Análise do Informe GEM Galicia 2011

a) Introdución
Global Entrepeneurship Monitor (GEM) é o maior observatorio internacional da actividade emprendedora. Cada ano elabórase un informe GEM relativo a Galicia, que dá conta da situación da variable do emprendemento no noso País. GEM entende o emprendemento coma un proceso que se inicia coa xeración dunha idea (emprendedor potencial), continúa coas accións para a súa posta en marcha (iniciativa nacente), lánzase ao mercado (iniciativa nova) e entra na fase de consolidación cando sobrevive máis de tres anos e medio (iniciativa consolidada). Unha das principais achegas dos informes GEM é a obtención do índice TEA (Total Entrepeneurial Activity), que se calcula como a suma da porcentaxe de poboación de entre 18 e 64 anos que está involucrada en iniciativas nacentes e novas.

b) Principais resultados.
Nun contexto de crise, o índice TEA mellora en Galicia a respecto da edición anterior. Despois de tres anos consecutivos de descenso, en 2011 a tendencia do TEA presenta un punto de inflexión e recupérase até acadar o 4,74% da poboación entre 18 e 64 anos. A principal motivación emprendedora é o aproveitamento dunha oportunidade de negocio, ao tempo que aumenta o número de persoas que emprenden por necesidade. Aínda así, Galicia sitúase por debaixo da media estatal (5,81%). A evolución positiva do TEA débese fundamentalmente ao incremento dos emprendedores nacentes, é dicir, aqueles que participaron na posta en marcha dunha iniciativa empresarial nos derradeiros tres meses. Pola súa banda, as iniciativas novas, de entre 3 e 42 meses, aínda que non medran coa mesma intensidade, representan o compoñente máis significativo das empresas creadas en Galicia. Os proxectos consolidados (aqueles que superan os 42 meses de vida) recupéranse por segundo ano consecutivo, mantendo unha evolución superior á do conxunto español. Pola contra, o número de individuos que abandonan o seu negocio duplicouse. Malia isto, se analizamos os datos tendo en conta a supervivencia dos proxectos máis aló da titularidade dos mesmos (traspasos), as iniciativas galegas pechadas acadan as 26.435, cunha taxa real de peche do

1,52%. A maioría dos emprendedores argumentan a escasa rendibilidade como principal motivo do cese empresarial. Por último, salientar que se produce un forte incremento da intención emprendedora. Os emprendedores potenciais (aqueles que teñen a vontade de poñer en marcha un proxecto empresarial nos próximos tres anos) representan un 8,96% da poboación de entre 18 e 64 anos, duplicando a cifra rexistrada no 2010.

c) Outros datos relevantes.
-O perfil socioeconómico do emprendedor en Galicia no ano 2011 é o dun home de 37 anos, con estudos obrigatorios, residencia urbana, situación laboral activa, orixe galega e dedicación a tempo completo á súa empresa. Aínda así, hai que destacar o incremento substancial do emprendemento feminino. -O incremento do investimento por parte de persoas con relación familiar ou de amizade co emprendedor suple en moitos casos a falla de apoio do sistema financeiro ás iniciativas emprendedoras. -A maior parte dos proxectos empresariais sitúanse no sector dos servizos orientados ao consumo, aínda que as destinadas ao sector transformador son as que crean máis emprego. Tamén hai que facer notar que aumentan as iniciativas vencelladas ao sector primario. -A maior parte das iniciativas emprendedoras teñen un único propietario, un baixo grao de innovación, un uso maioritario de tecnoloxías de máis de 5 anos, un elevado nivel de competencia, e non prevén exportar. Isto é debido a que, en moitos casos, os promotores destas iniciativas formúlanas unicamente como alternativa de autoemprego. -Os estudantes universitarios manifestan unha maior propensión a considerar a creación de empresas como oportunidade laboral, aínda que esa proporción non garda correlación cun maior número de iniciativas emprendedoras. -En Galicia, a combinación de factores sociais e culturais (maior aversión ao risco, menor percepción de oportunidades para emprender e menor capital social), condiciona a iniciativa dos individuos á hora de emprender en maior medida que nos países da nosa contorna económica. -As principais recomendacións dos expertos para mellorar a situación do emprendemento en Galicia teñen que ver cunha maior dispoñibilidade de recursos financeiros e coa simplificación

dos trámites burocráticos.

d) Gráficos de relevancia.

Gráfico 1. Evolución do índice TEA (%, 2005-2011). Fonte: informe GEM Galicia 2011.

Gráfico 2. Índice TEA no conxunto español (%, 2011). Fonte: informe GEM Galicia 2011.

Gráfico 3. Evolución da motivación para emprender en Galicia (%, 2005-2011). Fonte: informe GEM Galicia 2011.

Gráfico 4. Evolución das iniciativas consolidadas (%, 2005-2011). Fonte: informe GEM Galicia 2011.

Gráfico 5. Iniciativas consolidadas no conxunto español (%, 2011). Fonte: informe GEM Galicia 2011.

Gráfico 6. Evolución do abandono de iniciativas (%, 2005-2011). Fonte: informe GEM Galicia 2011.

Gráfico 7. Ratio de rexeneración empresarial en Galicia (%, 2005-2011). Fonte: GEM Galicia 2011. O ratio de rexeneración empresarial mide a proporción de iniciativas potenciais e nacentes sobre os peches.

Gráfico 8. Evolución dos emprendedores potenciais (%, 2005-2011). Fonte: informe GEM Galicia 2011.

Gráfico 9. Emprendedores potenciais no conxunto español (%, 2011). Fonte: informe GEM Galicia 2011.

Gráfico 10. Relación entre TEA e grao de desenvolvemento dos países. Fonte: GEM Galicia 2011.

Gráfico 11. Sector das iniciativas emprendidas segundo a fase do proceso emprendedor. Fonte: informe GEM Galicia 2011.

Gráfico 12. Dimensión das iniciativas emprendedoras segundo a fase do proceso emprendedor. Fonte: informe GEM Galicia 2011.

Gráfico 13. Previsión da evolución en canto a emprego para os próximos 5 anos nas iniciativas emprendidas segundo a fase do proceso emprendedor. Fonte: informe GEM Galicia 2011.

Gráfico 14. Grao de innovación das iniciativas emprendedoras segundo a fase do proceso emprendedor. Fonte: informe GEM Galicia 2011.

Gráfico 15. Emprego de tecnoloxías nas iniciativas emprendedoras segundo a fase do proceso emprendedor. Fonte: informe GEM Galicia 2011.

Gráfico 16. Nivel de competencia agardada polas iniciativas emprendedoras segundo a fase do proceso

emprendedor. Fonte: informe GEM Galicia 2011.

Gráfico 17. Actividade de internacionalización estimada polas iniciativas emprendedoras segundo a fase do proceso emprendedor. Fonte: informe GEM Galicia 2011.

Gráfico 18. Principais obstáculos ao emprendemento en Galicia. Fonte: informe GEM Galicia 2011.

Gráfico 19. Factores determinantes de estímulo ao emprendemento en Galicia. Fonte: informe GEM Galicia 2011.

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful