4.

Do gal ego medi eval ao gal ego moder no: mudanzas no pl ano fóni co

Hi st or i a da l i ngua gal ega
2008/2009
USC
1
1. Vocali smo

2. Consonanti smo
2.1. Gheada
2.1.1. Or i xe

É un fenómeno que podería ter xa as súas orixes no galego medieval,
pero non temos testemuños escritos dela ata o século XVII.

1) Tese subst r at í st i ca (Zamor a Vi cent e):
a) Definición:
→ Antón Tovar amosou que a concentración de testemuños con
sonorización era maior no noroeste peninsular e ía diminuíndo cara ao
levante. Isto levou á formulación da hipótese de que a lenición
consonántica fose consecuencia dos hábitos articulatorios da linguas
célticas, faladas polos pobos que habitaban estes territorios.
→ Coincidencia da área da gheada coa área da cultura castrexa.
b) Obxeccións:
→ Descoñecemento do sistema fonolóxico prerromano.
→ A lenición é un fenómeno característico da Romania Occidental, non só
da Península Ibérica, e que non se dá en tódalas falas (non se dá no
aragonés e probablemente tampouco se producise nas falas mozárabes).
→ Na escrita só temos evidencias da gheada desde época moderna (ss.
XVI e XVII).

2) Tese adst r at í st i cas (Pensado):
a) Definición: considera a gheada unha consecuencia da presión do castelán
sobre o galego, de xeito que o galego adquiriría o fonema castelán /x/
mediante o seguinte proceso:
→ Recepción do fonema /x/ que se adapta como /q/. Exemplo [xo'sr] >
[qo'sr].
→ Aprendizaxe da pronuncia /x/ por considerala máis prestixiosa, de xeito
que se estende este fonema a tódalas formas que antes tiñan /q/.
→ Extensión ultracorrecta de /x/ ás formas que tiñan /q/ en castelán.
Exemplo: [Ivc'xo].ç
→ Extensión ultracorrecta de de /x/ ás restantes formas.
b) Obxeccións: a influencia do castelán é maioritariamente léxica, non fónica
e morfolóxica, polo que sería unha mudanza moi rara.

3) Tese est r ut ur ali st a (Sant amar i na e Schr ot en):

a) Definición: a sonorización e o debilitamento poden explicarse pola
posición intervocálica ou de consoante + líquida, xa que son contextos
nos que os sons contiguos son sonoros e prodúcense sen constricións totais.
É dicir, sería o “término dun proceso de selección fonolóxica de variantes
fonéticas”.

b) Os argumentos desta tese son:
→ Imposibilidade de identificar o fonema da gheada co castelán /x/, xa
que o son xenuíno deste fenómeno é [h] (farínxea xorda), aínda que
existen moitos outros alófonos.
4. Do gal ego medi eval ao gal ego moder no: mudanzas no pl ano fóni co

Hi st or i a da l i ngua gal ega
2008/2009
USC
2
→ A tese adstratística non explica a evolución [nq] > [nk] que se produce
nalgunhas áreas.

c) Proceso de formación da gheada:
→ A pronuncia orixinaria do actual fonema da gheada sería [q], que
evolucionaría a [¡] ou [¡] en certos contextos.
→ Desde os séculos XVI e XVII hai un maior debilitamento dos alófonos
[¡] e [¡] que se reflicte en dous modos:
 Vertical (grao de constrición): aproximante / fricativo > apirado.
 Horizontal (punto de articulación): velar > farínxea
→ Propagación de [h] aos contextos silábicos que antes ocupaba /q/, que
non é sistemática cando o son vai precedido de nasal, xa que podemos
atopar na área de gheada os resultados [nq] e [nk], que Santamarina
explica do seguinte xeito:
 Na franxa costeira a reorganización da distribución dos alófonos non
estende a gheada ao contesto [nq].
 A variante [h] comeza a actuar autonomamente e convértese no
fonema /h/, de xeito que o [q] queda illado na franxa costeira no
contexto [nq].
 A maior frecuencia da secuencia [nk] ca de [nq] fai que neste
sistema [nq] pase a [nI] (oclusiva velar sonora > oclusiva velar
xorda).
d) É a tese máis aceptada na actualidade.

2.2.2. Conclusi óns

1) É un fenómeno que se orixina no propio sistema fonolóxico do galego.
2) Está vinculada ao proceso de lenición consonántica
a) que actúa nos seguintes casos:
→ Consoantes xeminadas > consoantes simples. Exemplo: UACCAN >
vaca.
→ Oclusivas xordas > oclusivas sonoras. Exmeplo: AMICUM > amigo.
→ Oclusivas sonoras > Ø. Exemplo: LEGERE > ler.
b) No caso da gheada produciríase un paso máis na sonorización das oclusivas
xordas: [q] > [¡]/[¡] > [h] (> [Ø]). Exemplos: AMICUM > amigo >
amio/amio > amio; FACERE > faer > faer/faer > faer > faer > fer.

2.3. Seseo

Medieval Arcaico Transición Non seseo
Seseo
apical
Seseo
laminal
Seseo
laminal
(despal.)
Un só
membro
ls s
dz z
s 0
s s
z z
s s
s s s
J J
x x
J J J J s
s

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful