CPI UXÍO NOVONEIRA  Pedrafita do Cebreiro  Departamento de Orientación   

ORIENTACIÓNS SOBRE A ORTOGRAFÍA ESCOLAR
A ortografía é un conxunto de normas que regulan a escritura e unha das tarefas máis complexas para os nenos e nenas. A adquisición da ortografía é un longo aprendizaxe que arranca en Primaria. Hai que aprender moitas regras e as familias e o profesorado teñen que armarse de paciencia porque a súa aprendizaxe é complexa. POR QUE OS NENOS E NENAS COMETEN FALTAS DE ORTOGRAFIA? * A falta de atención á hora de redactar failles cometer erros graves. A proba desto é que cando se lles ensina o erro importante eles que

escribiron

mesmos,

sorpréndense.

CPI UXÍO NOVONEIRA  Pedrafita do Cebreiro  Departamento de Orientación   

* A falta de memorización da regra ortográfica porque non teñen ou non se lles ensinan estratexias de aprendizaxe para retelas. * Pronunciar mal determinadas palabras ("armario" por "almario") xa que normalmente escribimos como falamos. * A escritura abreviada que os e as xóvenes utilizan para escribir nos móviles e nas redes sociais é erróna e pouco correcta e sería un factor máis que inflúe. * O escaso tempo de lectura que lle adican hoxe en día os nenos e nenas. QUE PODEMOS FACER PARA AXUDAR AOS NOSOS FILLOS? - Xogar coas listas de palabras; por exemplo, inventar unha frase divertida cunha palabra, buscar outras palabras que rimen, etc.

CPI UXÍO NOVONEIRA  Pedrafita do Cebreiro  Departamento de Orientación   

- O ditado como exercicio para traballar o hábito da escritura que é fácil de realizar en casa. O proceso sería:
1. o neno repite e vocaliza correctamente a palabra ou a frase. 2. explica o seu sentido e non o sabe explicámosllo. 3. o seu cerebro evoca a imaxe gráfica. 4. escríbea.

Aproveitando podemos ditar palabras da mesma familia. Un ditado diario ao menos dous ou tres semanais en casa sería recomendable para o dominio ortográfico. - Os exercicios de creación de narracción, cartas, adiviñas, poemas, trabalinguas, cómics, etc. con temas atractivos e motivadores. - O diccionario debe ser unha ferramenta necesaria para comprobar a forma da palabras e relacionala con outras da súa familia léxica. - Buscar palabras derivadas dunha mesma raíz (vidro, vidroso, vitrina,...). - Traballar cada palabra con todos os sentidos (oir a palabra - imaxinala e escribila destacando as letras e presenten dificultade - escribir outras palabras da

CPI UXÍO NOVONEIRA  Pedrafita do Cebreiro  Departamento de Orientación   

mesma familia- poñela en carteis,facer fichas que levan a palabra, etc. - Fomentar a lectura xa que polo xeral os lectores habituais teñen máis facilidade para a ortografía. Cos que non len podemos seguir camiños hacia ela como xogos en Internet, revistas, etc. - Animar ao neno/a a crear textos como tarxetas de invitación, menús de festa, poesías, acrósticos, etc.

PÁXINAS E APLICACIÓNS WEB
O PUNTO SOBRE A I: www.contenidos.educarex.es/mci/2006/08/html/menu.htm PARCHÍS ORTOGRÁFICO: www.contenidos.educarex.es/mci/2007/29

Buscando en Google:
ƒ WEB VEDOQUE ƒ OROGRAFÍATE ƒ ORTODIVER