6 >> sociales

miércoles, 8 de mayo del 2013 | la voz de la escuela

Mañá celébrase o Día de Europa
Lémbrase así a célebre declaración do 9 de maio de 1950
A data do 9 de maio de 1950 quedou sinalada no calendario da historia como a do nacemento de Europa. Nese día non se asinou ningún tratado, nin se chegou a ningún acordo internacional que constituíse a primeira pedra dunha nova orde política, perofoi un día transcendental porque nel se deu fe do obxectivo que se perseguía e da folla de ruta para alcanzalo. Nesa data convocouse en París á prensa ás 6 da tarde no Salón do Reloxo do Ministerio de Asuntos Exteriores, no Quai d’Orsay, porque se ía facer pública unha «comunicación da maior importancia». As primeiras liñas da declaración do 9 de maio de 1950, redactada por Jean Monnet e comentada e lida ante a prensa por Robert Schuman, ministro francés de Asuntos Exteriores, expresan claramente a ambiciosa magnitude da proposta: «A paz mundial só pode salvagardarse mediante esforzos creadores proporcionados aos perigos que a ameazan». Esta proposta, coñecida como Declaración Schuman, considérase a semente da actual Unión Europea. O 9 de maio converteuse no símbolo que, xunto coa bandeira, o himno e o euro identifican a entidade política da Unión Europea. No Día de Europa celébranse actividades e festexos que achegan a Europa aos seus cidadáns e irmanan aos distintos pobos da Unión.

A Europa construída
Pasaron xa 63 anos. Os pasos foron avanzando de acordo co proceso pensado. Algunhas veces sobreveu algún tropezón, pero as dificultades puidéronse sortear. Volvendo a vista atrás, pódense recordar verdadeiras metas que ninguén tería soñado durante os días máis negros da guerra fría.

1

Primeiro foi o carbón e o aceiro. O 18 de abril de 1951creouse polo Tratado de París a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro con seis países membros: Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e Países Baixos. Despois, o 25 de marzo de 1957 estes mesmos países asinaron os Tratados de Roma que deron orixe á Comunidade Económica Europea (CEE).

5

Caen fronteiras e chega o pasaporte europeo. Os Acordos de Schengen, asinados en 1985 para entrar en vigor en 1995, suprimiron as fronteiras dentro do espazo de Schengen, que se estende por case todos os países da Unión e algúns países europeos máis, como Suíza ou Noruega.

A CEE convértese en Unión Europea. Na cidade holandesa de Maastricht asinouse en 1992 un tratado que se propuxo alcanzar unha unión máis sólida en política exterior e de seguridade, así como en uniformidade económica, para chegar a establecer unha moeda única. Así se creou a Unión Europea, que se faría oficial no ano 1993.

6

2
Cartel co lema da Unión Europea para celebrar o 9 de maio deste ano

E, deseguido, o Parlamento Europeo. A Asemblea Parlamentaria Europea celebrou a súa primeira sesión o día 19 de marzo en Estrasburgo e o Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas constituíuse en Luxemburgo o 7 de outubro.

O obxectivo final está aquí claramente definido. 5. Este primeiro paso imposibilitará unha guerra. «A solidariedade de produción que así se cree porá de manifesto que calquera guerra entre Francia e Alemaña non só resulta impensable, senón materialmente imposible». 6. Un proxecto aberto a outros países. «A creación desa potente unidade de produción, aberta a todos os países que desexen participar nela, proporcionará a todos eles os elementos fundamentais da produción industrial nas mesmas condicións e sentará os cimentos reais da súa unificación económica [...]. Deste xeito, levará a cabo a fusión de intereses indispensables para a creación dunha comunidade económica e introducirase o fermento dunha comunidade máis ampla e máis profunda entre países que durante tanto tempo enfrontáronse en divisións sanguentas». A folla de ruta propuña ir da unificación económicaá unificación política. A meta e o camiño para conseguir chegar a ela quedaron así perfectamente definidos. Só facía falta tempo e constancia para seguir sempre adiante.

3

A EUROPA QUE SE SOÑABA A Declaración Schuman contén estas ideas fundamentais: 1. A creación de Europa é indispensable para a paz. «A contribución que unha Europa organizada pode achegar á civilización é indispensable para o mantemento dunhas relacións pacíficas».
2. Europa construirase paso a paso. «Europa non se fará dunha soa vez nin nunha obra de conxunto: farase grazas a realizacións concretas, que creen en primeiro lugar unha solidariedade de feito». Esta idea marcará unha folla de ruta lenta, pois só se subirá un banzo cando se teña consolidado o anterior e todos os membros estean de acordo. 3. O primeiro que é necesario facer é superar a rivalidade franco-alemá. «A agrupación das nacións europeas esixe que a oposición secular entre Francia e Alemaña quede superada, polo que a acción emprendida debe afectar en primeiro lugar a Francia e Alemaña». 4. O primeiro paso será pór en común a produción do carbón e o aceiro, pero o obxectivo final será a federación de Europa. «A posta en común das producións de carbón e aceiro garantirá inmediatamente a creación de bases comúns de desenvolvemento económico, primeira etapa da federación europea».

Os novos socios foron chegando. As negociacións para admitir novos socios na CEE comezaron pronto, pero sufriron atrasos, principalmente polas discusións ao redor Gran Bretaña, rexeitada inicialmente por De Gaulle. Os problemas solucionáronse e o 1 de xaneiro de 1973 incorporáronse Gran Bretaña, Irlanda e Dinamarca. Noruega foi admitida, pero rexeitou a súa entrada tralo referendo negativo da súa poboación. A Europa dos Nove en 1981 converteuse na dos Dez co ingreso de Grecia e na dos Doce en 1985 co ingreso de España e Portugal. Na actualidade o número de membros é de 27.

7

Chega o euro. A última etapa para a implantación da moeda común, o euro, comeza en 1999. Once países conseguiron cumprir as condicións esixidas e desexan formar parte dela. España está entre eles e pronto se suma Grecia. O Banco Central Europeo empeza a exercer o seu labor de control. Os primeiros billetes e moedas empezan a circular o 1 de xaneiro do ano 2002.

> Fernando Pariente

4

> ACTIVIDADES
1. O texto completo da Declaración Schuman podedes lelo nesta dirección: bit.ly/12NTKMG

Primeiras eleccións de todos os europeos. O Parlamento Europeo comezou a ser elixido por sufraxio universal en 1979. As primeiras eleccións celebráronse do 7 ao 10 de maio.

2. Comprobade se as ideas expostas na primeira parte desta páxina se corresponden co exposto nela.

Hai que cambiar as regras. A inminente entrada de dez novos socios obriga a cambiar as regras de funcionamento e por iso se asina o Tratado de Niza no 2001. Unha comisión de expertos redacta a Constitución Europea. O proxecto de Constitución estaba preparado no 2003, pero no 2005 os franceses rexeitárona en referendo e días despois fixérono tamén os holandeses. Para pór remedio á situación, asinouse no 2007 o Tratado de Lisboa, que recollía os aspectos menos problemáticos expostos polo proxecto fracasado.

8