P. 1
Informe Económico de Anova

Informe Económico de Anova

|Views: 351|Likes:

More info:

Published by: Anova Irmandade Nacionalista on Aug 23, 2013
Copyright:Attribution Non-commercial

Availability:

Read on Scribd mobile: iPhone, iPad and Android.
download as PDF, TXT or read online from Scribd
See more
See less

03/10/2014

pdf

text

original

INFORME ECONÓMICO ANOVA-IRMANDADE NACIONALISTA

parte I. INFORME ECONÓMICO E DE XESTIÓN DE ANOVA-IN (xullo 2012 – xuño 2013)

INFORME ECONÓMICO En primeiro lugar, cómpre dicir que as contas de ANOVA-IN están ao dispor de calquera persoa afiliada que teña interese en revisar as mesmas. Por razóns obvias de discreción e de prudencia na protección de datos, a información que se reflicte neste informe fai referencia ás principais cifras da nosa contabilidade ata o 30 de maio de 2013. Para unha maior compresión deste informe económico optouse por dividilo en tres partes. Primeira parte: ten que ver coa situación pre-legalización de ANOVA-IN. É dicir: basicamente son as contas dos comicios ao Parlamento Galego, e polo tanto son contas relacionadas coa coalición eleitoral AGE. Como é coñecido, ANOVA-IN até a súa inscrición definitiva no Rexistro de partidos políticos do Ministerio do Interior carecía de personalidade xurídica propia, polo que a coalición eleitoral formalizouse entre o EI, FOG e FPG (baixo a denominación conxunta de Anova) e máis EU- Esquerda Unida. A día de hoxe, tanto a FOG como o EI xa asinaron a cesión “ de todos os dereitos derivados dos resultados das eleccións ao Parlamento Galego do 21 de outubro de 2012 a ANOVA-IN”, faltando só a FPG por entregar o devandito documento de cesión de dereitos. Todos os movementos económicos de Anova (EI, FOG e FPG) fixéronse nunha única conta bancaria aberta pola FOG e administrada mancomunadamente por dúas persoas. 1. A conta abriuse con 0€ o 24/09/2012 e pechouse o 06-03-2013 cun saldo de +6,63 €.
INGRESOS POR PŔESTAMOS E DONATIVOS Transferencia de ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA Transferencia de GRUPO PARLAMENTARIO ALTERNATIVA TOTAL INGRESOS +78.832,50 +3.025,00 +9.000,00 +90.857,50

Os gastos nese período foron de 90.857,50 € e, como xa se dixo, teñen que ver cos gastos da campaña eleitoral. En todo caso, as contas de campaña son públicas e xa están publicadas na páxina web do Consello de Contas.

Segunda parte: son as contas propiamente de ANOVA-IN despois da súa legalización, é dicir, dende que ANOVA –IN está legalizada e se abriu a conta propia na Caixa Rural o 5 de febreiro de 2013. INGRESOS: -Por cotas da militancia de ANOVA IN -Por ingreso polas 4 persoas parlamentarias -Por ingreso do Grupo parlamentar 16.023,12 EUROS 11.500,00 EUROS 11.000,00 EUROS

TOTAL INGRESOS……………………………………………38.523,12 EUROS GASTOS: A maioría destes gastos teñen que ver coa actividade desenvolvida nestes meses por ANOVA-IN: alugueiro de locais para actos públicos, cuñas radiofónicas, publicidade, viaxes a congresos como convidados (a Pamplona), merca dunha equipa informática, pago de seguridade social, AEAT (facenda), alugueiro do Palacio de Congresos (1.527,59€ asemblea deliberativa), etc. Cómpre destacar o gasto de 902,70€ pola tramitación dos recibos de cotas devoltas. TOTAL GASTOS………………………………………….… 15.105,69 EUROS

TOTAL SUPERÁVIT……..……………………………..….. 32.417,43 EUROS

Terceira parte. Esta sería a que corresponde aos ingresos e gastos do Grupo Parlamentar, cuxas contas están sometidas á lexislación en vigor así como ao réxime proprio do Parlamento Galego. En todo caso, o recollido neste informe está en correspondencia coa parte do grupo parlamentar que representa ANOVA-IN. A previsión de ingresos anuais do G.P. (ANOVA-IN) para o ano 2013, supoñendo que o Goberno Galego non recorte os mesmos son: INGRESOS…………………………………………………..388.841,28 EUROS GASTOS DE FUNCIONAMENTO………..…………........ 219.253,32EUROS De non mudar as circunstacias actuais habería un superávit de 168.253,32EUROS.

Galiza, 8 de xuño de 2013.

You're Reading a Free Preview

Download
scribd
/*********** DO NOT ALTER ANYTHING BELOW THIS LINE ! ************/ var s_code=s.t();if(s_code)document.write(s_code)//-->