DECRETO DE COMEDORES ESCOLARES ABERTO O PRAZO PARA PRESENTAR PROPOSICIÓNS, SUXESTIÓNS OU RECOMENDACIÓNS (ATÉ O DÍA 4 DE MAIO

)

Comunicamos que a Consellería abriu un prazo coa finalidade de dar trámite de audiencia e información pública aos interesados en mandar proposicións, suxestións ou recomendacións a respecto do proxecto de decreto de comedores escolares. Podedes atopar toda a información aquí. Se estás interesada ou interesado en enviar proposicións, suxestións ou recomendacións podes facelo ata o día 4 de maio de 2013 a través dos seguintes cauces: • Por correo postal: Secretaría Xeral Técnica – Subdirección Xeral de Recursos Educativos Complementarios Edificio Administrativo San Caetano, s/n – 15781 – Santiago de Compostela • Por correo electrónico: comedores.santiago@edu.xunta.es • Por teléfono: 981.544.428 A crítica máis importante que facemos desde o STEG é sobre a eliminación da gratuidade do comedor escolar ao alumnado usuario do transporte escolar. O proxecto de Decreto une a gratuidade ou o pagamento correspondente ao nivel de renda. En concreto, referímonos aos artigos 11 (usuarios gratuítos dos comedores escolares xestionados pola Consellería com competencias en materia de educación), 12 (beneficiarios/as de bonificacións nos comedores xestionados pola Consellería competente no eido educativo) e 13 (prezos públicos dos comedores escolares xestionados pola Consellería competente en materia de educación. Para que vos fagades unha idea, o anterior Decreto 10/2007, no seu artigo 12 (gratuidade e beneficiarios/as da axuda para comedor) dicía: 1. Serán beneficiarios/as da totalidade da axuda para o servizo de comedor aquel alumnado que sexa beneficiario do servizo de transporte escolar . Tamén disporá do servizo de comedor gratuíto o persoal, docente ou non, responsable do funcionamento do comedor regulado no artigo 9º do presente decreto. Así mesmo, será beneficiario da mencionada axuda, total ou parcialmente, outro alumnado non incluído anteriormente, sempre que cumpra o requisito de renda que se estableza.

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful