POLA CONSOLIDACIÓN DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS COMA O VERDADEIRO REFENTE DOS MOVEMENTOS SOCIAIS GALEGOS.

Dende que o pasado 4 de setembro o noso Consello Político Nacional decidiu presentarse ás Eleccións Autonómicas xunto con ANOVA Irmandade Nacionalista formando a coalición electoral Alternativa Galega de Esquerda (á que se sumaron posteriormente Equo e Espazo Ecosocialista) pasou a ser o referente electoral da meirande parte dos movementos sociais do país. A renuncia a certos obxectivos relacionados coa cuestión nacionale a unión en base a principios anticapitalistas constituíron un gran exemplo para todas as forzas de esquerdas do panorama estatal. A pesar de que o proceso de conformación da coalición podería ter sido mellorable, os resultados electorais da mesma foron indiscutiblemente positivos conseguindo ser a candidatura de esquerda con maior representación no Parlamento Galego. Porén, dende a entrada de AGE no Parlamento, véñense reproducindo na coalición vicios propios doutras formacións políticas, a falta de transparencia e as escasas posibilidades que teñen as militantes para tomar partido nas decisións internas son, sen dúbida, os dous males maiores que esta a sufrir o proxecto nestes momentos. Pola solución dos citados problemas danse varias posibilidades; que AGE sexa o verdadeiro altofalante dos movementos sociais galegos e que se consolide coma unha ferramenta realmente útil para os mesmos. Por todo o exposto anteriormente, a XI Asemblea Nacional de Esquerda Unida mandata ó Consello Político Nacional entrante a: • Promover un acordo co resto de forzas políticas que integran Alternativa galega de Esquerda coa fin de asentar dentro da coalición unha estricta transparencia no relativo, sobretodo, ás finanzas e á actividade parlamentaria das nosas deputadas. Pular pola consolidación e extensión da Coordinadora Nacional de AGE co obxectivo de asegurar a democracia interna dentro do proxecto a todos os niveis. Apostar pola convocatoria e asentamento de Asembleas Abertas de Alternativa Galega de Esquerda a nivel local. Estas asembleas terán como obxectivo a participación directa da cidadanía nas institucións políticas e os seus acordos serán vinculantes á hora de tomar decisións por parte das nosas representantes no parlamento, nos Concellos, etc.

Porque non renunciamos á vitoria! Tócanos organizar a rebelión e construir a alternativa!

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful