P. 1
Os sistemas electorais en España

Os sistemas electorais en España

|Views: 22|Likes:
Published by AnovaMocidade
Reseña do libro Os sistemas electorais en España, de Pablo Gregorio Taboada, que se presenta o venres (24 de maio) na libraría Couceiro de Compostela, un acto organizado pola mocidade de Anova.
Reseña do libro Os sistemas electorais en España, de Pablo Gregorio Taboada, que se presenta o venres (24 de maio) na libraría Couceiro de Compostela, un acto organizado pola mocidade de Anova.

More info:

Published by: AnovaMocidade on May 20, 2013
Copyright:Attribution Non-commercial

Availability:

Read on Scribd mobile: iPhone, iPad and Android.
download as PDF, TXT or read online from Scribd
See more
See less

09/03/2013

pdf

text

original

RESEÑA - Os sistemas electorais en España, de Pablo Gregorio Taboada, é unha obra na que se fai unha análise do funcionamento de tódolos

sistemas electorais hoxe en vigor en España, dende o das eleccións europeas ata os comicios das entidades locais menores. Con este libro, que pode ser de lectura ou de consulta, por exemplo, en períodos electorais, preténdese facer unha especie de guía coa que a cidadanía poida coñecer como funcionan os diferentes sistemas , cuestión en torno á que hai un certo descoñecemento da sociedade. Por outra banda, o tema resulta de actualidade, especialmente, dende que o Movemento 15-M puxo o foco sobre el, entre outras cousas, ao reclamar que se constitúa unha circunscrición única nas eleccións xerais ou que as listas pasen a ser abertas. A obra estrutúrase nunha serie de capítulos, correspondéndose cada un deles cun ámbito territorial no que se celebren eleccións no estado. Antes diso, e ademais dunha breve introdución, adícase un capítulo a unha serie de aclaracións terminolóxicas. Con ese capítulo preténdese definir algúns dos conceptos máis importantes que son necesarios para comprende-las descricións dos distintos sistemas, e que algúns lectores pouco familiarizados coa materia poderían non coñecer. Sobre a caracterización dos sistemas electorais dos diferentes ámbitos territoriais analizados, esta xira en torno a catro características fundamentais, ademais dalgunhas outras matizacións puntuais e a referencia aos textos legais nos que se apoian. A primeira das catro características é o número de representantes que se elixen na administración correspondente. A segunda, como se divide o territorio en circunscricións e que criterios se empregan para reparti-lo total de escanos entre os distritos. A terceira sería se existe ou non barreira mínima legal e, no caso de existir, de que porcentaxe é. Finalmente, a cuarta sería que fórmula electoral se emprega, é dicir, que fórmula se aplica para a transformación dos votos dos cidadáns en cargos de representación política. Os casos concretos que se tratan son os das eleccións europeas en España; as eleccións xerais ao Congreso dos Deputados e ao Senado; as das 17 comunidades autónomas e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla; as das deputacións provinciais, tanto as de réxime común como as forais, que se corresponden coas de Euskadi; as dos entes insulares de Canarias e as Illes Balears; as dos consellos comarcais daquelas comunidades autónomas que prevén e aplican a súa existencia; as municipais; e, por último, as das entidades de ámbito territorial inferior ao municipio, cos diversos sistemas electorais que nelas se aplican segundo a autonomía na que se encadren. O libro remata cunhas conclusións nas que, ademais de facerse un pequeno resumo de todo o anteriormente exposto, se pretende facer unha breve análise de como os sistemas electorais vixentes poden influír nos resultados e, polo tanto, nos sistemas de partidos que se conformen como consecuencia deles . Alén diso, son citadas algunhas posibles alternativas coas que se poderían modificar algúns aspectos dos distintos sistemas.

You're Reading a Free Preview

Download
scribd
/*********** DO NOT ALTER ANYTHING BELOW THIS LINE ! ************/ var s_code=s.t();if(s_code)document.write(s_code)//-->