Excursión Guiada ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro (Pontevedra

)
Organiza: O Colado do Vento Día: 22 de Setembro 2013 Lugar de Saída : Campo da Feira de Sober Hora de Saída: 9:00h Hora de Regreso: Saída de Campolameiro entre as 18:30h e 19:00h

Prezos:
SOCI@S NON SOCI@S OBRADOIROS 12 15 NON OBRADOIROS 10 12 CATIV@S ATÉ 14 ANOS ………………………………………………………………………………………… DE BALDE

Nota: Inclúen en todo caso a entrada de acceso ao PARQUE ARQUEOLÓXICO DE GALICIA + DESPRAZAMENTO DE IDA E VOLTA EN BUS. Para o xantar, a asociación SÓ NEGOCIA O PREZO e FAI a XESTIÓN de RESERVA (Ver prezos)

Dentro do Parque ofertan os seguintes Obradoiros:
Para todos os públicos:  DO TARRO AO BARRO As persoas participantes coñecerán de primeira man os materiais, técnicas de manufactura, as decoracións e os diversos usos das vaixelas da Idade do Bronce. CAZADORES DE CERVOS As persoas participantes coñecerán de primeira man os materiais, técnicas de manufactura, as decoracións e os diversos usos das vaixelas da Idade do Bronce. Os participantes converteranse na personaxe clave da sociedade da Idade do Bronce, o “cazador-guerreiro”, frecuentemente representado na arte rupestre. DESCUBRINDO OS ENIGMAS DAS PEDRAS As persoas visitantes poderán sentirse arqueólogas por un día, formando parte dunha equipa de traballo coa misión de recompilar toda a información que un petróglifo pode proporcionar. TES OURO, TESOURO? A partir da fabricación dun adorno con técnicas prehistóricas, aproximaremos ao público ao mundo simbólico da Idade do Bronce. LUME, LUME! Esta actividade pretende dar a coñecer a importancia que tivo o descubrimento do lume para as comunidades prehistóricas. Amosaranse dúas técnicas de obtención de lume, a partir de dúas pedras e a técnica do arco. Á PROCURA DA MENSAXE PERDIDA Os participantes deberán superar por equipas probas dentro do escenario do Parque. Mentres tratan de descubrir a palabra misteriosa, coñecerán a contorna natural dos petróglifos, e a importancia destes para as sociedades da Idade do Bronce.

Especialmente para a cativas e cativos: “Do gran ao pan” onde aprenden todo o relacionado co pan na Idade do Bronce, e en “Pequenos artistas, grandes obras” coñecerán as técnicas pictóricas máis antigas da Humanidade.

Xantar:
Pódese xantar de Pic-nic hai 4 mesas 1,5 de longo, e tamén na cafetaría do propio parque hai bocadillos e produtos comestibles. Os menús están negociados para grupos, igual que os prezos. Isto será aboado directamente ao servizo de hostalería, quer dicir, non intermedia a asociación no pagamento, só na negociación para acadar un mellor prezo, por sermos un grupo. Deberán ser reservados con anterioridade, dado que se trata dun servizo de “catering MOCHI”.
MENÚ I Salpicón de peixe Lombo ao forno Arroz con leite Viños branco e tinto Auga e Café MENÚ II Empanada, tortilla Ensalada rusa Flan Viños branco e tinto Auga e Café

PREZO 9,50€

MENÚ III Pescada á Mariñeira Lombo ao forno Arroz con leite Viños branco e tinto Auga e Café

MENÚ IV Salpicón de Peixe Xarrete ao forno Flan Viños branco e tinto Auga e Café

PREZO 8,50€

XANTAR TRADICIONAL

PREZO 20,00€

Baseado en produtos da nosa terra: cocido galego, cordeiro, cabrito ou capón son algunhas das suxerencias. Se alguén desexa este xantar facilitarase menú. MENÚ INFANTIL Se alguén desexa este xantar facilitarase menú. PREZO 6,50€

IMPORTANTE: Se algunha persoa precisa menú especial, por enfermidade ou opción alimentaria propia, pode solicitarnos a xestión coas particularidades do seu caso. Contacto: rosanaguia@yahoo.es ou coladodovento@gmail.com

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful