You are on page 1of 9

1. Os Séculos Escuros. O contexto histórico. Problemática lingüística e cultural. Textos fundamentais.

O século XVIII: o labor das individualidades

1. Contexto histórico: causas da problemática lingüística e cultural Son varias as causas de que, despois do esplendor da Idade Media (especialmente nos séculos XIII e XIV), se dese unha situación de decadencia en Galiza a tódolos niveis, incluído o literario. Todas elas están relacionadas, como imos ver, cunha serie de conflitos que fan que se dea unha grande inestabilidade política, non favorecendo así o cultivo literario. As tres principais causas desta decadencia son: a) Loita pola sucesión do trono entre Pedro I, “O Cruel”, e Enrique de Trastámara: os nobres galegos apoian a Pedro I, mais o vencedor sería Enrique de Trastámara polo que a nobreza galega sufrirá a represión deste. Cando a nobreza fica derrotada por Enrique de Trastámara perden a súa posición económica e, polo tanto, non teñen con que lles pagar aos trobadores, polo que estes marchar para Castela (Escola galego-castelá). b) Guerras Irmandiñas: as Guerras Irmandiñas foron revoltas dos labregos contra a nobreza que se produciron no século XV, foron dúas guerras:  Primeira guerra irmandiña, Irmandade Fusquenlla (1431): localízase en Pontedeume e Betanzos onde Nuño Freire de Andrade, O Mao, trataba con extrema dureza aos seus vasalos. O principal dirixente desta revolta foi Roi Xordo (burgués coruñés). Foron derrotados axiña.  Segunda guerra irmandiña (1467 – 1469): o derrubamento de castelos e pazos esténdese por case toda Galiza. Destacan varios nobres que se puxeron á fronte da revolta:  Pedro de Osorio: centro de Galiza.  Alonso de Lanzós: sur de Galiza.  Diego de Lemos: sur de Lugo e norte de Ourense. Nun principio teñen un éxito considerábel, mais a nobreza pídelle axuda a Pedro Madruga, Conde de Caminha, quen acude cun novidoso armamento, usando a pólvora. Deste xeito, a revolta é controlada axiña polos nobres e, unha vez sufocada, non hai moita represión xa que necesitan aos labregos para que lles traballen as terras. c) Loita pola sucesión entre Isabel e Xoana, “A Beltranexa”: a nobreza galega, xunto coa portuguesa, apoian a Xoana, quen sae perdedora. Cando Isabel chega ao poder a nobreza galega sobre unha terríbel represión (Pardo de Cela) e é substituída por nobreza castelá. É o que Zurita denominou “doma e castración do Reino de Galiza”. Pola contra, a Igrexa, que sempre se sitúa ao carón do poder, verase beneficiada por Isabel. Este conflito foi o que peores consecuencias lle trouxo a Galiza. Esta decadencia política trae consigo a decadencia literaria, Galiza é sometida á Coroa de Castela en tódolos sentidos, incluído o lingüístico:  A Administración usa o castelán, tanto os funcionarios foráneos coma os galegos (o que explica o gran número de galeguismos en moitos documentos), igual cá política, xa que se dá unha situación diglósica na que o castelán é a lingua de prestixio.  A Igrexa tamén é un forte axente desgaleguizador, especialmente porque posúe un instrumento con moito poder: o ensino.

1

Literatura Galega dos Séculos Escuros ás Irmandades da Fala 2006/2007 USC

1. Os Séculos Escuros. O contexto histórico. Problemática lingüística e cultural. Textos fundamentais. O século XVIII: o labor das individualidades

Desaparece o cultivo escrito do galego, no mesmo momento no que Portugal inicia a súa expansión, e comeza o desprezo da propia lingua (auto-odio) non só polos galegos, senón que tamén os portugueses consideran que o galego é unha corrupción do castelán. Isto será desmentido no século XVIII por dous importantes persoeiros:  Padre Feijóo.  Padre Sarmiento, quen defende a necesidade de que o ensino se imparta en galego para mellorar a aprendizaxe dos nenos galegofalantes. Nese mesmo século na Real célula de Aranjuez (1872) decrétase a imposición do castelán. Así, o galego sigue sendo falado polo pobo, pero por un pobo case analfabeto.

2. Textos fundamentais Nos séculos XV, XVI, XVII e grande parte do XVIII desaparece, canda os últimos trobadores, a poesía culta (practicamente non existía nin novela nin teatro). E, ademais, o galego morre en tódolos ámbitos. A pesar disto, si que hai composicións populares que moitas veces son recompiladas por un autor que lles dá un carácter máis culto, deixando de ser anónimas. Imos ver algúns dos textos máis representativos desta época.
2.1. Textos de carácter popular
2.1.1. Poesía de circunstancias

Trátase dunha poesía que se refire a algún acontecemento de certa repercusión sobre o que o pobo reflicte o seu parecer. Son composicións anónimas e de base popular coma as seguintes: a) Referidos á morte do Mariscal Pero Pardo de Cela (7/10/1483)1 consérvanse dous textos:  Texto en prosa: dátase a comezos do século XVI, aínda que é posíbel que sexa anterior porque hai moitas elipses, o que presupón un coñecemento dos feitos por parte do auditorio. Está escrito con certo maniqueísmo (bos vs. malos) e é un texto moi elemental, pertencente á chamada literatura de cordel.  Texto en verso, “O lamento da Frouseira”:  Romance do que se conservan 32 versos e que se cre que tivo que ser máis longo, xa que hai partes inconexas.  Foi atopado en 1674 no memorial da Casa de Saavedra en Granada e é moi posíbel que fose copiado por alguén non galego, o que explica a transcrición de palabras non galegas. Algúns exemplos disto son os seguintes: na segunda estrofa aparece a palabra *temour para que rime con mour e na sexta *vilancia.  Intenta mitificar a figura do Mariscal comparando a traizón que sufriu coa que sufriu Xesús por parte de Xudas. Esta analoxía cos textos bíblicos pretende unha mellor comprensión por parte do
1

No século XX, no tempo das Irmandades da Fala e antes, considérase ao Mariscal coma un mito da resistencia galega ao morrer por defender a súa torre (a Torre da Frouseira, no Valadouro, onde está asediado e é traizoado polos seus oficiais) e os intereses de Galiza fronte ao centralismo, malia ser o que sufocou a Segunda Revolta Irmandiña ou Grande Guerra Irmandiña.

2

Literatura Galega dos Séculos Escuros ás Irmandades da Fala 2006/2007 USC

1. Os Séculos Escuros. O contexto histórico. Problemática lingüística e cultural. Textos fundamentais. O século XVIII: o labor das individualidades

lector (o mesmo fará Valentín Lamas Carvajal en O catecismo do labrego). b) Poema sobre o “Saqueo de Cangas polos turcos”, que se produce o 9/12/1617: os asasinatos, roubos e secuestros que sufriu esta vila deron lugar á crónica histórica deste acontecemento e tamén á composición da que vimos falando. Existen dúas interpretacións desta composición:  ÁLVAREZ BLÁZQUEZ: dinos que está composición está realizada por un testemuño presencial que chega a Celanova, onde un frade copia a composición. Xosé Oxea (contemporáneo e amigo de Curros) entrégalle unha copia a Manuel Murguía, quen publica o texto en 1881 sen engadirlle ningún comentario.  B. BARREIRO: revisa o texto a comezos do século XX e establece a hipótese de que nel interviñeron dúas mans afastadas no tempo:  Unha contemporánea aos feitos, presente nos versos impares, que relata os sucesos esquematicamente. Dinos Bernardo Barreiro que se trata dun cóengo da Catedral de Ourense, don Álvaro del Valle, xa que a lingua empregada non ten trazos da costa, senón do galego central (ises). Ademais ten unha forte carga relixiosa.  Outra, afastada no tempo, que ten pretensións de facer a composición máis culta. Así, é a que lle engade un refrán (moi castelanizado) e un ritornello (lonxe, lonxe, lonxe...).
2.1.2. Vilancicos de Nadal

Vilancico e panxoliña son dúas denominacións que usan de xeito xenérico para referírmonos aos cantos do Nadal2. Nesta época podemos atopar vilancicos de autor e vilancicos anónimos, mais a súa orixe é popular ou culta? Existen dúas teorías que intentan responder esta pregunta: 1. Orixe culta ou erudita, defendida por X. FILGUEIRA VALVERDE. Segundo esta postura na Alta Idade Media representábanse nas igrexas pequenas pezas teatrais que tiñan o nacemento de Cristo como tema central, nelas os pastores interpretaban unhas cancións que, segundo esta teoría, pasarían despois ao pobo. 2. Orixe popular, defendida por X. Mª ÁLVAREZ BLÁZQUEZ. Segundo esta teoría serían as coplas populares as que inspirarían as cancións desas pezas teatrais representadas nas igrexas, coplas que serían sometidas a unha man erudita antes de seren interpretadas nestas pezas. Estas dúas teorías non teñen porque ser excluíntes, senón que poden complementarse. Hai dous focos principais na creación de vilancicos nesta época: a) Santiago de Compostela, capital ecuménica. b) Mondoñedo

2

En galego existen tamén denominacións específicas para os cantos de Nadal segundo o día no que se interpreten. Así temos os nadales (días 24 e 25 de decembro), os manueles (día 1 de xaneiro) e o reis (día 5 de xaneiro).

3

Literatura Galega dos Séculos Escuros ás Irmandades da Fala 2006/2007 USC

1. Os Séculos Escuros. O contexto histórico. Problemática lingüística e cultural. Textos fundamentais. O século XVIII: o labor das individualidades

Ademais prodúcese unha galeguización do tema do Nadal, xa que se identifica a pobreza de Cristo coa pobreza do pobo galego, do mesmo xeito que se augura que este chegará a ser importante algún día. Podemos apreciar esta galeguización en varios aspectos: a) Chámaselle Manuel a Xesús, xa que este nome considérase máis galego. b) Sitúase o nacemento de Xesús en Compostela. c) Xógase coa homofonía: Ourente > Ourense; Galilea > Galicia. Moitos dos autores de vilancicos marchan como mestres de capela, fundamentalmente a Coimbra e Lisboa, pero tamén por toda a Península, estendendo así o xénero. Xénero que pervive até o século XIX en autores precursores do Rexurdimento coma Alberto Camino ou Vicente Turnes. Imos ver algúns textos: a) Vilancicos de autor:  CARLOS PATIÑO (mestre de capela en Lisboa), “Outra volteta, Pero Fernandes,”: conxuga características populares (refrán, estrutura paralelística) e cultas. Nela incrústase unha copla popular en castelán sobre a que se monta a composición (como faría despois Rosalía) e fálase da pobreza co que nace Xesús malia ser Deus.  FREI FRANCISCO DE SANTIAGO (marcha a Coimbra), “¡Ai miña nail, o galeguiño novo”: usa moitos diminutivos que transmiten afectividade e achegamento. b) Vilancicos anónimos: “¡Ai, se noso Deus”: establece Compostela coma o lugar de nacemento de Xesús.
2.1.3. Cancións de corte paralelístico e popular

Son dexeneracións da cantiga de amigo medieval, que pervive con modificacións dado o seu carácter autóctono e popular, do que carecían as cantigas de amor ou as de escarnio e maldicir. Estas cancións caracterízanse por: a) A voz lírica é o amigo, que se dirixe á amada fixándose sobre todo nos seus ollos. b) Estar recollidas nos cancioneiros musicais (teñen notación musical) dos séculos XIV, XV e XVI, como é o da Biblioteca de Madrid (UPSALA) ou o do Palacio Real de Madrid (ELVAS).
2.2. Poesía de carácter culto 2.2.1. Poesía culta do século XVI (Renacemento)

A) Soneto de Monterrei:  Autoría: foi atribuído a Camões, mais sabemos que foi escrito entre 1830 e 1840, polo que non puido ser o seu autor. Ademais ten características que Camões non podía coñecer. Non sabemos quen foi o seu autor. 3  Lembra ás pastorelas medievais , en especial ás de J. Airas.  Apréciase o tópico renacentista de “dar os fíos á tea”. A tea simboliza o destino e o feito de cortar os fíos é a morte.
3

Lembran ás cantigas de amigo pero teñen características especiais: narran o encontro dunha pastora cun cabaleiro. Hai varios tipos (o cabaleiro diríxese á pastor e esta ignórao; ela fálalle a un elemento da natureza; diálogo entre a pastor e o cabaleiro; a pastor bota ao cabaleiro con malas palabras).

4

Literatura Galega dos Séculos Escuros ás Irmandades da Fala 2006/2007 USC

1. Os Séculos Escuros. O contexto histórico. Problemática lingüística e cultural. Textos fundamentais. O século XVIII: o labor das individualidades

É un soneto dialogado no que se aprecia un ambiente refinado e de galantería.

B) Soneto de dona Isabel de Castro e Andrade, condesa de Altamira:  Autoría: Pérez Guzmán atribúeo a dona Isabel de Castro e Andrade, mais o texto orixinal perdeuse.  É unha loanza a Alonso de Ercilla, compositor de La Araucana (poema épico renacentista sobre a conquista de Chile). De feito, aparecerá na 3ª parte de La Araucana, polo que se pensa que sería composto arredor de 1578.  A súa calidade literaria é inferior á do “Soneto de Monterrei”.
2.2.2. Poesía culta do século XVII (Barroco)

A) Sonetos galegos do Libro das exequias á raíña Margarida de Austria: en 1612, un ano despois da morte da raíña Margarita (o 3 de outubro de 1611) Gómez Tonel compila un libro elexíaco na súa honra, no que se inclúen dous prantos en galego á altura da literatura barroca portuguesa ou española:  “Turbas corran as ágoas; poña luto”, do propio Gómez Tonel.  “Morte cruel, esa traidora maña”, de Vázquez de Neyra. A. Rey Soto afirma en Galicia venera y venero de España (1949) que en Poetas religiosos inéditos del siglo XVI de M. Macías se dá a coñecer a Cristóbal Cabrera, autor dun soneto no que Vázquez de Neyra se tería inspirado. Máis considérase que isto non foi así, pode ser que Vázquez de Neyra nunca lese o poema de Cabrera. B) Décimas ao Apóstolo Santiago4:  Descuberta:  Manuel Murguía foi o primeiro que tivo noticias dela, xa que as oíra cantar na Catedral de Santiago.  Filgueira Valverde é quen as publica en 1924, cando aínda se descoñecía o autor.  Atasio López descóbreas nun códice na Biblioteca Nacional de Madrid onde se atopa o nome do autor: Martín Torrado.  Temática: trata as disputas entre Franciscanos e Dominicos e o intento das Carmelitas de substituír a Santiago Apóstolo por Santa Tareixa como patroa de España (é un feito histórico). C) Composicións das Festas Minervais de 1697: certame literario convocado na memoria de Alonso III de Fonseca e que dá lugar á publicación de Fiestas Minervales y aclamación perpetua a la Musa (Alonso Montero, 1993). Este certame:  Establecía 7 assumptos ou temas entre os que podemos citar o 2º (composicións en galego) e o 7º (ironía das composicións).  Encadrárense dentro da poesía barroca.  A presenza do galego é minoritaria e asóciase ao romance, a un ton máis popular. De entre as composicións en galego podemos destacar:  Romance de Luís Fuentes.

4

Tamén denominadas espinetas (en relación a Vicente Espinel).

5

Literatura Galega dos Séculos Escuros ás Irmandades da Fala 2006/2007 USC

1. Os Séculos Escuros. O contexto histórico. Problemática lingüística e cultural. Textos fundamentais. O século XVIII: o labor das individualidades

 Romance anónimo que Bouza Brey atribúe a Fabián Pardiñas Villardefrancos (1657 – 1703), deán da Catedral e presidente do xurado.
2.2.3. Teatro do século XVII: Entremés famoso sobre a pesca no río Miño

O Entremés famoso sobre a pesca no río Miño ou Contenda dos labradores de Caldelas é un esbozo dramático composto por Gabriel Feixóo de Araúxo en 1671. Os seus trazos principais son: a) Argumento: a acción transcorre en 1670 e narra ruptura por parte dos portugueses do dereito que, por costume, tiñan os galegos de pescar no río Miño. Isto dá lugar a un enfrontamento no que os lusos son liderados por un fidalgo e os galegos por un labrego, Roleiro. A peza remata cunha festa popular entre lusos e galegos. b) Personaxes: tanto o fidalgo portugués coma Roleiro son personaxes tipo, representan o grupo ao que pertencen. c) É moi breve, conta só con 433 versos. d) Forma: hai unha adecuación entre contido e forma:  Redondilla: úsase para darlle axilidade aos diálogos e expor monólogos.  Pareados hendecasílabos: introducen pequenas intervencións.  Letrillas festeiras: ao final da peza. e) Lingua: é o dialecto de Caldelas, en Tui. Búscase unha diferenciación lingüística entre galegos e portugueses que non está conseguida, aínda que o fidalgo luso usa unha linguaxe refinada isto só é unha diferenza de rexistro. f) Valor etnográfico: non é unha obra de grande valor literario, pero si etnográfico, xa que se contan diferentes aspectos da vida dos galegos que vivían preto do Miño:  Medo á xustiza.  Alimentación (mesmo aparece unha receita).  Diferenciación entre o folclore portugués e o galego. g) Publicación: publícaa Bouza Brey en 1953 e responde ao xénero de farsa (representación popular), non ao que se entenden na literatura española como entremés. 3. O século XVIII: o labor das individualidades
3.1. A Ilustración

O século XVIII supón un período de crise, en especial no que se refire á conciencia do home. A Ilustración vai supoñer: a) Unha adaptación dos principios clásicos aos novos tempos (Neoclasicismo) e a recuperación de valores renacentistas. b) O sometemento á razón, combatendo a submisión ás doutrinas das relixións reveladas e a consecuente reacción contra o clero e a interpretación tradicional da vida de Cristo. c) Promóvese unha nova moral ética, non relixiosa; un novo dereito, non divino; unha nova ciencia baseada na experiencia e na razón; unha nova arte que non centre na iconografía relixiosa; e un novo amor, liberado do concepto de pecado. Todo isto é o que se chamou modernidade. 6
Literatura Galega dos Séculos Escuros ás Irmandades da Fala 2006/2007 USC

1. Os Séculos Escuros. O contexto histórico. Problemática lingüística e cultural. Textos fundamentais. O século XVIII: o labor das individualidades

d) Promóvese tamén unha educación para o pobo e, neste senso, publícase en Francia a Enciclopedia de Diderot e D’Alembert. A ideoloxía da Ilustración está resumida en Sapere aude (“atrévete a coñecer”) de Kant, e supón un intento de combinar o espiritual e o material para chegar á felicidade. Na Ilustración galega destacan dúas figuras: a) Padre Feijoo: autor de obras coma Teatro Crítico Universal ou Cartas Eruditas, é o primeiro en situar o galego ao mesmo nivel có castelán e as demais linguas románicas. Ademais sitúa a orixe do portugués en Galiza e desminte a idea de que os galegos non sexan válidos para a ciencia. b) Padre Sarmiento: é discípulo do Padre Feijoo e as súas obras foron publicadas hai pouco tempo (quizais el non as publicou para librarse das críticas dos membros da súa orde e doutras). En canto ás súas ideas, cómpre destacar:  Defensa do empirismo na educación (ao igual ca Locke ou Rousseau), o dereito a unha educación sen trabas e a inutilidade das memorizacións. Ademais afirma que a educación determina ao individuo.  Defende o uso do galego na educación e a súa restauración no Reino de Galiza. Ademais, apunta á Igrexa como o principal axente desgaleguizador.
3.2. A poesía de autor

A) Anselmo Feijóo Montenegro, irmán do Padre Feijóo e autor de:  Unha “Glosa” presentada ao concurso convocado por Juan de Artizia, cuxa condición era glosar feitos relacionados con Felipe V. Trata o tema do acompañamento dos reis ao Viático en 1722.  “Pranto da Frota”: composición en quintillas posta en boca dunha ninfa que se lamenta da derrota ante os ingleses na batalla de Rande, polo que é datable en 1702. É posíbel que o autor vivise os feitos aos que se refire nesta composición que, durante moito tempo lle foi atribuída ao seu irmán, o Padre Feijóo5. B) Plácido Feijóo Montenegro: tamén irmán do Padre Feijóo, é o autor dunha glosa presentada ao mesmo concurso cá anterior e que trata a mesma temática. C) Frei Martín Sarmiento, autor de Diálogo de 24 rústicos6:  Interese filolóxico: interese por dar a coñecer a lingua, xa que se acumulan moitos termos léxicos (toponimia etc.).  Forma: consta de 1201 coplas hexasílabas que riman en asonante (especialmente en –e e –o ). É unha composición que fica sen rematar.  Inspiración: O Tío Marcos da Portela, xornaleiro (“rústico”) que traballaba na casa dos pais de Sarmiento, será o motivo inspirador da
5

J. Arenal publica en 1901 Poesías do Padre Feijóo, obra na que inclúe este poema. Malia advertir que algunhas das composicións incluídas na obra podían non ser da autoría o Padre Feijóo, este poema foille atribuído a el. 6 O seu título completo é Colección de muchas palabras, voces y frases gallegas que el año 1745 oí, leí y observé en Galicia, estando a divertirme en la villa de Pontevedra en donde me he criado y habiendo andado por varias partes del Reyno.

7

Literatura Galega dos Séculos Escuros ás Irmandades da Fala 2006/2007 USC

1. Os Séculos Escuros. O contexto histórico. Problemática lingüística e cultural. Textos fundamentais. O século XVIII: o labor das individualidades

composición. O autor realiza viaxes a Galiza nas que visita a este xornaleiro. Temas e características máis relevantes:  Trátase a morte de Felipe V e a subida ao trono de Fernando VI.  Aparición de pobres e mulleres activas, o que será un tópico na literatura galega posterior.  Importancia da paisaxe, sendo neste senso un precursor. Esta sensibilidade paisaxística comezara con Rousseau e na literatura galega o seu máximo representante vai ser Otero Pedrayo.  Crítica anticlerical: presenta a frades comendo con gula ante o corpo morto de Felipe V.  Crítica política, para a que interrompe o discurso de súpeto e anuncia que os interlocutores van falar de “purrítica” (concédelle a palabra a outros para evitar meterse de cheo no tema).  Presenza da cultura popular e folclórica: para o autor a zanfona e a gaita son os instrumentos característicos de Galiza e a ghota o noso baile tradicional.  Introduce na literatura galega a palabra saudade.

D) José Cornide Saavedra(1734 – 1803): economista, home tipicamente ilustrado, foi o primeiro en denunciar o trato de colonia que recibía Galiza por parte do poder central. É o autor do soneto “A Filida”, considerado un dos mellores da nosa literatura. Neste soneto recupérase a figura da filida, tratada xa no Renacemento, e parte do concreto para logo abstraerse (nos dous cuartetos fala dun paxaro ao que un cazador lle tende unha trampa e nos dous tercetos establece unha comparación do anterior coa persoa amada). E) Diego Antonio Cernadas y Castro, “O cura de Fruime” (1698 – 1777): é un dos primeiros en contestar ás descualificacións que recibía Galiza desde Castela7.  Vida: goza dunha grande popularidade en vida, mais co tempo irá caendo no esquecemento.
7

Na literatura castelá os galegos fomos descualificados de moitas formas: - Considérasenos avaros (tanto, que mesmo se dixo que bailabamos a muiñeira co puño pechado) e desconfiados en obras coma La gallega María Hernández, de Tirso de Molina (retrato agrícola da comarca de Ourense no que se di que esta María Hernández era tan avara que recomendaba poñer os zapatos na cintura para non os gastar), en obras de Gonzalo de Correas, Unamuno, Ortega y Gasset (en La rebelión de las masas fala da desconfianza dos galegos). - Dise que somos supersticiosos, chegando a dicir que podiamos adiviñar calquera cousa con só mirar o voo dos paxaros (Gregorio Salas). - Cualifícasenos como preiteantes, cualificativo atribuído xa no Códice Calixtino. - Defínesenos como alcólicos: Lope de Vega (Santa Casilda), Quevedo (Entremés del caballero de la tenaza) e algúns romances anónimos do século XVIII. - Satirízase o noso clima. - Creación da figura do gallego de entremés (inculto, rudo, de baixo estatus social) a raíz das emigracións galegas á Castela. Xorden así frases coma “Antes puto que gallego”, “antes moro que gallego” ou “ni perro negro, ni mozo gallego” (Galatea, Lope de Vega). Amais da reacción do “cura de Fruime”, hai outras: - P. Fernández de Castro (sétimo conde de Lemos, a quen Cervantes lle dedica a segunda parte de El Quijote): autor de El búho gallego, obra na que se define a Galiza como a rexión máis nobre de España. - Diego de Acuña y Sarmiento (1567 – 1626), conde de Gondomar e embaixador en Londres, tamén fixo unha defensa dos galegos e de Galiza.

8

Literatura Galega dos Séculos Escuros ás Irmandades da Fala 2006/2007 USC

1. Os Séculos Escuros. O contexto histórico. Problemática lingüística e cultural. Textos fundamentais. O século XVIII: o labor das individualidades

Obra: conta cunha abondosa obra en castelán (entre a que se encontra a reacción aos desprezos de Castela) e 15 composicións en galego.  As formas estróficas que máis usa son a décima e o romance.  É un epígono do século XVII (influencia de Góngora), amosa un certo anacronismo xa que vive ancorado no pasado.  É un excelente versificador pero a falta de equilibrio nas súas composicións fixo que fose considerado un simple coplista. Ademais, por causa disto atribuíronselle composicións que el non escribira.  Considera que o galego é válido para composicións populares, pero que a boa literatura debe escribirse en castelán8.

8

Nunha das cartas que lle envía á Marquesa de Camarasa cualifica a uns homes que lle transmitiron unhas coplas como rodeznos e paletos, polo que amosa desprezo polo pobo galego.

9

Literatura Galega dos Séculos Escuros ás Irmandades da Fala 2006/2007 USC