigera Hübner. Nutrición equilibrada 106 11.8.

PODREMIA GRIS (Botrytis cinerea Pers.6.2.) 160 13.3.3.3.) 166 13. PULGÓN PATACA 152 13.4.3. Ostrinia nubilalis) 163 13.4. Introdución 149 13. PEDROULO (Cneorrhinus dispar) 173 13. VERMES GRISES (Agrotis segutum e Agrotis ipsilon) 155 13.8.8 MILDEU DA PATACA (Phytophtora infestans (Mont) de By.) 176 13.3. e de Toni) 178 13.4.4.2.9.) Sor. TÍPULA DOS PRADOS (Tipula spp. TRADE DO MILLO (Sesamia nonagrioides.2..3.4.3.10. OÍDIO DA VIDE (Uncinula necator Burr.4.) 172 13.2. MILDEU (Plasmopara viticola Berl.1. ACARIOSE (Calepitrimerus vitis Nal.3.7. TRAZA DA PATACA (Phthorimaea operculella Zell) 153 13. 169 13.11.6. VERME DE ARAME (Agriotes sp.4.9. VERMES BRANCOS (Melolontha melolontha) 155 13. Vantaxes do uso de colmeas con abesouros 150 13.2. NEGRÓN DA PATACA (Alternaria solani (Ell. NEMATODO DO QUISTE (Globodera rostochiensis Woll) 158 13.2. syn.f. ESCARAVELLO DA PATACA (Leptinotarsa decemlineata) 151 13.3.3.3.4. CICADELA BRANCA (Scaphoieus titanus Ball) 174 13.3.3.4. MOSQUITO VERDE (Emposca spp.3.1.4. ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS EN CULTIVOS EXTENSIVOS 151 13.) 157 13.) 182 .7. ARAÑA VERMELLA (Panonychus ulmi Koch) 177 13. Manipulación das colmeas 150 13.5. e Mart.5.) 162 13. Phyllocoptes vitis Nal.) 181 13.3. ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS EN VIÑEDO 169 TRAZA DO ACIO (Lobesia botrana).4.13.

O obxectivo deste manual é poñer a disposición dos agricultores. xa que o respecto polo medio ambiente e a supervivencia económica das explotacións agrarias é un dos grandes retos da agricultura do século XXI. por conseguinte. e baseámonos sempre nas recomendacións dos Servizos Oficiais de Sanidade Vexetal no momento de redactar o manual. é a produción integrada. unha das mellores opcións para a agricultura de futuro. as tecnoloxías e as prácticas de cultivo utilizadas na produción integrada deben ter sido rigorosamente estudadas e seleccionadas con vista a unha mellor utilización dos recursos naturais e a un máximo aproveitamento dos sistemas biolóxicos de defensa das plantas. unha mínima degradación do contorno. polos indubidables beneficios e vantaxes que ofrece.S. técnicos e persoas relacionadas coas actividades agrarias. Os datos e descricións que figuran no texto proveñen tanto de observacións dos autores como da ampla bibliografía consultada dispersa en libros e revistas de autores nacionais e estranxeiros. umbrais de tolerancia. quixemos subministrar esta información o máis completa posible pola súa utilidade. O sistema para levar á práctica os obxectivos dunha agricultura sostible. unhas amplas posibilidades de ser implantado masivamente en agrupacións ou asociacións de agricultores. dirixida a apoiar a adaptabilidade das empresas e os traballadores ós cambios económicos estruturais e ó uso de tecnoloxías da información e outras novas tecnoloxías. Trátase. Tódalas fontes consultadas figuran ó final na bibliografía. no EIXE III e a área temática de Adaptabilidade.AGACA PRESENTACIÓN A obtención polos agricultores de produtos agrícolas de calidade e saudables para o consumidor. Os métodos de trampeo máis significativos en control e monitoreo de pragas tamén son tratados en detalle. Por isto. ademais. sen esquecer un sector minoritario como é a agricultura ecolóxica. A produción integrada é. consciente da necesidade de apoiar a xestión do cambio das cooperativas e a adaptabilidade dos traballadores do medio rural de Galicia e o seu contorno socioeconómico. de desenvolver un sistema de obtención de alimentos que sexa quen de dar bos rendementos. óptimas calidades e baixos niveis de residuos. Neste contorno. mediante o emprego de prácticas de cultivo que respecten o medio ambiente. causando. A Agrupación de Desenvolvemento ESPADELA. Este novo modelo agrícola presenta. considérase a realización dun manual sobre agricultura sostible. por tanto. a información imprescindible sobre a metodoloxía e o manexo das pragas e enfermidades relevantes na agricultura. actualmente. A gran cantidade de material gráfico proporciónase para axudar á identificación dos patóxenos e ó recoñecemento dos seus principais danos.E. 11 . e ó control ou manexo cos métodos e medios que se recomendan na actualidade. é un obxectivo prioritario da agricultura moderna. Do mesmo xeito. En calquera caso. decide acometer o proxecto ESPADELA no marco da Iniciativa Comunitaria EQUAL de Recuros Humanos (2001-2006) do Fondo Social Europeo F.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . abórdanse aspectos relativos a métodos de mostraxe. xa que debe compaxinar a rendibilidade das explotacións coa protección do medio ambiente.

.

2 GLOSARIO DE TERMOS .

.

"sexuais".AGACA Agricultura sostible A agricultura capaz de abastecer as necesidades alimentarias do presente sen poñer en perigo o abastecemento de alimentos de xeracións futuras.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . Aqueles individuos ou especies que se alimentan dos parásitos daniños das plantas. Produtos que se empregan sos ou en mestura con outros coa finalidade de atraer a determinados insectos ou modificar o seu comportamento. Modificadores de comportamento. Pola súa forma de actuar denomínanse depredadores ou parasitoides. as feromonas clasificáronse en diferentes apartados "de alarma". A súa aplicación pretende substituír o modelo de agricultura produtivista pouco preocupada polas esixencias de protección do medio ambiente. capital ou traballo. Segundo os tipos de resposta no comportamento que producen nos individuos. Cando o insecto o inxire ó atacar o cultivo. empregada durante máis de 30 anos con bos resultados como bioinsecticida para controlar determinadas pragas. "de agregación". ós insectos polinizadores. "de dispersión". Bacillus thuringiensis (Bt) Dano Fauna útil Feromonas 15 . Clasifícanse en: Produtos que se empregan para atraer a un determinado lugar (plantas en flor). Atraentes Biotecnoloxía A biotecnoloxía refírese ó uso do ADN recombinante. Sustancias químicas oloríficas. Bacteria natural presente no solo. Impacto físico que provoca unha praga ou enfermidade sobre a planta. a proteína producida por Bt contrólao ó danar o seu sistema dixestivo. etc. que son especificamente captadas por outros insectos da mesma especie. Produtos que se mesturan cos caldos fitosanitarios co fin de atraer a determinados insectos praga cara a un cebo con insecticida ou cara a unha trampa para a súa captura. fusión de células e novas técnicas de bioprocesamento. liberadas no aire polos insectos. por outro no que os fins sexan a produción agraria a longo prazo e a variable medioambiental se considere un factor de produción tan importante como terra.

Técnica para retirar. mamíferos. Máxima concentración de residuo dun praguicida expresada en ppm ou mg/kg. non chegando endexamais a adultos. Poden ser inhibidores da síntese de ecdisona (hormona da muda) ou inhibidores da síntese da quitina. modificar ou engadir xenes a unha molécula de ADN a fin de cambiar a información que contén. As larvas e pupas dos insectos tratados non poden completar o seu proceso de desenvolvemento. peixes... permite introducir unha nova característica nunha especie (por exemplo. Son insecticidas reguladores de crecemento en insectos. ppm: partes por millón mg/kg: miligramos de praguicida por quilogramos de produto vexetal Enxeñería Xenética Insecticida biolóxico Insecticida Regulador do Crecemento: IGR Manexo Integrado de Pragas: MIP. o que fai posible a súa aplicación en presenza de animais.) ou parte del. Aquel que procede ou se extrae dun ser vivo (bacterias. fungos. As sementes híbridas selecciónanse para que teñan características de calidade máis alta (por exemplo.. 1974). que constitúe o exoesqueleto dos insectos. a produción dunha toxina) anulando o xen correspondente dese organismo. virus. o conxunto non sería considerado como insecticida biolóxico. na superficie interior dos alimentos. son completamente atóxicos para aves. rendemento ou tolerancia ás pragas). Loita Integrada ou Control Integrado Límite máximo de residuos: LMR 16 . para que se permita o seu uso legalmente en consumo humano e pensos.. Poden ter orixe biolóxica ou sintética e.Así. Igualmente. plantas. Se contivese algunha substancia activa doutra orixe. no canto de semente producida como resultado da polinización natural. entre outras aplicacións. a enxeñería xenética permite eliminar unha característica indesexable dun organismo (por exemplo.Manual de Produción Integrada Híbrido Semente ou planta producida como resultado de polinización cruzada controlada. a resistencia a un insecto) copiando o xen correspondente dunha especie resistente a ese insecto e introducíndoo no xenoma da especie susceptible. etc. dando prioridade á utilización de elementos naturais de regulación e respectando os niveis de tolerancia (Brader. En relación co conxunto de pragas dun cultivo: Método de control de pragas que aplica un conxunto de métodos satisfactorios dende o punto de vista económico. que causan patoloxías con acción letal nos insectos hóspedes. miñocas. ecolóxico e toxicolóxico.

O termo OMX ademais. que lle causan unha enfermidade ó home ó interactuar con el. Aplicado a insectos.O. Cambio xenético en resposta a un pesticida. Niveis mínimos de danos que fan rendible unha aplicación (F. 1995). Momento a partir do cal. Aplicado a insectos.AGACA Organismo modificado xeneticamente (OMX) Con frecuencia.A. 17 Patóxeno Praga Produción Integrada Umbral económico de danos Umbral de tolerancia Resistencia a pesticida Transxénico . co fin de mellorar a protección do medio ambiente e a saúde humana e a rendibilidade das explotacións. se non se exerce ningún control sobre a praga. que ó superar determinados índices de poboación provocan danos económicos nas colleitas vexetais. a denominación OMX e o termo "transxénico" úsanse para referirse ós organismos que adquiriron novos xenes doutros organismos mediante métodos de "transferencia xenética" no laboratorio. malas herbas e enfermidades. OILB. O nivel máximo de presenza de fitopatóxeno que pode tolerar un cultivo sen usar ningún tipo de medidas de loita obtendo os maiores beneficios netos posibles. Asociación ou poboación de individuos da mesma especie. malas herbas e enfermidades. Tomar xenes dunha especie e insertalos noutras especies a fin de conseguir que esta característica se exprese no gromo. Calquera microorganismo como protozoarios. helmintos ou virus. A resistencia podería desenvolverse en insectos. contempla a eliminación ou supresión dun xen. os custos de cultivo van superar ós ingresos obtidos a causa das perdas da colleita causadas pola praga (rendemento negativo). (Organización Internacional da Loita Biolóxica. bacterias. Sistema de explotación agraria que produce alimentos de alta calidade que dá prioridade ós métodos máis respectuosos coa ecoloxía. minimizando os efectos secundarios indesexables e a utilización de produtos químicos.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . Densidade de poboación dunha certa especie fitófaga que pode estar presente nun cultivo sen que ocasione danos que teñan repercusión económica. malezas ou axentes patóxenos. fungos. 1985). Contén xenes alterados mediante a inserción de ADN dun organismo que non está relacionado. que resulta no desenvolvemento de variedades capaces de sobrevivir a unha dose letal para a maioría de individuos nunha poboación normal. variables no tempo e no espazo.

.

3 NORMAS XERAIS DE PRODUCIÓN INTEGRADA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias - AGACA

3.1. Introdución
Actualmente, existe unha crecente sensibilidade na elección de produtos nos que os métodos de produción garantan e prioricen o respecto pola saúde e o coidado do medio ambiente. Consecuentemente, demándanse sistemas de produción que permitan a trazabilidade dos produtos de maneira que posibiliten o coñecemento da súa orixe, a identificación das características así como os controis e os procesos seguidos en cada fase de produción. A grande incidencia de pragas e enfermidades controladas esencialmente a través da loita química trouxo consigo un mal emprego e abuso dos pesticidas, motivando en determinados casos a aparición de residuos nos produtos agrícolas, resistencia en poboacións, problemas toxicolóxicos, eliminación da fauna auxiliar autóctona, danos ambientais, etc. A necesidade de obter unha produción na que se prioriza aínda máis a calidade e a saúde humana, compatibilizándoa coa salvagarda do medioambiente e a rendibilidade das explotacións impulsou a busca e a aplicación de novas técnicas de cultivo que foron derivando cara ó concepto e desenvolvemento da produción integrada. A produción integrada é un sistema de produción agraria, que integra os recursos e os mecanismos de produción naturais nas actividades das explotacións agrarias, introducindo tecnoloxías respectuosas co medio ambiente, asegurando unha produción de alta calidade e salubridade, a rendibilidade da explotación e a eliminación ou redución de insumos exteriores e de fontes contaminantes. A produción integrada de vexetais constitúe, ademais, a materia prima e o punto de partida para os distintos produtos finais do sistema. O rigoroso seguimento e control das distintas fases produtivas garantirán un obxectivo prioritario como é a trazabilidade. A produción gandeira integrada vencellarase gradualmente á produción integrada dos cultivos que serven de fonte alimentaria en función das peculiaridades dos distintos produtos gandeiros e do seu vencellamento á base territorial. Posúe a vocación de posibilitar a realización dunha gandería viva e duradeira, respectuosa co contorno, rendible para o que a practica e capaz de atender as demandas sociais. Neste sistema, os métodos biolóxicos, químicos e calquera outras formas técnicas de produción, son coidadosamente elixidos e equilibrados, tendo en conta a protección do medio ambiente, o benestar dos animais, a rendibilidade das explotacións e as esixencias dos consumidores no relativo á calidade e seguridade alimenticia. Normas publicadas O Real Decreto 1201/2002, de 20 de novembro (BOE nº 287, do 30 de novembro) polo que se regula a produción integrada de produtos agrícolas, establece as normas xerais de produción integrada que deben cumprir os produtos agrícolas acollidos a dito sistema de produción, e contempla a posibilidade de establecer regulamentariamente normas técnicas específicas que se consideren necesarias para cada cultivo ou grupo de cultivos. Recentemente publicouse o Decreto 68/2004, do 11 de marzo (DOG nº 64, de 1 de abril) sobre a produción integrada e a súa indicación nos produtos agrarios en Galicia. Mediante este decreto, o Goberno galego adecúa a regulación de produción integrada á normativa básica e establece a normativa autonómica na materia. Para logralo, defínense unhas normas xerais de produción e requisitos que deben cumprir os operadores que se acollan ó sistema de produción integrada, así como o control que se deberá aplicar en todo o sistema produtivo. 21

a competencia para a aplicación e desenvolvemento dentro do seu ámbito territorial. determinando os requisitos necesarios para isto. cogombro. segundo o artigo 8º do Decreto 68/2004. melón. de 13 de febreiro. faranse cumprir as normas técnicas específicas contidas nos regulamentos técnicos para cada produto ou grupo de produtos e establecidas pola autoridade competente. mediante orde. relativo á identificación de garantía dos produtos acollidos ó sistema de produción integrada. debendo ser incluído no etiquetado dos produtos obtidos de acordo coas disposicións establecidas neste decreto. as normas xerais para industrias de transformación. Normas de produción. de 19 de febreiro) establece a norma técnica específica da identificación de garantía nacional de produción integrada de cultivos hortícolas. reflectidas no Real Decreto 1201/2002. de 11 de marzo. referido a normas de produción. Do mesmo xeito. a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural. establécese un sistema de diferenciación propio e créase o Rexistro Oficial de Produción Integrada da Comunidade Autónoma de Galicia.I. a ORDE APA/370/2004. Autoridade competente No caso da Comunidade Autónoma de Galicia corresponde á Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.Manual de Produción Integrada Do mesmo xeito. regula especificamente o emprego dunha identificación de garantía nacional. no que se inscribirán os operadores e as entidades de certificación autorizadas. de 20 de novembro. o RD1201/2002. Identificación autonómica de garantía Identificación nacional de garantía 22 . Segundo o artigo 4º do Decreto 68/2004. establécese que unha vez que as técnicas de P. pemento e tomate). Identificación de garantía Respecto do uso da identificación de garantía o logotipo. introduce a posibilidade de que as entidades ou organizacións privadas e as súas asociacións poidan establecer as súas propias identificacións de garantía ou logotipo de produción integrada. do 11 de marzo. os produtos agrarios que se produzan e comercialicen mediante técnicas de produción integrada deberán cumprir as normas xerais de produción integrada e. No caso do Estado Español será a través da dirección xeral con competencias na mesma materia de produción e sanidade vexetal designado polo Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación. dun determinado produto agrario se encontren suficientemente desenvolvidas. Con respecto ó Estado Español. de 11 de marzo. sen prexuízo das identificacións de garantía que poidan establecer as comunidades autónomas. de 20 de novembro. a través da dirección xeral con competencias en materia de produción e sanidade agropecuaria. no seu caso. Regulamentos técnicos Segundo o artigo 5º do Decreto 68/2004. aprobará dito produto. En Galicia. Ademais. que figura ó pé da mesma (leituga. (BOE nº 43. os produtos obtidos mediante técnicas de produción integrada poderán dispor dunha identificación de garantía de produción integrada cun logotipo ou distintivo desa Comunidade Autónoma.

deben cumprir os operadores sen prexuízo da observancia doutras lexislacións. a obtención polos agricultores de produtos agrícolas de calidade e saudables para o consumidor. especialmente as relativas ó material de produción vexetal. debe ser un obxectivo prioritario da agricultura moderna. 23 .2. Normas xerais de produción integrada Estas normas xerais definen as prácticas agrícolas que. sanidade e medio ambiente. Sen lugar a dúbida. mediante o emprego de prácticas de cultivo que respecten o medio ambiente. que mediante un procedemento de certificación se garante que foron producidos de acordo cunha normativa técnica respectando o medio ambiente.AGACA En resumo: A produción integrada de produtos agrícolas é un sistema de obtención de produtos vexetais frescos ou transformados de calidade. fertilizantes. xestión de residuos e envases.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . 3. fitosanidade. prevención de riscos laborais. baixo a dirección do responsable do servizo técnico competente. a saúde do consumidor e o mantemento dunha agricultura sostible.

Manual de Produción Integrada 24 .

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias .AGACA 25 .

Manual de Produción Integrada

26

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias - AGACA

27

Manual de Produción Integrada

28

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias .AGACA 29 .

Manual de Produción Integrada 30 .

AGACA 31 .Asociación Galega de Cooperativas Agrarias .

Manual de Produción Integrada 32 .

AGACA 33 .Asociación Galega de Cooperativas Agrarias .

Manual de Produción Integrada 34 .

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias .AGACA 35 .

Manual de Produción Integrada 36 .

AGACA 37 .Asociación Galega de Cooperativas Agrarias .

Manual de Produción Integrada

38

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias - AGACA

39

Manual de Produción Integrada

40

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias .AGACA 41 .

.

4 EVOLUCIÓN DO CONTROL DE PRAGAS .

.

para así acadar un aumento cuantitativo e sobre todo cualitativo destes produtos primarios a base de alimentación animal e humana. que en esencia podemos resumir nas catro seguintes: 4.2. Incremento dos custos de produción (praguicidas e tempo) 4. que permite decidir o momento axeitado para a realización do control. que se repiten varias veces nunha mesma campaña.1. As súas vantaxes: Inicialmente diminúen os danos producidos polas pragas É un método sinxelo e de doada aplicación polos agricultores Cultivos de alta calidade (estética): non se tolera ningún dano.2. Control químico aconsellado Consiste na racionalización dos tratamentos en función das recomendacións dadas periodicamente polas Estacións de Avisos pertencentes ás Administracións Autonómicas e por técnicos especialistas.1.2. polo que se seguen empregando produtos polivalentes e pouco selectivos. sen considera-las diferenzas microclimáticas que existen dentro de cada área As recomendacións realízanse sen coñecer tampouco a densidade da praga en cada parcela. combínase un número reducido de materias activas. xa que as recomendacións realízanse para zonas bastante extensas. que en moitas ocasións se realiza sen presenza da praga. así como os produtos fitosanitarios máis idóneos.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias .AGACA 4. Introdución A terapéutica xeral ten por obxecto evitar perdas nas colleitas producidas por fitopatóxenos. En xeral. Control químico sistemático Baséase no emprego de praguicidas aplicados sistematicamente segundo un esquema ríxido e preestablecido. Segue existindo risco de aparición de resistencias 45 . Evolución das estratexias de control na produción de cultivos Ó longo dos tempos vivíronse diversas etapas. As súas vantaxes: Redución do número de tratamentos e mellor eficacia Diminución da contaminación ambiental e do risco de aparición de residuos nas colleitas Os seus inconvenientes: Existe a posibilidade de realizar tratamentos fóra do prazo ou cunha cadencia inaxeitada.2. coñecido como "calendario de tratamentos". Os seus inconvenientes: Aparición de resistencias debido á redución da fauna útil Alto risco de presenza de residuos nos produtos e maiores riscos de contaminación do medio ambiente Alto risco de intoxicación para o aplicador. Están baseadas nun profundo coñecemento da bioloxía das pragas. 4.

3.) Non se contamina o medio ambiente 4. Polo tanto. H. Control dirixido Combínase o emprego de produtos químicos coa utilización e protección da fauna útil de maneira que o control químico non prexudique o control biolóxico..Manual de Produción Integrada 4. As súas vantaxes: Utilización de tratamentos menos agresivos para o medio ambiente Redución do emprego de praguicidas e dos niveis de residuos Redución de custos As súas desvantaxes: Preparación técnica do agricultor e/ou asesoramento técnico É necesario o seguimento da praga (mostraxes) e das condicións ambientais (Tª. Humidade) Maior risco nas decisións do agricultor Todas estas estratexias foron evolucionando a un concepto de control de fitopatóxenos que é o Control Integrado. 46 .4.2. Introduce o concepto de umbral de tolerancia. O método de control biolóxico pode ser moi eficaz co obxecto de reducir ou incluso chegar a combater por completo as pragas. Control biolóxico Preténdese controla-las pragas a través de inimigos naturais. é dicir.. As súas vantaxess Non se xeran resistencias e respéctase a fauna útil Alimentos libres de residuos As súas vantaxes Require formación do agricultor e/ou asesoramento técnico É necesario o seguimento da praga (mostraxes) e das condicións ambientais (Tª.2. outros insectos que son depredadores ou parásitos da praga e son inofensivos á plantación. Existe a supervisión dun técnico que asesora a nivel da plantación.. é a etapa previa á loita integrada. elixe os praguicidas menos tóxicos e a súa actuación é a nivel microclimático.

UNHA NOVA TÉCNICA PARA COMBATER AS PRAGAS .5 CONTROL INTEGRADO.

.

contaminación do medio ambiente. sobre todo con insecticidas de amplo espectro (tóxicos para unha gran variedade de organismos daniños) implican importantes cambios no medio de cultivo. Dende o punto de vista técnico. Concepto de Control Integrado ou Loita Integrada Segundo a definición F. O control integrado non pretende elimina-la utilización dos praguicidas. 3 Só se xustifica a aplicación de medios de control cando o nivel da praga sobrepasa un umbral de tolerancia económica. senón mantela por debaixo dos niveis de tolerancia previamente fixados. simplemente optimiza-la súa aplicación e usalos cando exista unha clara xustificación económica.2.A. é evidente que os tratamento intensivos. propugnouse dende os anos 60 un cambio na estratexia de control. co cal.A. xenéticas..O. proxectando a súa influencia no agrosistema. dando prioridade á utilización de elementos naturais de regulación e respectando os umbrais de tolerancia. loita integrada ou manexo integrado de pragas. mecánicas.O. segundo a F. (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación) a loita integrada é un método de control de pragas que aplica un conxunto de métodos satisfactorios dende o punto de vista económico. biolóxicas e biotecnolóxicas dando sempre prioridade ós métodos non-químicos.1. isto require o coñecemento das dinámicas de poboacións e bioloxía de pragas. Isto implica que só se recomenda o tratamento químico cando os danos ocasionados polos parásitos son superiores ó custo do tratamento e ós efectos colaterais negativos que esta intervención pode provocar. entendendo por umbral de tolerancia. as dos inimigos naturais destas. 4 O método de loita debe protexer adecuadamente o cultivo e permiti-la obtención de colleitas rendibles. creación de resistencias. 5. 1 Utiliza un amplo abano de técnicas culturais. xa que presenta graves inconvenientes dende o punto de vista ecolóxico: problemas de residuos. ecolóxico e toxicolóxico. 2 O Control Integrado non pretende elimina-la praga. Fundamentos do Control Integrado: O control Integrado considera unha serie de aspectos económicos. Por unha banda eliminan os organismos beneficiosos (os inimigos naturais das pragas) e por outra ocasionan entre as pragas unha selección de poboacións resistentes ou tolerantes ós produtos empregados. poden propicia-la aparición de novas pragas que ata o momento non crearan problema ningún. químicas. denominado control integrado. Introdución O control exclusivamente químico de pragas demostrou que non resolve tódolos problemas. ademais de implicar un maior custo económico. o nivel mínimo de praga presente nun cultivo que fai rendible unha aplicación. Como resposta ós graves problemas suscitados polo control químico como único sistema de control de pragas. 5 49 . 5.AGACA 5. etc.3.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . Estas poboacións serán a orixe de novos ataques máis intensos e cada vez máis difíciles de controlar. físicas. e da mesma maneira. ecolóxicos e toxicolóxicos.

parásitos). Determinación dos umbrais económicos O concepto de umbral económico ou umbral de acción é imprescindible para calquera plan de Control Integrado que habitualmente se aplique a insectos. valor económico da colleita. á súa vez. Posiblemente este punto sexa o aspecto máis importante da Loita ou Control Integrado e. xeito de actuar da praga. Esta medida sería nociva para o equilibrio biolóxico do ecosistema. unha praga perigosa é a que constitúen os pulgóns. incluso máis perigosa cá primeira. nivel de fertilización. pois a cuantificación de dito umbral está condicionada por un gran número de factores: cultivo. O nivel de tolerancia.4.Manual de Produción Integrada 5. para fixar axeitadamente os umbrais que permitan limita-los tratamento ós momentos máis oportunos. Así. ámbito xeográfico.. É necesario preve-lo desenvolvemento de pragas para permitir frea-la súa evolución antes de que se acade o umbral económico. estado fenolóxico. deixando sitio libre para que outra praga. 5. e xa que logo. 50 . malas herbas e enfermidades. no cultivo de patacas.. que impiden aportar valores de aplicación xeral. a densidade de poboación dunha certa especie fitófaga que pode estar presente nun cultivo sen que ocasione danos que teñan repercusión económica denomínase nivel de tolerancia. É tamén o nivel mínimo que fai rendible unha aplicación. Pois ben. despois da nacenza da planta. Niveis de tolerancia Como xa coñecemos.. é preciso realizar observacións regulares no cultivo sobre a presenza dos insectos. O obxectivo é determina-lo nivel máximo de pragas que pode tolerarse sen adoptar medidas de loita e obter así os maiores beneficios netos posibles. xa que suporía a desaparición da fauna útil en estreita relación con ela (depredadores. Para poder determinar o umbral económico é necesario: un coñecemento profundo dos danos ocasionados polas pragas coñecer a dinámica de poboacións de insectos (daniños e beneficiosos) durante o transcurso do cultivo. pode ser de 1 pulgón por planta. o máis complexo. ocupase o seu lugar.5. o Control Integrado non busca a erradicación ou desaparición total dunha praga.

AGACA Ó ir medrando a planta vai aumentando tamén o seu nivel de tolerancia. isto sería un factor económico positivo porque adiantaría a colleita e evitaría o gasto de ter que facer un tratamento defoliante. o nivel de tolerancia é practicamente ilimitado porque.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . inimigos naturais) e especies non-praga. O nivel de tolerancia dun cultivo a unha determinada praga variará en función do estado fenolóxico no que se encontre a planta Os niveis de tolerancia para as pragas parasitarias dos froitos ou órganos comercializables son moito máis baixos cós asignados a outras pragas que danen exclusivamente órganos negativos. Por que aplicar CONTROL INTEGRADO nunha explotación agraria? Aparición de resistencias das pragas ós praguicidas Explosión de pragas secundarias cando os praguicidas afectan ós seus inimigos naturais Impacto dos praguicidas nos organismos beneficiosos (polinizadores. 5. e xa próxima á recolección.6. no caso hipotético de que tódalas súas follas estivesen atacadas chegando case á defoliación completa da planta. As pragas chave serán aquelas sobre as que se centrarán os esforzos de control en cada zona. Aspecto do pulgón da pataca. posto que son especialmente daniñas nese entorno. Problemas de contaminación ambiental (solos e augas) Diminución de residuos en alimentos e persoas Mellora da calidade sanitaria dos alimentos Diminución do custo económico 51 . Outra cuestión primordial é a determinación das pragas ou enfermidades chave para cada ámbito xeográfico. e poden causar perdas importantes no caso de non intervir sobre elas axeitadamente.

Manual de Produción Integrada 52 .

). encamiñándose cara a outros métodos de control ou incluíndo materias activas respectuosas coa fauna auxiliar e o medio. Un dos insumos externos máis importantes que pretende limitar é a loita química.) e unicamente se intervirá cando o seu nivel poboacional supere o umbral de tolerancia . Metodoloxía do Control Integrado A metodoloxía empregada no control integrado tanto para determina-lo control máis axeitado como para fixa-lo momento de intervención contempla factores de cultivo.7.T.E. de xeito que cun correcto manexo se controlen os fitopatóxenos sen ter perdas na colleita.8. Cos tratamentos clásicos había que botar man de tratamentos continuamente para evitar danos irreparables nas colleitas. Que pretende o control integrado? Opostamente ó control a longo prazo perseguido polo uso de praguicidas. denominados nivel de tolerancia (N. 53 Obxectivos do Control Integrado. que se pode definir como a asunción de danos mínimos á colleita sen experimentar perdas económicas. a b Estudio fenolóxico do cultivo Identificación do patóxeno e dos depredadores do mesmo Tipo de danos: directos e indirectos Parte/s da planta atacada/s Ciclo biolóxico do patóxeno E depredadores do mesmo. así como a determinación dos umbrais de tolerancia. presenza de fauna auxiliar. e tamén as xeracións de ámbolos dous Vexetais que poden ser hóspedes do patóxeno que ataca o cultivo Tipo de reprodución e mobilidade (en caso de animais) h Especies de inimigos naturais que se poidan introducir no ecosistema que rodea o parásito Especificidade do hóspede Relación existente entre a densidade de poboación (da praga) e o dano realizado ó cultivo (importancia económica da praga) Reconto das poboacións para realiza-lo control da praga e establecemento dos umbrais económicos: Recontos directos sobre o vexetal Recontos directos sobre trampas c d e i l ll f g 5. o Control Integrado ten como obxectivo o manexo a longo prazo das pragas.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . no marco do Control Integrado de pragas son os que seguen: Control biolóxico Loita biotécnica Insecticidas biolóxicos Loita xenética Loita física Loita autocida Control cultural Insecticidas de síntese De seguido falamos deles con máis detalle. Coa loita integrada preténdese mante-la praga nunha posición de equilibrio (P. A loita ou o control integrado non ten por obxectivo elimina-la praga. As técnicas a desenvolver e os factores a ter en conta.AGACA 5. integrando tódalas alternativas de control dispoñibles de maneira que as solucións de control sexan máis permanentes. factores do fitopatóxeno. senón mante-lo seu nivel poboacional por debaixo de certos límites. contemplando que unicamente se deberá intervir no caso de que o nivel ou densidade poboacional de fitopatóxeno se achegue a estes límites.

.

6 CONTROL BIOLÓXICO .

.

1962. ante a presión dunha praga conservar os inimigos naturais existentes incrementar os inimigos naturais presentes no medio. sendo este equilibrio unha característica permanente dun determinado cultivo. O termo control biolóxico pódese definir como o emprego por parte do home de seres vivos que limiten as poboacións de certos organismos. impórtanse outros. 57 . e comézanse a aplicar algúns deles de forma experimental.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . co espectacular control que se obtivo da cochinilla acanalada dos cítricos empregando como depredador a xoaniña australiana (Rodolia cardinalis). agronomicamente controlárase a praga.AGACA 6. En canto ós inimigos naturais dunha praga. Obxectivo da Loita Biolóxica A súa finalidade é que mediante o continuo control biolóxico ó longo do tempo entre inimigos naturais e pragas. cando non existen no medio. Considérase que a loita biolóxica naceu como tal en California en 1884 (Koebele). 6. Dende esas datas en diante descóbrense algúns insectos útiles. Introdución O control biolóxico ou loita biolóxica de pragas é un dos aspectos fundamentais dentro do manexo integrado de pragas. Os depredadores: precisan dun elevado número de presas para chegar á súa madurez e vivir de maneira independente Os parasitoides: en xeral só precisan dun só hóspede para completar o seu desenvolvemento larvario. encóntranse adheridos ó mesmo ou dentro del. Esta xoaniña introduciuse en España para o control de I.2. Os patóxenos: son microorganismos capaces de provocar enfermidades nos insectos.3. algunhas veces será preciso: introducilos de maneira artificial. animais ou vexetais prexudiciais (Doutt. é dicir. 1976). O maior inconveniente da loita biolóxica é que de forma natural vaise establecendo de maneira lenta e gradual (incluso pode tardar anos). O éxito acadado foi tal que ós catro anos a cochinilla acanalada estaba moi por debaixo do nivel de tolerancia. Estes seres vivos que limitan as poboacións de organismos prexudiciais son os chamados inimigos naturais. se chegue á posición de "equilibrio biolóxico". e poden ser depredadores.1. cando estes non son dabondo. 6. Historia Adultos de xoaniñas (Rodolia cardianalis) atacando a unha cochinilla acanalada (Icerya purchasi). parasitoides e patóxenos. Purchasi. Franz e Krieg.

Implica unha modificación das prácticas agrícolas (aplicación de praguicidas selectivos que non afecten ós organismos beneficiosos) e manipulación do hábitat (creación de refuxios) para favorece-la actividade dos inimigos naturais.5. Persegue o rápido incremento dos niveis de poboacións de inimigos naturais que non están presentes no cultivo. unha ou máis veces ó ano. Principais grupos de inimigos naturais empregados para controla-las pragas a Depredadores Os depredadores aliméntanse fundamentalmente de insectos de corpo mol: ácaros. 6. a En que consiste a loita biolóxica por inundación? Na liberación periódica no cultivo. moscas brancas e en ocasións tamén de ovos e larvas. pulgóns. Loita biolóxica deliberada: os inimigos naturais son manipulados polo home. de inimigos naturais de eficacia probada para o control de certas pragas. mosca da froita. clásica e de conservación.4. Ex. b En que consiste a loita biolóxica clásica? En importar os inimigos naturais doutras partes do mundo para o control das pragas non autóctonas. Tipos de loita biolóxica Control natural: os inimigos naturais xa están presentes no cultivo de maneira espontánea.. 6. Características dos inimigos naturais liberados Alta capacidade na busca de presas e alta capacidade de dispersión Boa adaptación ambiental Alta capacidade de reprodución no medio ó que se ceiban Específicos: depredar ou parasitar unha ou unhas poucas especies de insecto praga Sincronía co hóspede..Manual de Produción Integrada 6. débense aplicar á caída do sol para respecta-las abellas.) que repercutiu coa introdución voluntaria dos seus inimigos naturais. 58 . Distínguense tres tipos: inundativa. Ex.: No caso de tratar con produtos tóxicos.6. así como as das poboacións que nós mesmos introducimos. pero que chegaron accidentalmente. trips.: Sucedeu coa introdución involuntaria de insectos praga doutros países (filoxera da vide. A loita biolóxica clásica consiste en buscar no lugar de orixe da praga os seus inimigos naturais e pasalos de volta ó ecosistema para controla-la praga. c En que consiste a loita biolóxica por conservación? No mantemento e protección das poboacións de inimigos naturais que xa están presentes nos cultivos. aclimatáronse e convertéronse agora nun problema. ou estano nunha cantidade insuficiente ou en asincronía coa praga.

ben nos focos da praga (curativamente). capaz de controlar altas poboacións de trips. chinche depredador moi voraz. frutais e nas hortalizas. Parasita ovos de determinadas especies praga. Adalia é moi voraz e controla varias especies de pulgón en diferentes cultivos. alimentándose dos seus fluídos corporais e dos seus órganos. 59 . Na foto. salvado.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias .AGACA b Parasitoides Os parasitoides son insectos que parasitan e matan a outro insectos e que normalmente consumen unha soa presa para o seu desenvolvemento. O parasitoide inmaturo desenvólvese dentro ou sobre o corpo do insecto praga. realizándose este consumo antes da súa fase xuvenil. débese poñe-lo bote en posición horizontal e rotalo suavemente para mesturar o contido homoxeneamente. As pupas están mesturadas cun substrato para facilita-la dispersión. Botes de plástico que conteñen pupas parasitadas. Botella de plástico con larvas e/ou adultos de Orius laevigatus. a O contido destes envases repártese en pequenos montóns directamente sobre as follas dos cultivos. pupa. serrín) para facilitar a súa dispersión no cultivo. Sobres de papel poroso que conteñen o depredador Amblyseius cucumeris en tódolos estadios evolutivos. das cales emerxen avespas de Encarsia formosa. é unha avespa case imperceptible a simple vista. debemos mencionar que existen no mercado multitude de presentacións. Presentación e características dos produtos comerciais Con respecto ós formulados comerciais dos axentes de control biolóxico.7. Trichogramma spp. 6. utilizada no control biolóxico. Como exemplos de ámbolos dous: Adalia bipunctata é unha xoaniña endémica de Europa. Así é como o vai debilitando pouco a pouco ata producirlle a morte. como adulto mesturados nun substrato (vermiculita. Inmediatamente antes do seu uso. aínda que as máis habituais son as seguintes: Botes de plástico: que poden conte-lo axente de control tanto na fase de larva. aspecto da avespa poñendo os seus ovos no interior duns ovos de trade de millo (Ostrinia nubialis). ben de forma homoxénea en todo o invernadoiro (preventivamente). Tanto as súas larvas coma os adultos son empregados como depredadores contra os pulgóns nos cultivos ornamentais.

A ceiba efectúase distribuíndo de maneira uniforme os sobres sen que haxa que abrilos nin que desgarralos no cultivo. procurando protexe-las pupas da acción directa do sol. Pendúranse directamente na zona media. Pouco despois da colocación das tarxetas no cultivo. media-baixa da planta. Cada unha delas ten adheridas derredor de 60-100 pupas de axente de control.. d Formulados para pulverización: Estes formulados son típicos para axentes de control biolóxico do tipo ácaros e nematodos. que contén os axentes beneficiosos semidisecados. b A formulación en sobres facilita o establecemento do depredador no cultivo. Formosa. As tarxetas están dispoñibles en unidades de 25. senón colgándoos nos cruces das plantas. As tarxetas colócanse uniformemente por todo o cultivo cando as bolboretas de Ostrinia están poñendo os seus ovos no millo. De cada pupa emerxe unha avespa de E. Realízase unha ceiba en toda a superficie do cultivo. o axente de control emerxerá (normalmente avespa parasitaria). o que permite a liberación progresiva do axente durante varias semanas. quen á súa vez servirán de alimento ó axente de control. cada unha delas con 60-100 pupas de axente de control adheridas ó seu redor. Distintos formatos de tarxetas que conteñen pupas parasitadas da avespa parásita Encarsia formosa.Manual de Produción Integrada Sobres de papel poroso: conteñen o axente de control biolóxico en tódolos seus estadios evolutivos mesturados con salvado no que medra un fungo que nutre ácaros. Blister: Cada unidade adoita conter ó redor de 20 ampolas transparentes. que parasita larvas de mosca branca. 50 ata 250 tarxetas. Tarxetas: normalmente dispoñibles en unidades de 25. e 60 . Formúlanse normalmente en vermiculita. Para o control da mosca branca..) así como pola auga do rego. do mesmo xeito cás tarxetas. que se atopan nunha cavidade ben protexida de danos durante o transporte ata a ceiba. concentrando as ampolas nas zonas máis propensas á entrada de axente nocivo. e xusto antes da súa colocación. Pódense aplicar co equipo convencional de tratamento (mochila. retírase o adhesivo que recobre o orificio de saída. cada ampola alberga sobre 250 larvas de axente de control. e sen tocarlles durante a colocación. 50 e ata 250 tarxetas. c Sepáranse as tarxetas coidadosamente e pendúranse directamente na zona media-baixa da planta. As ampolas débense separar coidadosamente. protexidos da acción directa do sol. as tarxetas colócanse directamente na zona media-baixa da planta (onde se concentra a maior parte de larvas da praga). cuba.

Facer unha suspensión previa do produto nun caldeiro de auga e bater ben durante polo menos 5 minutos Reencher con auga o tanque de tratamento (ou mochila) mantendo a mestura en constante axitación durante a aplicación para evitar que os nematodos ou ácaros queden no fondo do tanque.) ou tamén a través da auga de rego. Pódese aplicar co equipo convencional de tratamento (mochila. Realiza-la aplicación o máis preto posible do sistema radicular.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . 61 . cuba... Usar boquillas de polo menos 1mm e quita-los filtros menores de 1mm do equipo de tratamento. Non usar presións maiores de 2 bares. Formúlanse normalmente en vermiculita que contén os axentes beneficiosos semidisecados. Durante a súa aplicación hai que ter en conta as seguintes precaucións: Limpar previamente o tanque de tratamentos para que non queden residuos doutras aplicacións.AGACA Envase tipo blíster e bote de plástico f Formulados para pulverización Estes formulados son típicos para axentes de control biolóxico do tipo ácaros ou nematodos.

S. Platygaster sp. Dicyphus tamaninii Encarsia formosa Encarsia lutea Encrsia pergandiella Encarsia transvena Encarsia tricolor Eretmocerus eremicus Eretmoceurs mundus Macrolophus caliginosus PRAGA Pulgóns Aphis gossypii.8. 62 . Armigera Minadores de folla Liriomyza sp. Myzus persicae AXENTE DE CONTROL Adalia decempunctata Antocóridos Aphelinus abdominalis Aphidius colemani Aphidius matricariae Aphidoletes aphidimyza Chrysopa formosa Chrysoperla carnea Coccinella septempunctata Macrolophus caliginosus Cotesia plutellae Cotesia kazak Dacnusa sibirica Hyposoter didymator Thrichogramma evanescens Chrysonotomyia formosa Dacnusa sibirica Diglyphus chabrias Diglyphus isaea Diglyphus minoeus Opius sp. A. Phytoseiulu persimilis Stethorus punctillus Aeolothrips intermedius Aeolothripstenuicornis Amblyseius barkeri Amblyseius degenerans Ceranisus lepidotus Macrolophus caliginosus Orius sp. gamma. H. Trips Frankiniella occidentalis Mosca branca Trialeurodes vaporariorum Eirugas S. exigua. littoralis. Organismos de control biolóxico indicados contra as principais pragas PRAGA Araña vermella Tetranychus urticae AXENTE DE CONTROL Amblyseius barkeri Ambylseius californicus Amblyseius cucumeris Orius sp.Manual de Produción Integrada 6.

7 INSECTICIDAS DE ORIXE BIOLÓXICA .

.

7.AGACA 7. Esporas e cristais de B. Thuringiensis. xa que logo. no po ou en substratos vexetais. Thuringiensis con manifesta actividade de pragas de insectos tan importantes como: Escaravello da pataca (Lptinotarsa decemlineata) Traza do acio da vida (Lobesia botrana) Trades do millo (Ostrina nubilalis e Sesamia nonagroides). Os microorganismos utilizados. bacterias e virus. eirugas defoliadoras 65 . Baséase no uso de microorganismos que causan a morte a determinados insectos praga e que son inofensivos para o resto de insectos e animais. virus ou vexetal). É un método de loita máis barato e doado de aplicar cá loita macrobiolóxica (con depredadores e parásitos). As larvas da traza do trazo Lobesia botrana contrólanse efectivamente con B. Este insecticida biolóxico está constituído por esporas e toxinas de B. presentes na natureza caracterízanse por constituír enfermidades nos insectos praga. xa que existen preparados que se manexan como calquera produto fitosanitario. Introdución Tamén se denomina loita microbiolóxica. Clasificación de insecticidas biolóxicos Enténdese por "insecticida biolóxico" aquel que procede ou se extrae mediante procedementos que non cambien a composición química dun ser vivo (fungo.1. Insecticidas de orixe bacteriana a Bacillus thuringiensis Bacillus thuringiensis é unha bacteria amplamente distribuída que se pode atopar habitualmente no solo. Thuringiensis vistas ó microscopio electrónico. os máis representativos de cada un deles.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias .1. bacteria. potenciando a súa eliminación. fungos.2. 7. podendo estar constituído por todo el ou só por unha parte.2. Decemlineata. divídense en: Insecticidas de orixe bacteriana Insecticidas de orixe fúnxica Insecticidas de orixe vírica Insecticidas Reguladores do Crecemento: IGR Vexamos. Procesinaria (Thaumetopoea pityocampa) Vermes grises. Larvas do escaravello da pataca L. que se controlan efectivamente con B. Thuringiensis. De forma xeral.

Actúa por inxestión: o insecto ou ácaro infectado deixa de moverse de forma irreversible. b Abamectina Producida polo fungo Streptomyces avermitilis. etc. Bassiana vistas ó microscopio electrónico. Unha vez que as esporas conseguen entrar no interior do insecto. actúa por inxestión: as eirugas que o inxiren deixan de se alimentar e morren. pemento. As diversas cepas utilízanse en cultivos como tomate. 7. caravel. É selectivo. É practicamente inocuo para a fauna e a flora. Os mellores resultados obtéñense nos primeiros estadios larvarios. pragas forestais. psillas e outros dípteros.2.Manual de Produción Integrada Rosquilla negra (Spodoptera littoralis) Eiruga do tomate (Helicoverpa armigera). leituga. millo. etc. Efectos típicos que produce B. O insecto morre cando o seu corpo queda cuberto cun filtro abrancazado. Avermitilis exercen un bo control sobre as formas móbiles da araña vermella. crucíferas. repetirían nel o ciclo. Insecticidas de orixe fúnxica a Beaveria bassiana Este insecticida biolóxico está constituído por esporas do fungo entomopatóxeno Beauveria bassiana. Parasitan ó insecto hospedante en tódolos seus estados. medran e desenvólvense con rapidez de maneira que o insecto morre e o fungo reprodúcese cubrindo todo ou parte do insecto cun halo branquecino. etc. principalmente en minadores de follas (Liriomyza trifolii). dende que é ovo ata que é adulto. Esporas de Streptomyces avermitilis vistas ó microscopio electrónico A abamectina exerce un efectivo control sobre as larvas do minador de follas (Liriomyza sp. trips (Frankliniella occidentali).2. capaz de parasitar a insectos moi diferentes. Son efectivas contra o trade do millo (Ostrinia nubilalis). A pesares da súa orixe biolóxica. mosca branca (Bemisia e Trialeurodes vaporariorum). 66 . é bastante tóxico para as abellas e os peixes. cítricos. medra e desenvólvese con rapidez. producindo numerosas esporas que. ademais de acción acaricida.) As esporas de S. Bassiana sobre os seus hóspedes Unha vez que o fungo está no interior do insecto. Esporas de B. Non adoitan afectar a insectos beneficiosos. pulgón da leituga (Nasonovia ribisnigris). Posúe unha acción insecticida. de alcanzaren a outro insecto.

o que fai posible a súa aplicación en presenza de animais. 67 . Actúa por contacto e inxestión. o máis representativo é o Azadiractin. etc. Lesión provocada C. antes de que se produzan as primeiras eclosións das larvas. Dentro do grupo dos biolóxicos. Os insectos afectados deixan de se alimentaren. As larvas e pupas dos insectos tratados non poden completa-lo seu proceso de muda.4. con este tipo de insecticidas. mamíferos. IGR: Insecticidas Reguladores do Crecemento de orixe biolóxica Os insecticidas reguladores de crecemento en insectos actúan sobre a ecdisona (hormona da muda) ou sobre a produción de quitina. Así.. Actúa como regulador do crecemento dos insectos. Non ten efecto sobre ovos nin sobre adultos. Pomonella nunha mazá Larva infectada de C.2. que debe cadrar co final da posta. Pomonella nunha mazá Lesión provocada por unha larva de C. trips. minadores de follas. É efectivo sobre larvas e pupas de pulgóns. eurugas de lepidópteros. moscas brancas. non é outro có do momento da súa aplicación. Pomonella polo virus da familia Baculoviridae Trátase dun virus da familia Baculoviridae. etc. Insecticida natural extraído das follas. Ademais. e non chegarán a se introducir nel. ten acción repelente sobre adultos. cuxa principal característica é a súa especificidade pola larvas de Cydia pomonella en plantacións de maceira e pereira. que constitúe o exoesqueleto dos insectos. a Azadiractin As follas da árbore de Nim conteñen Azadiractina. interferindo gravemente nos procesos de muda.AGACA 7. chinches. miñocas. e morren sen chegar a completa-lo seu ciclo reprodutivo. evitando a ovoposición das femias de insectos pragas. Segunda a súa orixe poden ser biolóxicos ou sintéticos.2. Son completamente atóxicos para aves. composto de orixe natural que interfire nos procesos de crecemento de numerosos insectos.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . cortiza e raíces da árbore de Nim. sobre todo nos estadios larvarios e pupais. 7. cochinillas. peixes.3. as larvas neonatas inxerirán o virus ó alimentárense nas follas ou na superficie do froito. Insecticidas de orixe vírica No que se refire ó éxito de control.

e moitos cóccidos como o piollo de S. Flufenoxuron: efectivo contra a araña vermella en hortícolas e na vide para ácaros tetraníquidos. mosquito verde. Ex. o que ofrece unha importante vantaxe en termos de produtividade. Piriproxifen: Actúa igual có anterior e é efectivo contra moscas brancas. piollo de San Xosé e outras cochinillas.2. xa que sobre adultos pode provocar esterilidade. xa que se se aplican sobre adultos poden provocar a súa esterilidade. Hexaflumuron: resulta especialmente activo sobre o escaravello da pataca. As larvas afectadas deixan inmediatamente de comer e deteñen o seu desenvolvemento: ó pouco tempo morren.5.. É preciso aplicalos sobre os estados larvarios. rosquilla negra. interfire a muda nos primeiros estados larvarios e. débense aplicar sobre estados larvarios. Actúan por contacto e inxestión. Os reguladores de crecemento de orixe sintética.. etc. convén sinalar que dentro dos regulador de crecemento. 7. É efectivo contra a traza do acio. presentes no mercado son de baixa toxicidade (AAA ou AAB). IGRs: Reguladores de Crecemento de orixe sintética A xeito de comentario. teñen elevada persistencia. carpocapsa (maceira e pereira). Ex. mosca branca. piral e traza do acio. flufenoxuron. Ó igual cós anteriores. dificulta a embioxénese. Principalmente actúan por inxestión e algo por contacto e.: fenoxycarb e piriproxifen contra cóccidos e moscas brancas. insectos chupadores. se acada as postas. no mercado comercialízanse tanto de orixe vexetal como de orixe sintética. coa implantación do cultivo no campo. teflubenzuron. Fenoxycarb: Inhibe a metamorfose ó estado adulto. permite instalar colmeas de abesouros dende o principio. e teñen elevada persistencia.Manual de Produción Integrada O uso destes produtos. e divídense en: a Agonistas da hormona xuvenil (ecdisona) ou xuvenoides Estes produtos impiden que o insecto acade o estado adulto.: hexaflumuron. Josée Cydia pomonella (carpocapasa) en frutais. b Inhibidores da síntese de quitina Impiden o desenvolvemento dos estados xuvenís e a chegada ó estado adulto. 68 . asegurando deste xeito a polinización dos primeiros ramallos.

8 CONTROL BIOTECNOLÓXICO .

.

Segundo os tipos de resposta no comportamento que producen nos individuos as feromonas. Introdución Entendemos por Control Biotecnolóxico ou Loita Biotecnolóxica a utilización de substancias naturais. "de agregación". Estes difusores colócanse en trampas para atraer os machos. 71 . as máis empregadas no ámbito agrícola son as feromonas sexuais. coñecidas como mediadoras químicas. é interesante diferenciar os máis empregados: Esterilizantes: son substancias químicas que inducen á esterilidade dos insectos Atraentes: conseguen que o insecto oriente os seus movementos cara á fonte emisora Repelentes: son as substancias que inducen ó insecto para orienta-los seus movementos lonxe da fonte emisora Feromonas: substancias químicas oloríficas. Optimizan a aplicación de produtos fitosanitarios. etc. que son especificamente captadas por outros insectos da mesma especie. As feromonas sexuais mellor coñecidas son as emitidas polas femias para atraer o macho ó aparellamento. Axudan a comproba-la eficacia das medidas de control adoptadas. 8. Un mediador químico pode actuar dunha ou varias formas. que teñen unha eficacia de tres meses.AGACA 8. máis exhaustivamente. "sexuais".2.1. reducindo o custo e aforrando tempo As feromonas son totalmente inocuas para o home e os animais domésticos. Sen ningunha dúbida. liberadas no aire polos insectos. están clasificadas en distintos apartados: "de alarma". para qué serven e cómo se utilizan no control das pragas. Diferentes tipos de difusores de feromona Os difusores de feromona repoñeranse cada 30 ou 40 días. Axudan a identificar pragas específicas informando do inicio e da gravidade da infección. É un sistema que non xera resistencia nas pragas. a excepción daqueles de longa duración. que quedan atrapados. De seguido vemos. Baséanse na atracción que exercen sobre un dos sexos da especie a combater. que actúan sobre o comportamento dos insectos praga sen provocárlle-la morte. a Que son as feromonas sexuais sintéticas? Son feromonas de insectos. en qué se basean. de orixe orgánica ou sintética. b Para que serven as feromonas? Serven para detectar precozmente as infeccións das pragas Non incorporan residuos tóxicos ós alimentos nin ó medio ambiente. "de dispersión". Feromonas sexuais Son substancias volátiles emitidas polos individuos reprodutores que facilitan o encontro entre sexos e favorecen o acoplamento e a reprodución. Este tipo de feromonas son as máis indicadas para o seguimento e control biolóxico das pragas. As feromonas sintéticas enchóupanse sobre difusores ou cápsulas que llas van liberando lentamente. sintetizadas en laboratorio en cantidades suficientes para o seu uso nos distintos sistemas de control con feromonas.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . para poder toma-las medidas de control oportunas.

embaladas nun envase tipo blister. agás os de longa duración. de ata 3 meses. Actualmente subminístrase unha ampla gama de cápsulas de feromonas para máis de 60 especies de lepidópteros e algúns dípteros. Emprego das feromonas no control de insectos O método de atracción permite diferentes estratexias na protección de cultivos. A duración de cada cápsula é de aproximadamente un mes e medio. Resulta imprescindible o coñecemento exacto das especies cara ás que diriximos a mostraxe. Evitar os tratamentos específicos mentres non exista ningunha captura do insecto buscado. para establecer así as relacións capturas/danos que permitan fixar os umbrais de tolerancia.1. Trampa tipo mosqueiro. 72 . aínda que nunca pode ser considerado como forma de "loita directa" contra a eventual praga. Detección e seguimento de pragas: control de voos Tamén denominado "monitoreo". As hormonas sexuais mellor coñecidas e comercializadas actualmente son as de lepidópteros e coleópteros (máis ben para pragas forestais). Efectúase mediante o seguimento de voos dos adultos de numerosas trazas de lepidótperos e dípteros (elaboración de curvas no voo). Para a detección e seguimento son necesarios: Feromona sexual + Trampa Este sistema vainos permitir: Detectar con rapidez unha praga na parcela ou rexión Determinar con precisión os períodos de actividade dos adultos e os niveis poboacionais. no seu centro sitúase a gaiola na que se aloxa a feromona. segundo a actividade dos adultos de numerosas trazas (lepidópteros) presentes no cultivo. Esta modalidade permite detectala praga e avalia-la evolución da mesma.3. aínda que se coñecen bastantes feromonas de cochinillas. pulgóns e cascudas. Feromonas de Planococcus citri.Manual de Produción Integrada 8.3. As tres estratexias de uso máis estendidas son: 8. Outras ordes foron menos estudados. Normalmente as cápsulas de feromonas están embaladas por pares nun sobre prateado. para evitar erros de interpretación das capturas que non se correspondan ca especie que se desexa capturar debido á grande especificidade feromona-praga.

Captura de dípteros nun mosquiteiro Capturas de trazo do accio nunha trampa tiangular tipo delta Capturas de lepidópteros entre trazas 8.Mosca da froita .Traza do acio da vide Dípteros .Traza da pataca ..Cochinillas 8.3. xiren vertixinosamente ó seu redor tratando de copular cunha femia inexistente. Este descenso na poboación será proporcional ó número de insectos capturados.AGACA Feromonas comerciais Lepidópteros . coa conseguinte diminución de poboación do insecto nocivo. ata que morren exhaustos sen teren logrado a fecundación.Pragas forestais .Gurgullo de produtos almacenados (grans.. Capturas masivas: Feromona + Trampa Neste sistema a idea é atraer e capturar un número dabondo de machos da especie perseguida. aínda que só nos casos nos que está recomendado polo fabricante.Eiruga en hortícolas.Verme do caravel .Pragas de mobles Homópteros . Neste sistema empréganse algunhas das feromonas antes citadas.Vermes grises .Trade do millo .Tortricido do caravel .3.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . Sistema de confusión sexual: Feromonas sexuais Este sistema consiste en difundir mediante aparellos ou sistemas especiais unha concentración esaxerada de "cheiro a femia" de maneira que os machos. fariñas.) . "confundidos" pola intensidade do aroma.Trazas e vermes das froiteiras .2. en forma de "pulseira" e incluso en pequenos tubiños capilares semiporosos. para obter como resultado un menor número de aparellamentos. etc. as femias non copuladas terán ovos inviables. .Piollo de San Xosé e Piollo branco .3.Mosca da oliveira -Moscas domésticas Coleópteros . reducíndose así a poboación da xeración seguinte. 73 . Pódese observar en soportes de material plástico. Empréganse difusores especiais con maior concentración de feromonas ca nos casos anteriores.Rosquilla negra . Polo tanto.

penduradas nun soporte para tal fin.4. Cando se trate de árbores. Libera unha cantidade esaxerada de hormonas no ambiente. Cada praga ten o seu ciclo biolóxico e un determinado número de xeracións ó ano.Manual de Produción Integrada Confusor sexual de tipo pulseira. de maneira que os machos. confundidos. temperatura e tipo de planta a empregar. mosca da froita) e variar segundo a zona. Débese aplicar en grandes extensións e complementada coa loita química dirixida. non son quen de aparellarse. ex: traza do acio. É neste parámetro onde cobra especial importancia a determinación do umbral de tolerancia. este umbral pode ser moi baixo (ente 1 e 3 capturas por trampa e día. Mediante confusión sexual lógrase a diminución de residuos de fitosanitarios na froita e redúcese a aparición de resistencias de pragas a fitosanitarios. e as distintas xeracións. requírese un gran coñecemento da dinámica poboacional da praga. as súas pólas serven de soporte. Confusor sexual de tipo "pulseira" empregado para o control da traza no acio Lobesia brotana en viñedo As feromonas sexuais comercializadas na actualidade para o sistema de confusión sexual son: CONFUSIÓN SEXUAL PRAGAS QUE CONTROLA TRAZA DO ACIO (LOBESIA BOTRANA) TRAZA DO PEXEGUEIRO (CYDIA MOLESTA) SESIA EN MACEIRA E PEREIRA (SESIA APIFORMIS) Para a utilización deste magnífico sistema de loita. 8. as trampas deben ser colocadas antes do inicio da primeira xeración dos insectos praga. así como vixiar regularmente o cultivo. Para determinadas especies. De forma xeral. b Localización das trampas As trampas deben ser colocadas á altura dos cultivos. Trampas de feromonas para a captura de insectos a Época de emprego das trampas No emprego das trampas é fundamental coñecer perfectamente a dinámica das poboacións de insectos praga. É necesario coñecer con exactitude para cada praga e cada zona cales son os momentos nos que está activa a praga en estado adulto. que deberá ser fixado para cada zona. 74 .

pero cando nos arredores se atopen diferentes clases de cultivo habería que colocar máis trampas nos bordos das parcelas para poder exercer un bo control. para: detección e seguimento: de 1 a 2 trampas por hectárea son dabondo capturas masivas: de 10 a 20 trampas por hectárea Estes son datos orientativos xa que son moitos os factores que interveñen á hora de elixir o número de trampas a colocar: poboación de praga presente no cultivo. En sistemas de monocultivo bastaría cunha distribución homoxénea das trampas. a ausencia de capturas nas trampas revelaranos a ausencia de insectos praga. Confección dunha curva de voo para a traza do acio Lobesia botrana. c Densidade das trampas con feromonas O número de trampas que se colocan por cultivo ou por hectárea dependerá fundamentalmente do sistema de control que queiramos exercer. Outro factor importante é a extensión do cultivo. O posterior seguimento das capturas indícano-la evolución (crecemento ou diminución) das poboacións de insectos praga presentes no cultivo. Para isto anotaranse as capturas en fichas de seguimento de pragas. requírese un maior número de trampas en cultivos de maior superficie e uniformes. ben para a detección e seguimento da praga. Para cultivos de pequena extensión e irregulares.AGACA Hai que ter en conta se se trata de monocultivo ou policultivo. etc. Por tanto. De forma xeral. ben para capturas masivas. d Interpretación das capturas Para a elaboración das curvas de voo é necesario realizar un reconto de insectos capturados unha vez por semana. nivel de control que se pretenda. Os primeiros insectos capturados na trampa indícannos a data na que están presentes os adultos da praga a controlar (detección). a partir das capturas obtidas en trampas de feromonas. 75 .Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . presenza de praga en cultivos lindeiros.

Empréganse principalmente en invernadoiro para a detección de pragas nos cultivos para capturas masivas. segundo sexa a preferencia da praga obxecto. A trampa de cor azul emprégase principalmente para os trips. recubertas dunha lámina adhesiva en ámbolos dous lados. En almacéns tamén se usan para o gurgullo do trigo (Trogoderma granarium). Tipos de trampas de feromonas para a captura de insectos praga a Cromáticas adhesivas Consisten en láminas ou rolos de plástico amarelo ou azul. unha cromática dunha triangular tipo delta. Os insectos atraídos pola color quedan atrapados na lámina adhesiva ó voaren de cara a ela. g Activación das trampas de feromonas Exemplo da montaxe dunha trampa para trazas: Introdúcese a pastilla de DDVP no interior Péchase a trampa de trazas co funil Colócase a trampa superior Instálase a gaiola para a feromona Introdúcese a cápsula de feromona Péchase a gaiola Para a activación das trampas simplemente hai que coloca-lo difusor ou a cápsula de feromona no seu correspondente lugar na trampa que. 8. en función do tipo de trampa de que se trate pode ser: Triangular tipo delta: colocando o difusor no centro da lámina apegañenta Cromática: colocando a cápsula sobre a superficie Trampa para trazas: colocando a cápsula na gaiola sobre a tapa Mosqueiro: colocando o cebo no interior da trampa ou ben colocando a cápsula de feromona dentro da gaiola. e a de cor amarela para pulgóns. Nese caso liberaríase unha mestura de substancias atraentes ó contorno.5. e Distancia entre si á que se poden coloca-las trampas diferentes Tomemos por exemplo unha trampa para trazas dun mosquiteiro. 76 . que non produciría os efectos desexado nos insectos praga. etc. As trampas para distintas especies pódense colocar nun lugar próximo a 4 ou 5 metros de distancia.Manual de Produción Integrada e As trampas serven para detectar ou capturar varias pragas á vez? Non se deben colocar dous nin máis difusores de feromonas para atraer distintas especies nunha mesma planta. mosca branca e minadores. tamén no interior da trampa.

Inconvenientes: Capacidade limitada da lámina por saturación ou por apegárselle sucidade (po. pero que se senten atraídas polo sinal cromático da trampa. azuis ou brancas empregamos un difusor de feromona. débese reaxustar a altura. formando un telladiño sobre unha base. que unido á atracción pola cor aumenta a eficacia das capturas Rolos adhesivos amarelos ou azuis (con adherente en ámbolos dous lados) para a captura de pragas aladas) Cromática de cor branca. de maneira que é moi doado logo contalos.AGACA Pódese utilizar simplemente como trampa de atracción cromática. na que se vai colocando o difusor de feromona. etc. b Trampas irregulares tipo delta Polo xeral son de cor branca. xa que este é en ocasións o único medio satisfactorio para poder face-la detección e o seguimento da praga. empregada en asociación cun difusor de feromona cando non queremos que interfira o sinal cromático nas capturas. Cando o cultivo avanza.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . 77 . ou a maiores con feromona. Trampas cromáticas con difusor de feromonas para capturas masivas. Existen ademais modelos de cor branca que se empregan cun difusor de feromona naqueles casos en que non queiramos que interfira a atracción visual de obxectos nas capturas.) Como norma xeral. Está provista tamén dun colgadoiro de arame especial. por riba das plantas. Os insectos quedan atrapados no adhesivo da lámina. Na súa base dispón dunha lámina adhesiva substituíble. as trampas cromáticas amarelas e azuis colócanse cunha densidade de 2 a 4 trampas por cada 1000 m cadrados (para capturas masivas) Se canda as cromáticas amarelas. Cromática amarela con difusor de feromona. colocaranse cunha densidade de 1 a 2 trampas/ha para detección e seguimento. e de 10 a 20 trampas para capturas masivas ou control. Deben ser colocadas moi próximas á cabeza das plantas. En cultivos máis altos colocaranse a 30 cm. con dúas aberturas laterais polas que penetran os insectos no seu interior. pois unido á atracción pola cor aumenta a eficacia das capturas. Presentan un adherente de longa duración en ámbolos dous lados Aspecto dunha trampa cromática amarela empregada en capturas masivas Son trampas especialmente interesantes para aquelas pragas para as que aínda non se dispón de feromonas.

ben por saturación de insectos. grans. froitos secos) principalmente coleópteros e lepidópteros (Tribolium Castaneum. Emprégase principalmente para capturar lepidópteros. xa que o po satura a lámina apegañosa. en función do seu uso e do mantemento que se lles faga. Polo xeral teñen unha vida media de 6 a 8 anos. na base. etc). A trampa triangular incorpora láminas apegañentas recambiables. o que favorece moito a súa clasificación. Ademais permite capturalos insectos intactos. c Trampas para trazas Normalmente constan dun funil amarelo cunha tapa verde e unha base branca engastallada ó mesmo. O difusor de feromona colócase nunha pequena gaiola situada no centro da tapa. debido á súa gran capacidade. As trampas colocaranse á altura dos cultivos. xa que deben ser quitadas do campo despois da campaña. En zonas secas é menos efectiva. Dento da trampa para trazas. colócase unha pastilla de DDVP (insecticida que mata os insectos por contacto. 78 Detalle dunha pastilla de DDVP no interior da base da trampa . É a trampa máis axeitada para a maioría de lepidópteros. etc) tamén para cascudas. Inconvenientes: Emprégase sempre que o número de insectos non sexa moi elevado. dípteros e coleópteros.Manual de Produción Integrada Esta trampa emprégase ó aire libre basicamente para o seguimento das curvas de voo de numerosos insectos (lepidópteros e dípteros). debido á capacidade limitada da lámina. ben porque queda sucidade apegada (po. especialmente para as trazas máis grandes. Os insectos quedan atrapados no adhesivo da lámina. inxestión e inhalación). Existen modelos totalmente verdes para camuflar a trampa en cultivos nos que así se requira. En celeiros empréganse para detecta-la invasión de pragas de produtos almacenados (fariñas. e especialmente cando hai moita densidade de praga. Tamén para controla-lo éxito de tratamentos de loita por confusión sexual das pragas de traza.

moscas. os insectos capturados morren afogados no mesmo cebo. Cando usamos feromona débese depositar unha pastilla de DDPV no fondo do mosqueiro para mata-los insectos capturado. Se non se coloca difusor de feromonas funcionará como lámina cromática amarela capturando calquera tipo de insecto que se sinta atraído pola cor amarela e o cheiro do cebo. Especial para lepidópteros de pequena e mediana dimensión.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . sobre todo moscas da froita (ex: Ceratitis capitata).. formando unha especie de cubeta na que se poden colocar cebos ou pastillas de DDVP para mata-los insectos (avespas. xa que deben ser quitadas do campo despois da campaña. pola que entran os insectos. Para Zeuzera pyrina leva incorporadas unhas cintas de plástico penduradas que interrompen o voo do insecto e evitan a súa saída da trampa. ben sexa feromona. Na base da trampa colocarase unha pastilla de DDVP ou outra substancia. Na súa parte posterior está provista dunha pinza retráctil onde se pode aloxar atraente para os insectos. en función do uso que se lles dea e do seu mantemento. A base tronocónica da trampa. coleópteros e lepidópteros. ben atraente alimenticio. Os seus compoñentes son similares ós das trampas para trazas. En xeral a base é amarela como atraente visual. o insecto entra nela pola parte superior e queda atrapado no seu interior. Cando en vez de feromonas empregamos cebo. tal como o aceite. f Trampas de tipo piramidal Esta trampa está especialmente deseñada para capturas masivas de insectos de grandes proporcións como trades de froiteiras (Zeuzera pyrina e Cossus cossus). particularmente. ten catro orificios perpendiculares para que poidan entrar comodamente os insectos e á vez non lle entre a auga da choiva. Mosqueiro con gaiola para o difusor de feromona Mosqueiro con pastilla de DDPV Esta trampa está indicada para a captura de dípteros. capaz de matar ou reter no seu interior os obxectos capturados. 79 . e Trampas para a utilización de atraentes Esta trampa está deseñada para a captura de todo tipo de insectos: dípteros.. Está formada por tres pezas de plástico moi resistente (PVC). de cor amarelo. pola súa capacidade..) que penetren na trampa. A parte superior é transparente. sobre todo cando hai un gran número. Os difusores de feromona son colocados cando se quere capturar unha especie en concreto. Polo xeral teñen unha vida media de 6 a 8 anos. está especialmente recomendado para as trazas máis grandes.AGACA d Mosqueiros Consta de dúas pezas de plástico. cunha apertura na súa parte inferior. Envase con cebo para a captura de dípteros Un mosqueiro é moito máis axeitado para realizar capturas masivas cá trampa de tipo triangular.

6. de altura por 30 cm. de base. 8. Colocación da cápsula de feromona 8. A súa construción adopta forma piramidal. As pastillas de DDVP empregadas para que os insectos capturados no interior dos mosquiteiros ou das trampas para trazas morran (por inhalación. inxestión ou contacto) serán renovadas cada 2 ou 3 meses. Nestes casos hai que reforza-la protección entre os lindes das parcelas. 80 .7. cuxa función é mata-los insectos capturados. Están fabricadas con polipropileno resistente ós tratamentos e á acción dos axentes atmosféricos durante anos.Manual de Produción Integrada Trampa piramidal con feromonas para capturas masivas de trades en froiteiras O difusor ou cápsula de feromona sitúase pendurado na parte superior da gaiola de plástico e no interior do gobelete colócase unha pastilla de DDVP. cargadas co difusor de feromona específico. Xeralmente empréganse entre 6 e 10 trampas por hectárea. que son eficaces durante uns 3 meses. Fondos adhesivos para trampas triangulares tipo delta. Outro elemento importante é a distancia entre dúas parcelas que teñan a mesma praga. e ten unhas dimensións de 40 cm. xa que poden ser necesarias 20 trampas por hectárea ou incluso máis cando se pretenden realizar capturas masivas. As láminas apegañentas da trampas triangulares tipo delta intercambiaranse por outras novas cando a superficie se vexa chea de insectos. Factores que inflúen na cantidade de trampas necesarias A poboación de praga presente no cultivo Os cultivos lindeiros A extensión de cultivo A distancia entre parcelas que teñan a mesma praga O nivel de control que se poida exercer Para pequenas extensións de cultivo ou cultivos irregulares no espazo requírese un maior número de trampas ca nas parcelas de maior superficie e uniformes. Mantemento das trampas Os difusores de feromonas débense renovar cada 30 ou 40 días. a excepción daqueles que sexan de longa duración.

9 CONTROL BIOLÓXICO .

.

ben entre plantas conxéneres1. De seguido expoñemos as ideas básicas deste importantísimo sistema de loita. xa que o home foi modificando e seleccionando as súas propiedades ó longo de máis de dez mil anos en función das súas necesidades.AGACA 9. 1 Coa mesma orixa ou a mesma clase 83 . radicalmente distintas dos seus antepasados silvestres. ou ben con variedades máis ou menos próximas. Cando unha especie cultivada se saca dun centro de orixe para introducila en zonas novas onde ese patóxeno non está presente. Tradicionalmente estas variedades téñense conseguido mediante hibridacións ou cruces da variedade a mellorar con outras que demostraran posuír esa resistencia. nalgúns casos por miles de anos. é posible atopar en poboacións naturais algúns individuos que posúen xenes de resistencia ou tolerancia xenética.2. etc. cortamos esa coevolución planta/patóxeno.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . etc. asfixia radicular.) enfermidades (fungos. que son os ancestrais comúns ás plantas cultivadas Cultivares primitivos: variedades locais. Introdución A mellora de plantas foi e continúa a se-lo mellor sistema de loita biolóxica. Seriamente ameazados pola súa desaparición na agricultura moderna. A selección de variedades non só se ten efectuado para mellorar cualitativa e cuantitativamente a produción. Por tanto. 9. As especies silvestres estiveron sometidas á acción de factores bióticos e abióticos adversos. Segundo a FAO estes recursos atópanse principalmente en: Especies salvaxes e adventicias. salinidade. os xenes de resistencia deberanse obter destas dúas fontes do banco de xermoplasma. Mellora xenética clásica As plantas que cultivamos hoxe son. xeadas. que poden transmitirse ás formas cultivadas mediante procedementos relativamente sinxelos. desenvolvidas nos sistemas agrícolas primitivos. de maneira que pouco a pouco a planta vai perdendo os seus mecanismos de resistencia xenética fronte ó patóxeno. producíndose unha coevolución planta/patóxenos. diferenciando dúas etapas: clásica e moderna. A obtención de variedades resistentes a pragas e enfermidades baséase na utilización de xenes existentes nos recursos fitoxenéticos.1. en moitos casos. Por isto. iluminación. virus.) edfolóxicas (cal. bacterias. etc.) e incluso insectos. senón para obter variedades resistentes a diferentes condicións ecolóxicas (seca.

2. e sacar de alí a fonte xenética de resistencia ó mildeu. atendendo. en México. Para remedialo houbo que acudir ó centro de orixe da especie Solanum demissum.1. A continuación realízase unha hibridación entre a planta que se quere mellorar e a planta doante resistente. obtendo plantas cunha constitución xenética resistente a pragas. A hibridación de dúas variedades ou especies de plantas combina miles de xenes nun proceso ó azar. obtendo novas plantas que se adaptan mellor ás esixencias e aplicación da mecanización da agricultura. Sen embargo. como a resistencia a unha enfermidade a través de técnicas convencionais. cando se desexa introducir nunha planta unha nova característica. ó valor nutritivo dos produtos vexetais obtidos. 9. Neste novo hábitat non existía mildeu. en concreto en Irlanda. Obxectivos da mellora xenética en plantas A Mellora Xenética de Plantas ten como fin último obter plantas cunha constitución xenética que produzan unha manifestación externa dos carácteres que mellor se adapten á necesidades do home nunhas circunstancias determinadas. Aspectos parciais deste obxectivo final son: Aumentar o rendemento: Mellora da produtividade. búscase unha planta doante da mesma especie ou dunha especie silvestre relacionada que posúa a resistencia. o que ocasionou un desastre no cultivo. Estas plantas resistentes vólvense cruzar varias veces coa variedade inicial para obter plantas resistentes o máis parecidas á orixinal. 84 .3. 9. a incorporación dos xenes non desexados. enfermidades e condicións ambientais adversas Mellora de características agronómicas. Por exemplo. na medida do posible. por exemplo. aumentando a capacidade produtiva potencial dos individuos Mellor de resistencia. ata o punto de se perde-la colleita en todo o país. As patacas irlandesas foron perdendo paulatinamente a resistencia a este fungo.Manual de Produción Integrada Poñamos por exemplo o que aconteceu coa introdución da pataca en Europa. trátase dun proceso lento e pouco específico. Aumenta-la calidade: Mellora de calidade. Este proceso de xeración de novas variedades foi moi útil e deu lugar á maior parte das variedades que se cultivan hoxe en día. Tecnoloxía da mellora xenética clásica Esta tecnoloxía baséase na repetición de varios procesos de hibridación e selección das plantas. ata que foi introducido en 1845. Despois selecciónanse na descendencia as novas plantas que se parezan máis á variedade orixinal e que incorporaran a resistencia. onde o mildeu coexiste coa pataca. e son necesarias repeticións sucesivas de selección e hibridación para obter unha nova variedade que incorpore tódalas características (xenes) desexadas que evite.

A resistencia das plantas é relativa e baséase na comparación con plantas que carecen dos caracteres de resistencia. mediada a década dos oitenta iniciouse a aplicación da enxeñería xenética na mellora mediante o emprego de plantas transxénico. Sen embargo. 9. 9. e así o rendemento non se ve maiormente afectado en termos económicos. a resistencia das plantas ós insectos refírese ó uso de variedades de cultivos resistentes para suprimi-lo dano causado polos insectos praga.4. Búscase que a resistencia das plantas sexa usada de par doutras técnicas directas de control. Mazaroca de millo primitivo (2000 a. adaptando as novas variedades das especies xa cultivadas a novas zonas xeográficas con características climática ou edafolóxicas extremas.4. un cultivo resistente a un insecto é aquel que sexa menos daniño e renda máis ca un cultivo sensible cando se enfronta á invasión do mesmo insecto praga. Resistencia das plantas ós insectos A resistencia das plantas ós insectos é un compoñente fundamental do Control Integrado 9. 85 . as plantas son susceptibles ou sensibles.2. Concepto de resistencia e tolerancia xenética O Control Integrado. é dicir. Enténdese por resistencia xenética dunha planta cultivada a unha praga ou enfermidade a capacidade de non enfermar ou de non ser atacadas polas pragas debido á súa composición xenética.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . transformando as especies silvestres en cultivadas con utilidade e rendibilidade para o home.4.C. Domesticar novas especies. como ocorreu co trigo nos países nórdicos europeos ou a soia. Definición de Planta Resistente a Insectos En termos agrícolas prácticos.) en comparanza cunha mazaroca de millo híbrido obtido por técnicas de mellora xenética.AGACA Estender a área de explotación. A tolerancia é a habilidade da planta cultivada que aínda enfermando ou sendo atacada polas pragas é quen de soporta-la presenza dos patóxenos. Os métodos convencionais da Mellora foron os cruzamentos e a selección complementados en ocasións con técnicas citoxenéticas e de mutaxénese artificial.1.

3. mentres que o control biolóxico si o é Os beneficios ecolóxicos e medioambientais xorden do aumento na diversidade de especies no agrosistema. antibiose. Plantas de trigo resistentes (dereita) e susceptibles (esquerda) ó insecto Mayethiola destrutor. antixenose (non preferencia) ou tolerancia. mentres que o control químico non o é A resistencia das plantas a patoloxías non é dependente da densidade de praga ou fungos. Antibiose é a resistencia que se manifesta por un aumento da mortaldade ou redución na lonxevidade e reprodución do insecto praga na planta hospedeira. O aumento de especies na diversidade aumenta a estabilidade do ecosistema. por exemplo. Noutras palabras. 86 . Vantaxes de usar variedades de cultivos resistentes a pragas e enfermidades O uso de variedades de cultivos resistentes a pragas e enfermidades é económica. A resistencia por antibiose e antixenose causa unha do insecto cando este trata de usar a planta resistente para alimento.4. e en parte debido á redución do uso de insecticidas. Relación Insecto Praga . a tolerancia é a reposta dunha planta a un insecto praga. ecolóxica e ambientalmente vantaxoso por: Mantense a capacidade produtiva dos cultivos Elimínase ou redúcese o número de intervencións para realizar un control efectivo O emprego de plantas resistentes é compatible con técnicas de control biolóxico (fauna auxiliar). as plantas resistentes a insectos alteran a relación que un insecto praga ten coa súa planta hospedeira. moito menos contaminado e menos daniño para os recursos naturais. Pola contra.4.Praga Hospedeira As variedades de cultivos resistentes a insectos reducen a abundancia de insectos pragas ou aumentan o nivel de tolerancia ó dano polas pragas. oviposición ou refuxio.Manual de Produción Integrada 9. Tolerancia é a resistencia pola cal unha planta é quen de resistir ou de recuperarse do dano causado por unha abundancia do insecto praga igual á que danaría a unha planta sen esa condición de resistencia (susceptible).4. Aquí móstrase a importancia de introducir en plantas xenes de resistencia a axentes patóxenos. o cal promove un sistema máis sostible. A maneira na que afecta a relación entre a planta e o insecto depende da clase de resistencia. Antixenose é o mecanismo de resistencia que usualmente se expresa como a non preferencia do insecto pola planta resistente en comparanza a unha planta sensible. 9.

a planta transxénica mostra unha nova característica. e que se supón vai conferir unha vantaxe ecolóxica. comprende o conxunto de microsomas dunha especie 87 .Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . Introdución No que se refire ó emprego de plantas transxénicas. Plantas transxénicas 9. Polo que respecta á utilización do material transxénico en Produción Integrada. é competencia das distintas Comunidades Autónomas o permitir ou prohibir o emprego deste material. mentres que en Andalucía se prohibe a utilización de material transxénico. se pode chegar coa nova biotecnoloxía? Xogando coas cousas de comer? Como afectan as plantas transxénicas que producen os seus propios insec ticidas ós inimigos naturais das pragas? E á gandería que as consume? Son algunhas preguntas. Por exemplo. as variedades transxénicas non difiren moito das variedades non transxénicas. ou ben para modifica-la función dun xene propio. A transxénese consiste en introducir dentro do xenoma dun organismo vivinte un xene estranxeiro.2. Como consecuencia desta modificación.1.AGACA 9. 2 Material hereditario dunha célula.5. éste transmite á descendencia e compórtase como un xene máis da planta. Unha vez realizada a inserción ou a modificación do xene. que haberá que ter moi en conta na Agricultura do século XXI.5. ben para introducir un ou varios xenes. eticamente falando. Nas plantas transxénicas a modificación xenética realízase de forma dirixida e afecta a un número reducido de xenes perfectamente coñecidos. A orixe dos desacordos entre autonomías e a gran polémica que suscitan estes produtos nas asociacións de consumidores de todo o mundo reside na inexistencia de estudos e respostas concluíntes a preguntas como: Como afectará a enxeñería xenética á estabilidade dos agroecosistemas? Estaremos potenciando pragas e enfermidades hoxe descoñecidas pola súa irrelevante importancia económica? Cales serán os riscos derivados ou inducidos polas plantas transxénicas na alimentación humana e animal? Ata onde. en Navarra non se incide neste aspecto. cómpre dicir que constitúen a última palabra en canto ós posibles sistemas de loita ideados polo home para a defensa dos cultivos. 9. Como resultado. e presentan características predicibles. Que é unha planta transxénica? É unha planta cuxo xenoma2 foi modificado mediante enxeñería xenética. chamado transxene. A tecnoloxía empregada chámase transxénese. hoxe sen resposta. nutricional ou doutro tipo ó seu novo anfitrión.5. chamado OXM (Organismo Xeneticamente Modificado).

Exemplos de plantas transxénicas: a Millo transxénico resistente ó barrenador ou trade Millo transxénico resistente ó barrenador ou trade Esporas ou cristais de Bacillus thuringiensis Amósanse cortes de talos provenientes de plantas transxénicas (arriba) e non transxénicas (abaixo). Nas plantas transxénicas introduciuse o xene Cry1A. Para que serven as plantas transxénicas? En primeiro lugar. en troques. e estas morreron pola acción do insecticida inxerido.Manual de Produción Integrada 9. a construción de plantas transxénicas permite desenvolver novas variedades de cultivo con novas características de interese. A planta da esquerda foi manipulada xeneticamente cun xene para a resistencia á enfermidade. do que se copian mediante técnicas de bioloxía molecular. e a planta da dereita é unha variedade sensible. O interior dos talos dos controis non transxénicos foi atacado polas larvas. 88 . e polo tanto máis produtivas. de maneira que a proteína insecticida que este codifica prodúcese no miolo do talo e no pole do millo.5. Coas novas técnicas téñense obtido plantas resistentes a organismos prexudiciais. Na foto elixíronse estes dous tecidos porque o trade aliméntase deles en distintas etapas do seu ciclo de vida. tamén se están a desenvolver novas variedades que resulten máis nutritivas. Tamén é posible construír xenes sintéticos no laboratorio e introducilos en plantas transxénicas.3. procedente de Bacillus thuringiensis (insecticida biolóxico).4. De onde proveñen os xenes dunha planta transxénica? Os xenes que se introducen nunha planta transxénica poden proceder de calquera ser vivo.5. producindo túneles e graves danos na planta. A súa orixe pode ser unha planta relacionada ou organismos tan distantes como bacterias ou animais. b Tomate transxénico resistente ó apincaramento bacteriano Dúas plantas de tomates inoculadas artificialmente coa enfermidade do apincaramento bacteriano. non manipulada. 9. nas plantas transxénicas a progresión das larvas é a penas perceptible. Amósanse os resultados dun experimento no que se cultivaron as plantas en presenza de larvas de insecto.

a diferenza porase de manifesto cando se analice ou se consuma o froito. Se a función do novo xene (transxene) non modifica o desenvolvemento nin a forma da planta. causado polo déficit de Nitróxeno no solo f Gandería transxénica Estanse realizando modificacións xenéticas nos xenes dalgúns animais. 9.) e enfermidades víricas. As follas dunha planta transxénica conteñen unha substancia que as torna inadecuadas como alimento para larvas de insectos (fig. nos que tratan de desenvolver portainxertos resistentes a enfermidades fungosas. B). En que se diferencian unha planta transxénica dunha convencional? Cando comparamos unha variedade transxénica coa variedade da que deriva. As follas da fotografía inferior non son atacadas cando están expostas a este insecto. por exemplo un meirande contido en azucre. retomou os ensaios en vides transxénicas. nas mesmas condicións. salmón. e Variedades resistentes a estrés As dúas plantas medran nun medio con niveis moi baixos de Nitróxeno. Dentro deste grupo atópanse: cabra. aínda que ningún deles se encontran en produtos do mercado. Estrés. carpa. ámbalas dúas variedades son externamente indistinguibles no campo de cultivo. 89 . d Vides resistentes a enfermidades No caso da vide trabállase no desenvolvemento de vides transxénicas resistentes a fungos (Botrytis cinerea. Nesta mesma liña desenvólvense plantas transxénicas resistentes a secas e a xeadas. ovella. A). oídio. coello. sofre importantes danos (fig. a planta non transxénica. vaca. mildeu.6. Se o novo xene confire resistencia a unha enfermidade ou a unha praga de insectos. etc. pola súa parte é quen de medrar e producir moita raíz e está moi saudable. a única diferenza radica na presenza do novo xene ou xenes que foran introducidos mediante enxeñería xenética. Vantaxes dos produtos transxénicos A tecnoloxía de obtención de plantas transxénicas incorpora vantaxes fundamentais respecto das técnicas convencionais de mellora xenética baseadas na hibridación. 9. A planta transxénica. O INRA (Institut National da Recherche Agronomique). a diferenza entre ámbalas dúas porase de manifesto cando se presente o ataque da enfermidade ou dos insectos.5. A planta do tipo silvestre estrésase moito nestas condicións e non é quen de alonga-las súas raíces.AGACA c Plantas transxénicas resistentes ó ataque de insectos A obtención de plantas transxénicas resistentes a insectos converteuse nunha das máis importantes finalidades da enxeñería xenética.5. O obxectivo cos animais é introducir riscos xenéticos específicos que melloren a produtividade dos mesmos. porco. Se o novo xene confire unha nova característica ó froito da planta transxénica. troita. Polo tanto. polo. e só se poderán diferenciar con métodos de análise molecular que identifican a presenza do transxene.5. en Francia.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias .

7. 9. precisa e rápida ca mediante as técnicas clásicas baseadas na hibridación e selección.) Tolerancia a glifosato (herbicida) Tolerancia a glifosinato (herbicida) Tolerancia a sethoxydim (herbicida) Tolerancia a glifosato/resistencia a insectos Maduración lenta Resistencia a virus Senescencia retardada Modificación da color Tomate Caravel 90 . Obtención de cultivos máis resistentes ós ataques de virus. minerais e proteínas. Obtención de cultivos tolerantes á seca e ó estrés. fungos ou insectos sen a necesidade de empregar produtos químicos. 9.8. Riscos potenciais que poden implicar as plantas transxénicas Efectos directos sobre o home: Descoñecemento a longo prazo dos efectos secundarios que pode producir na saúde humana a alimentación con plantas transxénicas (principalmente as que producen o seu propio insecticida). co que se preservan o resto de xenes na súa descendencia. e menores contidos de graxas.Manual de Produción Integrada Na planta transxénica pódese introducir un único xene novo. e se permite conserva-las variedades orixinais. A aprobación de produtos transxénicos debe ser analizada caso por caso Efectos ambientais: Dispersión incontrolada da descendencia da planta transxénica Transferencia do transxene a outras variedades non transxénicas ou a outras especies afines. Exemplos de caracteres introducidos en plantas transxénicas CULTIVO Millo CARÁCTER INTRODUCIDO Resistencia a insectos (trade ou barrenador. Obtención de produtos con máis vitaminas. Permite modificar propiedades das plantas de maneira máis ampla.5. Posibles efectos alerxénicos.5. o que supón un aforro económico e un menor dano ó medio ambiente.

10 LOITA FÍSICA .

.

Os seus principais inconvenientes son que é caro. Hai que preparar correctamente o terreo. nemotodos e malezas. a Aplicación Os mellores días son os longos. precísase material axeitado e alta tecnificación. Este método é efectivo no control de patóxenos do solo. Rego copioso (previa colocación do plástico) 50 cm. Aínda que é moi limitado o seu uso polo elevado custo en tempo e/ou cartos. evitando que non estea moi seco nin moi húmido. A desinfección do solo pola calor a través do vapor de auga é un bo sistema para eliminar fungos e sementes de malas herbas. Vapor de auga A auga é un excelente vehículo de transmisión da color. precisa pouco tempo. combinado con outros métodos pode dar magníficos resultados. e efectuar un lavado para evita-la acumulación de sales que poidan producir fitotoxicidades.3. despexados e en calma (entre 15 de xuño e 15 de agosto) Temperatura do solo alta (verán) Plástico transparente. 10. de profundidade Lámina plástica tensada e bordos ben enterrados Evitar renovación de aire. o que transmita a máxima radiación (100-200 galgas) Terreo libre de restos vexetais e ben mulido. Cando se elixa como desinfección este sistema hai que ter en conta: 93 .AGACA 10. É doado de aplicar se se conta co equipo axeitado.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias .1. non ten efectos secundarios e mellora a estrutura do solo. onde se aproveita a enerxía solar para aumenta-la temperatura do terreo húmido e libre de cultivo mediante o seu acolchado. Cada organismo require unha temperatura distinta para ser destruído. Atopámonos con: Vapor de auga Solarización Loita autocida Barreiras Trampas cromáticas Trampas de luz 10.2. Introdución Os medios físicos de control de pragas e enfermidades teñen o expoñente máis importante na desinfección de solos mediante a aplicación de calor. conseguindo reduci-la densidade de poboación dun amplo rango de microorganismos. Solarización É un método de desinfección do solo. utilizando unha lámina de plástico transparente durante os meses de verán. Despois de efectuada a desinfección hai que agardar 15 días para realiza-la sementeira ou o transplante.

podendo acadar os 16º C respecto do solo non acolchado ó aire libre. pero estas non teñen descendencia viable. Así vanse realizando ceibas sucesivas coincidindo coas distintas xeracións da praga. Os acolchados efectuados no interior dos invernadoiros pechados producen un incremento da temperatura maior. Hai organismos que poden morrer ós poucos días. Estes machos estériles compiten no campo cos normais. que non require maquinaria especial En zonas apropiadas. a súa eficacia é comparable ós mellores tratamentos químicos As vantaxes da solarización son basicamente as seguintes: Non se alteran negativamente as propiedades físico-químicas do solo ó non sufrir un quecemento excesivo Efecto menos drásticos sobre o equilibrio biolóxico impoñendo a creación do "baleiro biolóxico" É máis barato ca outras desinfeccións químicos Os inconvenientes da solarización son.Manual de Produción Integrada Rego aberto para enterra-los bordos Unión continua a maneira de libro b Efectos Os efectos da solarización dependen do nivel de temperatura acadado e do tempo de exposición. c Vantaxes e inconvenientes da solarización Custo relativamente baixo Non presenta perigosidade. Loita autocida A loita autocida consiste na liberación masiva de machos estériles dunha especie de praga. e crúzanse coas femias. sendo maior canto máis próxima á superficie. dado que non é tóxico Evítanse os problemas de residuos tóxicos e con isto a contaminación ambiental É un método sinxelo. por outro lado: Só é aplicable en zonas de clima cálido e con elevada radiación solar Solo libre de cultivo alimentos durante un mes como mínimo Resultados variables dependendo do clima Non está indicado para grandes superficies 10.4. Os machos son criados en laboratorio e logo esterilizados con doses baixas de radiacións ionizantes. 94 . pero recoméndase entre 30-45 días para obter resultados satisfactorios. A temperatura increméntase en tódalas profundidades. e uns 8-10º C respecto do solo sen solarizar dentro do invernadoiro.

) erradicado en Suíza verme do gando (Cochliomyia macellaria F. como son. distribución espacial.5. tamaño da poboación. un 66. Se a relación é 2 (dobre número de insectos irradiados) a capacidade reprodutiva da praga reducirase 2:1. 95 . dificultando a entrada de insectos por estas aperturas de ventilación Acolchados no solo: normalmente consiste en cubri-lo solo cunha lámina de plástico negro que evite o contacto directo da planta e dos froitos coa humidade so solo. ó tempo que controla a aparición de malas herbas. se a relación é 9:1 a capacidade reprodutiva terá diminuído o 90%. Ceratitis capitata a Condicións para a súa utilización Os insectos teñen que se poder criar en laboratorio e esterilizarse en gran número Deben existir métodos para distribuír os insectos no campo e que se mesturen coa poboación natural O control estará delimitado nunha zona concreta e non debe haber inmigracións de insectos fértiles dende o exterior. verme das peras e das mazás (Carpocasa pormonella) Na actualidade. 10. Barreiras Mallas: as mallas mosquiteiras colócanse en tódalas bandas do invernadoiro e nas fiestras cenitais. redúcese o potencial reprodutivo dunha xeración a outra. Bo coñecemento da poboación da praga: proporción de sexos na natureza. de acordo coa relación de insectos estériles a insectos normais.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . Adulto de mosca da froita. b Para que pragas se emprega a loita autocida? Emprégase e tense empregado xa en programas de erradicación de pragas nacionais e rexionais. Esta técnica ten éxito especialmente naquelas especies de insectos nos que a femia só se cruza unha vez.UU.) en EE.67%. período reprodutivo.AGACA Coa ceiba de insectos estériles. é dicir. a loita autocida non se emprega como un método de control habitual na explotacións agrícolas. por exemplo: mosca da froita (Ceratitis capitata) en España e Centroamérica verme branco (Melolontha vulgaris F.

especialmente pulgóns. son atraídos pola color e quedan apegados na trampa. esvaran e caen ó bote recolector. Atraen os insectos porque a súa alta iluminación. e fai que os insectos se dirixan directamente ó foco de luz.6. Chisqueiro utilizado como atraente en trampas de luz con fins de monitoreo de insectos pragas durante as noites Baséanse en cebos luminosos provistos de lámpadas de vapores de mercurio. Trampas azuis: iguais cás anteriores. mosquitos e bolboretas de lepidópteros e coleópteros. A súa forma varía en función do grupo que se pretenda capturar. pero en esencia. Trampas de luz Empréganse sobre todo para a captura de insectos nocturnos. Trampas cromotrópicas Trampa cromotrópica en forma de á Uso combinado de trampas móbiles e fixas Trampas amarelas: consisten nunha lámina de plástico amarelo cunha capa de adhesivo.Manual de Produción Integrada 10. Estes baten contra o capucho e caen por un funil situado por debaixo do foco de luz. mosca branca e minador. Trampa de luz para coleópteros Trampa de luz negra Trampa de luz 96 . tubos fluorescentes de luz actínica o ultravioleta e as de luz negra. Os insectos. Os exemplares atraídos serán retidos mediante diversos mecanismos.7. altera os mecanismos fotorreceptores. 10. consisten nun foco de luz que atrae os exemplares. con respecto ó ambiente circundante. pero a súa cor azul atrae especialmente ós trips.

10. chea de dióxido de carbono. no centro dun trípode. Trampa manitoba: está deseñada principalmente para a captura de tabáns. que son atraídos por unha esfera negra ou vermella pendurada dunha corda. Debido a que a luz pode atraer a insectos que se atopan a considerable distancia.8. se se van empregar en invernadoiros recoméndase a utilización da malla mosquiteira.AGACA Adóitanse poñer de 8 da tarde ata a unha da madrugada. O cono superior do trípode pódese rodear cun plástico e no seu vértice colocarase un bote receptor. Trampas de atracción por estímulos naturais As variacións na eficacia destas trampas reflicten cambios reais na poboación.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . Nelas utilízanse pragas que colonizan insectos fitopatóxenos. Trampa con dispositivos de liberación de CO2 e emisión de luz para a captura de insectos hematófogos 97 . Esta trampa é exclusiva para insectos que acoden ó gando. O inconveniente destas trampas é o seu alto custo. hóspedes de hematófagos. que evita a entrada de bolboretas do exterior. etc.

.

11 CONTROL DE TIPO CULTURAL .

.

aire e nutrientes. como se indica na táboa. As sementeiras temperás e as variedades precoces xeralmente escapan dos ataques severos. teremos abortado.2. Retraso da sementeira. O retraso da sementeira diminúe tamén os ataques doutras pragas a diferentes cultivos. xogan e xogarán un papel decisorio ante determinadas pragas. diminuído drasticamente os danos producidos por este axente fitopatóxeno. O control cultural é un control preventivo que se realiza antes aínda de que as pragas se presenten. dea tempo a rebrotar novamente e espigar con algo de retraso pero aínda así permitindo a súa colleita. Vexamos algúns exemplos que corroborarán esta idea: Papoia (Mayetiola destrutor): É unha das pragas máis importantes dos cereais. Nesta sección centrarémonos nas máis significativas a escala xeral. Introdución As prácticas ou técnicas de control cultural constitúen os métodos máis antigos da loita contra pragas e enfermidades.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . a Papoia. ou polo menos. no caso de sufri-los ataques do mosquito. propicio para inicia-lo ataque. Fundaméntanse no control realizado a través das operacións de cultivo que xeran un ambiente menos favorable para o desenvolvemento e supervivencia das pragas e enfermidades. Existen prácticas culturais que xogaron. Época de plantación ou sementeira O adianto ou retraso da sementeira pode ser un factor importante para o éxito ou o fracaso do dano económico producido por certas pragas que atacan nunha determinada fase fenolóxica do cultivo. Se logramos distanciar no tempo a fase sensible da planta e o estadio metamorfósico da praga. xa que ataca o trigo. A rotación de cultivos axuda a reducir a presenza de barrenadores e trades no campo. Este método baséase na ruptura do ciclo evolutivo do insecto. Un solo rico en materia orgánica contén un gran número de microorganismos benéficos que controlan a nemátodos e enfermidades e fai que a planta se desenvolva baixo condicións óptimas de auga. que se obtén retrasando o máis posible a sementeira dos trigos de inverno con obxecto de que as plántulas saian despois do último voo dos adultos (mes do outono). Adulto sobre folla de trigo En caso de utilizar trigos de primavera. Con estas técnicas créanse as bases para impedir un desenvolvemento dos insectos.1. sendo hoxe imprescindibles para o futura.AGACA 11. adiantaríase a sementeira para que así. Isto fai que a planta sexa saudable e con isto relativamente máis resistente ó ataque das pragas e as enfermidades. Mayetiola destrutor. empezando coa incorporación de materia orgánica ó solo. Sistema de loita contra pragas CULTIVO Xudías Millo PRAGA Escaravello da xudía (Cerotoma trifurcata) Verme da mazaroca (Heliothis zea Boddie) Trade do millo (Ostrinia nubilalis Hubn) Pombiña do millo (Spodoptera frugiperda) Barrenador do talo (Diatraea grandiosella Dyar) 101 . cebada e centeo. 11.

as cales se desenvolven no interior das canas do millo. xa que os insectos dos campos contiguos pasarían sen dificultade ó seu. Son lepidópteros. esta práctica cultural debe facerse en tódolos campos. Labores culturais sobre o terreo Para aquelas pragas nas que algunha fase do seu desenvolvemento se teña que facer no subsolo agrícola. L. Macho adulto de Ostrinya nubilalis Estado pupal de O. Rhizoctonia cerealis 11. tal como se mostra na táboa seguinte: Adianto da sementeira. a pesares de presentar en estado adulto diferenzas moi marcadas en tamaño e cor. Segundo a climatoloxía poden ter unha. atacando tamén ás inflorescencias e mazarocas. Opomyza florum F. Sistema de loita contra pragas CULTIVO Cereais Chícharos PRAGA Moscas: Oscinella frit. Delia coarctata Fallen Criocero: Oulema melanopus L. Mal do pé: Ophiobolus graminis Fusarium sp. nublalis antes de se converter en adulto Dano provocado polo trade do millo nas mazarocas. De pouco serve que o agricultor o realice no seu campo se os seus veciños non o fan. a Barrenador ou trade do millo Os barrenadores son insectos que durante a súa fase larvaria no interior do tallo ou caña. os labores mecánicos realizados no momento oportuno poden render óptimos resultados ó imposibilita-la súa saída do solo ou expoñelos a duras condicións climatolóxicas letais para o seu desenvolvemento. Ambas especies. e os máis coñecidos son o Sesamia nonagroides e o Ostrynia nubilalis. Vexamos un exemplo característico para comproba-la eficacia desta práctica cultural sobre o barrenador do millo. Os adultos procedentes da hibernación aparecen e primavera.3. teñen sen embargo grandes analoxías no modo de vida das súas eirugas. dúas ou tres xeracións ó ano. Nas zonas nas que predomina o monocultivo. de cuxa médula se alimentan.Manual de Produción Integrada Noutros casos convén adiantar a sementeira ou empregar variedades precoces para defenderse de pragas/enfermidades. 102 .

Rotacións que evitan a reinfestación de determinadas pragas As rotacións que separan colleitas susceptibles de seren atacadas polas mesmas pragas durante un número de anos superior ó da supervivencia dos patóxenos constitúen a mellor barreira para a súa propagación. co que explotarán diferentes capas do solo.que quedan nos restroballos do milleiral despois da recolleita. 1993. inexperiencias de case 10 anos. 103 . fabas. Isto equivale a dicir que non se debería efectuar ningún tratamento químico nesa xeración. trevo. antes do inverno (meses de novembro-decembro).. o traballo superficial do solo inmediatamente despois da recolección constitúe un magnífico método para baixa-los niveis poboacionais dos barrenadores do millo. as eirugas entran en fase de durmencia. Polo tanto. é dicir. As rotación realizaranse basicamente cos seguintes criterios: Alternar plantas de diferente familia botánica Que os cultivos sucesivos teñan diferente desenvolvemento radicular. chícharos. evitar os problemas fitosanitarios e as malas herbas e a rotación de cultivos. Favorecer ou evitar certos cultivos precedentes. realizadas no SO de Francia cos seguintes resultados: Efectos causados sobre o talo de millo: Eficacia do 75% mediante un labor de gradas de disco realizada tras a recolección.4. Baseándonos nas condicións invernais da praga.) polo menos unha vez cada dous anos. e o mellor método de loita coñecido e practicado dende a antigüidade. Que na rotación se integre unha leguminosa (feixón.AGACA No outono. senón sometelas ás duras condicións invernais desprovistasdos seus privilexiados abrigos naturais.. sen ocasionar o esgotamento de ningunha. O mellor abrigo invernal é a parte inferior das canas do millo -zona comprendida entre o pescozo e as raíces. como destacan Chavet et al. a implantación de monocultivos por períodos de tempo relativamente longos ocasionan problemas como: Desenvolvemento esaxerado das patoloxías propias do cultivo implantado Selección daniña da vexetación adventicia Consumo selectivo de nutrientes na mesma capa do solo (cansazo do solo) 11. As rotacións son moi beneficiosas para o solo. Predispón nas plantas o esnaquizamento do talo e a caída da mazaroca 11. veza. limitando os ataques da primeira xeración a menos do 3%. cando o fotoperíodo é corto.4. Rotacións de cultivo axeitadas Unha estratexia importante para o crecemento da fertilidade dos solos. Eficacia do 80-85% con rotovactor Eficacia maior do 90% con restrebadora-troceadora O obxectivo do labor mecánico non é ocasionar a morte directa das eirugas durmintes.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . As cavidades producidas polos barrenadores interfiren na traslocación da auga e os nutrientes. é máis: a falta de rotación.1. darán unha magnífica protección se se realizan inmediatamente tras a recolección. os labores mecánicos superficiais que eliminen os anacos baixos enterrados da cana.

ocasionando problemas cando chega a recolección. Rotacións que melloran a fertilidade dos solos Pódense facer rotacións beneficiosas sucedendo nos taboleiros hortalizas con distintas profundidades de enraizamento. (Nematodo dourado) Agrotis sp.…) serán sucedidas con hortalizas de enraizamento superficial (leituga. as hortalizas de enraizamento profundo (tomate. acelga. (crioceiro dos cereais) Opomyza florum F. 11. pemento. e chegan a esnaquiza-los talos ou fai que medren retorcidos. xudía. a Verme das raíces do millo Estadio larvario do verme das raíces do millo. Esta praga só ten unha xeración anual e é monoespecífica do cultivo de millo: non ataca a ningún outro cereal nin planta cultivada nin espontánea. Isto permitiranos que as plantas que se suceden aproveiten mellor tódalas capas da terra e os nutrientes que esta posúe. (mosca) Mal do pé Bruchus sp. Os adultos emerxen no verán. As larvas nacen na avanzada primavera. xa que unicamente son capaces de desenvolverse sobre millo. 104 . que se alimenta das súas raíces Estes coleópteros invernan en forma de ovos enterrados no solo próximo ás raíces do millo. É indiferente cal sexa o tipo de cultivo alternativo.4. caravel. xudías e chícharos.2. filamentos e incluso mazarocas novas. Por exemplo.…). (gurgullos) Colletotrichum lindemulthianum (antracnose) Globodera sp. Diabrotica virgifera LeConte O verme das raíces son unha praga monoespecífica do millo. como mínimo. A única posibilidade é realizar unha rotación de colleitas que separe. a finais de maio. Outros casos nos que a rotación de cultivos é imprescindible expóñense na seguinte táboa: CULTIVO Cereais PRAGA / ENFERMIDADE Oulema melanopus L. A loita química é difícil porque crean resistencia contra os insecticidas. para evitar que pragas e enfermidades se propaguen e se finxen nos distintos horizontes do terreo. non se sucederán cultivos ós que lles afecten as mesmas patoloxías. pemento e pataca. espinaca. dous anos de cultivo. e aliméntanse de pole. non se sucederán tomate. (Vermes grises) Melolontha melolontha (Vermes brancos) Leguminosas Pataca Polo tanto. Así pois. tampouco así as fabas.Manual de Produción Integrada Un exemplo no que se aplica con éxito este método de control é o caso dos vermes do solo que atacan o millo. pasado o mes de xullo.

pemento. caravel. síntomas de enfermidade ou desenvolvemento anormal. no seu caso. gladíolo. Os raios solares poden causar a súa morte por desecación. Para adianta-la recolección debemos sementar antes. Material vexetal san O material vexetal debe estar claramente identificado e proceder e produtores oficialmente autorizados e. Larva do verme branco Melolontha melolontha. 11. Cando o cultivo permite que as larvas queden expostas ó exterior. chícharo. certificados co correspondentes pasaportes sanitarios. expoñéndoos á acción de inimigos naturais. Recoméndase que logo dun cultivo esgotador do solo (tomate. senón que tamén.5.7.). pois son unha vía de entrada para patóxenos. 105 . É recomendable.AGACA Cunha axeitada rotación de plantas non só conservarémo-la fertilidade. como unha leguminosa (feixón. tamén se desbotarán as plántulas que presenten feridas.. o único método de control posible é a partir do material vexetal san.6. cómpre ter en conta os cultivos que colocamos na rotación para evitar que as pragas se desenvolvan nun nivel superior ó permitido polo umbral económico. Nestes casos a destrución dos restroballos inmediatamente despois da recollida é outra práctica cultural case obrigatoria para destruír os abeiros invernantes que se aloxan nos restos do cultivo. en especial das aves. 11. morren rapidamente por desecación ou por depredadores do solo ou aves insectívoras 11. utilizar variedades de ciclo curto e realiza-las prácticas agronómicas que acurten o ciclo fenomenolóxico do cultivo. Recolección precoz Adianta-la recolección do cultivo é unha boa práctica agronómica para diminuí-los danos de determinadas pragas. Polo mesmo motivo. O Pasaporte Fitosanitario é un documento que acompaña determinados vexetais ou produtos vexetais e que garante que foran cultivados ou manipulados por unha empresa inscrita nun rexistro oficial e sometidos ós controis fitosanitarios establecidos pola Administración. En afeccións víricas. previmos o ataque de pragas e enfermidades. que as variedades elixidas teñan resistencias ou tolerancia ás principais pragas ou enfermidades da zona.…) lle siga un mellorador do mesmo. Realizar unha boa preparación do terreo antes da sementeira Unha boa preparación do terreo axuda a eliminar moitas larvas e ovos de pragas directamente. En produción integrada non se permite o emprego de variedades transxénicas. Como dixemos ó comezo deste apartado. impedindo que as últimas xeracións da praga dispoñan de material vexetal para ser atacado. sempre que sexa posible. ó mudar o taboleiro ano tras ano..Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . sobre todo cando o seu nivel poboacional aumenta ó longo do ciclo vexetativo da planta. o cal garante que están libres e organismos nocivos (pragas e enfermidades).

e así seren máis vulnerables. especialmente abonos nitroxenados. ó alongarse o ciclo vexetativo Maior sensibilidade ás enfermidades ó permaneceren os tecidos verdes e tenros durante máis tempo. unido a un alto aboado nitroxenado favoréceas aínda máis.Manual de Produción Integrada 11.1. 11. o ciclo (outono ou primavera) e o tipo de substrato para reducir problemas de pragas e enfermidades. Densidade da sementeira Respectaranse as recomendacións técnicas que fixen a óptima densidade da sementeira. A escaseza ou deficiencia na alimentación nitroxenada das plantas maniféstase por unha vexetación raquítica..9. producíndose entón abortos florais polo amazarocamento do pole e un maior desenvolvemento de enfermidades producidas por fungos. aumentando a humidade de arredor das follas e formando incluso condensacións.9. É preciso realiza-la determinación analítica da calidade da auga de rego. pode producir unha excesiva vexetación que frecuentemente presentará máis problemas ca vantaxes.…) que. ó seren os portes das plantas menos ríxidos.3.4. Débese evitar que as plantas estean molladas. e estea selada con mallas para evita-la entrada de patóxenos ó interior do invernadoiro.9. Mallas en bandas e fiestras cenitais É recomendable o revestimento de bandas e fiestras cenitais con mallas. Por termo medio recoméndase que a ventilación cenital e lateral sexa dun 30%. Entre os posibles inconvenientes cómpre destacar: Retraso da maduración. e así o crecemento. As altas humidades na zona do pescozo das plantas propician o desenvolvemento de enfermidades provocadas por fungos (mildeu. Sclerotina spp. tomando a follaxe un cor verde amarelento. Correcta planificación do rego Unha boa drenaxe e aireación do terreo reduce a presenza de enfermidades causadas por fungos nas hortalizas. como mínimo. polo que os abonos nitroxenados débense aplicar con moito tino se se quere obter o máximo beneficio cos mínimos inconvenientes. Os volumes máximos de cada rego deben ser establecidos en función da profundidade radicular do cultivo e das características físicas do solo. É un erro concibir que unha alta densidade de sementeira se corresponde cunha alta colleita.2. as plantas reducen a transpiración. Unha alta densidade da sementeira dificulta a circulación do aire no interior do invernadoiro. 11. O emprego de nitróxeno é máis delicado có do resto de elementos nutritivos debido ó seu rápido efecto de choque. 106 . Ventilación axeitada Cando a humidade relativa é excesiva. podremia gris. da superficie do invernadoiro.9. entre ámbalas dúas. mosca branca e minadora). Non obstante. con obxecto de evita-la entrada de pragas e vectores ó interior do invernadoiro (trips. un abuso na nutrición destes elementos. en función do cultivo. Prácticas culturais nos cultivos de invernadoiro 11.8. Nutrición equilibrada Unha nutrición equilibrada fai que ás plantas máis resistentes ó ataque de patóxenos. 11.9. Tamén se debe evita-lo exceso de humidade no solo. 11. Maior sensibilidade ó encamado.

e dende eles introdúcense nos invernadoiros. É preciso poñelos fóra do invernadoiro e tapalos cun plástico. Sistema de detección A colocación de trampas de feromonas e trampas de luz pode axudar a unha detección dos primeiros voos de adultos para planifica-la estratexia de control. Trampa cromática amarela 107 .9. Adultos de mosca branca 11.9. Da mesma maneira. Pragas como a mosca branca sobreviven en restos vexetais ou en mala herbas durante o inverno. Recoméndase a compostaxe de seres vexetais e a súa posterior incorporación coas debidas garantías fitosanitarias. É fundamental vixia-los primeiros estados de desenvolvemento dos cultivos xa que os ataquen neles son moi graves e poden ser irreversibles se afectan a gromos e talos.5. O control de malas herbas dentro do invernadoiro realizarase por medios manuais ou mecánicos. ou ben queimalos cando sexa expresamente recomendado pola autoridade competente. É necesario eliminar tódalas plantas das marxes do invernadoiro para evitar unha entrada temperá da mosca no momento de plantar. Eliminación de restos vexetais. xa que poden ser reservorio de pragas. de maneira que se incremente o contido de materia orgánica do solo. plantas afectadas e malas herbas En ningún momento se deben deixa-los restos vexetais no solo do invernadoiro nin nos lindes próximos ó mesmo. froitos procedentes do rareo e plantas ou órganos sobre os que se manifeste algún tipo de enfermidade ou especialmente virose.6.AGACA Atenderase igualmente á correcta conservación do plástico de cuberta. deben ser retiradas do invernadoiro de xeito inmediato. que non presente roturas nin buratos.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . Detalle dunha malla na banda lateral Detalle da ventilación cenital nun invernadoiro 11. Calquera planta con signos de enfermidade ou praga é un foco de enfermidade para as demais plantas. débense elimina-las malas herbas de dentro e as limítrofes ó invernadoiro. desfollado. Os restos de podas.

.

12 CONTROL OU LOITA QUÍMICA .

.

A loita química é o método menos natural dos que dispón o agricultor para o control de pragas e enfermidades. así como as formulacións ou preparados que conteñen un ou varios deles destinados a calquera dos seguintes fins: 111 .3. e polo tanto confianza Inconvenientes: Redución das poboacións dos inimigos naturais das pragas Explosión de fitófagos secundarios que se poden converter en pragas Residuos en froitas.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . 3349/83 defínese como PRAGUICIDA as substancias ou ingredientes activos. Introdución A aplicación de produtos químicos de síntese é.D. Xeneralidades sobre praguicidas 12. Vantaxes e inconvenientes dos praguicidas Vantaxes dos praguicidas: Resultados observables doadamente. Definición Segundo o R. O descoñecemento da forma de actuar dos produtos. a non elección do momento axeitado do tratamento. gránulos. a base actual da protección fitosanitaria.1. Mesturas Doada adquisición Tradición no seu uso. 12. a aparición de resistencias. No mercado hai un gran número de praguicidas entre os que o agricultor pode elixir o que precise ante cada unha das fases do cultivo e do desenvolvemento da praga. Perante esta situación preténdese mellorar tódalas técnicas de manexo e aplicación para efectuar unha loita máis racional contra os inimigos naturais das plantas. hortalizas. a contaminación dos solos e das augas. e a presenza de residuos en froitas e hortalizas orixinaron que moitos sectores da sociedade cuestionen a utilización de moitos produtos ante os efectos negativos que producen no medio. o emprego de doses inadecuadas.AGACA 12. líquido.1. Relación causa-efecto rápida Posibilidade de emprego inmediato (sen planificación) Preventivos e curativos Materias activas dispoñibles para a maioría de pragas e cultivos Moi versátiles: formulados en po.2.… Desenvolvemento de resistencia Contaminación medioambiental Barreiras comerciais para o acceso a certos mercados de produtos 12. sen lugar a dúbidas.3.… Efectos sobre máis dunha praga.

araña branca. oídio. En todo formulado podemos distinguir: MATERIA ACTIVA é a parte do produto que actúa realmente contra a praga ou enfermidade. indícanos os gramos de materia activa nun Kg. minadores.) ACARICIDAS que combaten ácaros (araña vermella. Favorecer ou regular a produción vexetal. destruír ou prever a acción doutros organismos nocivos e indesexables distintos dos que atacan os vexetais. Pode vir: En tanto por certo ou porcentaxe (%). MATERIAS INERTES OU INGREDIENTES INERTES son substancias que. xel de produto formulado.3. podremias.2.3. 112 . fungos. Partes por millón (ppm). Moi usual. 12. permiten modificar as súas características de dosificación ou de aplicación. engadidas ós ingredientes activos. esta relación indícanos a riqueza da materia activa en gramos contida nun litro de formulado. con excepción dos nutrientes e os destinados á emenda do solo. pulgóns. Cando a materia activa está presente en pequenas cantidades.3. Relación peso/volume (p/v). vastas. este expresa en ppm a materia activa contida na unidade de volume ou de peso do formulado. etc. Características dos praguicidas a Composición Tódolos praguicidas empréganse "formulados". erinose. etc.…) HERBICIDAS que loitan contra as malas herbas ANTIBIÓTICOS OU BACTERICIDAS para combate-las bacterias propias dos cultivos MOLUSQUICIDAS ou HELICIDAS contra caracois e lesmas RODENTICIDAS contra roedores DESINFECTANTES DE SOLO cuxa acción se estende a nematodos. pola contra. eirugas. Relación peso peso (p/p). atraen os insectos de cara a un cebo. Conserva-los produtos vexetais incluída a protección das madeiras Destruír os vexetais ou previr un crecemento indesexable dos mesmos Facer inofensivos. fusarium. Clasificación dos praguicidas segundo a súa finalidade INSECTICIDAS que loitan contra insectos (trips.) NEMATICIDAS usados contra nematodos FUNXICIDAS que actúan contra fungos causantes e enfermidades nos cultivos (mildeu. insectos e malas herbas que se atopan nos solos REPELENTE por cuxa actividade se aloxan das plantas os insectos máis daniños ATRAENTES que. 12. é dicir. En todo produto fitosanitario formulado é obrigatorio na etiqueta indica-la cantidade de materia activa que contén. Cando o formulado é líquido. debidamente acondicionados para obte-la mellor efectividade no seu uso.Cando o formulado é po. mosca.Manual de Produción Integrada Combater os axentes nocivos para os vexetais e produtos vexetais ou preve-la súa acción.

polo que aqueles que se forman despois do tratamento non quedan protexidos. PENETRANTES ou TRANSLAMINARES por folla ou por raíz. polo que as persoas que o manexan precisan unha cualificación especial c Comportamento na planta Pola súa forma de actuar respecto á planta. os praguicidas poden ser de contacto. penetrantes ou sistémicos.) igual ca no caso anterior. repulsivos. SUPERFICIAIS ou de CONTACTO son os produtos que actúan sobre os órganos verdes que recibiron o seu impacto. O seu manexo adoita ser moi perigoso. empréganse na elaboración de praguicidas para cumprir prescricións regulamentarias ou outras finalidades. empregado en xeral como desinfectantes de estancias e de solo. b Presentación PO PARA SALFERIR (DP). Non forma unha auténtica disolución.AGACA ADITIVOS. forman unha auténtica disolución LÍQUIDO EMULSIONABLE (L. xa que nun tempo máis ou menos longo tenden a separarse a auga e o produto LÍQUIDO AUTOSUSPENSIBLES (A. Teñen como inconvenientes principais que si os lava a choiva. utilízanse xeralmente como cebos GAS (GA). 113 . etc. Son moi poucos os produtos que se presentan así LÍQUIDO SOLUBLE (L. son os que logo de seren aplicados penetran no tecido dos órganos tratados e non se trasladan. Estas sustancias son colorantes.E.). Estas substancias son: Mollantes: aumentan a superficie de contacto da gota coa planta.S. Dispersantes: aumentan a homoxeneidade. Ademais. son substancias útiles na elaboración de praguicidas pola súa capacidade para modificar as características físicas e químicas dos ingredientes activos. e incrementan a adherencia do produto á folla. son substancias que sen teren efecto sobre a eficacia dos praguicidas. COADXUVANTES. e a súa acción limítase ós órganos tratados. Protexen unicamente os órganos vexetativos tratados e teñen a vantaxe de que non os lava a choiva.). ó ser disolvido na auga forma unha auténtica disolución translúcida e transparente. ó contacto coa auga produce unha suspensión TABLETAS OU CÁPSULAS para queimar ou mesturar con auga GRANULADO (G. ó engadilo á auga forma unha mestura que presenta un aspecto opaco e leitoso. pois ó principio flota e logo decántase ó fondo PO SOLUBLE (SP). As principais formas baixo as que se atopan no mercado os produtos fitosanitarios son: PO MOLLABLE (WP) para engadir á auga.L. sempre que esta supere os 10 litros/metros cadrado. É un sistema inestable. Adherentes: serven para aumentar a viscosidade. Estabilizadores: protexen da degradación rápida á materia activa.). se se incorporan ó solo son absorbidos polas raíces e trasládanse á parte aérea.B.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . repártese en seco tal e como vén. SISTÉMICOS son aqueles que ó seren aplicados se incorporan á savia da planta e trasládanse dende a parte na que caeron ó resto da planta (translocación).

e os que actúan sobre un tipo de parásito en concreto chámanse específicos ou selectivos. vía de entrada e tempo necesario para produci-lo dano.Manual de Produción Integrada d Acción sobre os parásitos Contacto: o produto actúa sobre a praga ou enfermidade ó entrar en contacto con esta Inxestión: o produto actúa ó ser inxerido pola praga Asfixia: o produto limita ou impide a respiración do axente nocivo Os praguicidas poden actuar por: O tempo de permanencia dos praguicidas é fundamental para a acción dos mesmos. 12. aqueles que penetran no interior da planta impedindo o desenvolvemento do fungo. Canto menor é a DL 50. cando impiden a xermolación da espora do fungo. e Toxicidade A toxicidade dunha substancia é a capacidade desta para producir danos a un organismo vivo. Os produtos que actúan sobre varios parásitos reciben o nome de polivalentes ou de amplo espectro. inxestión ou penetración cutánea poden entrañar riscos de gravidade limitada. o parámetro empregado para avaliala é o DL 50. Os praguicidas empregados para combater fungos (FUNXICIDAS) poden ser tamén: Preventivos. as que actúan sobre larvas Ovicidas. 114 . Determínase en función da dose. Dende o punto de vista legal. de maneira que distinguiremos: Acción de choque: refírese á acción inmediata sobre a praga Acción residual: tempo de acción do praguicida unha vez efectuado o tratamento sobre a praga Polo ESTADÍO do fitoparásito sobre o que actúan poden ser: Adulticidas. Perigosidade para a saúde humana e animais domésticos Nocivo Xn Tóxico T Moi Tóxico T Exprésase en termos de: Nocivo: as substancias e preparados que por inhalación. Aplícanse antes de que se producira a infección. se actúan sobre adultos Larvicidas. O DL 50 é a cantidade mínima de produto necesaria para produci-la morte do 50% de animais en estudio. máis tóxico é o produto. Curativos.4. actúan sobre ovos Tamén hai produtos que actúan sobre os tres estadios.

A precaución a tomar consiste en non trata-las áreas frecuentadas polas abellas nin en épocas de actividade das mesmas. ríos e outros cursos de auga.7. estanques. e sen risco de contaminación das fontes de auga. ó solpor. Normas xerais de almacenamento de produtos fitosanitarios e fertilizantes a Condicións de almacén Os produtos fitosanitarios e fertilizantes débense almacenar nun lugar pechado con chave e que dispoña de ventilación permanente e suficiente. en novos rexistros aparece a expresión "Peixes". e a precaución que hai que tomar consiste en tapa-las colmeas antes do tratamento manténdoas así durante 1 ou 2 horas despois de finalizado o tratamento e coidando. inxestión ou penetración cutánea poden entrañar riscos moi graves ou a morte. Pola perigosidade para a fauna acuícola.AGACA Tóxicos: as substancias e preparados que por inhalación.6. é dicir. 12. Con respecto ó termo "Acuícola". Moi tóxicos: as substancias e preparados que por inhalación. Deben existir medios para reter posibles derrames accidentais (cubículos. durante a realización do mesmo. Os fitosanitarios e fertilizantes almacenaranse separados do material vexetal e de produtos frescos e pensos. Os produtos da categoría "D" son de extrema perigosidade. 12. débese evita-la contaminación de lagos. Para a súa aplicación requírese persoal especializado. de que a nube de pulverización non alcance o colmear.5. e a lóxica precaución que se debe tomar é non esparexer polas colmeas nin polos enxames o caldo fitosanitario. e sería o equivalente á categoría "D".Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . 12. inxestión ou penetración cutánea poden entrañar riscos suaves. e en xeral calquera tipo de augas durante a aplicación ou ó elimina-los restos de produto. ás veces. substitúese por "Mamíferos e Aves". agudos ou crónicos e incluso a morte. etc) 115 . Perigosidade para a fauna terrestre e acuícola Existen as seguintes categorías: CATEGORÍA A CATEGORÍA B CATEGORÍA C BAIXA PERIGOSIDADE PERIGOSIDADE MEDIA PERIGOSIDADE ALTA O termo "Terrestre". Relativamente pouco perigoso para as abellas: sería equivalente á categoría "B" e a precaución mínima sería a de non tratar durante as horas de pecorea. Perigosidade controlable para as abellas: sería equivalente é categoría "C". Perigosidade para os polinizadores Compatible coas abellas: sería equivalente á categoría "A". Moi perigoso para as abellas: normalmente emprégase a expresión "Moi perigoso".

Manual de Produción Integrada O lugar debe de estar debidamente sinalizado. Nin os produtos fitosanitarios nin os fertilizantes se deben almacenar en contacto co chan. A que se debe a aparición de resistencias? A resistencia a praguicidas de determinados organismos praga débese a un proceso de selección dentro da poboación onde o axente de selección é o praguicida. a Concepto de resistencia A resistencia defínese como a capacidade desenvolvida por unha estirpe de insectos para toleraren doses de tóxicos que son letais para a maioría dos individuos nunha poboación normal da mesma especie. 116 . 12.8. ocorreu un grande incremento e un forte impacto nos últimos 56 anos. Efectos secundarios da Loita Química 12. Os primeiros casos de resistencia xorden dende o comezo do uso rutinario dos insecticidas (finais do século XIX). incrementouse a 224 e 447 especies resistentes para os anos 1970 e 1984 respectivamente. e maiores tamén ás que antes eran eficaces.1. Os fitosanitarios en po non se deben almacenar en estantes situadas debaixo de líquidos. A presenza de resistencia era un fenómeno tan raro a comezos dos anos 50 como que unha poboación sexa completamente susceptible na actualidade. Das 11 especies de insectos nas que se documentou resistencia ó pesticida en uso en 1946. Adquisición de resistencias a praguicidas A resistencia dos insectos a insecticidas a escala mundial é unha historia de case 90 anos. A aparición de resistencias é coñecida de vello. b Almacenamento de produtos Os fitosanitarios débense manter no seu envase orixinal. non se trata dunha resposta adaptativa do individuo para se protexer da exposición ó praguicida. cuxa etiqueta debe ser perfectamente lexible. Actualmente existen máis de 700 especies de artrópodos nos que se reportou o desenvolvemento de resistencia a unha variedade de pesticidas. A base deste proceso de selección é xenética. facendo especial fincapé na prohibición de acceso ó mesmo de persoas non autorizadas. Na práctica maniféstase porque para combater unha praga é preciso utilizar doses cada vez meirandes dun mesmo pesticida. Polo tanto. Os fertilizantes e produtos fitosanitarios deben estar debidamente ordenados e separados fisicamente. A persistencia do praguicida é cada a vez menor. Os fertilizantes almacenaranse nun cuarto separado dos fitosanitarios. sen embargo.8.

maquinaria de aplicación axeitada. cultural. Actualmente existen moitas pragas que adquiriron resistencias ós pesticidas e Onde adoitan aparece-las resistencias? A aparición dunha resistencia prodúcese normalmente nun ámbito local (finca. homóptera e heteróptera. nin superiores). coleóptera.AGACA c Como aparecen as resistencias? Non tódolos individuos dunha praga son igualmente susceptibles á dose que se está empregando. biolóxica. d Que insectos desenvolven resistencias? Normalmente as pragas máis graves están suxeitas a tratamentos extensos e repetidos (orixe da aparición da resistencia). con elevada capacidade de dispersión e alta capacidade de reprodución (elevada taxa intrínseca de crecemento) e ciclos de vida curtos. e así sucesivamente. 117 . Os superviventes multiplícanse maiormente. seguida pola orde lepidóptera.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . xenético. acarina. Alternando diferentes materias activas e produtos con distinto modo de acción.…) g Que é unha resistencia cruzada? Cando un insecto ou ácaro desenvolve unha resistencia fronte a certo praguicida e iso o fai tamén resistente a outras substancias do mesmo grupo (insecticidas relacionados quimicamente) ou doutros grupos que posúan similar modo de acción. comarca. Diminuí-las aplicacións de praguicidas e usar outros métodos de control (biolóxico. a seguinte xeración conterá maior proporción de individuos resistentes. interrompe-la aplicación do praguicida que a orixinou e outros de similar modo de acción. h Especies nas que se teñen detectado resistencias A resistencia a praguicidas é observada máis frecuentemente na orde díptera (35% dos casos). f Como se evita a aparición de resistencias? Aplicando correctamente os praguicidas seguindo as recomendacións do fabricante: doses correctas (nin inferiores á recomendada -subletables-. polo tanto. etc) e posteriormente vaise xeneralizando pola aparición de novos focos de resistencia ou pola emigración de individuos resistentes. Adoita tratarse de pragas polífagas. No caso de que aparecese resistencia. físico. Algúns sobreviven por ter algunha característica (xenética. de comportamento) que os fai menos vulnerables. biotecnolóxico.

non producían danos económicos.Manual de Produción Integrada ESPECIES RESISTENTES A PRAGUICIDAS ORDE HOMÓPTEROS NOME COMÚN PULGÓNS MOSCAS BRANCAS NOME CIENTÍFICO APHIS GOSSYPII MYZUS PERSICAE BEMISIA TABACI TRIALEURODES VAPORARIOURM HELICOVERPA ARMIGERA SPODOPTERA EXIGUA FRANKLINIELLA OCCIDENTALIS LIRIOMYZA SP TETRANYCHUS URTICAE LEPIDÓPTEROS GARDAMA EIRUGA DO TOMATE TRIPS TIANÓPTEROS DÍPTROS ÁCAROS MINADORES DE FOLLAS ARAÑA VERMELLA 12. Polo tanto.3. Está cientificamente comprobado que os ditiocarbamatos. ata entón indiferentes. proporciónalles alimento. polo praguicidas e funxicidas. o rego. Esta sensibilidade pode ser modificada por prácticas culturais. como o mancozeb. oídium e botrite nos cultivos e cereais. 118 . calquera modificación na súa natureza provoca nunhas especies a súa eliminación ou emigración. que varía segundo o seu estado fenolóxico. a poda. a acción dos praguicidas sobre as plantas e o efecto resultante sobre os ataques de pragas.… Pois ben. ou cando menos. Xermolos de pragas secundarias É por todos coñecido que a loita altera profundamente o equilibrio biolóxico do ecosistema. etc. o propineb. Outros exemplos en árbores froiteiras.8.2. que conseguen aumenta-la poboación de insecto praga sobre a planta. aló polos anos 30 ou 40 pasaba totalmente inadvertida. Hoxe en día son motivo principalísimo de atención por tódolos horticultores. virus. e por suposto. perigosísima praga actual de tódolos cultivos herbáceos.8.. constituíndo para outras óptimas condicións nutricionais. ata fai escasamente vinte e cinco a nos eran os minadores da folla. insectos. Un exemplo moi coñecido é o dos ácaros. A planta. coñécense co nome de "trofobiose". provocando o ataque de nemátodos. ós procesos que determinan un aumento da susceptibilidade da planta ante unha praga. o maneb e o thiam provocan proliferacións súbitas de ácaros. arbustivos e leñosos que. hortalizas e árbores froiteiras. co conseguinte perigo de se converteren en nocivas. fungos. ademais de servir de asento ós insectos. 12. tales como o abonado (tipo e dose). podendo en moitos casos chegar a favorece-la poboación dunha ou de varias especies. Trofobiose Existe unha complexa e recíproca relación entre as plantas. ata entón descoñecidos. Os herbicidas son produtos que posibilitan a acumulación de compostos proteolíticos na savia dos vexetais autotróficos. pola modificación favorable do seu réxime alimentario. As plantas gozan dun determinado grao de sensibilidade ou resistencia natural ante os artrópodos.

AGACA 12. Recorrencia de pragas Outro motivo de forte preocupación constitúeo o feito das reinvasións. É dicir. é coñecido que un só exemplar de pulgón das crucíferas (coles). Pois ben. 12. Posteriormente. a finais de febreiro. que logo se extrapola ó home aplicando grandes coeficientes de seguridade. o que se pretende é que a inxesta diaria do residuo considerada non provoque efectos nocivos durante toda unha vida. e fecundidade das femias) está contrarrestado por factores climáticos e principalmente polos inimigos naturais das pragas. Na primeira.8. que as poden reducir ata un 90%. Este límite exprésase como a "inxesta diaria admisible". Como se explica que ós 15 ou 20 días teñamos as nosas colleitas ameazadas por unha poboación máis numerosa cá primitiva se poucos días despois da aplicación de insecticida non se apreciaban exemplares vivos? Isto. A primeira idea que debe quedar clara con respecto ós "límites máximos de residuos".8. é que se trata dun concepto legal máis que toxicolóxico. simplemente. favoreceremos involuntariamente a multiplicación de pragas ó vérense libres dos seus depredadores ou parásitos. O "límite máximo de residuos" (LMRs) é a cantidade máxima de residuos dun determinado praguicida sobre un determinado produto agrícola permitida pola Lei. tendo en conta a dieta alimentaria media do país considerado e os alimentos que poden ser tratados con ese praguicida. a posición de equilibrio (PE I) cunha variación na súa densidade de poboación representada graficamente. a cantidade que non pode ser sobrepasada para que o produto poida ser posto en circulación ou comercializado. segundo os coñecementos actuais. a unha descendencia de medio trillón de pulgóns. nun determinado ecosistema. Unha praga ten.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . este incrible potencial biótico (número de xeracións ó ano.a poboación do fitófago experimenta un grande incremento ata se estabilizar na nova posición de equilibrio (P. así. é consecuencia do enorme potencial biótico da praga. Se mediante a loita química descompensamos o equilibrio biolóxico.5. cada vez maiores. sete meses despois. Para a determinación deste límite séguense dúas vías: unha toxicoloxía e outra agronómica. 119 . aplícaselle un coeficiente e obtense unha cifra que representa o nivel permisible de residuos dun praguicida nun produto vexetal dende o punto de vista toxicolóxico. No día sinalado polos tratamentos prodúcese un desequilibrio biolóxico (tratamento con praguicida de gran gama de acción) e a consecuencia del. Na vía toxicolóxica determínase o "nivel sen efecto" en animais de experimentación.E. II).4. pode dar lugar. Recorrencia de pragas. agravando cada vez máis o fenómeno de recorrencia. Residuos e perigosidade contra outros organismos RESIDUO DE PRAGUICIDAS: segundo o Códex Alimentario da FAO/OMS: "Toda substancia presente nun produto alimentario destinado ó consumo humano ou animal como consecuencia do emprego dun praguicida". -eliminación da loita natural ou biolóxica. de certas pragas logo de realizar un tratamento.

os residuos e o risco de aparición de poboacións resistentes. que nunca se pode superar. como consecuencia.02 ppm. Isto determínase por medio de ensaios de campo e. físicos e xenéticos ós métodos químicos. o uso abusivo dos praguicidas chega ata non respectar o período mínimo de tempo requirido entre a última aplicación e a recollida da colleita (prazo de seguridade). fauna silvestre e medio ambiente. os cales transmitirán os seus residuos a outros sectores que se alimentan deles. obtense un residuo real en colleita que debe ser inferior ó nivel toxicoloxicamente permisible. Se a auga (pantano. a efectividade no control da praga. que se ben non producirán a morte inmediata do consumidor. patóxeno e mala herba. que é o que se considera para o establecemento dos LMRs. Desta maneira a maior parte dos alimentos teñen residuos de produtos tóxicos. no que se refire a control de pragas e enfermidades. cada vez máis concentrados. Causas directas da presenza de residuos en alimentos: Non respectar os prazos de seguridade establecidos Sobredoseficación Uso de praguicidas non autorizados para o cultivo Emprego innecesario e repetitivo de praguicidas 12.Manual de Produción Integrada Unha vez establecido o máximo nivel toxicolóxico. Así. un solo contaminado a baixo nivel dá lugar a concentracións maiores nos artrópodos e organismos que viven con el. Emprego da Loita Química en Produción Integrada Como xa mencionamos na sección de Control Integrado. As materias activas empregadas na As materias activas empregadas na loita químiloita química deben ser de baixa toxi. ós seus parásitos e depredadores. en cada elo da cadea trófica vaise concentrando da forma que ilustra o gráfico. as sustancias activas a empregar serán seleccionadas de acordo cos criterios de menor risco para o home. Concentración biolóxica de residuos dunha cadea alimentaria. e así ata chegar ó final da cadea alimentaria. sempre que sexa posible antepoñeranse os métodos biolóxicos. hai que ter en conta os residuos que realmente quedan do praguicida no momento da recolección cando se emprega unha "boa práctica agrícola". a selectividade (débese evita-la toxicidade para polinizadores e inimigos naturais). Realmente. cuxas consecuencias se agravarán no caso de teren propiedades acumulativas. En caso de resultar necesaria unha intervención química.9. 120 .ca deben ser selectivas de forma que se respecte os inimigos naturais das pragas. Foto: cidade para os polinizadores Xoaniña depredando un pulgón. biotecnolóxicos. si poden dar lugar a molestias e lixeiras afeccións dixestivas. culturais. río ou mar) ten unha concentración de 0. A cadea de contaminación residual é moi variada. e estes á súa vez.

12. Os volumes máximos de caldo e caudal de aire nos tratamentos axustaranse tendo en conta a fenoloxía do cultivo para obte-la máxima eficacia á menor dose.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . no caso de existiren. En produción integrada. sempre que sexa posible. biofísicos (solarización).AGACA De entre os produtos fitosanitarios actualmente autorizados no Rexistro Oficial de Produtos e Material Fitosanitario. Adoptar medidas para evitar que a deriva das aplicacións chegue a parcelas distintas das que se pretende tratar. mediante o emprego de produtos selectivos da praga a controlar. Evita-las sobredosificación. Controla-las malas herbas.2.9. é recomendable: En invernadoiros. alternar substancias activas de distintos grupos químicos e mecanismo de acción. colocar trampas cromotrópicas e feromonas como método de estimación do rego e de control de pragas Con tratamentos químicos.9. agás expresa xustificación O emprego de calendarios de tratamentos e aplicacións indescriminadas sen xustificación 12. con medios mecánicos. 12.3. aplicar herbicidas dentro do invernadoiro unha vez implantado o cultivo. para non realizar máis de dous tratamentos consecutivos coa mesma sustancia activa. 121 . En produción integrada.1.9. En produción integrada esíxese: O uso de produtos fitosanitarios realizarase respectando as indicacións reflectidas nas correspondentes etiquetas. Usar termohigrógrafos para relaciona-las condicións de humidade relativa (HR) e temperatura (t) co desenvolvemento de pragas e enfermidades mediante o uso de modelos de predición. A maquinaria empregada debe estar en axeitado estado de funcionamento e someterse a calibrados periódicos Protección da fauna auxiliar (depredadora e parásita) existente no medio. unicamente se poderán emprega-las substancias activas autorizadas na Produción Integrada para poder obte-la identificación de garantía "produción integrada" nos produtos colleitados. prohíbese: Trampa cromotrópica amarela para a detección e control de pragas Empregar produtos fitosanitarios nas marxes de correntes de auga En invernadoiros.

.

13 ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS DE CONTROL INTEGRADO .

.

Nos últimos anos cambiou substancialmente a forma de enfocar e aborda-lo problema das pragas e enfermidades dos cultivos. observándose agora dende a perspectiva do denominado control ou manexo integrado. Os datos e descricións que figuran no texto proveñen tanto de observacións dos autores como da ampla bibliografía consultada dispersa en libros e revistas de autores nacionais e estranxeiros. fresa. En calquera caso. ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS EN CULTIVOS HORTÍCOLAS 13. o seu aspectos externo. 125 . INTRODUCIÓN Nesta sección abórdase o estudio de cada patoloxía en varios apartados que inclúen a súa importancia agrícola na actualidade. xerbeira.0. manchas laterais máis escuras. quixemos subministrar esta información o máis completa posible para a súa utilidade. e os efectos contaminantes no solo e nas augas. 13.AGACA 13.15 mm de tamaño) e os adultos miden 0. Recoñecemento e diagnóstico 1. abórdanse aspectos relativos a métodos de mostraxe. umbrais de tolerancia. tomate.1. na que se destaca a súa importancia relativa. tendo presente o impacto ambiental das nosas actuacións sobre outros organismos que interaccionan co cultivo.1.55 mm por termo medio. capaz de desenvolverse sobre máis de 200 especies vexetais de interese económico tanto en cultivos hortícolas como ornamentais ou arbustivos. dende un verde-amarelo a un alaranxado-avermellado. a súa bioloxía.1. etc. Aspecto de ovos e larvas da araña vermella común (Tetranychus urticae) 2. as plantas susceptibles. Do mesmo xeito. O control integrado trata as patoloxías de maneira global e ecolóxica. e baseámonos sempre nas recomendacións dos Servizos Oficiais de Sanidade Vexetal no momento de redacta-lo manual. As larvas presentan o corpo redondeado e abrancazado (0. chegándose a percibir incluso. ARAÑA VERMELLA (Tetranychus urticae) É unha especie moi polífaga e cosmopolita. Urticae coas súas características manchas laterais escuras Os ovos son esféricos (0. nalgunhas ocasións. O seu corpo é moi transparente. xudía. rosa.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias .12 mm de diámetro) e incoloros. En cultivos baixo cuberta xera importantes perdas económicas en pemento. aínda que ó acelerarse a eclosión torna amarelentos. así como métodos relativos ó control ou manexo cos métodos e medios que se recomendan na actualidade. Adultos de T. A cor pode variar. os danos e síntomas que producen nas plantas.

a miúdo. labazas (Rumex spp). a araña vermella pode aparecer en calquera época do ano. e poden chegar a cubrir toda a folla. Forman colonias nas que tecen capas de seda. desecación e incluso caída. e é quen de consumir diariamente 5 adultos de araña vermella e algúns ovos e larvas. Phytoseiulus persimilis.Manual de Produción Integrada Hospedantes Moitas malas herbas serven de reservorio das pragas para acceder a cultivos como por exemplo do tomatiño do demo (Solanum nigrum). pasando ó seu anverso e ós froitos cando a poboación é alta. A araña vermella caracterízase pola produción de estruturas sedosas nas que se ubica a colonia. larvas e adultos de araña vermella. esgota e seca a planta sobre a que se atopa. O ácaro depredador Ambyseius californicus adulto vive uns 20 días. O ácaro depredador Phytoseulus persimilis adulto vive uns 22 días e é capaz de consumir diariamente 5 adultos de araña vermella ou uns 20 ovos ou larvas. se a presenza de inimigos auxiliares é inferior a 1 fotoseído por cada 10 arañas. correola (convolvulus arvensis). Control integrado a Control biolóxico Dende comezos dos anos 60 coñécense diferentes especies depredadoras de ovos. Ataca preferentemente o envés da folla. Adulto de Phytoseiulis depredando unha araña vermella nos cultivos protexidos O Amblyseius californicus é un bo depredador de araña vermella. observándose así mesmo unha maraña de sedas que invade toda a superficie afectada. e que chegan a cubrir a planta Danos directos As follas atacadas presentan unha decoloración difusa. creando así un microclima idóneo para o seu desenvolvemento. A invasión comeza localizada en focos dende os cales se expande axudada polo vento. malva. Umbral de tolerancia Realizaranse tratamentos localizados a focos de máxima intensidade. amareleo. destacando sen dúbida Amblyseius californicus. Danos provocados pola araña vermella en follas de tomate Destaca a agresividade desta especie que. e o fitoseído máis frecuente nos cultivos hortícolas españois 126 . Solanum nigrum é unha mala herba hospedadora da araña vermella Bioloxía e observacións En condicións favorables.

amorodo. permisilis no resto do cultivo.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias .9 mm dos machos. e abrancazado e lixeiramente estreitado no polo anterior no momento da eclosión. tomate e pemento adóitanse introducir doses de 20 P. xudía. Aspecto xeral dun trips no que se observan as características anatómicas As larvas son branquecinas e van adquirindo colocación amarela a medida que se van desenvolvendo.0. En España acada maior importancia nas rexións máis cálidas.1. ademais de controlar ataques de araña vermella é activo tamén a altas temperaturas. Normalmente. É hialino e reniforme ó comezo. e 2-4 P. b Medidas culturais Eliminación de malas herbas e restos de cultivo Colocación de mallas nos laterais do invernadoiro. As introducións de depredadores débense iniciar cando se vexan as primeiras aparicións de araña vermella. Recoñecemento e diagnóstico As femias miden de 1. sobre todo en pemento. Os abonados con exceso de Nitróxeno favorecen o desenvolvemento da praga. e vixilancia e control do seu estado. cabaciña. para realizar nelas as primeiras soltas. o ácaro depredador necesita ó redor de tres semanas para controla-la praga. o depredador de araña máis abundante sobre as plantas de forma espontánea é o fitoseído Amblyseius californicus que. 13. localizando os focos e zonas preferenciais de ataque en invernadoiro. cogombro. Solta de P. pero a súa acción diminúe con temperaturas maiores. polo que pode considerarse cosmopolita. fronte a 0. tomate.2 a 1. Nos cultivos baixo cuberta xera importantes perdas económicas. etc. nos cultivos de xudía. persimilis nun cultivo de melón Son aconsellables ceibas combinadas de N.8 .6 mm de lonxitude. sobre todo daquelas mallas que cadran na dirección dos ventos dominantes. Na nosa área xeográfica. que sufriu unha progresiva expansión nos últimos anos.2. pasando de aproximadamente 0. É unha especie orixinaria de América do Norte. 127 .AGACA Comercialmente.4 mm ata o tamaño de adulto. O Phytoseiulus persimilis ten unha boa acción depredadora a temperaturas de entre 15 e 27ºC. As ceibas repítense durante 2-3 semanas consecutivas. as formulacións preséntanse en botes de plástico que conteñen tódalas formas móbiles destes depredadores en substrato (vermiculita) para facilita-la súa aplicación. De maneira orientativa. Vixia-los primeiros estados de crecemento das plantas nos que os ataques son máis graves. aplicando directamente nos focos da araña vermella. Californicus e Phytoseilus permisilis no control da araña vermella. flores. TRIPS (Franliniella occidetnalis) O seu nome significa "ás con flecos". permisilis por metro cadrado.

Manual de Produción Integrada Aspecto dunha larva de trips. contamina a planta ó inxectarlle a saliva inocula nos tecidos da planta. ovos de trips das flores extraídos da epiderme vexetal Hospedantes É un trips polífago que coloniza e parasita a maior parte das hortalizas. As larvas emerxen e localízanse no anverso das follas. forraxeiros. unha boa parte de cultivos florais. Polo xeral os estados infales son inactivos e transcorren no solo A maioría de trips depositan no interior do tecido vexetal un ovo en forma de ril e aspecto hialino. máis tarde escurécese tomando unha coloración marrón. Distribución Unha infestación de trips pode comezar coa entrada dos insectos no invernadoiro co material vexetal. Nas follas os danos adoitan apreciarse tanto na face coma no reverso. Cando os tecidos son novos chéganse a necrosa-las zonas afectadas. poden hibernar en fendeduras e outros lugares recónditos reaparecendo na estación seguinte. etc. ornamentais. 128 . no interior da cavidade floral e nas xemas. Finalmente. o tecido afectado adquire ó principio un ton abrancazado ou prateado e. De igual xeito. En órganos forestais os danos por picaduras pódense traducir na desecación e polo tanto a súa caído ou aborto. Danos indirectos Frankliniella occidentalis é o principal e máis eficaz vector do virus do bronceado do tomate (Tomato Spotted Wilt Virus) TSWV. Cando o insecto se volve alimentar. Bioloxía e observacións As femias incrustan os seus ovos en tecidos vexetais tenros das follas. Danos directos Danos producidos polo trips das flores en xerbeira e gladíolo Debido a picaduras que os adultos e as larvas deixan ó se alimentaren. Os adultos poden entrar voando dende o exterior axudados polos ventos dominantes. É o virus adquirido polas larvas ó se alimentaren de plantas afectadas. sobre follaxe e restos vexetais. despois de que as partículas do virus acadaran as glándulas salivares. Nos seguintes estados ninfais deixan de se alimentaren pasando a un estado de inmobilidade que se desenvolve na capa superficial do solo. a lista de especies espontáneas sobre as que se encontraron é cada vez máis ampla. os frutais do oso e pebida. Na foto. a medida que se foron estendendo polas diferentes rexións. En condicións favorables poden presentar ata 12 ou 15 xeracións por ano en cultivos de invernadoiro. froitos e flores. cítricos.

as mostraxes directas sobre a planta realizaranse sobre os hábitats preferenciais da praga. O umbral de tolerancia para a intervención fíxase con poboacións superiores a 0. mediante trampas cromáticas adhesivas. Unha boa parte dos danos que ata agora leva producido o Frankliniella occidentalis débense á súa capacidade para transmitir de maneira eficaz o virus do branceado do tomate (esquerda).5 . Aliméntase principalmente de ovos e larvas de trips Orius laevigatus depredando un trips adulto. cómpre saber que é o ácaro fitoseído máis empregado no control biolóxico de trips en cultivos de pemento. crisantemo.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . O depredador adulto vive aproximadamente 3 semanas e aliméntase principalmente de ovos e larvas de trips. Control biolóxico Dentro dos inimigos naturais dos trips cabe destacar Amblyseius barkerii e Amblyseius cucumeris e chinches do xénero Orius (O. Tamén se presentan formulados nos botes de 129 . Puntos necróticos producidos por trips en tomate (dereita) Umbral de tolerancia Tanto en pemento coma en tomate baixo cuberta. tomate. xerbeira.AGACA Pemento afectado polo TSWV. etc. No caso da mostraxe indirecta.1 sobre / metro cadrado pendurándoos das plantas. as de cor azul son as máis efectivas contra os trips. Respecto ó Amblyseius cucumeris. Leavigatus). Outro criterio para a intervención é a simple presenza de TSWV. Depreda larvas e adultos de trips. Os sobres distribúense no cultivo a razón de 0. sobre flores e froitos.5 trips/flor. Aspecto do ácaro depredador Amblyseius cucumeris. cucumeris en tódolos estadios evolutivos mesturado con salvado. No mercado atópase baixo as formulacións de sobres de cría que conteñen preto de 1000 A. é dicir. así como produtos formulados a base do fungo Verticilium lecanii. As trampas débense situar á altura do cultivo. As trampas cromotrópicas son empregadas ó principio do cultivo e nelas apéganse os adultos ó vérense atraídos pola color. Pode consumir ata 20 trips ó día e máis de 300 ó longo da súa vida.

e así élle doado localizar novas presas. cucurmeris é considerada unha ferramenta vital no control do trips.3. as ceibas de O. xerbeira. Un chinche adulto vive 3-4 semanas e pode voar. 13. Medidas culturais Ídem (araña vermella) Eliminación e destrución de plantas afectadas polo TSWV. arañas vermellas ou ovos de lepidópteros. Iaevigatus acade o tamaño de poboación desexado. Inicialmente A. amorodo. pendurándoos nos cruces das plantas Os formulados comerciais preséntanse en botellas de plástico que conteñen adultos e ninfas de Orius en substrato para facilita-la súa aplicación en cultivos como: pemento. como pulgóns. 130 . Recoméndase a aplicación combinada de O. O éxito deste medio de control está moi ligado á utilización de fitosanitarios xa que moitos poden afectar ó desenvolvemento dos organismos beneficiosos e incluso causárlle-la morte. cucumeris. de 5-10 chinches por metro cadrado nos focos. de modo que se move facilmente dun lugar a outro. Ceiba de Orius nun cultivo de pemento. ou curativamente. Iaevigatus e A. A ceiba efectúase distribuíndo uniformemente os sobres sen abrir no cultivo. Preséntase en botes de plástico de 500 adultos e ninfas nun substrato (vermiculita) para facilita-la súa aplicación. o carácter desta praga foi adquirido na década dos 70. MOSCA BRANCA DE INVERNADOIRO (Trialeurodes vaporariorum) Orixinaria de áreas tropicais de Centroamérica. aínda que tamén resulten efectivas as de cor amarela. Iaevigatus débense realizar cando aparecen as primeiras flores de maneira preventiva a razón de 1-2 Orius/metro cadrado. O contido do envase esparéxese directamente sobre as follas de cultivo. O contido dos envases pódese repartir en pequenos montonciños de 25/50 individuos para favorece-los aparellamentos Sobres de papel poroso que conteñen o depredador A. Seguimento de poboacións utilizando trampas cromotrópicas azuis. ó se produci-la súa expansión sobre os cultivos realizados baixo cuberta plástica. etc. Pode consumir ata 20 trips ó día e máis de 300 ó longo da súa vida. cucumeris en tódolos estadios evolutivos.Manual de Produción Integrada plástico cun substrato (vermiculita) para facilita-la súa aplicación. en posición vertical xusto por riba da altura de cultivo). Ademais á Orius gústanlle tamén outro tipo de presas. habitualmente empregadas para detecta-las outras pragas que afecten ó cultivo (en cultivo en invernadoiro adóitanse situar en proximidade das aperturas de ventilación. De maneira orientativa. É un insecto polífago que se multiplica sobre un gran número de plantas hortícolas e ornamentais en invernadoiro.1. tomate. Respecto ó Orius Iavigatus depreda larvas e adultos de trips en tódolos seus estadios evolutivos. antes de que o O.

. Cando son novos son translúcidas.AGACA Recoñecemento e diagnóstico Larva e ovos de T. A pupa é ovalada e grosa. As larvas expulsan melaza que provoca a aparición dunha especie de congro. son brancos e logo van escurecendo. Deseguido cóbrense de po ceroso branco característico.2 mm de lonxitude. aínda que tamaño do macho é algo menor có da femia. ó se alimentaren. A cera que os recobre fai que o seu corpo sexa de cor branca Hospedantes É unha especie moi polifaxia. Distribución e observacións As femias poñen os ovos mediante o ovopositor no envés das follas novas e prefiren aquelas que son especialmente pilosas. xudía. sonchus oleraceus. malva. O ovo da mosca branca é ovalado e mide arredor de 0. Neste caso ten algúns filamentos céreos Mide uns 2 mm de longo. succionan contidos celulares e savia. O incremento poboacional encóntrase correlacionado positivamente co da concentración de N na folla. sandía. de forma ovalada. manifestándose o ataque no anverso en forma de clorose. 131 . En caso de poboacións moi elevadas chégase a produci-lo decaemento das follas ou o murchamento da planta. vaporariorum. e sobre malas herbas: tomatiño do demo (Solanum nigrum).Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . tomate. Ó principio son de cor branca e logo escurécense co tempo Pupa de T. ó emerxer. Os adultos. As poboacións sitúanse no envés das follas. etc. teñen o corpo amarelo e as ás transparentes. Os tecidos e órganos afectados amarelecen. e ó final do estadio adquiren tonalidades amarelentas. e presenta de 5 a 8 longos filamentos dorsais de estrutura cerosa. etc. Os adultos de tódalas especies de mosca branca teñen un aspecto bastante uniforme. tanto sobre hortícolas como ornamentais: leituga. vaporariorum. As poboacións de mosca branca sitúanse no envés das follas Danos directos Os adultos e as larvas.

berenxena ou xudía baixo cuberta. flores e froitos. que é a que máis as atrae. No caso da mosca branca.Manual de Produción Integrada Danos indirectos Débense á segregación. Sobre de melaza excretada polas larvas de mosca branca . o axente máis amplamente empregado pola súa maior eficacia no control desta praga é o parasitoide Encarsia formosa. 132 . as pupas que foron parasitadas pola avespa ennegrécense. En mostraxes indirectas empregaranse trampas cromáticas adhesivas de cor amarela. servindo de medio de desenvolvemento da fumaxina (Cladosporium sphaerosporum) ou dunha especie de congro en follas. colocaranse antes do transplante e revisaranse periodicamente. formosa. Dez días (a 23ºC) despois do parasitismo a larva convértese en pupa. Poderase intervir cando se detecte máis dun adulto de mosca branca por folla ou a presenza dunha especie de congro en follas ou ramallos. as mostraxes directas sobre a planta realizaranse a nivel da última folla ben desenvolvida. A instalación de trampas apegañentas amarelas no interior permite detectar e segui-las evolucións das poboacións de adultos Control biolóxico a Encarsia formosa De entre tódolos inimigos naturais. que desenvolve unha especie de congro. unha nova E. por parte das larvas. cabaciña. polo que diminúe a calidade da colleita e dificulta a penetración de fitosanitarios. xa que pon os seus ovos no interior de larvas de mosca branca (parasitismo). como se aprecia na folla da xudía Umbral de tolerancia Para tomate. formosa adulta sae da pulpa a través dun orificio redondo. que se diferencian por seren de cor negra A Encarsia formosa é unha avespa parasitaria cuxa femia non precisa ser fecundada. Encasia formosa depositando un ovo na larda de mosca branca Larvas de mosca branca parasitadas pola avespa E. Esta melaza acumúlase na face das follas inferiores. observando principalmente as plantas de bandas e de puntos habituais de entrada da praga no invernadoiro. provocando asfixia vexetal. Máis ou menos dez días despois. pemento. de substancias de refugo azucradas (melaza). dificultando a fotosíntese.

As pupas están mesturadas cun substrato para facilita-la dispersión Os formulados comerciais atópanse en forma de tarxetas. Por día un adulto pode consumir de 40 a 50 ovos de mosca branca. O control incrementará a dose a 1 tarxeta cada 20-60 m2. formosa. A modo de orientación. das cales emerxen avespas de E.6 mm. en doses de 1. De cada pupa emerxe un parásito de E. Formosa.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias .000. pulgóns. a 300.AGACA Durante a súa vida unha Encarsia formosa parasita por termo medio 250 larvas de mosca branca (450 como máximo) e mata 30 máis para a súa alimentación. As pupas ceibas vértense nunhas caixiñas que se poden colocar nos cultivos. As larvas parasitadas son de cor negra Mediante esta caixiña prevense a caída ó solo dos inimigos naturais durante a súa liberación Macrolophus caliginosus Como depredadores comercialízase o chinche Macrolophus caliginosus. larvas e pupas de mosca branca 133 . nas mellores condicións. Colócanse directamente na zona media-baixa da planta (onde se concentra a maior parte de larvas de mosca branca) Botes de plástico que conteñen pupas parasitadas.000. formosa. formosa. de maneira preventiva. arañas vermellas) aínda que prefire a mosca branca. Tipo de tarxeta que contén pupas parasitadas.000 ou 5. xa que é aí onde encontran a maior parte das larvas de mosca branca. caliginousus. a dose de aplicación é dunha tarxeta ca 120 m2 de cultivo a intervalos semanais. Adulto de E. chinche depredador de ovos. formosa para un bo control biolóxico varía dun mínimo de 20. Depreda varios insectos praga (trips. que é un chinche verde que mide de 2.000 pupas negras por hectáreas. en intervalos de 1 a 2 semanas. Adulto de M. nun número de ceibas que varía entre 3 e 7. tanto en estado de ovo como de larva ou pupa. No interior de cada tarxeta atópanse adheridas arredor de 100 pupas que se penduran no pecíolo das follas baixas-medias da planta. A cantidade necesaria de E. En cada caixiña deposítanse unhas 100 pupas de E. Ten uns ollos vermellos e antenas longas e verdes coa base negra.9 a 3. Outras formulacións atópanse como pupas ceibas.

gossypii. Como secundarios. Recoñecemento e diagnóstico Formas ápteras do pulgón verde do pexegueiro Myzus persicae. fundamentalmente herbáceas. combinándoo con Encarsia formosa ou Eretmocerus eremicus. que é todo verde Colonia de A. é unha especie de distribución cosmopolita e ampla poligaxia. A forma alada é de menor tamaño e posúe unha cabeza e un tórax moi escuros. que afecta a case toda a totalidade de plantas cultivadas baixo invernadoiro. Os chinches dos formulados son todos adultos ou do último estadio larvario.4. Os formulados comerciais atópanse en botes de plástico con ó redor de 500 exemplares. 13. etc. etc. Aphis gossypii: A forma áptera de 1. Medidas culturais Ídem (araña vermella) Utilización de placas apegañentas amarelas no interior. emprégase Verticillium Iecani e Aschersonia aleyrodis.Manual de Produción Integrada Normalmente aplícase Macrolophus caliginosus no cultivo do tomate. PULGÓNS (Aphis gossypii. Outros produtos biolóxicos son o parasitoide Eretmocerus sp.1. principalmente pexegueiro. extendida por zonas cálidas e temperás. O Aphis gossypii ou pulgón de algodoeiro é unha especie cosmopolita. 134 . Dentro das hortícolas os seus principais hospedadores son o tomate e o pemento. a ceiba durante algunhas semanas e e ó redor dos focos de mosca branca 5 a 10 Macrolophus / metro cadrado ata a obtención de 1 a 2 Macrolophus /metro cadrado por todo o invernadoiro. como os patóxenos causantes de enfermidades. que permiten detectar e segui-las evolucións das poboacións de adultos. verde-azulada ou verde-amarelada. con substrato (vermiculita) para facilita-la súa aplicación. Hospedantes Myzus persicae: como hospedantes primarios. polífaga. gramíneas. Myzus persicae) Myzus persicae.5 mm e cor verde. que é unha avespa parasitadora de larvas de mosca branca igual cá E. crucíferas.. Ás veces poden ser tamén de cor verde Myzus persicae: A forma áptera ten unha lonxitude de 1. plantas de xénero Prunus. Os adultos son de cor negra-azulada. solanáceas. Debido ó lento desenvolvemento do chinche hai que ceibar o auxiliar con bastante antelación no invernadoiro. As ceibas de Macrolophus caliginosus realízanse en focos de mosca branca ou nas partes menos frescas do invernadoiro.4 a 2 mm de lonxitude e coloración verde escura. A forma alada ten un tamaño algo inferior pero coa cabeza e o tórax escuros. A modo de orientación. formosa e. unhas 500 especies.5 a 2. pemento e berenxena para a loita contra mosca branca. coñecido vulgarmente como pulgón verde do pexegueiro. cun alto poder multiplicativo e de adaptación.

etc. Durante a alimentación inxecta saliva que contén substancias tóxicas. órganos florais e pequenos froitos. tenras e en crecemento. etc. leituga e flores. pero as ápteras. Danos ocasionados por Aphis gossypii en gromos e follas 135 . Presentan polimorfismo. coliflor. pemento. crisantemos. Os principais hospedadores on pemento e tomate. talos. O Aphis gossypii compórtase como anholocíclica ó non presentar formas sexuadas. En solanáceas (pataca) localízanse no envés das follas baixas e medias. e como secundarios o tomate. Provocan un debilitamento nos órganos afectados que se manifesta por un menor desenvolvemento e amarelamento das follas. A velocidade de voo dos pulgóns é de 1m/s. Multiplícase unicamente por partenoxénese e emprega só hospedantes secundarios (plantas adventicias ou cultivadas). ó posuír maiores niveis de nitróxeno. A distribución do pulgón en invernadoiro é típica por focos.). Bioloxía Os pulgóns teñen ciclos de vida complicados. sandía. A distribución dentro de liñas é máis rápida (unhas tres veces máis) ca entre liñas. cogombro. cucurbitáceas (melón. En zonas cálidas ou en cultivos protexidos preséntase como anholocíclico. tanto en follas novas como nas máis vellas (polo envés). As formas aladas localízanse na face das follas superiores e gromos. Danos indirectos Os pulgóns prefiren para se alimentaren os órganos das plantas novas. Distribución As colonias de pulgóns dispérsanse dentro dos invernadoiros por medio de femias aladas. Os longos desprazamentos son ocasionados por correntes de aire.AGACA Aphis gossypii: algodón. con plantas hospedadores primarias e secundarias. gossypii nunha flor de pemento Obser v acións O vento inflúe no voo das formas aladas. que ten como hospedante primario as Prunáceas. Colonia de A. As bandas orientadas ós ventos dominantes teñen maior probabilidade de aparición de colonias. Infestación de A. aínda que en cultivos hortícolas protexidos poden desenvolver todo o ciclo sobre o cultivo. que en xeral ocasiona deformacións como enmarañamento ou curvaturas nas follas. con femias aladas e ápteras. roseiras. cítricos. cabaciña. Myzus persicae O Myzus persicae é unha especie dioica. Sitúanse normalmente no envés da folla. pero tamén flores. gossypii mostrando variacións de cor Forma alada de pulgón verde. comportándose como holocíclico.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias .

Control biolóxico Os auxiliares que se poden empregar no control biolóxico clasifícanse en tres grupos: Depredadores: Chrysoperla carnea. En caso de se detectar presenza de pulgóns canda síntomas de virose. como o virus Y da pataca Especie de congro que se desenvolve na melaza excretada polos pulgóns ensucia follas e froitos Os pulgóns excretan substancias azucradas (melazas) sobre follas. froitas ou outros órganos sobre as que se desenvolven fungos (especies de congros) que reducen os procesos fotosintéticos da planta. Moito máis importantes son os danos causados pola transmisión de virose. o tratamento poderá ser xeneralizado. débese realizar un tratamento e eliminar de contado as plantas afectadas de virose. etc. Coccinella septempunctata. Lysiphlebus testaceipes. Aphidoletes aphidimyza. A femia pon un ovo no interior do pulgón co seu ovopositor. empezando polas partes non vitais. pode producir uns 300 ovos e só pon un ovo por hóspede. a Aphidius colemani Parécese bastante á Aphidius matricariae e é unha avespa parásita de cor negra. a avespa curva o abdome por debaixo do seu corpo e atravesa o áfido co seu ovopositor. polo que son comercialmente depreciados. Unha femia adulta vive 2-3 semanas. con patas marróns.Manual de Produción Integrada Danos indirectos A forma áptera de Myzus persicae é o vector máis importante de virose nas plantas. Patóxenos: Verticillium lecanii. xa que os pulgóns son capaces de transmitir e dispersa-los virus CMV (Virus do mosaico do cogombro) e PVY (Virus Y da pataca). Umbral de tolerancia Poderase intervir cando: Non se detecte nivel de parasitismo dabondo e exista presenza de colonias e/ou especie de congro. Se o pulgón é do tamaño axeitado e non está xa parasitado. Tratamentos localizados sobre os primeiros focos. Os froitos con esa especie de congro e melaza teñen peor aspecto e calidade. Se o número de focos detectados é superior a un por cada 1000 metros cadrados. Aphidius colemani. colemani devora o pulgón por dentro. Parásitos: Aphidius matricariae. depositando un ovo no seu interior 136 . etc. Adulto de Aphidius colemani parasitando un áfido. A larva de A. etc.

obsérvanse as primeiras momias. Aproximadamente ás tres semanas pode chegar a un alto nivel de control. Os botes conteñen momias mesturadas con substrato para facilita-la súa aplicación O contido dos botes pódese aplicar directamente sobre as caixas ou nas caixiñas de aplicación. etc. Ademais existen produtos comerciais do parásito Aphelinus abdominalis e de depredadores como o díptero Aphidoletes aphidimuza. e posúe unha elevadísima capacidade de busca para localiza-las súas presas. pemento. Desta momia emerxerá un adulto de A. Unha larva de crisopa pode comer máis de 50 pulgóns ó día (aproximadamente uns 600 pulgóns na súa vida). colemani Momia de pulgón con orificio de saída da avespa parasitadora de pulgóns Apidius colemani A. mosca branca. Áfido inmobilizado e inchado debido ó parasitamento de A. roseira e crisantemo aconséllanse ceibas preventivas a razón de 0. 137 . a larva de A. Recoméndase A. Ceiba de Ahidius en cultivo de cabaciña.AGACA Sete días despois do parasitismo. que o deixa fixo na planta e comeza a inchar. colemani. Larva de A. das que emerxen avespas parásitas. araña vermella. colemani no control preventivo de pulgóns. e como mínimo durante tres semanas. e a crisopa Chrysoperla carnea.5 . colemani por metro cadrado.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . Como complemento desta avespa aconséllase o emprego de depredadores aplicados nos focos da praga. O exterior do pulgón escurécese converténdose na típica "momia" de cor dourada. colemani por metro cadrado cada semana. como Aphidoletes aphidimyza. colemani parasita áfidos adultos e ninfas xéneros Aphis e Myzus de pulgón. Ó observa-los primeiros focos de áfidos. Os formulados comerciais preséntanse en botes que conteñen momias mesturadas con substrato. en función da situación do cultivo. o cal indica que o pulgón está a ser parasitado. senón que ademais pode comer trips. cogombro. aumentarían as cantidades de introdución a 0. ou nas trampas adhesivas amarelas.1 A. para evita-lo establecemento da praga.15 A. En tomate. cuxa larva succiona os áfidos do seu entorno. Colemani inmobiliza o pulgón. aphidimza depredando pulgóns Larva de Chryopa carnea depredando un pulgón Chrysopa carnea é un depredador que non se alimenta unicamente de diferentes especies de pulgóns. cuxas larvas son moi agresivas e eficientes nos focos de pulgóns. colemani facendo un orificio redondo. Ás dúas semanas de introduci-lo A.

. melón. porro. e acadan os 2. pemento. L.Manual de Produción Integrada No caso de infestacións moi avanzadas adóitase controlar coas xoaniñas Adalia bipuncatata e Harmonia axyridis. que son grandes depredadores de pulgón.5 . O adulto de L. Bioloxía e observacións Os adultos aliméntanse das follas dos vexetais. do que se diferenza doadamente pola terminación do abdome. As larvas que se alimentan da folla. etc. Xoaniña depredando un pulgón adulto Medidas culturais Ídem (araña vermella) Emprego de placas apegañentas amarelas no interior do invernadoiro. Estas fendeduras "alimenticias" teñen forma redondeada. apio. ademais de gran parte das hortalizas e dun bo número de plantas florais e ornamentais. trifolii é unha mosca de pequeno tamaño (entre 1. de coloración amarela e negra. no que se destaca a cápsula do ovopositor de cor negra.1. MINADORES DE FOLLA (Liriomyza trifolli Burguess) Dende a súa introdución en España en 1975. que son alongadas. por debaixo do parénquima foliar e por medio.3 mm de lonxitude. 1880) vén representando unha das pragas chave en cultivos de invernadoiro e. a diferenza das que emprega para deposita-los ovos. cebola. que permiten detectar e segui-las evolucións das poboacións de áfidos adultos.) que se asocian ó cultivo do tomate.5 mm. etc. comezan a escava-la galería ou "mina" (que dá lugar ó seu nome vulgar) coa axuda do seu pequeno garfo. para esto. Solanum nigrum. está considerada a nivel mundial como unha das pragas máis importantes de cultivos de invernadoiro e/ou protexidos. a especie Liriomyza trifolli (Burgess. 138 . Hospedante É un insecto cun marcado carácter polífago (máis de 120 especies vexetais).25 . 13. En zonas de clima cálido ou en cultivos protexidos esta especie pódese multiplicar de forma constante.5. pataca.5 e 2. As larvas incoloras ó principio pasa a coloracións amareladas segundo se vai desenvolvendo. principalmente tomate. a femia é algo maior có macho. aínda hoxe.. as femias realizan pequenas fendeduras na superficie foliar co seu aparello xenital. Recoñecemento e diagnóstico Adulto da mosca Liriomyza trifolii Pupa de Liriomyza trifolii sobre a folla Os ovos son brancos translúcidos de 0.5 mm de lonxitude). que quedan semi-incrustados na superficie da folla. e localízanse baixo a epiderme da folla. Senecio sp. succionando entón os contidos celulares co seu aparello bucal. A pupa é de coloración parda e presenta os aneis marcados. Destacan os ataques en plantas hortícolas. trifolii multiplícase sobre malas herbas (Sonchus.

AGACA Danos directos Os danos orixinados polos adultos o se alimentaren e realiza-la posta non teñen tanta transcendencia no caso do tomate ou o pemento. Vexamos un exemplo: a Control biolóxico mediante Diglyphus isaea Aplícase Diglyphus isaea para a loita biolóxica contra a mosca minadora en tomate. A investigación ten demostrado que se atrapan máis adultos colocando as placas horizontalmente e preto do solo. Por isto. as larvas constrúen minas sinuosas ó final das cales se atopa o insecto Pequenas picaduras "alimenticias" en follas. Control biolóxico De entre os parasitoides susceptibles de ataca-la Liriomyza trifolii. incluso poden retrasa-lo desenvolvemento das plantas ou producírlle-la morte. anotando a presenza de picaduras nutricionais. coma a leituga. Estas feridas poden favorece-la instalación de fungos patóxenos. melón. cinco follas a nivel da última folla ben desenvolvida. pero si en produtos aproveitables polas súas follas. crisantemo e outras hortícolas e ornamentais en cultivos protexidos. os danos producidos polas larvas afectan á larva ó reduci-la capacidade fotosintética. O umbral de tolerancia establécese na presenza dos primeiros adultos. con reflexos metálicos. unha boa alternativa ó emprego dos agroquímicos foi o uso de inimigos naturais do díptero que sexan quen de controla-las súas poboacións manténdoas a niveis que non sexan nocivos para os cultivos. así como pola súa facilidade en desenvolver resistencias ós praguicidas empregados. poden ser bastante graves. repercutindo polo tanto na produción.5 mm e o seu corpo é de color verde moi escuro. Os adultos deste insecto miden 1. Para a detección das primeiras moscas minadoras aconséllase colocar trampas adhesivas amarelas. observación de picaduras nutricionais ou primeiras minas. destacan diversas especies de Himenópteros das cales destacan as avespas parásitas Diglyphus isaea e Dacnusa sibirica.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . Cando os ataques se producen no viveiro ou sobre plantas novas. xa que produce unha depreciación comercial nas plantas afectadas. 139 . Método de mostraxe e umbral de tolerancia Observaranse semanalmente. nas que succiona os contidos celulares De tódolos xeitos. pemento. en 20 puntos cada 1000 metros cadrados. trifolii amosouse difícil e problemático pola particular bioloxía do insecto. realizadas por Liriomyza. Métodos de control O control químico de L. xerbeira. e tamén nas flores. Logo de deposita-los ovos baixo a superficie das follas. primeiras minas ou adultos.

xa que a femia "pica" reiteradamente esas larvas e absórbelle-lo suco ata se produci-la morte. a larva neonata do parasitoide atopa doadamente a larva paralizada do minador da que empeza a alimentarse. Autogrpha gamma. isaea escurece A larva de Diglyphus (antes de pupar) constrúe cos seus excrementos de 6 a 8 piares verticais para manter separadas as paredes da galería e protexer a futura pupa no lugar no que esta se desenvolve. cada 2-3 semanas. que aumenta o seu valor como axente de control biolóxico.…) Estes noctúidos están entre as pragas máis prexudiciais nos cultivos de todo o mundo.6. O ciclo complétase coa aparición do adulto./ metro cadrado (curativa).1. ó pé da larva do díptero minador. que previamente se paralizara. ata acadar un 70% aproximadamente as larvas parasitadas. isaea. a femia deposita o ovo no exterior da larva do segundo ou terceiro estadio do minador. moi característicos e de cor negro. é ademais a súa acción depredadora. pola súa gran voracidade e dificultade de control. Este produce mortandade sobre as larvas de minador para se alimentar. Unha característica moi imporante de D. Ó eclosionar o ovo. é dicir. isaea A larva de minador parasitada por D.Manual de Produción Integrada Adulto da avespa Diglyphus isaea Ovo de D. Estes piares. As femias realizan a aposta no interior da folla. Para realiza-la ceiba ábrense os botes e distribúense as avespas parásitas camiñando entre as liñas do cultivo a razón de 0. A 20ºC mata aproximadamente 70 larvas para a súa alimentación. Piares de protección da larva de D.1 ind. 140 . Os formulados comerciais ofrécense en botes de plástico con 250 adultos. É necesario efectuar introducións repetidas. isaea sobre larva de Liriomyza Diglyphus isaea é un ectoparasitoide de larvas do minador./ metro cadrado (normal) ou de 1 ind. EIRUGAS (Heliothis armigera Hübner. Spodoptera littoralis. e por atacar a plantas de gran valor económico nas súas partes máis valiosas. froitas ou cápsulas. son visibles a través da folla. Envase de plástico utilizado para a comercialización de Diglyphus 13. o cal emerxe ó exterior perforando a galería. Un adulto de Diglyphus vive dende 10 días (a 25ºC) a 32 días (a 20º) e pon un total de 200-300 ovos. Recoñécese unha larva pola galería curta.

Danos e importancia Eiruga negra (Heliothis armigera): as eigas aliméntanse de follas. de tons grises. que devoran as follas. É engrosada de cara ó final. Así mesmo. son de cor brancuzca e presentan estrías verticais. O umbral de tolerancia é baixo. depositados de forma illada. Ademais poden ataca-los froitos. illados ou en grupos. A pupa de 20 a 25 mm. floras e gromos que orixinan un debilitamento xeneralizado da planta. máis raramente pardusco. que ademais de esburaca-los froitos e aparece-lo interior comido. ás veces azulada. dan lugar a podremias Plusia (Autographa gamma): os danos máis graves son orixinados polas larvas máis desenvolvidas. berenxena. A colocación de trampas de feromonas sexuais e trampas de luz pode axuda-la detección dos primeiros voos de adultos e tamén como método de control. Os adultos miden 20 mm e de 35 a 40 mm de envergadura.5 a 4 cm de lonxitude. Método de mostraxe e umbral de tolerancia Recoméndase a realización de mostraxes semanais. Son de cor marrón clara pero con múltiples manchas. Fase larvaria de 5 a 7 estados e con lonxitude máxima de 30 a 40 mm. o número de especies de malas herbas e plantas espontáneas sobre as que pode alimentarse é alto. e cor pardo avermellado. PLUSIA (Autographa gamma): os ovos. e dunha cor verde intensa.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias .5 cm de envergadura. caravel. 141 . negros e brancos. Na súa parte dorsal pódense apreciar 6 liñas delgadas brancas e sinuosas na parte dorsal. cabaciña. HOSPEDANTES Especies polífagas que poden atacar a un alto número de plantas cultivadas. Heliothis armigera Rosquilla negra Spodoptera littoralis Larva de plusia Autographa gamma EIRUGA DO TOMATE (Heliothis armigera): os ovos esféricos. cogombro. tomate. etc. A eiruga é a coloración variable e fondo verde.5 mm. O dano principal é debido á introdución das eirugas dentro dos froitos (pemento. as femias son de cor branca tirando a marrón claro e os machos verdosos. A pupa é marrón e mide uns 21 mm. o cal pode ser particularmente grava en plantas nos seus primeiros estados de desenvolvemento. Sobre cultivos hortícolas pódense atopar sobre pemento. de cor branca e con estrías na superficie miden aproximadamente 0. xa que os ataques son moi graves e poden ser irreversibles ó afectar a gromos e talos. É importante vixia-los primeiros estados de desenvolvemento do cultivo. A larva acada de 3.AGACA Recoñecemento e diagnóstico Eiruga do tomate. tomate.…). O adulto acada de 4 a 4.

Máis adiante comen follas enteiras producindo graves defoliacións podendo tamén roe-los talos. no caso de curvas de voo. de aí o seu nome. larvas ou danos recentes. tales como Chrysoperla carnea. Orius spp. Umbral de tolerancia e métodos de mostraxe A trampa máis apropiada para realiza-lo monitoreo das eirugas praga é a trampa para trazas Adulto de rosquilla Spodoptera littoralis negra Adulto da eiruga negra Heliothis armigera Empregaranse trampas con feromonas sexuais para a monitorización dos noctúidos e a elaboración de curvas de voo. O umbral de tolerancia establécese no momento de máximas capturas.). en cuxo interior se colocará unha pastilla de DDVP para que os insectos atrapados morran. polo que se están ensaiando métodos de loita biolóxica. como parásitos de ovos e larvas. esta déixase caer e tírase en forma circular. a Control biolóxico Ente os inimigos naturais podemos encontrar algúns depredadores e parásitos eficaces no control de noctúidos praga. nos cultivos baixo invernadoiro só destacan Hyposopter didymator e Sinophorus sp. ou cando se detecte a presenza de ovos. 142 . pero con porcentaxes moi baixas de parasitismo. Dentro dos depredadores xeneralistas existen diversas especies que exercen como depredadoras de ovos e larvas aínda que cunha incidencia baixa. A trampa máis apropiada para o monitoreo desta praga é a trampa para trazas. Spodoptera litoralis Danos producidos pola eiruga Heliothis armigera en froitos e follas de pemento Comeduras producidas por Spodoptera exigua en follas de pemento Rosquilla negra (Spodoptera littoralis): a súa actividade é fundamentalmente nocturna: cando se molesta a unha larva. Coccinella septempunctata. Autographa gamma e Ostrinia nubilalis. cómpre dicir que aínda que son numerosos en cultivo ó aire libre. Existen ademais preparados de parásitos de ovos Trichogramma evanescens para a súa utilización en control de Heeliothis. Control integrado Os noctúidos desenvolven rapidamente resistencia ós produtos químicos. chegando a perforar galerías. Os danos causados polas eirugas que devoran follas (e aveces flores ou froitos) con avidez. Respecto dos parasitoides.Manual de Produción Integrada Danos provocados en froitos por rosquilla negra.

teflubenzurón. esparexidos ó pé das plantas. a última hora da tarde para evitar que reseque. que se debe aplicar nos primeiros estadíos de desenvolvemento. Kurstaki. 143 . morren antes da seguinte muda.7. orixinaria de México.) de Bary) Esta enfermidade. c Loita química racional Son especies difíciles de combater cando as larvas son de gran tamaño. antes de implanta-lo cultivo. Os tratamentos pódense localizar en pulverización total.AGACA b Insecticidas de orixe biolóxico As eirugas combátense efectivamente co insecticida de orixe bacteriana Bacillus thuringiensis var. As larvas afectadas deixan de comer e morren. manifestándose como grandes manchas pardas de superficie e contorno irregular que se localizan na metade superior do froito. MILDEU en tomate (Phytophtora infestans (Mont. Danos e importancia Ataca á parte aérea da planta e en calquera etapa de desenvolvemento. En "follas" aparecen manchas irregulares de aspecto aceitoso que rapidamente necrósanse e invaden case todo o folíolo. Outro IGR. Afecta a "froitos inmaturos". pois mostran unha notable resistencia natural á maioría dos praguicidas. vixia-las rachaduras do plástico para dificulta-la entrada de adultos.. Tanto en invernadoiro como ó aire libre débese tratar de coñecer as épocas de voo das poboacións praga.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . É o mesmo patóxeno que ataca á pataca. etc. Tamén son efectivos os IGR (reguladores da medra): hexalumurón. salvado. foi introducida gradualmente en América Central. Kurstaki. Europa e Estados Unidos. Eiruga Spodoptera spp. É moi importante polo tanto combatela cando as eirugas son pequenas. ou con cebos envelenados. Recoméndase o emprego de cebos a base de insecticida. A colocación de trampas de feromonas e trampas de luz pode axudar á detección dos primeiros voos de adultos e tamén como método de control. Elimina-las malas herbas. etc. azucre ou melaza e auga. alternándoo con outros produtos para evitar resistencias.. non poden desprenderse do exuvio e morren durante a muda. alternándoo con outros produtos para evitar resistencias. teflubenzurón. Actúa por contacto e inxestión interferindo nos procesos de muda. que actúa por inxestión sobre os estados larvarios. Estes IGR actúan fundamentalmente pro inxestión. afectada por IGR (regulador da medra) na folla de pemento As eirugas combátense efectivamente co insecticida de orixe bacteriano Bacillus thuringiensis var. se é menor. d Medidas culturais Colocación de mallas nas bandas do invernadoiro. e actualmente atópase estendida por todo o mundo.1. no envés aparece un velo branquecino. O seu efecto é tanto máis rápido canto maior sexa a dose inxerida pola eiruga: se a dose é dabondo. que se debe aplicar nos primeiros estadios de desenvolvementos. interferindo na síntese de quinita. 13. Azadiractin é un insecticida vexetal que ten efectos sobre tódolos estados larvarios e pupais da eiruga do tomate (Heliothis armigera) e a rosquilla negra (Spodoptera littoralis). Tamén son efectivos os IGR (reguladores da medra): luferurón. que actúa por inxestión sobre os estados larvarios. con insecticidas autorizados en produción integrada e nas doses recomendadas. En "talo" aparecen manchas pardas que se van agrandando e que normalmente acaban por circundalo. pero non ten efectos sobre ovos nin adultos.

unha atmosfera seca e as temperaturas próximas a 30ºC destrúeno. vento. rego por aspersión. Pola contra. e non repetir os mesmos sistémicos máis de dúas veces. poderanse realizar tratamentos preventivos en época de risco a criterio do técnico responsable. Empregar substrato san. En parcelas con antecedentes da enfermidade. Usar sempre sementes tratadas e certificadas. 144 . a turba dos sementeiro debe ser renovada periodicamente. Limita-lo uso de regos e o abonado nitroxenado. Control cultural Os métodos preventivos como a ventilación evitarán as condicións ambientais favorecedoras do desenvolvemento da enfermidade (auga libre sobre o cultivo). orballo e gotas de condensación. e seguindo os criterios de intervención anteriormente expostos.Manual de Produción Integrada Dano producido por Phytophtora infestans nos froitos de tomate. Danos provocados por Phytophtora infestans en talos Umbral de tolerancia Realizaranse mostraxes semanalmente. Influencia de factores externos O modo de dispersión do mildeu é mediante a choiva. baseados en condicións climáticas e estados de desenvolvemento da planta. As condicións favorables para o seu desenvolvemento son humidade relativa elevada superior ó 90% e temperaturas comprendidas entre 10 e 25ºC. Control integrado Mediante o control químico racional. pero afecta a outras especies de solanáceas. empregando materias activas autorizadas en produción integrada. as manchas de cor parda e forma irregular localízanse na metade superior do froito Aspecto dun ataque grave producido por Phytophtora infestans nunha planta de tomate HOSPEDANTES Este fungo é o axente causal do Mildeu da pataca e do tomate. desinfectado. As noites frías e os días moderadamente cálidos. cunha forte humidade. favorecen a extensión deste parásito. Débese tratar cando se detecten plantas cos primeiros síntomas e condicións favorables para o seu desenvolvemento de HR: 90% e temperaturas entre 10-25 ºC. Eliminar plantas enfermas e froitos afectados durante o cultivo e en especial ó final do mesmo. En tratamentos curativos débese aplicar unha materia sistémica máis unha de contacto.

cucurbitáceas. tanto cultivadas como silvestres. na face de follas de tomate 145 . Ataca a máis de 1000 especies. Hospedantes O B. fórmase como un filtro branco-fariñento constituído polas frutificacións do fungo. e sobre todo na parte do envés. Os ataques de Bremia iactucae son especialmente importantes en zonas húmidas. Danos e importancia Danos producidos por Bremia Iactucae na face de follas de leituga Aspecto da peluxe branquecina e poeirenta provocada por B. É importante combater esta enfermidade durante os primeiros períodos vexetativos.) Arnaud) É unha micose bastante endémica en case todo o mundo. tanto en cultivos ó aire coma en invernadoiro.8.9.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . malváceas e incluso especies arbóreas. entre elas solanáceas. Iactuacae desenvólvese nun gran número de plantas da familia Compostas. Iactuacae nas follas exteriores dunha leituga Control cultural Ídem mildeu do tomate. Iactucae no envés das follas Os primeiros síntomas poden aparecer en sementeiro sobre cotiledóns. que unha vez infectados amarelan. e sobre todo na fase de sementeiro. 13. MILDEU da leituga (Bremia Iactucae Regal). Ataque forte de B. Sobre as follas externas do gromo aparecen zonas máis ou menos grandes claras. causadas por Leviullula taurica.1. que logo amarelan e acaban por escurecer e necrosarse. Umbral de tolerancia e control Ídem mildeu do tomate. OÍDIO (Leveillula taurica (Lev. Na zona atacada. secan e morren prematuramente.1. pero é sobre leituga onde provocan os maiores danos. O contorno destas manchas é anguloso e limitado polas nervaduras.AGACA 13. Danos e importancia Típico micelo abrancazado de oídio no envés das follas en cultivo de pemento Forma das manchas amareladas. Débese respectar escrupulosamente o prazo de seguridade.

Para leituga e xudía. Constitúe un dos axentes máis importantes causante de graves perdas en plantas hortícolas. e solanáceas en plantas cultivadas. baseados en condicións climáticas e estado de desenvolvemento da planta. Ataques fortes provocan que o tamaño e o número de froitos da mesma planta diminúa. cun óptimo de 26ºC. os primeiros ataques danse na zona do pescozo da leituga. PODREDUME GRIS (Botrytis cinerea Pers.1. Leveillula taurica ataca o tomate.) Botrytis cinerea é un fungo moi polífago. Control integrado Mediante o control químico racional. Umbral de tolerancia Realizaranse mostraxes semanalmente. O umbral de intervención establécese cando se detecte a presenza de plantas cos primeiros síntomas e existan condicións ambientais favorables para o seu desenvolvemento HR: 70% e temperaturas entre 10-35 ºC.10. para evita-la aparición de cepas resistentes. para isto observaranse en 25 puntos cada 10. empregando materias activas autorizadas en produción integrada. pemento. débense eliminar malas herbas e restos de cultivo. e só con xofre en tomate e pemento. As familias con maior número de especies susceptibles son compostas e cucurbitáceas en plantas silvestres. debaixo das cales pode verse un micelio abrancazado no envés que desaparece ó ser arrastrado polos dedos. Material vexetal san. así como producirlle a morte. O odio propágase a longas distancias a través do vento. cucurbitáceas. Influencia de factores externos As temperaturas elevadas favorecen o desenvolvemento do patóxeno. situándose o rango de temperaturas entre 10ºC e 35ºC. sendo a situación óptima unha temperatura arredor dos 26ºC. Aspecto do característico feltro cor gris cinza en froito e folla de xudía Ás veces as infeccións principais proceden do solo. seguindo os criterios de intervención anteriormente expostos. e unha humidade relativa do 70%. Prácticas culturais Xa que vive sobre múltiples especies cultivadas e adventicias. Cinerea en xudía son as follas e flores. berenxenas. Non se debe empregar máis de dúas veces consecutivas a mesma materia activa (agás xofre). Danos e importancia Os primeiros puntos de infección provocados por B. Hospedantes En plantas hortícolas. Neste caso. nas parcelas con antecedentes da enfermidade poderanse realizar tratamentos preventivos en épocas de risco a criterio do técnico responsable. provocando a caída das follas exteriores ó solo 146 . 13. que se desenvolve especialmente baixo condicións de alta e persistente humidade.000 metros cadrados a aparición de síntomas nas follas.Manual de Produción Integrada Obsérvanse na face das follas unhas manchas amareladas que se necrosan polo centro.

A velocidade de propagación é variable segundo as temperaturas. Os primeiros puntos de infección son as follas e as flores. aínda que tamén ataca os froitos. Aspecto da podremia branda producida por B. baseados en condicións climáticas e o estado de desenvolvemento da planta. O síntoma inequívoco da súa presenza é o desenvolvemento sobre os tecidos parasitados dun abundante micelio de cor gris cinza que xera enorme cantidade de esporas. Hospedantes É un fungo cosmopolita e polífago que pode actuar como saprófito ou como parásito sobre máis de 200 plantas diferentes. de maneira que o desenvolvemento acadado durante 6 días a 6-7ºC é equivalente ó de 2 días a 16-18ºC. Influencia dos factores externos Altas humidades e temperaturas máis ben frescas. leituga. C. Os talos poden quedar anelados por esta invasión progresiva ou por infeccións en cicatrices de poda mal realizada.AGACA En leituga. aínda que os danos importantes se presentan no estadio adulto. En parcelas con antecedentes da enfermidade. e amarelas sobre o froito maduro. A podremia branda pode afectar a follas. cinerea en froitos e follas de tomate Síndrome da mancha pantasma provocada por B.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . tallos e froitas. xudía e cogombro. xa que poden provoca-lo murchamento das plantas y sobre os órganos afectados desenvólvese a característica masa grisácea. tomate. En froitos produce unha podremia branda nos que se observa o micelio gris do fungo. O umbral de intervención establécese cando se detecte a presenza de plantas cos primeiros síntomas e existan condicións favorables para o desenvolvemento do fungo HR: 95% e temperaturas entre 17 e 23 ºC. En xudía produce podremia branda. entre as especies de cultivos hortícolas de invernadoiro destaca pola súa susceptibilidade en berenxena. Cinerea pode causar enfermidades en plántulas nos sementeiros ou inmediatamente despois do transplante. Os danos importantes preséntanse no estado adulto. As plantas novas de leituga teñen maior sensibilidade a nivel do pescozo e cando está formado o corazón. de 5 a 18ºC favorecen o seu desenvolvemento e a formación do seu característico micelio de cor gris cinza sobre as zonas parasitadas. poderanse realizar tratamentos preventivos en época de rego a criterio do técnico responsable. Umbral de tolerancia Realizaranse mostraxes semanalmente. Arredor dun mínimo punto necrótico central apréciase un fino anel descolorado de 5 a 10 mm de diámetro que adquire tonalidades brancas sobre o froito verde. A invasión das follas prodúcese nos puntos nos que se depositan os cálices infestados desprendidos das flores. 147 . Cinerea: podremia branda e mancha pantasma. A mancha pantasma é un síntoma pouco común que corresponde a ataques abortados. que adoita comezar cunha invasión primaria do cáliz ou a través de fendeduras ou picaduras de insectos. Cinerea en tomate En tomate son característicos dous síndromes causados por B. pemento.

e que desprenden abundante po. empregando materias activas autorizadas en produción integrada. seguindo os criterios de intervención expostos anteriormente. O ataque tamén afecta a talos e incluso ás casulas. Con baixo risco (HR baixa) empregar funxicidas xerais.000 metros cadrados a aparición de síntomas nas follas.) O fungo da xudía atópase estendido por todo o mundo.11. 13. 148 . Umbral de tolerancia e control Realizaranse mostraxes semanais. que conteñen ecidiosporas do fungo da xudía. empregado materias activas autorizadas en produción integrada. Se o risco é elevado (HR alta. Danos e importancia Maniféstase por manchas amareladas na face das follas que se corresponden no envés con manchas pardas. No interior destas manchas xorden pústulas de cor parda ó principio que se van ennegrecendo co tempo. elevada concentración de inóculo) hai que empregar funxicidas específicos. FUNGO da xudía (Uromyces appendiculatus Pers. Típicas pústulas amarelentas no envés de follas de xudía. seguindo os criterios de intervención expostos anteriormente. O umbral de intervención establécese cando se detecte a presenza de plantas cos primeiros síntomas e existan condicións ambientais favorables para o seu desenvolvemento de alta humidade e temperaturas de 17-23 ºC. observando en 25 puntos cada 1. Control integrado Mediante o control químico racional. Prácticas culturais Evita-la presenza de auga libre sobre o cultivo.1. En tomate e pemento: Aplicar pastas funxicidas nos talos.Manual de Produción Integrada Control integrado Mediante o control químico racional. Trátase dun fungo autoico. por realizar todo o seu ciclo na mesma planta hóspede.

1. os cales non poliniza a abella. o mellor sistema dentro dun invernadoiro é mediante o emprego de abellóns. POLINIZACIÓN NATURAL DE CULTIVOS 13. Os abellóns non son especies agresivas. a maiores. O abellón poliniza mediante o movemento das súas ás. por diversos insectos. sobre todo con ventiladores e vibradores. nos que se consegue maior produción e maior calidade dos froitos O abellón é un gran polinizador. o vento é o principal axente que facilita a polinización. polo que poden ser empregados no inverno Nos cultivos ó exterior. Abellón polinizando unha flor de tomate.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . efectuando un callado óptimo e unha produción excelente. xa que é trala fecundación cando as sementes e o froito empezan a se desenvolveren. crea unha certa corrente de aire que traslada o pole e calla na flor.2. pero dentro do invernadoiro. berenxena e pemento. O uso de abellóns reduce a aplicación de produtos químicos. O emprego de hormonas está restrinxido en produción integrada e aínda que se intentaron moitas técnicas de polinización. ó non existiren correntes de aire. existe unha gran confusión: moita xente cre que vai de flor en flor e leva o pole dunha a outra. En canto á dinámica do abellón. as moscas e tamén os paxaros. como as abellas melíferas. os de tomate e berenxena. é preciso empregar técnicas alternativas. na maioría dos casos. poliniza tódolos cultivos da abella e. pero non é así. O abellón é especialmente axeitado para a polinización de cultivos dentro ou fóra do invernadoiro 149 . Unha flor pódese polinizar polo vento. a polinización é indispensable. Os cultivos máis indicados para as colmeas son tomate. fomentando a loita biolóxica A flor do tomate non produce néctar. e teñen maior capacidade polanizadora cás abellas As vantaxes máis inmediatas que os abellóns ofrecen son que voan incluso con baixas temperaturas a partir de 6-8º C e en días anubrados. Introdución Para poder colleitar froitos dunha planta. un dos cultivos máis problemáticos neste senso.2.AGACA 13. polo que as abellas non o polinizan.

recoméndase pechar a tapa das colmeas mentres se realiza o tratamento. polo de agora.Manual de Produción Integrada En España comezou o seu emprego en Almería e Murcia no ano 1991.2. Hai unha serie de produtos compatibles co uso dos abellóns. Grande homoxeneidade de polinización en todo o invernadoiro. o que acarrea unha diminución da man de obra. cabaciñas e algunhas clases de xudías. débense retirar as colmeas o día interior a calquera tratamento con produtos fitosanitarios. Densidade e duración das colmeas De maneira xeral.500 metros cadrados de cultivo durante 6 a 8 semanas. Nas zonas nas que se empregan abellóns para a polinización de cultivos. aínda que se recomenda unha primeira introdución de 4 a 5 colmeas por hectárea. O número de colonias necesarias depende do tipo de invernadoiro o túnel. nótase que hai un aumento considerable do uso de inimigos naturais contra os insectos prexudiciais dos cultivos. e estas non volverán ser colocadas no invernadoiro ata pasado o prazo de persistencia correspondente. da variedade de tomate ou cultivo. Emprazamento e época de emprego As colmeas débense situar repartidas homoxeneamente no invernadoiro. é suficiente unha colmea para polinizar entre 2. O recomendable é solicitar asesoramento técnico antes de aplicar calquera produto. moitos produtos deben substituírse por produtos menos daniños para o medio ambiente. Polo tanto. A introdución no invernadoiro pódese facer dende o momento en que aparecen as primeiras flores. Disposición de colmaes de abellóns en invernadoiro para a polinización de tomate 150 . da estación do ano.3. Tamén existen algúns insecticidas totalmente inofensivos. Grande actividade.2. 13. co obxectivo da polinización en tomate. hai insecticidas totalmente prohibidos mentres as colmeas permanezan dentro do invernadoiro. Combinación de produtos fitosanitarios e colmeas de abellóns. entre outros factores. e non tapadas polas plantas ou estruturas do invernadoiro. a partir de 6-8 ºC e en días anubrados. Posibilidade de polinizar flores de tomate e berenxena e maior capacidade polinizadora cás abellas. Sempre que sexa posible. 13. Ademais. Maior produción e calidade superior dos froitos.000 e 2.2. está sendo maiormente polinizado por abellóns. Voan incluso con baixas temperaturas. o uso de abellóns reduce a aplicación de produtos químicos. Vantaxes do uso de colmeas con abellóns. protexidas de temperaturas exteriores extremas. o cultivo que. Tendo en conta que os insecticidas e pesticidas son o peor inimigo destes polinizadores. Manipulación das colmeas As seguintes directrices son específicas para polinizar tomate. polo que poden ser empregados no inverno. Non obstante. principalmente en cultivos de tomate e pemento. berenxena. Os abellóns poden substituír completamente a polinización manual e o emprego de hormonas. en cambio hai outros tolerables: é nese momento cando hai que saca-las colmeas fóra algúns días. pemento. da densidade de plantación e da presenza de flores.

xa que chegan a devorar e a destruí-las follas. os gromos e os talos tenros. que segue a ser apta para o consumo. dando lugar á paralización de desenvolvemento dos tubérculos.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS EN CULTIVOS EXTENSIVOS 13. As larvas desenvolvidas miden entre 10 e 15 mm de lonxitude. ESCARAVELLO DA PATACA (Leptinotarsa decemlineata) Trátase dun coleóptero crisomélido procedente de Estados Unidos. que foi unha das pragas agrícolas máis graves deste século. Danos indirectos Os danos producidos polo escaravello. ten forma oval e é de cor amarelada nunhas partes e encarnado noutras. Cóntase o número de adultos.3. O umbral de intervención para o tratamento establécese cando a media dos individuos por talo sexa de: 0. pero a contía da colleita é menor. Os ovos son de cor amarela e de forma alongada. Os ataques producidos non inflúen na calidade da pataca. Bioloxía e observacións Detalle dun adulto de L. pero principalmente polas larvas. Pasan por catro estadios e o seu corpo é de cor encarnada.1. Os élitros amarelos con liñas negras son inconfundibles e característicos do escaravello da pataca As larvas de escaravello da pataca son gordechas e amarelas ou alaranxadas.3. Método de mostraxe e umbral de tolerancia Realizarase semanalmente. con manchas e raias negras. 25 talos por plantación). decemlineata e a súa posta.5 adultos / talo 4 larvas pequenas (1º e 2º estadio) / talo A elevada capacidade de multiplicación e a voracidade do escaravello da pataca poden acabar con toda a parte aérea da planta en pouco tempo 1.5 larvas grandes (3º e 4º estadio) / talo 151 . larvas pequenas (1º e 2º estadio) e larvas grandes (3º e 4º estadio) en cada un dos talos. son espectaculares. cunha dobre fila de manchas negras en ambos costados do abdome.AGACA 13. en 5 talos en 5 sitios diferentes da plantación (é dicir. o seu tamaño é maior dun milímetro e agrúpanse e fíxanse por un dos seus extremos ó envés das follas da pataca. cunha dobre fila de manchas negras laterais O insecto adulto mide 1 cm de lonxitude.

cunha densidade de 20 a 40 trampas por hectárea nos casos de detección e seguimento Umbral de tolerancia Poderase realizar unha intervención cando: dende a xermolación ata o inicio da tuberización.Manual de Produción Integrada Control integrado a Control con insecticidas de orixe biolóxica Como produtos recomendados en control integrado. As trampas engomadas amarelas colócanse no campo con marcos de madeira ou estacas de caña. Tralo aporque instálanse as trampas. alternándoo con outros produtos para evitar resistencias. Aspecto dunha colonia de pulgóns (Macrosiphum euphorbiae) Sen dúbida.2. opcionalmente poderanse colocar trampas engomadas amarelas e trampas engomadas amarelas de auga. 2 pulgóns / folla dende o inicio da tuberización ata 2 semanas antes da morte do talo: 4 pulgóns / folla dende as 2 semanas da morte do talo: 10 pulgóns / folla 152 . contando semanalmente as capturas existentes.3. coma o "Virus Y" da pataca. Loita química racional Baseada no emprego de materias activas autorizadas en produción integrada. e así debilítanas. recoméndase o insecticida de orixe bacteriano Bacillus thuringiensis. sobre a que medran os fungos da especie de congro. b 13. Excretan o exceso de azucre consumido como melaza. os máis importantes son os danos indirectos. As infestacións das follas darán lugar logo á súa deformación. PULGÓN DA PATACA Os pulgóns son especies de distribución cosmopolita e ampla polifaxia. Posúen un alto poder multiplicativo e de adaptación. Macrosiphum euphorbiae…) Danos directos Os átidos poden causar danos de diversas maneiras: co seu estilete extraen nutrientes das plantas. que se debe aplicar nos primeiros estadios de desenvolvemento de Leptinotarsa decemlineata. nas doses recomendadas ó superar o umbral de tolerancia. Método de mostraxe Dende o momento da xermolación débense iniciar controis semanais sobre 50 follas elixidas da seguinte maneira: En 10 zonas da plantación seleccionar 5 plantas en filas diferentes. o que contribúe á detección do pulgón. Ademais. xa que algunhas especies son vectores de enfermidades víricas. talos ou partes máis novas da pataca (Myzus persicae. que tamén atúa por inxestión sobre os estadios larvarios. tanto ó aire libre como baixo invernadoiro. Aphis frangulae. Son varias as especies de pulgóns que poden desenvolverse dobre as follas. que afectan a case a totalidade de plantas cultivadas. Como IGR (reguladores do crecemento) é recomendable o Clorfluazuron. Aulacorthum solari. elixindo 1 folla da parte media da planta.

pero tamén poden facela na parte aérea e en outras solanáceas. No caso do control biolóxico de pulgón. Xeralmente. excelente depredador de pulgóns b Loita química racional Os tratamentos realizaranse con produtos químicos autorizados para produción integrada e ás doses recomendadas. Harmonia pode ser empregada contra calquera especie de pulgón na maioría dos cultivos. As larvas de Harmonia introduciranse cando a poboación de pulgóns non é aínda demasiado alta. con ás de cor gris con manchas negras que terminan en flecos. pode pór ata 3. A única maneira de reduci-los danos é o emprego de semente de calidade certificada libre de virus. 153 . tanto en invernadoiro como ó aire libre. Aconséllase realizar unha única ceiba sobre as áreas afectadas. Pupan dentro dun abrocho de cor clara. ó contrario que para os cultivos ó aire libre. 13. cómpre dicir que se comercializan numerosos axentes para ser empregados en cultivos de invernadoiro. Ó final do desenvolvemento adoita abandona-la galería para crisalidar. operculella Aspecto das larvas e danos producidos polas eirugas de P. Un adulto pode chegar a vivir 6 meses. Tanto a larva como o adulto consumen gran parte de pulgóns. A larva penetra na planta e vive como minadora en follas e talo.3. aínda que tamén pode facelo no interior do tubérculo. a Control biolóxico Harmonia axyridis é un excelente depredador de pulgóns que pertence á familia dos Coccinélidos.) É de orixe americana. Ataca a todo tipo de solanáceas e especialmente á pataca. aínda que non supoñen un medio de loita efectiva contra o virus "Y" da pataca.3. Os ovos son ovais e de cor branca ó principio e escurécense despois.800 ovos. Adulto de depredador Harmonia axyridis. e se dispón de comida dabondo. a eiruga inicialmente escava galerías superficiais e despois máis profundas.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . Non se debe agardar a que a poboación sexa moi grande. Dentro do tubérculo. A larva é branca-rosácea. Nos tubérculos inicia as galerías nas bases dos gromos. operculella en tubérculos O adulto ten unha lonxitude que non acada o centímetro. pero estendeuse por todo o mundo. As larvas como os adultos de Harmonia poden consumir ata 150 pulgóns por día. cos extremos escuros. Os seus ataques son moi importantes porque a eiruga vive nos tubérculos e os danos maniféstanse nas patacas que se gardan nos almacéns. TRAZA DA PATACA (Phthorimaea operculella Zell. Recoñecemento e diagnóstico Adulto de P. Para face-la posta prefiren os tubérculos de patacas.AGACA Control integrado Os métodos de control deben respectar no posible ós numerosos inimigos naturais. Bioloxía e observacións As femias son de hábitos crepusculares.

o ciclo repítese durante o inverno. que se desenvolven nas galerías abertas polas eirugas. Nos sitios con maiores temperaturas. Semente profunda. Realizarase un tratamento químico en vexetación. producíndolles túneles que a veces se podrecen Os danos que causa na parte aérea son insignificantes. e solo libre de malas herbas. capturándoos e matándoos por medio de trampas con feromonas sexuais ou trampas de luz. son necesarias de 1 a 2 trampas con feromona por hectárea. coma no campo. 154 . o que se consegue atraéndoos. Danos indirectos As larvas da "pombiña" comen no interior das follas.Manual de Produción Integrada A "pombiña" é natural de rexións cálidas. antes dos primeiros voos dos adultos. polo que só voa con temperaturas moi altas. Nos tubérculos de pataca almacenada. talos e tubérculos Dano causado nos tubérculos. Prácticas culturais En caso de ataques fortes. débense realizar tratamentos nos máximos das curvas de voo. e en condicións máis frías. Coloca-la gaiola na tapa da trampa Introduci-lo difusor de feromona Pecha-la gaiola As trampas débense colocar en primavera. As larvas raspan a casca dos tubérculos e logo métense no interior para se alimentaren. colocadas á altura do cultivo. inverna en forma de pupa nos restos de cultivo. ben aporcado. As patacas podrecen polo ataque de fungos e bacterias do solo. Umbral de tolerancia Se se empregan trampas de feromonas sexuais para o control de adultos. barrenan gromos. cun insecticida autorizado en produción integrada. así como dos tubérculos atascados. Control integrado Unha forma de combater a traza é elimina-los machos. Para a detección e seguimento da "pombiña". A trampa axeitada para a captura de "pombiñas" é a trampa para trazas. os danos poden ser moi importantes. cando se observe o máximo voo de machos nas trampas. como os almacéns. en cuxo interior se coloca unha pastilla de DDVP para que os insectos atrapados morran. e semanalmente contaranse as capturas de bolboretas. O difusor de feromona colócase nunha gaiola situada no centro da trampa. destrución dos restos de cultivo.

e sobre marzo e abril comezan os primeiros voos dos adultos.3. a Insecticidas de orixe biolóxica O IGR (regulador do crecemento): Azadiractin. Plantas hospedantes Son tipicamente praga en pataca. cun máximo de abril/maio. VERMES BRANCOS (Melolontha melolontha) Os vermes brancos viven baixo terra e aliméntase de raíces e tubérculos. Aliméntase só durante a noite. así como no pescozo da planta. Desinfección de almacén. O dano prodúcese pola larva. As larvas afectadas deixan de comer e morren. son lisas e brillantes. nos cales as larvas teñen unhas cores grisáceas.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias .5.4. Nese último caso depende do desenvolvemento da planta e das larvas para que ese dano sexa de importancia económica. nunca polos adultos.AGACA Empregar pataca de sementeira sa. e permanece oculta de día no solo. a pouca profundidade. Umbral de tolerancia e Control Integrado Ídem que na "pombiña" da pataca.3. cebola. 13. VERMES GRISES (Agrotis segutum e Agrotis ipsilon) Denomínase así a un conxunto de especies de noctúidos que corresponde a un complexo grupo de especies de Agrotis. Os adultos son de cores apagados. segetum pasa polo inverno como larva de últimos estadios en diapausa enterrada no solo. tubérculos. follas inferiores. e poden presentar 1 ou 2 xeracións ó ano. Cando chega a primavera completa o seu desenvolvemento. Causan danos importantes en pataca e cultivos hortícolas. millo. e envolta coma unha rosquilla. 155 . cando as larvas están desenvolvidas viven no solo. e pódense producir danos máis graves. Actúa por contacto e inxestión interferindo nos procesos de muda. Cando o cultivo pasa dun certo estado fenolóxico e o pescozo da planta ten un grosor suficientemente grande. Danos directos Os danos son producidos polas larvas desenvolvidas (L3 e seguintes) sobre raíces. aínda que se produza o ataque da planta é capaz de seguir o seu desenvolvemento e non se ve afectada na súa evolución. 13. As eirugas teñen coloracións grisáceos e envólvense con facilidade Bioloxía e observacións A. insecticida vexetal. se se vai almacenar pataca. ten efectos sobre tódolos estados larvarios e pupais de Agrotis spp e non ten efectos sobre ovos nin adultos. etc. Adulto de verme gris (Agrotis segetum Os vermes grises viven no solo.

Melolontha…) cuxas larvas viven no solo e en maior ou menor medida aliméntanse de raíces. con tegumentos brandos e carnosos. céspedes. As larvas teñen un desenvolvemento lento. ensaiáronse novidosos métodos na loita biolóxica. facendo galerías que merman a calidade e diminúen a produción. prados e na horta é funesta. de maneira que pode ser aplicado con regadeira. Corpo branquecino.Manual de Produción Integrada Recoñecemento e diagnóstico Larva de verme branco. por te-lo solo ben labrado. Durante este tempo. Danos directos As larvas masticadoras devoran raíces de multitude de plantas. as bacterias que porta invaden a larva e ésta morre en pouco tempo. Heterohabditis bacteriophora vive en simbiose cunhas bacterias que son as que verdadeiramente parasitan o verme branco. o período en estado de larva ten unha duración de 2 ou 3 anos. alimentándose os dous de ela e volvendo así a comeza-lo ciclo. Bioloxía e observacións As femias realizan a posta no solo. e tamén insecticidas de orixe biolóxica. arqueada. Ataca a vide. o que orixina en moitos casos focos de putrefacción. Ese nematodo comercialízase actualmente para o control de vermes brancos no solo (Anoxia villosa. patas longas pero débiles. aínda que de este último tipo aínda non existen ensaios contra o verme branco en España. 156 Crisálida de insecto rodeada de nematodos Heterohabditis bacteriophara . cabeza amarela ben desenvolvida e a parte final do abdome abultada de cor azulada. branquecina e co final do abdome abultado Aspecto característico dos tubérculos atacados pola larva do verme branco da pataca O aspecto das larvas é moi característico e responde ó tipo escaraveiforme. en galerías de 10 a 15 cm de profundidade. época na que se enterra a maior profundidade e permanece inactiva ata a primavera seguinte. O produto comercial distribúese en bolsas que conteñen arredor de 50 a 500 millóns de nematodos nun substrato que permite suspender o seu contido en auga. Para realizar o tratamento o solo debe estar húmido e manterse nesas condicións. a Control biolóxico O que mellor resultados presenta é o nematodo parásito "Heterohabditis bacteriophora Poinar". portando no seu interior estas bacterias. Cando atopa unha larva de verme branco. O nematodo móvese polo solo atraído polas feromonas que emiten os vermes brancos. arqueado de 40-45 mm de lonxitude. cando menos. de maneira que transparenta os alimentos. xa que. os 20 días seguintes. equipo de pulverización ou a través do sistema de rego por goteo. Métodos de control Con respecto á loita integrada. bulbos ou tubérculos. a larva é activa agás no inverno. tendo lugar ademais infeccións por fungos ou bacterias do solo. son eses os lugares preferidos por estes vermes brancos. é dicir.

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . Larva de verme branco parasitada polo fungo Beauveria brongniartii. xa que morrerían rapidamente por desecación.) As larvas dos coleópteros da familia Elateridae coñécense como vermes de arame.6.AGACA b Insecticidas de orixe biolóxica Beauvería brongniartii é un fungo entomopatóxeno cuxas esporas parasitan o verme branco en tódolos seus sentidos. pero cómpre vixiar que os tubérculos nunca queden expostos.3. dende ovo a adulto. 157 . ó pé da outra larva sa Aspecto dun verme branco adulto parasitado por Beauvería brongniartii c Loita química A loita contra o verme branco pódese facer sobre as formas adultas ou sobre as larvas. Recoñecemento e diagnóstico As larvas de elatéridos son amarelas e de aspecto ríxido. debido á delgadez e rixidez dos seus corpos. Denomínanse vermes de arame. medran e desenvolven con rapidez de forma que o insecto morre e o fungo reprodúcese cubrindo todo ou parte do insecto cun halo abrancazado producindo numerosas esperas que. en caso de alto grao de infestación absterse de sementar pataca nunha mesma parcela varias veces seguidas é o máis recomendable. cando o cultivo o permita. VERME DE ARAME (Agriotes sp. ademais son presa fácil de depredadores do solo e paxaros insectívoros. respectando as doses e os prazos de seguridade. de alcanzar a outro insecto. recoméndase colleita-la pataca no momento mesmo da súa madurez fisiolóxica. Colleita oportuna. Os elatéridos adultos teñen unha forma típica en oxiva e saltan cun mecanismo especial cando caen boca abaixo para recupera-la posición normal. repetirían o ciclo. que as larvas queden expostas ó exterior. Unha vez que as esporas conseguen entrar no interior do insecto. c Medidas culturais Resulta moi eficaz. xa que deixar que permaneza no solo aumenta a posibilidade de danos ó tubérculo por pragas. para elimina-las larvas mediante o emprego de insecticidas autorizadas en produción integrada. Rotación de cultivos. 13. Os tratamentos máis estendidos son ó chan. á esquerda.

As femias. microscópicos (orde de micrómetros mm). As femias son globosas en forma de pera e sedentarias de cor branca ou amarela clara. alaranxado ou marrón. alimentándose os dous primeiros de materia orgánica en descomposición. ocasionando a depreciación da colleita. No interior dos mesmos realízanse as dúas primeiras mudas. cun tegumento moi esclerotizado de cor amarelo. Os tubérculos atacados presentan oquedades. e móvense libremente.3. Bioloxía e observacións Os xuvenís de segundo estadio (J2) emerxen dos quistes en presenza dos exudados radiculares da pataca e invaden as raíces. Os machos adultos viven de forma libre no solo. Os (J2) na boca presentan un estilete a modo de agulla coa que succionan o alimento. Os ovos son esféricos e están retidos no interior do corpo enquistado da femia.7. sofren tres mudas ata transformarse en adultos. pero en ataques temperáns o tecido cicatriza arredor do burato da entrada.Manual de Produción Integrada A larva é cilíndrica e alongada. 158 . onde se fixan a elas e se alimentan dos seus contidos celulares. Aquí. NEMATODO DO QUISTE (Globodera rostochiensis Woll) Praga cunha alta incidencia en determinadas zonas de Galicia onde maior importancia ten o cultivo da pataca e que produce importantes perdas no rendemento do cultivo. Control integrado Ídem ca en vermes brancos. Hospedantes Estes nematodos presentan como hospedantes a solanáceas cultivadas (pataca. fixados á raíz. logo sofren tres mudas ata transformarse en adultos.5 mm de diámetro. tomate e berenxena) e algunhas adventicias como Dulcamara (Solanum dulcamara). Os maiores danos realízaos sobre patacas de media estación e tardías. Os exudados radiculares destas plantas provocan a eclosión dos estadios xuvenís (J2) situados nos quistes. Miden arredor de 20 mm de lonxitude e posúen unha cutícula dura que lles proporciona certa rixidez e tarda en desenvolverse 4 anos. ata o segundo estadio (J2) que sae do ovo e penetra nunha raíz. e na primavera chega á zona radicular. 13. Recoñecemento e diagnóstico Femias (cor branca e amarelo claro) e corpo da femia enquistado (color marrón) de G. e fanse visibles sobre a raíz da pataca como pequenas boliñas de 0. ó final do desenvolvemento engrosan moito. Estramonio (Datura stramonium). Danos e importancia O verme inverna nas capas profundas do solo. rostochiensis incrustadas nas raíces da pataca Detalle da cabeza e do estilete dun xuvenil do 2º estadio (J2) Os machos adultos son vermiformes e alongados.

trala cópula. Todo factor desfavorable ó cultivo aumenta os seus danos. O valor deste umbral varía coas poboacións (algunhas son máis perigosas outras) e coas variedades de pataca. follas pequenas e morte prematura. tamén. os ovos son conservados no interior do seu corpo. en rodais e acábanse estendendo a toda a parcela Método de mostraxe Pódense realizar mostraxes sobre o terreo ou sobre as propias raíces das plantas para determinar se se observa o corpo da femia engrosado sobre as mesmas. con bastón holandés. ó principio. 50 catas/parcela. como Verticillium ou Rizoctonía. O dano relaciónase co nivel de infestación inicial do terreo. rostochiensis segmentado en cuxo interior chegan a albergar entre 200-300 ovos Aspecto dun estadio xuvenil (J2) de G. debidos a outras enfermidades. Os síntomas aparecen. medida como número de formas xuvenís por gramo de solo (J2 / gr). despois. rostochiensis Danos directos O nematodo provoca perdas de rendemento no cultivo (tamaño e peso dos tubérculos) e a planta afectada presenta un mal crecemento: con síntomas de clorose. Estes síntomas aparecen primeiro en rodais e acábanse estendendo a toda a parcela. que se enquista e pode permanecer moitos anos en forma de quiste. gromos malformados. marchitez. A súa presenza agrava os danos. pódense recoller mostras de raíces para a súa análise en 50 puntos por hectárea e envialas ó laboratorio que designe a administración. a falta de auga que se produce nos solos areosos provoca que estes sexan os máis afectados. É recomendable mostrear o solo da parcela antes de sementar. Co cultivo implantado. Detalle dun rodal nunha pataqueira.AGACA As femias visibles sobre as raíces son brancas e.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . Quiste duna femia de G. recollidas en zigzag. Umbral de tolerancia As parcelas con antecedentes de nematodos poderanse tratar sen a presenza de síntomas. de cor amarela clara. por exemplo. ananismo. recollendo 1 kg de solo. ou no caso de mostrear o solo indícanse de forma orientativa as seguintes perdas de rendemento en relación coas formas viables de ovos e larvas do segundo estadio (J2) por gramo de solo: 159 .

O tratachiensis sobre raíces de pataca mentos realizaranse nos focos ou de forma xeneralizada cando o número de focos detectados sexa maior de un por cada 1000 m2. polo que é necesario empregar pataca de sementeira certificada. Outras medidas de control son a solarización ou a inundación da parcela no verán. dada la elevada toxicidade dos nematicidas. aínda que se incorre no risco de seleccionar outras especies de nematodos presentes no solo. Os tratamentos realizaranse seleccionando de entre as materias activas que exerzan un control efectivo. as de menor toxicidade resDetalle de femias e quistes de G. as máis destacables son: A rotación de cultivos: en casos de alto grao de infestación. residuais.) de By) Trátase da enfermidade máis importante que afecta ó cultivo da pataca. e é a que produce maiores perdas económicas en todo o mundo.8. Para que se desenvolva a enfermidade deben confluír os seguintes factores: dispoñibilidade de inóculo sensibilidade varietal temperatura axeitada humidade relativa axeitada 160 . b Medidas culturais As medidas culturais son as máis recomendables. MILDEU DA PATACA (Phytophtora infestans (Mont. Métodos de control: a Loita química Os nematicidas máis comúns son produtos tóxicos. 10 formas viables: 10 % de perdas 30 formas viables: 15% de perdas 50 formas viables: entre 18-25 % de perdas. ámbalas dúas de difícil utilización na nosa zona de cultivo. Emprego de variedades resistentes: permite en primeira instancia reducir as poboacións de nematodos no solo nun 60-80% anualmente.Manual de Produción Integrada 2 formas viables: comezan danos. 13. polo que de realizarse a loita química só se considera xustificado en parcelas con antecedentes ou que a través de mostraxes se evidencie que superen o umbral de tolerancia. rosto. Medidas profilácticas: a profilaxe debe comezarse polo rexeitamento de todo o material contaminado directa o indirectamente destinado á multiplicación. manter unha parcela dous anos sen cultivar pataca diminúe drasticamente o número de quistes viables no solo. rodas de tractor e botas que trasladan os quistes de nematodos dunha parcela a outra propagando a infección. e cun elevado prazo de seguridade (arredor dos 2-3 meses).3.pectando as doses e os prazos de seguridade recomendados. despois de ser cultivadas 3 ou 4 veces nunha parcela. Limpar a terra de apeiros. de amplo espectro.

dando lugar a podremias.7 a 15 0 0 1 2 3 4 4 15 a 26. Se o ataque é moi forte pode incluso afectar ós tubérculos.12 13 . é necesaria unha estación meteorolóxica.7 0 0 0 1 2 3 4 11. Estación meteorolóxica situada ó pé dun cultivo de pataca Método 1: Seguimento das condicións de temperatura e humidade relativa para determina-lo Índice Acumulado segundo a seguinte táboa. que evolucionan a cor negra e disemínanse polos pecíolos cara o talo. difusas e irregulares situadas preto dos bordos dos foliolos.18 19 .21 22 .5 CALCULO DO INDICE 0-9 Horas ininterrompidas de humidade relativa (Hr) maior do 90% 10 .15 16 . As partes atacadas permanecen firmes. ben na propia plantación ou ben o máis próximo posible a ela.2 a 11. 161 . Para determina-lo momento de realiza-lo primeiro tratamento. de aí o sobrenome de podremia seca Os síntomas son unhas amplas manchas pardas. pero os melloradores están traballando en introducir resistencias polixenéticas que non poden ser superadas polo fungo.20 ºC.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . Temperatura media (ºC) durante o período en que a humidade relativa (Hr) é do 90% ou superior 7. Métodos de mostraxe e umbral de tolerancia Para o control axeitado do mildeu. ámbolos dous débense comezar cando o cultivo acade o 50% de emerxencia. que mostre en todo momento a temperatura e a humidade relativa.8 0 1 2 3 4 4 4 Non se acumulan valores máis de 26. existen dous métodos.AGACA Na actualidade non existe ningunha variedade comercial completamente resistente ó mildeu. Recoñecemento e diagnóstico Lesión en folla de pataca causada polo mildeu Phytophthora infestans Lesións do mildeu en pecíolos e talos de pataca.24 + 25 Débese intervir de 7 a 14 días despois de que o índice acumulado chega a 18 .

antes de que haxa síntomas visibles na parcela. non se inclúe este día na conta.9. O total de choiva caída nos 10 días precedentes é de 30 mm. Aspecto das esporas do fungo "P. visto ó microscopio electrónico Unha vez que sabemos o momento no que aparecerá a enfermidade. e Mart. e en menor medida. Por isto contamos con sistemas que nos permiten predicir cando vai aparece-la enfermidade. O desenvolvemento da enfermidade ten lugar durante os períodos de humidade e seca de forma alternativa. NEGRÓN DA PATACA (Alternaria solani (Ell. realizarase o tratamento con produtos químicos autorizados en produción integrada. respectando as doses e os prazos de seguridade.) Esta enfermidade adoita afectar ós talos e follas da planta. Recolección dos tubérculos afectados antes de almacenalos. mantendo a temperatura o máis baixa posible. Medidas culturais Emprego de variedades resistentes.3. Recoñecemento e diagnóstico A infección comeza nas follas máis vellas. Observaranse semanalmente 10 follas da metade inferior da planta (excluíndo as mortas) en 10 zonas da plantación. solani en follas de pataca Método de mostraxe e umbral de tolerancia A mostraxe para a detección temperá de Alternaria comezará con observacións de 40 a 50 días despois da emerxencia. Lesión de A. dando lugar a pequenas manchas circulares que van escurecendo a medida que medran. Se a temperatura media do 5º día é de 7. Control integrado O control da enfermidade fundaméntase na realización dos tratamentos no momento axeitado. considerando día de choiva favorable cando: A temperatura media dos 5 días precedentes é de 25. Durante o almacenamento a ventilación será axeitada. e non comeza a contar. comeza a contar. Destrución de posibles fontes de inóculo como montóns de residuos agrícolas.Manual de Produción Integrada Método 2: Determina o primeiro tratamento predicindo o comezo da enfermidade de 7 a 14 días despois do rexistro de 10 días consecutivos de choiva favorable.) Sor. 13. contando o número de follas que manifesten síntomas temperáns de 162 . ós tubérculos.5º C. Manter unha boa cobertura do terreo por medio de aporques axeitados. infestans" sobre unha folla de pataca.2º C.5º C: Se a temperatura media do 5º día é de 25. En ocasións as lesións presentan aneis concéntricos de cor variable entre marrón escuro e negro. É fundamental que os tratamentos se apliquen dende o punto de vista preventivo.

e que penetran pronto no interior do talo. chegando a acadar os 4 cm. aínda que as de Sesamia tenden a alimentárense máis tempo no envés das follas antes de penetrar. O ciclo vital e os danos producidos son semellantes en ámbalas dúas especies. As bolboretas de segunda xeración poñen os ovos nas plantas de millo. O umbral para o tratamento establécese cando se detectan algunhas manchas sobre as follas baixas.10.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . As eirugas son rosáceas polo dorso e brancas pola súa parte ventral. cunha franxa distal escura cuns puntos negros. Ós poucos días emerxen as eirugas que se alimentan das follas. Ademais. No noso país aparecen as dúas especies xuntas. Os adultos de Ostrinia son máis pequenos. incluso ás veces na mesma caña. ata uns 2 cm. Os danos provocados pola primeira xeración. En primavera adoitan aparecer antes os adultos de Ostrinia cós de Sesamia.AGACA Alternaria. 163 . Control integrado Baseado na aplicación de funxicidas autorizados en produción integrada. tamén teñen coloracións máis escuras e variables. achatados e postos en grupo. non son elevados. As ás posteriores son brancas. entre 2 e 3 cm. nonagrioides atacando unha mazaroca Os adultos de Sesamia poden chegar a medir entre 3 e 4 cm de lonxitude. Destrución de restos de cultivares anteriores. Ostrinia nubilalis) Hai dúas especies de trades ou barrenadores do millo: o noctúido Sesamia nonagrioides e o pirálido Ostrinia nubilalis. A eiruga de Ostrinia é máis pequena. Fan postas nas malas herbas ou nas plantas novas. recoméndase: Realizar amplas rotacións de cultivos. Os ovos son globosos. se ben é máis intenso o ataque de Sesamia. 13. Utilización de cultivares menos susceptibles ó ataque de Alternaria.3. A Ostrinia ponos no envés de calquera folla mentres que a Sesamia deposítaos entre a casula da folla e o talo. respectando as doses e os prazos logo de supera-lo umbral de tolerancia. de cor amarela grisácea cunha banda escura no dorso e puntos negros. As ás anteriores son de cor amarela clara. TRADE DO MILLO (Sesamia nonagrioides. A larva prepara o orificio de saída do futuro adulto antes de pupar. normalmente nas follas inferiores. unha femia pode poñer uns 500 ovos. Recoñecemento e diagnóstico Eiruga de Ostrinia nubialis atacando unha mazaroca Eiruga de S. cristalizan na mesma caña e o adulto sae en maio. Bioloxía e observacións Invernan en forma de eiruga desenvolvida dentro da cana de millo. en xeral.

agronómico (cambiando as prácticas culturais). Femia adulta de Ostrinia nubilalis (esquerda) e macho (dereita) Trampa para trazas: o difusor de feromona alóxase no interior da gaiola 164 . ó que hai que sumar o ataque directo sobre a mazaroca. Para a "detección e seguimento" do trade. Tamén pode vivir no interior da mazaroca. biolóxico (empregando parásitos das larvas ou ovos) e control xenético (desenvolvendo plantas transxénicas resistentes ou variedades resistentes ó ataque da praga). co que a planta se debilita. colocadas á altura do cultivo. Isto provoca perdas no rendemento do cultivo. Nas condicións ambientais galegas ten dous ciclos anuais. Danos indirectos Danos producidos polo trade do millo en talos e gromos do millo As galerías que escarvan no interior da cana destrúen a medula. en ningún caso. capturándoos e matándoos por medio de trampas con feromonas sexuais. Cada método debe contribuír en distinta medida á diminución do efecto da praga e. a Control mediante manexo de feromonas sexuais e trampas Unha maneira de combate-la traza é eliminando os machos. antes dos primeiros voos dos adultos.Manual de Produción Integrada As eirugas de segunda xeración poden atacar calquera parte da planta. As larvas novas adoitan penetrar ó interior da cana destruíndo a medula. o que se consegue atraéndoos. un método ten que excluír ós demais. As trampas débense colocar en primavera. o que produce o debilitamento do talo e o encamado da planta. son necesarias 1 ou 2 trampas con feromona por hectárea. As plantas atacadas rompen polo pé moi doadamente. Métodos de control O control da praga do trade tense intentado por diversos métodos: control químico (empregando insecticidas). e semanalmente contaranse as capturas de bolboretas para a confección da curva de voo. provocando a redución da colleita.

e ó cabo de 5 a 7 días póñense de cor escura. c Loita química O emprego de insecticidas é especialmente ineficaz par o control desta praga. Para facer "capturas masivas" auméntase a cantidade de trampas por superficie. deixan de se alimentaren e morren. Comercialízanse en estado de pupa negra en tarxetas para pendurar das plantas (unha caixa adoita conter 7 tiras de 6 tarxetas. Unha trampa controla unha superficie de 500 a 1000 metros cadrados. A Azadiractina (inhibidor do crecemento) tamén dá moi bos resultados sobre os estadios larvarios. A trampa axeitada para a captura do trade é a trampa para trazas.AGACA Mediante umbrais de tolerancia establecidos en cada zona. os insecticidas arrastran o problema de que os seus residuos poden ser tóxicos para os organismos beneficiosos e a saúde humana. estanse a realizar probas no campo. segundo a situación e a homoxeneidade das parcelas. Polo que respecta á "confusión sexual". d Control biolóxico Trichogramma. As ceibas débense realizar cando se observen as primeiras bolboretas. para acadar as larvas neonatas antes de que penetren nos talos. pero non se probou aínda contra Sesamia. é unha avespa case imperceptible a simple vista. ademais da imposibilidade de realizar tratamentos en fases avanzadas do cultivo. O difusor de feromona colócase na gaiola situada no centro da tapa da trampa. Aspecto da avespa poñendo os seus ovos no interior dos ovos de trade de millo (Ostrinia nubilalis) As cápsulas colócanse uniformemente por todo o cultivo cando as bolboretas de Ostrinia están poñendo os seus ovos no millo O emprego da avispa parásita Trichogramma spp. 165 . Ademais. Isto tradúcese nunha densidade de 10 a 20 trampas por hectárea. que parasita ovos de Ostrinia.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . en cuxo interior se coloca unha pastilla de DDVP para que os insectos atrapados morran. que actúa por inxestión: as larvas paralízanse. Unha femia de Trichogramma pode poñer de 30 a 90 en 7 días. e loita química racional (se o estado de desenvolvemento da raíz permite a aplicación dun tratamento). b Control de insecticidas de orixe biolóxica Os trades pódense controlar tratando en pulverización as plantas durante o período de eclosión dos ovos. das que sairán unhas 10. posto que as larvas viven a maior parte do tempo no interior da cana.000 Trichogrammas). Os ovos de Trichogramma desenvólvense no interior dos de Ostrinia. ou insecticidas de orixe biolóxica. defínese despois o momento de adoptar medidas de control que poden ser: capturas masivas. que apenas se ve a simple vista. Recoméndanse: Baccillus thuringiensis. Recoméndanse insecticidas autorizados en produción integrada (baixa toxicidade e selectivos) e ás doses recomendadas. que nunha primeira etapa se realizarán para o control de Sesamia nonagroides. Trátase dun diminuto endoparasitoide. control biolóxico. deu bos resultados na loita contra Ostrinia nubilalis.

5 cm de tamaño. alimentándose de raíces e outros órganos vexetais a nivel do solo Os adultos son mosquitos de gran tamaño de cor grisácea. por exemplo no millo.11. Os ovos son alongados de cor negra metálica. Prefire realizala nos terreos húmidos.) O seu aspecto externo lembra ós grandes mosquitos que viven entre a vexetación. xa que a humidade é necesaria para que o ovo se desenvolva. As larvas son cilíndricas e alongadas. unha en primavera e outra en outono.Manual de Produción Integrada Cada cápsula contén arredor de 600 pupas (ovos de Ostrinia parasitados por Trichogramma). Ten unha consistencia dura polo que é moi difícil de esmagar. Estímase que ten dúas xeracións anuais. Nas condicións galegas sería conveniente realizar "sementeiras temperás" para evita-lo ataque da segunda xeración dos trades. Esta ten o seu pico a finais de agosto. As femias da primeira xeración aparecen en primavera e realizan varias postas no solo introducindo na terra varios centos de ovos. co abdome máis amarelado no caso da femia. alimentándose de materia orgánica e de raíces. A pupa é algo máis pequena cá larva. Recoñecemento e diagnóstico As típulas presentan o aspecto dun mosquito de ás grandes e patas longas e fráxiles. As larvas desenvolvidas acadan máis de 3 cm de lonxitude e son de cor gris e aspecto terroso.5 a 2. pero da mesma coloración. Por outra parte. de regadío ou con abundante vexetación. preto do chan. 13. e desenvólvense no solo. polo que para reduci-las poboacións de trades recoméndase arrinca-lo restroballo triturado. Na súa fase adulta carecen de importancia agrícola As larvas de típulas desenvólvense no solo. As avespas emerxen por minúsculos buratos de escape 5 días despois da introdución Os ovos de trade parasitados por Trichogramma diferéncianse en que ó cabo de 5 a 7 días póñense de cor escura e Control de tipo cultural Este tipo de control é doadamente compatible con outros métodos. TÍPULA DOS PRADOS (Tipula spp. e de 1. en ocasións un labor oportuno reduce a poboación do axente produtor da praga. que posteriormente se transformará en pupa. O inverno pásao no solo en forma de larva activa.3. Bioloxía e observacións Os adultos con hábitos diúrnos voan en primavera e principios de verán por riba da vexetación. 166 . e nese momento as plantas de millo que se sementaron cedo encontraranse nun estado de desenvolvemento no que os danos producidos pola praga serían menores.

a Control integrado Na loita química recoméndanse tratamentos en outono ou en inverno (xaneiro . Os nematodos reprodúcense e abandona a larva morta no estadio de larva 3. e co que se obtiveron bos resultados. alfalfa. segundo diversos autores. establécese arredor de 100 larvas por metro cadrado. ano ou aberturas respiratorias. son difíciles de observar. ás doses recomendadas e respectando os prazos de seguridade. que se probou en Estados Unidos. 167 . Os nematodos son claramente visibles dentro da cavidade do corpo da larva Este nematodo agarda no solo a aparición das súas vítimas. efectuando un reconto do número de larvas presentes no terreo. multiplícanse e destrúen os seus tecidos. con produtos autorizados en produción integrada. Polo xeral. e vólvense mucosos. Alemaña. consumen logo raíces e nútrense do pescozo e das follas de plántulas que se atopan ó nivel do solo. as bacterias do tracto intestinal do nematodo dispérsanse polo interior da larva parasitada. Lesións provocadas polas larvas de típula nas follas dunha plántula Método de mostraxe e umbral de tolerancia A mostraxe realízase en "cepellóns" de 40x40x10 cm. céspedes e cultivos nos que pode encontrar as condicións de humidade requiridas para a súa vida. Aspecto do nematodo Steinernema feltiae. ó comeza-la súa alimentación. etc.. que son as que producen rapidamente a morte da larva hospedeira Larva infectada por Steinernema feltiae.febreiro) ó superar o umbral de intervención.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . transformándoos en produtos que o nematodo pode absorber doadamente. b Control biolóxico Steinernema feltiae é un nematodo entomopatóxeno empregado para o control biolóxico de larvas de nematodos de Tipula oleracea e Tipula paludosa e outros insectos. Danos directos Provocados polas larvas. de día permanecen no interior do solo en posición máis ou menos vertical. cuxo desenvolvemento ten lugar en hortícolas en xeral e en praderías. que en principio adoitan alimentarse de restos vexetais e humus. ás cales penetra activamente pola boca.AGACA Hospedantes Son especies moi polífagas. Os insectos infectados adquiren unha cor entre amarela e marrón clara. En cada parcela realizarase un mínimo de 3 mostras. o cal mostra unha asociación mutualista con bacterias. A larva morre en poucos días (24-72 horas). O umbral de tratamento. Francia. e saen de noite para tomar alimento.

Os formulados comerciais conteñen arredor de 50 millóns de nematodos xuvenís. non están infectadas b Medidas culturais Débense evitar condicións de excesiva humidade sobre o terreo. sas.Manual de Produción Integrada Para que o tratamento sexa activo o solo debe estar húmido e a temperatura do substrato ha de comprender entre 10 . polo que é recomendable unha correcta drenaxe nas praderías e campos de cultivo. pois é vital para o seu desenvolvemento. 168 . As pupas da esquerda están infectadas co nematodo Steinernema feltiae. Estes produtos aplicaranse mediante regadeira. e no momento da mestura coa auga despéganse da materia inerte e forman unha suspensión. rego por goteo ou pulverización groseira. Os nematodos mestúranse cun substrato inerte (vermiculita). Os labores de cultivo axudan a diminuí-lo número de larvas. as da dereita. En casos de ataques reiterados aconséllase rotación de cultivos.30 ºC. Un envase de 50 millóns de nematodos serve para tratar 50 metros cadrados.

Os adultos emerxen en primavera de maneira escalonada e volven no crepúsculo. Tamén se coñece como verme das uvas. atópanse escondidas na codia das cepas. Sen embargo. Danos indirectos e directos A primeira xeración causa danos ós botóns florais e flores. e de 3 nas rexións máis cálidas. etc. a eiruga tece un abrocho nas follas ou na codia e. no seu interior e crisálida e sae unha nova xeración de adultos. As invernantes atópanse envoltas por un abrocho branco Bioloxía e observacións Inverna en forma de crisálida escondida na codia das cepas. a traza do acio sexa a praga máis importante do cultivo da vide no noso país. Recoñecemento e diagnóstico O adulto ten uns 12 mm de envergadura e as ás de cor marrón con diversos tons claros e escuros. O dano máis importante que producen as larvas da 2ª e 3ª xeración consiste en que as feridas que abren nos froitos son vía de entrada para podremias do acio (sobre todo Botrytis) que poden chegar a ser mo graves. botrana pon de 50 a 80 ovos que eclosionan á semana. os machos son algo menores cás femias. entre as que podemos citar: Eupoecilia (Clysia). A pupa está protexida por un abrocho sedoso de cor branca. ás veces marrón coa cabeza de cor pardo.AGACA 13. a Lobesia Botrana é a máis estendida e moito máis importante cás demais. formando masas. Unha femia de L. A segunda e terceira xeración de adultos fan a posta sobre os grans. Ó final do período larvario (20-30 días).4. buscando zonas sombreadas e ó abeiro da desecación. Os ovos son amarelados e aplastados. Hai ademais outras especies que son coñecidas como trazas do acio.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . Os ataques de Lobesia provocan podremias nos acios Crisálida de Lobesia botrana. O número de xeracións pode ser de 2 nas rexións de clima máis fresco. preferentemente se están listos e secos. Grans de uva atacados por unha eiruga da traza do acio Lobesia botrana. A larva é de cor verde. ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS NO VIÑEDO TRAZA DO ACIO (Lobesia botrana) Posiblemente. atópanse de forma illada sobre os froitos. pero son de escasa importancia. uníndoos ademais cuns fíos sedosos segregados pola larva. fiandeiro. A eiruga emerxida ataca os botóns florais. A posta dos ovos desta primeira xeración realízase sobre a corola das flores. 169 . A presenza de humidade ou po de xofre nos acios evita a posta. semellando unha pequena gota de cera. aínda que pode variar segundo o clima de cada ano. solo e acios. A segunda e a terceira xeración producen danos indirectos nos grans ó penetrar no seu interior e alimentarse deles. Isto tradúcese nunha perda de valor comercial das uvas. e tamén se pode atopar no solo ou nas marxes. Ambiguella e Cryptoblabes Gnidiella. xa que non afectan á colleita en cantidade nin en calidade.

quedan atrapados no adhesivo da lámina. salvo que se realizase en tódalas parcelas dunha zona. botrana é a triangular. a. o umbral é moi baixo. Métodos de control a Control mediante manexo de feromonas sexuais e trampas a.) Para capturas masivas Captúranse. tipo delta. Cando hai viñedos pequenos e irregulares requírese maior número de trampas ca en parcelas de maior superficie e uniformes. e ó comezo da floración e semanalmente contaranse as capturas de bolboretas. o difusor de feromona.1) Para detección e seguimento de voos Neste suposto.2. é o momento de adoptar as medidas de control en caso de insecticidas convencionais. colocadas á altura do cultivo. As trampas débense colocar no mes de abril para detectar tamén a primeira xeración. Na súa base colócanse as láminas apegañentas.1. que se traduce nunha densidade de 10 a 20 trampas por hectárea. Para a segunda xeración.Manual de Produción Integrada Umbral de tolerancia Se se empregan trampas de feromonas sexuais. entorno ó 3-5% de acios afectados se son variedades sensibles a Botrytis. botrana é a triangular. os machos de Lobesia botrana. Desta maneira reducimos a poboación da praga. Nas condicións minifundistas de Galicia non tería unha viabilidade clara. Tamén cómpre destacar o tamaño do cultivo. débense realizar tratamentos nos máximos das curvas do voo. tipo delta. Para realizar capturas masivas auméntase a cantidade de trampas por superficie. A trampa idónea para a captura de L. en cuxa base se colocan as láminas apegañentas máis o difusor de feromona 170 . son necesarias de 1 a 2 trampas por hectárea. Os insectos. Unha trampa controla unha superficie de 500 . Tipo de trampas A trampa idónea para a captura de L. polo que as femias non copuladas terán ovos inviables. o nivel de control que se pretenda. A desvantaxe desta trampa é que as capturas dependen da saturación da lámina apegañenta. e leva un colgador de arame especial para ubicala á altura do cultivo. cando na curva de voo se rexistre un máximo. Para a primeira xeración o umbral establécese co 20-40% de acios con glomérulos. Factores que inflúen na cantidade de trampas necesarias son a poboación da praga. co propósito de reduci-los aparellamentos. etc. principalmente.000 metros cadrados. os cultivos limítrofes. atraídos pola feromona. segundo a situación e a homoxeneidade das parcelas.

d Control biolóxico Inclúense aquí os métodos de control que se basean no uso racional e dirixido dos inimigos naturais. entre outras. evanescens West. en caso de capturas masivas. sobre todo onde se cobren grandes extensións de cultivo. xa que quedan por perfeccionar e resolver determinadas cuestións. e os veciños teñan un alto nivel de infestación con esta praga. empregados polo momento en L. Confusores para o control de Lobesia botrana. T. Recoméndase aplicar a razón de 500 cápsulas / ha ou 250/ ha en caso de loita combinada. e facer un tratamento adicional nos bordos da parcela. que está entre 1 e 3 capturas por trampa e día. defínese despois o momento para adoptar medidas de control. polo que os machos confundidos non logran aparellarse. reducíndose así a poboación de praga Comercialízanse cápsulas. Aconséllase non tratar parcelas de superficie inferior a 4 hectáreas. tubefenocida que se deben aplicar logo da eclosión dos ovos de 2ª xeración. pódense colocar unha ou dúas trampas por hectárea para a detección e seguimento da praga. En primavera. 171 . o de detección e seguimento e o de capturas masivas. a perfecta coincidencia temporal hospedador-parásito e a optimización dos sistemas de liberación no viñedo. antes do primeiro voo das bolboretas por toda a superficie da área a protexer. c Control con insecticidas de orixe biolóxica Como produtos recomendades en control integrado. está o insecticida Bacillus thuringiensis e os IGR (reguladores do crecemento): fenoxicarb. Resultados obtidos Un control de máis do 95% é bastante frecuente. e varía segundo a zona. daumalae Dug. O obxectivo é reduci-lo número de acoplamentos entre adultos.) acadou o nivel de experimentación no campo en varios países. e con iso diminuí-las poboacións e os danos. Existen experiencias en Galicia e con resultados do 100% de eficacia. o control da diapausa. antes de que se produza o primeiro voo de adultos. Pódese dicir. Así. A produción e liberación de avespas parásitas de ovos (Trichogramma sp. Libérase unha concentración esaxerada de feromona sexual no ambiente. o método tardará previsiblemente en poderse aplicar. de forma xeral. Sen embargo.AGACA Época de emprego Para conseguir un bo control da traza de acio recoméndase combinar os dous métodos. As especies cun maior interese aplicado a L. botrana e obxecto actual de estudio son T. Un factor limitante deste sistema pode ser cando existen moitas parcelas pequenas distribuídas por moitos lugares. flufenoxurón. botrana. Débense distribuírse uniformemente co fin de conseguir que a concentración de feromona sexa homoxénea en toda a superficie tratada.. Obtéñense resultados positivos sempre que na superficie do viñedo que empregue esta técnica sexa totalmente uniforme na súa aplicación. o mantemento do parásito a niveis axeitados no cultivo. as femias non copuladas terán ovos inviables. b Confusión sexual Mediante a colocación de difusores de feromona. Mediante umbrais de tolerancia establecidos en cada zona.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . cando a superficie de viñedo era totalmente uniforme na aplicación desta técnica. O umbral para Lobesia botrana é moi baixo. cacoeciae Marchal e T. como rendibiliza-la cría en mas.

2. Despois dunha segunda muda aparece o imago ou insecto adulto. Danos directos Os seus danos indirectos limítanse ás follas. Recoñecemento e diagnóstico Aspecto do estado larvario do mosquito verde (Empoasca vitis) Aspecto dun adulto de mosquito verde (Empoasca vitis) O insecto adulto é de forma alongada.Manual de Produción Integrada e Medidas culturais Recoméndase o emprego de difusores de feromonas sexuais para o control pola técnica de confusión. pataca. MOSQUITO VERDE (Empoasca spp. Son moi abundantes. O estado larvario dura de 10 a 12 días. Nestes momentos a súa poboación é moi baixa. Emprego de trampas sexuais e alimentarias para o control da curva do voo. As larvas son amareladas. Realizar unha poda en verde (esfollado e desnetado) para facilita-la ventilación e exposición dos acios. O ciclo biolóxico é moi rápido. etc. Tamén ataca a outras especies silvestres e cultivadas como tomate. Co seu aparello chupador ataca principalmente os nervios das follas producindo manchas escuras. Hospedantes Pasan o inverno en fase de adulto sobre gran número de plantas cultivadas e silvestres. As ás son translúcidas e os élitros verde-amarelados. 172 . polo que os seus danos pasan inadvertidos. 13. pois ten de 4 a 8 xeracións ó ano. berenxena. Os ovos son brancos. á brotación da viña. Unha femia de Empoasca spp. sobre todo en herbas de ribadas e sitios abrigados. Tamén se observa crispación do bordo da folla cun enrolamento sobre o envés. alongados e póñenos no interior do espesor da folla. Se o ataque se produce nas primeiras fases de desenvolvemento dos gromos.) Varias especies do xénero Empoasca son coñecidas co nome de mosquito verde. e do adulto os seus saltos para ir de parra en parra. É característico da larva o seu desprazamento en oblicuo sobre o envés da folla. emigran para ela. sobre todo de xullo a setembro. aparecen descoloracións e desecacións marxinais. Bioloxía e observacións En primavera. Dentro do estadio larvario realizan varias mudas cuxos refugallos se poden observar sobre o envés da folla.4. chega a poñer arredor de 50 ovos. repartidos nos pecíolos e nos nervios principais das follas. de 2 a 3 mm de lonxitude e de cor verde clara.

Control integrado Débese basear no seguimento das súas densidades poboacionais e na optimización das intervencións fitosanitarias mediante a aplicación de produtos autorizados para a loita integrada nos momentos nos que os umbrais de tratamento son superados.… Umbral de tolerancia Se se realizan mostraxes semanais contando o número de individuos en 100 follas. como poden ser Orius sp.3. A sintomatoloxía descrita para este grupo de parásitos non é específica. ademais de que non se teñan atopado en mostraxes de fauna útil realizados en Galicia. que parasita ovos de cicadélido. Estes ovos presentan unha aparencia encarnada. aínda que a súa capacidade de control parece ser moi limitada. ataques de ácaros. e que con ataques graves supón unha perda importante na calidade da colleita. Danos indirectos Como danos indirectos do ataque destes parásitos sinalamos a falta de madurez no froito. "carencias alimenticias". 13. que en España practicamente ataca as viñas galegas. no interior dos cales realiza a posta e desenvólvese. A modo de observación. O principal inconveniente de Anagrus atomus á hora de controla-los cicadélidos é que a súa presenza é abundante cando os danos causados son xa importantes. agosto e setembro) os síntomas localízanse sobre follas xa formadas. e pódese prestar a posibles confusións con síntomas do "virus do enrolado". o umbral de intervención fíxase en 250 mosquitos por trampa semanalmente. entre os depredadores de cicadélidos atópanse especies xeneralistas.AGACA Se o ataque ten lugar nunha fase máis avanzada (finais de xullo. PEDROULO (Cneorrhinus dispar) Cneorrhinus dispar é un coleóptero da familia dos Curculiónidos. polo que se chama "fungo colorado". motivo polo que baixa moito a súa efectividade.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . cando a larva está madura pódense observa-los seus ollos. o umbral de tolerancia sitúase de 1 a 2 individuos por folla. 173 . Se se empregan trampas cromotrópicas amarelas. presentando nos bordos un arroibamento.. principalmente carencias de potasio e boro.4. Adulto de Anagrus atomus parasitoide de ovos de mosquito verde Trampa cromotrópica amarela. empregada para a detección e seguimento da praga Entre os parasitoides destaca o mirárido Anagrus atomus. que logo torna as plantas murchas e secas. e Chrysopa sp.

O corpo é globoso. O umbral de tolerancia sitúase do 3 ó 5% das xemas comidas. é dicir. logo de sucesivas mudas. 13. obsérvase a forma triangular no extremo posterior do abdome Os ovos son alongados. emerxendo os adultos dende finais de marzo ata o mes de xuño aproximadamente. Desorganiza o funcionamento dos tecidos e pode provoca-la morte das viñas enfermas. emerxendo as larvas que volven ó solo para se alimentaren e desenvolvérense. de 1.4. Inverna no solo en estado larvario. Bioloxía e observacións Cneorrhinus dispar presenta unha única xeración ó ano. onde. alimentándose de raíces. de cor negra e está recuberto de escama grises ou brancas. Tamén se pode alimentar dos bordos das follas. As crisálidas son de cor branca cremosa. provocando a súa destrución. Efectúa as súas postas en follas e madeira. de cor branca e a cabeza marrón escura. que se considera dende xema inchada ata follas estendidas. Son moi móbiles e atópanse no 174 . CICADELA BRANCA (Scaphoieus titanus Ball) A transcendencia de Scaphoideus titanus reside en que é o vector responsable de transmitir o fitoplasma. Efectúan o seu desenvolvemento no interior do solo. Titanus.3 mm de lonxitude e de cor clara. As femias teñen na cabeza tres bandas transversais escuras. perigosa enfermidade no viñedo. Titanus). O adulto aliméntase de xemas.4. débense realizar mostraxes semanais de 100 xemas para determinar se están comidas ou danadas pola praga. Recoñecemento e diagnóstico Aspecto dunha femia adulta de cicadela branca (S. e os machos teñen unha soa Estado larvario de S. follas novas e estados previos ó acio. e son facilmente recoñecibles porque teñen 2 manchas negras no extremo do abdome. pero van adquirindo tonalidades alaranxadas e finalmente ocres. Umbral de tolerancia Durante o período de risco. e así causa un dano menor. dende os estadios fenolóxicos "B" ata o "E". flavescencia dourada. os adultos acadan un tamaño de 12 mm. O macho é algo inferior á femia. Danos indirectos O insecto adulto aliméntase vorazmente de xemas e gromos novos. Os danos provocados polas larvas en raíces e raiciñas son galerías que poden provocar. As larvas acadan os 12 mm de lonxitude. pupa. cor amarela e impregnados nunha substancia xelatinosa.3x0.Manual de Produción Integrada Aspecto dun adulto de pedroulo (Cneorrhinus dispar) Recoñecemento e diagnóstico Presenta ovos de forma ovalada de 1 mm de lonxitude. un debilitamento xeral da planta. no caso de ataques importantes. As larvas pasan por 5 estadios ata chegaren a adulto.

o insecto é infeccioso ata que morre e infecta a outras cepas nas que se alimenta. Umbral de tolerancia Se se empregan cromotrópicas amarelas. Titanus (cicadela branca). Estes síntomas fanse patentes. que xeralmente están delimitadas polos nervios principais e secundarios. Danos indirectos Coloración característica de cepas atacadas pola flavescencia dourada. é dicir. e o seu único hóspede é a viña. débense establecer unhas normas no momento de observa-lo primeiros focos: Arrincar e destruí-las viñas que teñan máis do 20% das cepas afectadas. xa que pode estar infectado debido a que os porta-enxertos. de aquí que sexan un medio encuberto para difundi-la enfermidade.AGACA envés das follas. Enrolamento das follas cara o envés. A partir de aquí. que presentan un porte desmaiado. con 5. Cambio de cor nas follas. 175 . dende acios visibles ata acio pechado. e se a flavescencia está presente. Medidas culturais É desaconsellable reenxertar sobre o mesmo patrón. e maniféstanse por: un prematuro cambio de cor nas follas. Control integrado Actualmente non existe ningún medio de loita química contra a flavescencia dourada.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . Tendo en conta a importancia que ten a loita colectiva e sistemática no control efectivo desta enfermidade. En viñas cunha porcentaxe inferior. As cicadelas non teñen capacidade infecciosa ata despois de teren picado unha cepa enferma e de pasar 4 ou 5 semanas de incubación dentro do seu corpo.5 mm de lonxitude. que son voadores. O período de risco comprende dende os estados fenolóxicos "F" ata o "L". próximos ó cora. fitoplasma. transmitido polo vector S. pero si contra o insecto vector. como mínimo ó ano da infección. o umbral de tolerancia establécese coa observación de presenza de S. con desecación nos acios. Falta de agostamento dos bacelos. Realizar tratamentos obrigatorios contra o vector. aparecen dende finais de xuño ata mediados de setembro. titanus. Hospedantes A cicadela é o vector responsable de transmiti-la flavescencia dourada dunha cepa a outra. Os adultos. débense arrincar e destruír só as cepas afectadas. onde se alimentan picando os vasos condutores co seu estilete. amarelo nas variedades brancas e encarnado nas tintas. patróns ou barbados poden levar o fitoplasma pero non manifestar síntomas. Ten unha única xeración anual. amarelo en variedades de uvas brancas e encarnado nas tintas Os síntomas adoitan aparecer de cara á metade do verán. mediante loita química racional.

realizaranse mostraxes semanais de 50 follas por hectárea.0. 0. Bromopropilato. C. durante a primavera e o verán dá preferencia ó envés das follas ubicadas na parte media baixa do gromo. provocando posteriormente o aborto dalgunhas flores e un mal callado. é recomendable intervir. vitis baixo a Individuos de C. Phyllocoptes vitis Nal.15 . O umbral de tolerancia para realizar intervencións sitúase de 10 a 20 ácaros de media por folla. se se trata de formas invernantes. ACARIOSE (Calepitrimerus vitis Nal. No verán a folla toma unha cor bronceada. vitis sobre a follaxe Control de integrado No caso de Calepitrimerus vitis o control integrado débese basear aínda na optimización dos tratamentos fitosanitarios. syn. pódense ver a contraluz pequenos puntiños amarelos que son consecuencia das picaduras do ácaros. Individuos de C. en ataques fortes. vitis vive durante o inverno principalmente no interior das xemas.5. produce pequenas punteaduras escuras nos grans e.) Actualmente poden ser consideradas como a principal praga de ácaros que ataca as viñas galegas. debendo usar materias activas autorizadas para control integrado. contando o número de ácaros con lupa binocular. Durante o período vexetativo. 176 .. polo que só se poden ver con lupa binocular. Cóllense 10 bacelos/ha. Os adultos miden sobre 0.0. tómanse 3 gromos de cada un destes bacelos e se temos de 1 a 3 ácaros por gromo. na base dos gromos brácteas da xema Danos indirectos Os síntomas durante o inicio da xermolación maniféstanse por unha xermolación anormal moi lenta.04 mm aproximadamente.Manual de Produción Integrada 13. É un ácaro non visible a simple vista. Tamaño promedio de C. vitis baixo as codia. en tanto que. Principalmente nas follas virxe. En acios.4. pode ocasionar reducións da colleita ata o 80%. Os danos máis importantes están causados polas femias invernantes ó iniciarse o desborre.03 . Presentan forma vermiforme e cor branquecina. Dicofol. Vista xeral do dano de C. non agresivas para a fauna útil. etc. entrenós curtos e un mal callado. Igualmente vixiarase o desborre (estado B). branquecinos e moi pequenos. nervios nas follas moi potentes.20 mm de lonxitude. ou de cor pardo-amarelado en caso de formas de verán. Umbral de tolerancia Realizaranse mostraxes en inverno sobre as xemas de inverno (estado A) para coñece-lo potencial que imos ter. xa que dificultan a xermolación dos gromos. vitis Os ovos son semi-esféricos. follas abarquilladas con abultamentos. de tipo xofre (só en salferido). O período de risco é desde o estado de xema inchada "B" ata o estadio de acio pechado "L".

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias - AGACA

Se ben os ácaros depredadores de fitoseídos, dos que existe unha importante diversidade nos viñedos galegos, poden exercer un certo control sobre as poboacións de C. vitis, esta cuestión aínda non está suficientemente demostrada.

13.5.6. ARAÑA VERMELLA (Panonychus ulmi Koch)
Fai anos era a principal praga de ácaros que afectaba ós viñedos galegos. A araña vermella ataca a numerosas árbores e arbustos, entre os que se encontran de forma destacada os frutais e a viña. Recoñecemento e diagnóstico

Aspecto dun adulto Panonychus ulmi

de

araña

vermella

Ovos de inverno nun bacelo

Os ovos son de cor vermella, con forma acebolada e un pelo no extremo superior. Entre o ovo e o adulto teñen lugar 6 estados de desenvolvemento, 3 activos e 3 en repouso (ninfas), todos con coloración encarnada; ó final de cada estado de repouso ten lugar unha muda. Os adultos presentan 4 pares de patas. A femia mide uns 0,5 mm, é ovalada e de cor vermella escura, con pelos que saen de protuberancias branquecinas. O macho é de menor tamaño e máis pálido. Hospedantes Trátase dunha especie moi prexudicial en frutais, especialmente para os de pebida. Tamén ataca a vide e diversos arbustos. Danos indirectos Os síntomas en follas esténdense por todo o limbo, no que aparecen punteaduras necróticas rodeadas por unha descoloración. Os primeiros ataques normalmente ocasionan danos graves, redución do crecemento, caída de follas da base e desecación de gromos. Os ataques de verán poden producir unha diminución do grao de azucre no mosto. Umbral de tolerancia Realizaranse controis visuais de 50 follas observando as formas móbiles. O umbral de tolerancia sitúase: en primavera, se a porcentaxe de follas atacadas supera a cifra de 60-70%, recoméndase intervir ó final do verán, entre os estadios "L" de pechamento do acio e "M" maduración, recoméndase intervir se a porcentaxe de follas atacadas supera o 30-45%. O período de risco abrangue dende follas incipientes "D" ata a maduración "M".

177

Manual de Produción Integrada

Control integrado Hai que ter en conta que P. ulmi é tal vez o ácaro máis difícil de controlar con produtos químicos debido a que desenvolve certas resistencias con moita facilidade. Actualmente as bases dos programas de control integrado son as técnicas de control biolóxico, debido ós grandes éxitos obtidos.
a

Loita química racional

Hoxe por hoxe, nos programas de control integrado, a base é o emprego de praguicidas que respecten os fitosanitarios. Procúrase emprega-los produtos máis respectuosos cos fitoseídos, para combatelas demais pragas, e no caso de ter que recorrer a algún acaricida, empréganse os produtos autorizados en produción integrada ás doses que provoquen o equilibrio presa-depredador máis axeitado. A estratexia a seguir ten en conta ós depredadores, e os umbrais de tratamentos defínense para cada zona, en función da relación presa-depredador segundo a especie de fitoseído presente.
b

Control biolóxico Aínda que en viticultura o emprego de loita biolóxica non está tan desenvolvido como en horticultura ou en árbores froiteiras de pebida, fixéronse xa os primeiros ensaios experimentais contra araña vermella e parece que se obteñen moi bos resultados. Entre os seus depredadores hai que destaca-los ácaros fitoseídos A. andersoni e Amblyseius californicus como as especies máis interesantes no noso país, podendo incluso aparecer de forma espontánea en plantacións comerciais.

O fitoseído Amblyseius andersoni é un depredador de araña vermella

Medidas culturais Queima-la madeira da poda fóra da parcela, xa que nela vai unha parte importante da posta de ovos de inverno. Non abusar dos abonos nitroxenados.

13.4.7. MILDEU (Plasmopara viticola Berl e de Toni)
Plasmopara viticola é, nas zonas vitivinícolas de climatoloxía húmida, unha das máis graves ameazas para o cultivo, posto que os ataques deste patóxeno causan mermas de ata o 50% da produción en condicións favorables. Pese a que as perdas económicas son moi importantes, actualmente o risco é menor debido ó mellor coñecemento da súa bioloxía, a existencia de produtos sistémicos e penetrantes, e a mellor preparación dos viticultores.

178

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias - AGACA

Bioloxía

Danos e importancia O "mildeu" pode afectar a tódolos órganos verdes da cepa, localizándose preferentemente nos seguintes:

Típica mancha de aceite provocada por mildeu (Plasmopara vitícola) na face da folla esquerda) que se corresponde coa peluxe abrancazada no envés (dereita)

En "follas": os síntomas maniféstanse polas típicas "manchas de aceite" na face, que se corresponden no envés cunha peluxe branquecina se o tempo é húmido. A mancha de aceite adquire progresivamente unha cor amarelada que se torna a parda-encarnada e adquire a forma de mosaico. Os ataques fortes producen unha desecación e a caída das follas, que repercute na cantidade e calidade da colleita e no bo agostamento dos bacelos.
Danos provocados por mildeu nos acios

En "acios": nas proximidades da floración os síntomas maniféstanse por curvaturas en formas de S e o escurecemento do raquis e posterior recubrimento dunha peluxe branquecina se o tempo é húmido; tamén ocorre así en flores e grans recén callados. En "grans", cando superan o tamaño dun chícharo non se escurecen nin aparece peluxe branquecina, senón que se enrugan e finalmente desécanse, coñecéndose por "mildeu larvado". Existen outros parásitos que producen síntomas que poden confundirse cos ocasionados polo "mildeu", tal é o caso do "oídio" (Uncinula necator Burr.) que recobre os órganos atacados cunha peluxe 179

Prácticas culturais Recoméndanse determinadas prácticas. Antes de efectuar o primeiro tratamento. follas molladas ou humidade relativa superior ó 92-95% ininterrompidamente durante a lo menos 4 horas Temperatura de a lo menos 13º C durante este espazo Condicións para a infección secundaria Esporulación efectuada Chuvia Número de follas mulladas multiplicado pola temperatura media durante ese período ten que ser superior a 50 Unha vez cumpridas estas condicións. 180 . tales como: Poda en verde que facilite a ventilación da vide.) que provoca unha peluxe grisácea nos grans e un escurecemento achocolatado brando no raquis e non duro coma no caso do "mildeu". humectógrafo e pluviómetro. Método de mostraxe e umbral de tolerancia Para seguir a evolución do fungo é necesario coñecer diariamente as variables climáticas de temperatura. aplica-lo primeiro tratamento (empregando preferiblemente un penetrante + un contacto autorizado para control integrado) nos 3 días seguintes como máximo. higrógrafo. se rexistran temperaturas de 30º C ou máis. Emprego de equipos específicos para o control e a acumulación de datos climáticos que permiten predici-las situacións de risco de maneira automática. Para os tratamentos posteriores é suficiente con que exista esporulación e se cumpran as condicións para a infección secundaria. Condicións para a esporulación: Mancha de aceite madura Escuridade Nestas condicións (ausencia de luz). Débese ter en conta que. é dicir. humectación das follas (horas) e chuvia (mm).Manual de Produción Integrada branquecina que desaparece ó pasar un dedo e sen embargo a peluxe do "mildeu" non. do estado fenolóxico "E" ata o estado "L". esgótase a capacidade xerminativa dos esporanxios (deberíase iniciar un novo ciclo). agardar a que a mancha estea esporulada e existan condicións para a infección secundaria. Destrución da follaxe do cultivo anterior no canto do seu enterramento no solo. localiza-la primeira mancha de aceite no viñedo. que poden ser proporcionadas polos aparatos máis ou menos sofisticados que existen actualmente ou polos instrumentos tradicionais: termómetro de máxima e mínima. Terase en conta ademais o período de risco que comprende dende follas estendidas ata o acio pechado. humidade relativa. As decisións débense basear nos criterios da Loita Oportuna. que se fundamenta nos seguintes criterios: En primeiro lugar. aínda que esta circunstancia no campo débese confirmar. se durante 5 ou 6 horas ininterrompidamente. a "podredume gris" (Botrytis cinerea Pers.

ó existir un 1% de superficie atacada de follas ou acios. En "acios". En "follas": os síntomas poden aparecer tanto na face coma no envés. Estas lesións producen uns danos directos na cantidade e calidade da colleita e outros indirectos ó favorecerse a penetración do fungo Botrytis cinerea Pers. nunca mostran a típica peluxe branca no envés.Asociación Galega de Cooperativas Agrarias . O período de risco sitúase entre o estado de follas estendidas ata o do acio pechado. Diniconazol.AGACA 13. xa que os ataques fortes ocasionan a detención do crecemento da pel.4. e aprécianse en cambio punteaduras pardas. debaixo dese po aprécianse puntiños necrosados Lesións producidas por oídio nos acios. a perda total da colleita. é dicir. polo que é frecuente que esta fenda e cheguen a rachar algúns grans. Para unha protección eficaz é aconsellable: Iniciar as aplicacións con antioídicos de contacto (xofre) deixando os IBE para o período de risco. debaixo do po aprécianse puntiños necrosados. Típico po branco cincento producido polo oídio nas follas da vide. definíndose e pasando a tons achocolatados. en variedades sensibles e en zonas propensas. e que nalgúns anos de condicións climáticas favorables para o seu desenvolvemento pode ocasionar. Se se supera este umbral. a 3 ou 4 aplicacións por campaña. coa conseguinte diminución da acumulación de reservas nos gromos. etc. Xofre (só en salferimento).8. onde están os máis importantes. o que orixina que algúns grans fendan En "gromos e bacelos" os síntomas maniféstanse por manchas difusas de cor verde escura. Para Galicia establécese o umbral de tratamento. Umbral de tolerancia e métodos de control Ata agora o único método eficaz de control é a loita química racional. Dinocap. 181 . Limita-lo número de tratamentos con produtos I. e a mouros ó endurecerse o gromo. xa que teñen facilidade de crear resistencias.) É unha enfermidade amplamente estendida que case sempre fai acto de presenza.B. do estado fenolóxico "E" ata o estado "L". que van medrando.E. realizaranse intervencións fitosanitarias con produtos autorizados para o control integrado como Azoxistrobin. Danos e importancia O oídio pode atacar tódolos órganos da vide. nos dous casos adoita observarse un po branco cincento que pode limitarse a algunhas zonas ou ben ocupar toda a superficie da folla. A diferenza do mildeu. Faranse mostraxes semanais de 100 follas e/ou 100 acios. o crecemento da pel detense. Para evita-la aparición de cepas resistentes ós grupos aconséllase non realizar ó ano máis de 3 tratamentos seguidos con produtos dun mesmo grupo. OÍDIO DA VIDE (Uncinula necator Burr. Os ataques fortes tamén orixinan un murchado malo dos bacelos. con produtos de contacto (xofre) ou penetrantes: IBE (inhibidores da síntese do ergosterol). Ciproconazol.f.

os grans presentan o aspecto característico de podres. coa conseguinte diminución de colleita.Manual de Produción Integrada Prácticas culturais Recoméndanse determinadas prácticas. causando os datos máis importantes na zona norte e na zona costeira mediterránea. PODREMIA GRIS (Botrytis cinerea Pers. Sobre bacelos verdes aparece unha lixeira mancha que se converte nunha ampla necrose. sobre a súa superficie desenvólvese o típico mofo de cor grisácea Umbral de tolerancia e control Os umbrais de tratamento para o caso desta enfermidade non están ben definidos. mediante a realización de mostraxes semanais. a optimización dos tratamentos (empregando materias activas tipo procimidona. 182 . Danos e importancia Botrytis cinerea pode atacar a tódalas partes verdes da planta.4. sobre o bordo do limbo aparecen unhas necrose amplas que teñen o aspecto de queimaduras. O período de risco de Botrytis cinerea é dende follas nacentes ata a maduración.… autorizadas no control integrado) baséase na presenza de síntomas e de condicións climáticas favorables ó desenvolvemento do fungo. tamén poden manifestarse sobre o raspón do acio e as inflorescencias. é dicir. En "acios". tales como: Poda en verde e esfollado que facilite a ventilación da vide e a penetración dos produtos fitosanitarios empregados. Limita-los abonados nitroxenados. iprodiona. e sobre a súa superficie desenvólvese un mofo da cor grisácea típica. Protexe-los acios de danos mecánicos. causantes de feridas nos grans. permítese a aplicación de tratamentos preventivos tres semanas antes da vendima naquelas zonas ou variedades nas que se teman ataques que poidan prexudica-la colleita final en cantidade e calidade. Evita-los ataques de oídio e traza do acio.9. 13. se o tempo é húmido. En "follas". En xeral eta enfermidade afecta á cantidade e á calidade da colleita obtida. por este motivo. que non xermolan ó ano seguinte. durante o período cora-recolleita. ata o momento. e posteriormente a de algunhas xemas da base dos bacelos. Emprego de aparellos automáticos que establecen os momentos de máximo risco de contaminación do fungo. En todo caso. En "bacelos" os ataques fortes poden ocasiona-la perda de algúns gromos novos.) Esta enfermidade está estendida por tódolos viñedos españois. que se cobre cunha peluxe gris. Síntomas da podremia gris nos acios de uva. dende o estado fenolóxico "D" ata o "N" Medidas culturais Realizar unha poda equilibrada e un desnetado ou esfollado para facilita-la aireación dos acios. xa que as condicións climáticas (humidade principalmente) son favorables ó seu desenvolvemento.

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful