You are on page 1of 8

Nº 297

s

XOVES, 2 DE XULLO DE 2009

Coordina: Xose Ramón Pena

Suxeito dunha grande exposición retrospectiva no Museo das Artes Decorativas de París --na mostra reúnense 130 dos seus vestidos, ademais de variada información, fotografías..., Madeleine Vionnet, considerada polos especialistas como principal modernizadora da moda no século XX é, en certa medida, unha descoñecida para o gran público. Entre os seus éxitos atópase ser a inventora do corte ao biés e mais a liberadora da faixa no vestiario feminino. Foi, alén diso, unha sólida seguidora das liñas puras pertencentes á arte postcubista, devota revisora da estética grecolatina na era do art déco e,sobre,todo unha grande empresaria con vontade de compromiso social. A casa Vionnet foi aberta ao público no ano 1912 e pechou definitivamente as súa portas no ano 1939 coa lutuosa overtura da II Gue-

sa inspiradora para o seu estilo de muller libre e cultivada, cualificándoa de “grande artiste!”. Sobre Poiret, outro liberador do corpo da muller das garras da faixa, opinaba que era más ben un “costumier” que un “couturier”; é dicir, un creador de roupa para o teatro e non tanto un modisto. E de Chanel, pensaba que era unha“modiste”de chapeus e non de vestidos.

Na exposición parisina, preséntase restaurado o legado que a couturier deixara aos museos franceses no ano 1952.A exposición coincide co relanzamento da empresa “Vionnet”, que agora é propiedade dun grupo italiano, o cal aplicará o máarketing de facer variacións sobre a teima da sinxeleza de Madeleine Vionnet para tecer o mito dunha grande da moda.

A eternidade estará garantida por medio do mercado. Neste século XXI,Vionnet será unha sede estética tanto para especialistas como para o gran público. E os seus orixinais poderán admirarse até o fin do ano nas salas do museo parisino de Les arts décoratifs. Un exemplo do xenio francés no diálogo da arte coa industria.

A costureira sinxela
Formas de Madeleine Vionnet
ROMÁN PADÍN OTERO
rra Mundial. Ao longo deses anos, Madeleine Vionnet foi unha auténtica vangardista en non poucos eidos da súa vida profesional e persoal.As súas ideas sobre o xeito de simplificar o aspecto feminino levárona a independizarse e abrir a súa propia casa de costura onde foi facendo realidade o seu soño da Eva Futura. Os seu estilo vén caracterizado por cortes simples que empregan por toda estrutura as formas redondeadas do corpo feminino. O vestido pano, os patróns baseados no círculo, no rectángulo e no triángulo son, xunto ás transparencias e o drapeado, os elementos que configuran o persoal xeito de deseñar de Vionnet.Tecidos daquela infrecuentes para o vestiario feminino como a gabardina, o crepé de seda e o satin foron empregados por ela.Para crear a súa moda,Vionnet traballaba con pequenas monecas duns 80cms de altura sobre as que colocaba os tecidos dun xeito escultórico. Son célebres as fotos da couturier sentada fronte á pequena moneca que lle servía como modelo volumétrico para o seu traballo. Logo da creación dos volumes, a parte da confección estaba apoiada no corte ó biés: unha maneira de empregar o tecido cortando en diagonal ao gran do pano que permitía así unha mellor adaptabilidade do vestido ao corpo. En realidade,Vionnet non foi unha muller de vida social, senón unha creadora de artes aplicadas que coñecía o seu oficio á perfección e que construíu un imperio tan sólido como concreto nas primeiras décadas do século XX. Unha das máis deliciosas entrevistas que lle fixeron foi a asinada polo brillante Bruce Chatwin no ano 1973, apenas dous anos antes do pasamento da couturier. O escritor británico describe a casa de Vionnet como un austero espazo inspirado na Grecia clásica, cunha fotografía do Partenón presidindo a sala que estaba decorada no estilo déco. Así mesmo,Vionnet foi unha grande admiradora de Isadora Duncan,quen servía de mu-

FOTO: JORGE LEAL

TEATRO: UN GRIAL NA GALAXIA /
PÁX.

III

ENTREVISTA CON X.L. FRANCO GRANDE /
PÁX. IV--V

PIÑEIRO: FILÓSOFO DA SAUDADE /
PÁX. VIII

II

FARO DE VIGO
XOVES, 2 DE XULLO DE 2009

LITERATURA

Como sucede con outros temas, na cuestión das celebracións dos aniversarios e efemérides o extraliterario moitas veces acaba proxectándose sobre do literario ata o punto de desdebuxalo ou mesmo anulalo. ¿Por que recordamos datas e autores menores con congresos, xornadas, publicacións e dedicatorias? Pois porque, en boa parte das ocasións,hai concellos, asociacións, editoras ou calquera outros axentes literarios interesados en que ese evento ou escritor volva á actualidade literaria e nesa feira a literatura só é un efecto colateral. Pode semellar abondo contundente o que escribo, pero os máis familiarizados neste tipo de circunstancias propias da mercadotecnia literaria saben que isto é así en moitos casos. Ao meu modo de ver, este tipo de razóns explica que un poeta da importancia de Aquilino Iglesia Alvariño só fose re co rd a d o neste seu centenario de aniversario –polo menos ata o de agora– por moi escollidos axentes publicistas e plataformas culturais. E é mágoa, e grande, que isto sexa así. Entre outras cousas porque se este autor, no canto de ter nacido nun concello humilde pero esforzado como o lucense de Abadín o tivese feito noutro, digamos, con máis posibles, probablemente esta conmemoración estaría sendo diferente. Tamén si se os herdeiros dos dereitos das súas obras intensificasen, aínda máis, a súa disposición a colaborar con investigadores e editores e a chegar a acordos para favorecer a divulgación e publicación de materiais. Non son moitos os que lembran –e é significativo do desleixo no que vive esta figura– que, alén de Cómaros verdes (1947), do que fixo o Concello de Vilagarcía en 1997 unha edición institucional, e polo mesmo escasamente distribuída, e outra a Biblioteca 120, é imposible atopar, en edición exenta, ningún dos restantes poemarios de seu

nas nosas librerías. Hai, iso si, algunhas antoloxías publicadas, pero non están tampouco na maior parte dos casos en efectiva circulación, pois a maioría foron compendiadas coa escusa da dedicatoria do Día das Letras Galegas ao autor en

1986 (así as da Real Academia Galega,a Xunta de Galicia ou a Universidade de Santiago) e hoxe levan máis de vinte anos arrombadas en almacéns ou bibliotecas académicas. Unicamente o volume da súa Poesía Galega Completa

No centenario de Aquilino Iglesia Alvariño
ARMANDO REQUEIXO

Verdes cómaros
O poeta lucense Aquilino Iglesia.

Do que deixo escrito nas columnas do lado deducirase doadamente o aplauso pechado que me merece que a Fundación Manuel María decidise animar unhas pequenas xornadas ao redor do centenario do escritor e que estas constituísen o IX Congreso Cultura Terra Chá. No marco das mesmas, nos pasados días de xuño, foi posible asistir a conferencias sobre o abadinense de investigadores e escritores como Ricardo Polín, Félix Villares ou Manolo Regal. Na mesma liña, o esforzo que os rapaces do Seminario Santa Catarina de Mondoñedo fixeron para tirar do prelo un número especial da súa revista Amencer (209, maioxuño) dedicado ao que fora alumno das súas aulas, coido que debe

saudarse con loanza. Entre outras cousas porque demostra que entre algúns o poeta segue a ser unha voz á que cómpre volver, como evidencian os artigos que para este monográfico escribiron M. Anllo Cabana, M. Regal Ledo, A. Blanco

Recordando o poeta
Torrado, X. A. Miguélez Díaz ou FVi. llares Mouteira. Finalmente, o traballo de máis alcance entre os que se inscriben nesta moi necesaria reactualización do poeta lucense debémolo ao profesor Luciano Rodríguez,

máxima autoridade (xunto ao poeta Román Raña) na vida e obra de Iglesia Alvariño, a quen consagra O po dos días, longo, documentado e lúcido ensaio sobre a súa obra poética, con especial e monográfica atención a cada un dos seis poemarios da súa autoría. O libro, que ten como base o seu referencial A poesía de Aquilino Iglesia Alvariño, editado hai xa tres lustros pola Deputación de Lugo e dende hai moito inencontrable, é hoxe por hoxe o máis completo estudo de conxunto sobre o escritor. Foi todo un acerto por parte de Rodríguez e de Edicións Xerais o revisalo e volver poñelo en circulación, pois coa súa achega axudan grandemente a ir facendo desaparecer a lanza de soedá que magoaba o poeta.

preparado tamén en 1986 por Xesús Alonso Montero e a escolma dos seus versos publicada en 1991 por Edicións Xerais na súa colección Biblioteca das Letras Galegas e realizada por Francisco Fernández del Riego permanecen accesibles para aqueles que queiran achegarse á súa obra. Pouco escaparate para tan grande poeta, entre outras cousas porque parte dos seus poemas non compilados en libro continúan espallados aínda pola prensa periódica e noutros soportes. Por descontado, se non é posible mercar e ler integramente edicións exentas dos seus poemarios e aínda fica certa parte da súa produción poética sen compilar, moito peor o ten quen sen interese polas súas traducións. Apenas se a súa versión da Aulularia de Plauto (que el titulara A comedia da oliña) foi recollida nunha edición recente (1992) de Galaxia, pois seguen sen poder consultarse en edicións comprables as traducións que realizou de Ve n a n c i o Fo r t u n at o, Horacio ou Teócrito. E outro tanto cabería dicir da súa abondosa obra ensaística (incluído o seu discurso na Academia) e, xaora, do famoso dicionario galego que andaba a preparar e FOTO: ELÍ REGUEIRA que a súa familia custodia celosamente. Este centenario de Iglesia Alvariño debería servirnos a todos para reflexionar sobre o estado de indixencia literaria no que temos sepultados a algúns dos nosos clásicos. É certo que é moito o que queda por facer, que o tempo necesita tempo e que hai excepcións meritísimas a este desleixo, pero a impresión xeral segue a ser que calquera que nos olle con construtivo espírito crítico dende aquén ou alén do Padornelo levará a impresión de que andamos enleados noutras guerras que non o merecen ou, peor, deitados á raxeira, esquecendo o patrimonio, a memoria e, por tanto, a nosa identidade.

ARTE

FARO DE VIGO
XOVES, 2 DE XULLO DE 2009

III

O bodegón español no Prado é o título da mostra que se pode contemplar na sede coruñesa da Fundación Caixa Galicia desde o 24 de xuño até o 20 de setembro, froito da colaboración do museo madrileño e da institución galega. A exposición, comisariada por Juan J.Luna,xefe do departamento de pintura do século XVIII do Museo do Prado, foi elaborada a partir dos excepcionais fondos do museo e supón un repaso,

Luis Paret y Alcázar (17461799) ou Francisco de Goya (1746-1828) -todos magnificamente representados na mostra que agora se pode visitar n’A Coruña-, artistas para os que o xénero,alén doutros valores, é un campo de experimentación para a construción do estilo. Por outra banda, as naturezas mortas españolas semellan establecer diálogos e, xa que logo, situárense, nunha liña da tradición do xénero na

arte occidental moi concreta: a que prefire a austeridade e simplicidade, a que valora e procura a beleza dos obxectos habituais e desdeñados fóra da súa practicidade; esa liña da tradición da natureza morta que ten excelsos exemplos en Juan Sánchez Cotán, non representado na mostra, aínda que indirectamente presente no espléndido Bodegón con cardo, francolín, uvas y lirios de Felipe Ramírez (documentado en-

por medio da obra de 27 pintores, á natureza morta peninsular ao longo de tres séculos: XVII, XVIII e XIX, balizados polos nomes de dous pintores de singular importancia: Juan van de Hamen e Francisco de Goya. A natureza morta, xénero descritivo por excelencia, serviu ao longo da historia da arte occidental non apenas a unha finalidade puramente decorativa –que evidentemente tivo- senón para moitos artistas elaboraren unha moi sólida estratexia de representación. No “bodegón” hispano este aspecto é ben evidente xa que nel os elementos simples da vida cotiá como as froitas, as cazolas, as verduras, as carnes e peixes, os obxectos de cociña, as cerámicas... que carecían de significado estético para a maioría,que os vía distraídos da súa posíbel beleza, serviron de motivo para os artistas acharen a súa distinción estilística e a súa capacidade de utilización de recursos plásticos. Isto é ben evidente ao ollarmos as naturezas mortas de pintores tan notábeis como Juan van der Hamen (1596-1631); Tomás Hiepes (ca. 1598-1674); Pedro de Camprobín (1605-1674); Luis Meléndez (1716-1780);

Duas das obras da exposición na Fundación Caixa Galicia en A Coruña.

Natureza Morta
Símbolo e Realidade
CARLOS L. BERNÁRDEZ
A natureza morta nos século XVII e XVIII era considerada un xénero menor, moi por baixo da pintura de “historia”, a pesar diso sempre gozou do aprecio dun coleccionismo culto e refinado que procuraba nela mensaxes de oculto simbolismo. Posteriormente pasou a ser un xénero cada vez máis valorado e recuperado para a sensibilidade moderna, a razón quizais estea en que permitía de xeito excepcional combinar a liberdade expresiva desde o universo da intimidade e o cotián. As simples cousas representadas, por moi realistas que pretendan ser, son en realidade distintas percepcións afastadas de calquera obxectivación, porque a natureza morta foi, de facto, un campo de experimentación formal e tamén un reflexo do mundo emocional dos pintores, cando neles aparece o talento creativo. E este agroma de xeitos ben desemellantes; para algúns o formal domina no tratamento dos obxectos; noutros, as que enlaza coa tradición máis expresiva do xénero en obras como Aves mortas, que dota o que para outros artistas sería unha simple escena doméstica dun nivel tráxico e desolador. En xeral na pincelada do aragonés, as tonalidades e as descarnadas representacións dan énfase á pegada tráxica, espello da dureza dos tempos para o artista e para o mundo, coa guerra como pano de fondo. Un exemplo tamén do desenvolvemento da evolución estilística, pero, sobre todo, de evolución autorreflexiva, de afondamento no coñecemento da propia identidade e da condición humana, proxectada sobre unhas simples aves mortas, que transmiten toda a forza expresiva da ollada moderna.

Unha ollada moderna
naturezas mortas teñen unha carga emocional, un aspecto que pasa ao primeiro plano, por exemplo, cando aparecen os cranios, alusións funerarias evocadas polas vanitas do período barroco. Excepcional é o caso de Goya,

tre 1628 e 1631), unha obra debedora do seu estilo, e no Bodegón de Francisco de Zurbarán (1598-1664), uns pintores nos que conflúen, sen se excluíren, o cartesianismo e o ascetismo, a ordenada xeometría, a composición, a austera sobriedade e a espiritualidade. Estas dúas obras coa súa simetría, co tratamento austero dos obxectos e do espazo representan á perfección, e con exquisita calidade,este xénero que tivo un importante desenvolvemento no século XVII, onde adquire tamén connotacións de carácter relixioso, salientando neste aspecto as vanitas de Antonio de Pereda (16111678), que na mostra, a falta dunha peza rigorosamente do xénero, é representado cunha obra relixiosa, San Xerome, na que aparece o seu universo referencial no rústico crucifixo, a caveira, a pedra, o libro sagrado e mais a cesta. Mais a exposición aínda nos reserva un número notábel de pequenas xoias como os ascéticos acios de uvas de Juan Fernández “El Labrador” (documentado entre 1630 e 1636) ou os máis decorativos floreiros de Juan de Arellano (1614-1676).

IV

FARO DE VIGO
XOVES, 2 DE XULLO DE 2009

ENTREVISTA

-A orixe de Descarga ao vivo é o seu libro “A La Habana quiero ir. Los gallegos en la música de Cuba” (Sotelo Blanco). Por que decidiu investigar sobre as relacións musicais entre Galiza e Cuba? -Non se pode estudar a historia da música popular galega sen ter en conta a emigración americana, cuxos focos máis importantes foron Cuba e Arxentina. Todos os que nos adicamos ao estudo da música popular temos o referente cubano perfectamente presente, pero o que non se fixera ata o de agora é un levantamento sistemático de información como o que eu fixen. Era unha débeda pendente da investigación musicolóxica galega. -Cal foi, logo, a pegada da música e dos músicos galegos en Cuba? -Hai unha primeira época na música cubana influenciada pola emigración peninsular, fundamentalmente andaluza e canaria, que se asenta no Oriente da illa; son as músicas campesinas. Logo chegan galegos e asturianos, que se asentan sobre todo nas cidades do Occidente: Cienfuegos, Matanzas e, principalmente, La Habana. Do século XIX en diante, os galegos son parte central na vertebrazón, tanto das institucións lúdicas e recreativas, como da vida civil da cidade. Se nos poñemos a buscar, atopámonos galegos por todos os lados, sobre todo no que se refire á música popular urbana: as masas corais, os orfeóns, e todos eses bailes que realizaban as sociedades galegas nos xardíns do centro de La Habana, nos que nos atopamos pequenas orquestinas, xa mesmo con gaita, danzoneras, etc. nas que van estar moi representados os instrumentos e os ritmos de noso. -Os ritmos cubanos, influíron tamén nos músicos galegos? -Así é. O primeiro ritmo foráneo que se suma á tradición musical galega, no século XIX, é a habaneira, sobre todo nas zonas da costa Norte, d’A Mariña ata Ferrol, porque daí saían os barcos cara a Cuba. Aínda hoxe podemos escoitar en calquera taberna habaneiras en galego, xa que hai moitísima creación popular. O segundo gran ritmo sería a rumba, que chega nos anos 40, e que tivo tanto suceso que se pode considerar un ritmo xenuíno da gaita ou das pandeiretas. Mesmo hoxe podemos irnos aos Ancares ou ao Courel e recoller as rumbas tocadas por pandereteiras. -Feita a invest igación, como nace Descarga ao vivo? -Na investigación hai dúas organizacións implicadas: A Central Folque, que é onde traballo eu, e o Instituto Superior de Arte de Cuba. Realmente foi unha parcería, xa que para os cubanos este tema tamén é moi interesante. Porque se a música galega non se pode contar sen a achega da emigración, neste caso cubana, tampouco se pode contar a historia da música popular de Cuba sen contar coa contribución dos galegos, a principal comunidade de in-

Descarga ao vivo no Teatro Mella de La Habana.

migrantes que tiveron na historia. Axudáronme moito na investigación, e unha vez feita, o seguinte obxectivo era, loxicamente, que a música soase. -Que músicos participan no proxecto? -Como director artístico, fixen unha selección de seis profesores do Instituto Superior de Arte e seis profesores nosos. Pola parte cubana están Alejandro Vargas, Raciel Jiménez, Ernesto Vega, Diana Fuentes, Edgar Martines Ochoa, e José Manuel Díez; pola galega, Pedro Pascual, Marcos Teira, Edelmiro Fernández, Óscar Fernández, Quim Farinha, e Xabier Díaz. Non quixemos darlle un carácter histórico, reproducindo, por exemplo, unha masa coral, senón que fixemos unha selección de repertorio histórico para moldealo logo con total liberdade creativa, os cubanos achegando a harmonía e o ritmo, e os galegos a melodía e os timbres máis europeos de instrumentos, para

“Jazz latino e folque europeo son os dous sabores que se deixan sentir no espectáculo”
eles moi exóticos, como a zanfona ou a gaita. -Todo o repertorio é histórico ou hai tamén novas creacións? -É repertorio histórico. O que pasa é que está tratado con tanta liberdade que algunhas pezas convértense en temas practicamente novos. Partimos de partituras que nalgúns casos teñen cento e pico de anos, a maior parte delas moi descoñecidas. Seleccionamos tamén algúns temas moi emblemáticos para a emigración, como “Un adiós a Mariquiña”, de Chané, ou a “Alborada de galega” de Pascual Veiga, cos que comezaban todos os actos da comunidade galega en Cuba, e revisitámolas cunha liberdade... que se nos criticará chegado o caso [ri]. Porque non pretendiamos ser fieis, nin moito menos, á partitura, senón plasmar como estes netos cubanos e galegos se atopan a música dos seus avós e fan unha lectura distinta e actual. -Que sons atopamos no espectáculo, logo? -Jazz latino e folque europeo son os dous sabores que se deixan sentir máis. A partir daí podemos atopar un pouco de todo, tamén certo aire académico nalgúns momentos, xa que tanto
---> PASA A PÁXINA SEGUINTE

FOTOS: JORGE LEAL

Ramón Pinheiro

“A música galega non se pode contar sen a achega da emigración”
A fusión da música galega e a cubana chega a Galiza con Descarga ao vivo. No espectáculo, dirixido por Ramón Pinheiro, unha ducia de artistas das dúas beiras do Atlántico redescubren a riqueza que atesoura o noso patrimonio compartido, modelando con absoluta liberdade un repertorio que forma parte xa da historia musical de ámbolos dous países NATALIA ÁLVAREZ

ENTREVISTA

FARO DE VIGO
XOVES, 2 DE XULLO DE 2009

V

---> VEN DE PÁXINA ANTERIOR

os músicos galegos como os cubanos son moi eclécticos de formación e procedencia. É un son bastante sofisticado, que conecta coa tradición das músicas populares latinoamericanas máis elaboradas, como o tango ou o danzón. -Imaxino que o proceso de creación, ese compartir tradicións e experiencias, sería moi satisfactorio. -Foi unha auténtica loucura. Falamos de moita xente, de facer unha produción en Cuba -que son palabras incompatíbeis case, produción e Cuba-, e de moi poucos días. Porque, aínda que tanto aquí como alá xa se traballaba coas

“O repertorio histórico moldeouse con total liberdade creativa”

-En Galiza estarán n’A Coruña (23 de xullo), Santiago de Compostela (25 de xullo) e Vigo (30 de xullo). Será o mesmo espectáculo que presentaron en Cuba ou van incorporar cambios? -Será o mesmo repertorio, os mesmos músicos e a mesma estética. Aínda que, como van estar 15 días preparando os concertos, seguro que reelaboramos cousas. Por outra banda, en Cuba contamos coa colaboración sorpresa de Pablo Milanés, pero aquí non sabemos aínda se estará. E haberá algún cambio puntual:non virán os bailaríns dalá, senón que actuarán un bailarín cubano e unha galega que traballan co Centro Coreográfico Galego. Tampouco pode vir o clarinetista cubano Ernesto

Vega, quenesa altura estará de xira por Europa. No seu lugar tocará o saxofonista Pablo Castaño, o jazz man galego máis reputado a día de hoxe. Vive en Nova York, traballa con grandísimos mestres en EE UU, e invitámolo porque cremos que coñece moi ben tanto o son galego como o jazz latino. -Quedáronlles ganas de seguir colaborando cos músicos cubanos? -As dificultades son moitas. Porén, eles quedaron marabillados coa zanfona, porque ten un timbre absolutamente novo para eles, e máis dun músico falou da posibilidade de incluíla nalgún disco. Por outra banda, o traballo que está a preparar Marful, o grupo de Pedro Pascual e Marcos Teira, está moi

FOTOS: JORGE LEAL

partituras previamente, realmente cando se xuntaron os 12 músicos faltaban só 10 días para facer a presentación. Había moitas ideas musicais; algunhas cousas ían soas, outras ían mudando radicalmente, outras xurdiron do encontro.... Foron xornadas de máis de 10 horas diarias de traballo, e así estivemos practicamente dúas semanas ata chegar ao día da estrea, que foi incríbel tamén por toda a enerxía que supuxo. O espectáculo presentouse, coincidindo co peche da Feria do Libro de La Habana, no Teatro Mella, ante mil e pico persoas. O concerto foi gravado ao vivo, e aquí gravaranse os d’A Coruña e Vigo. Da suma dos tres extraerase o disco en directo que sairá para o Nadal. -Como foi a acollida por parte do público cubano? -Fantástica. Quedaron marabillados, e tamén sorprendidos, porque hai instrumentos que nunca viran, como a zanfona. Mesmo da gaita tiñan unha imaxe moi desdebuxada. Había tamén bastantes galegos na platea, e o máis marabilloso foi ver que, tanto eles como os cubanos, sentiron a música como de seu. Ver como unha tradición que se toca nun período histórico se percibe igualmente como propia á hora de reivindicala polas novas xeracións, sentir como se desdebuxa un pouco esta cousa das identidades que nos contan, é moi interesante.

“Os músicos cubanos quedaron marabillados coa zanfona”

influenciado por este proxecto. En xeral, os músicos están mantendo relacións bilaterais, por dicilo así, totalmente á marxe do proxecto e pensando en cousas novas, da mesma maneira que do meu lado e do d’A Central seguimos a manter relacións con institucións e musicólogos cubanos. Pero antes imos acabar este proxecto, que para A Central foi unha aposta moi arriscada, a produción máis complexa e economicamente máis difícil na que nos temos metido. Pero estamos moi motivados, e imos sacala adiante. -Dicíame que quedaran marabillados coa zanfona. Quizais, dentro dun século, algún investigador fale deste espectáculo como o que levou a zanfona a Cuba... -Pois tranquilamente. De feito alí achegouse xente dos departamentos de Música Antiga do Instituto Superior de Arte, e alucinaban, especulaban se era un instrumento hindú.... Algúns músicos pediron planos, aínda que, coa precariedade de materiais que hai alá, pensar en crear unha escola de construción é falar de ciencia ficción. Pero si, introducímola no seu imaxinario, polo menos entre determinada xente especializada, e establecéronse lazos que o tempo irá poñendo no seu sitio. [www.folque.com www.myspace.com/acentralfolque]

VI

FARO DE VIGO
XOVES, 2 DE XULLO DE 2009

LIBROS

A estreita identificación que existía entre o nacionalismo e o galeguismo no período anterior á guerra civil rompeuse durante a longa noite de pedra franquista (19361975); ora ben, esa ruptura, alén de que pode estar xustificada pola propia evolución da represión do galeguismo e da oposición ao franquismo en xeral, ten un nome propio: Ramón Piñeiro (19151990). Efectivamente, o autor de Armea, afiliado ás mocidades do Partido Galeguista dende a súa fundación en 1931 e destacado artífice da súa reconstrución no interior na posguerra, foi o responsable do afastamento dos galeguistas que permaneceron no exilio (especialmente de Castelao e do Consello de Galiza), primeiro, e da disolución do partido no interior, despois. Nesta ruptura, ademais, xogou un papel fundamental o desenvolvemento dunha estratexia política peculiar: a promoción dun galeguismo cultural, no que a editorial Galaxia foi unha peza clave, que tiña por obxectivo a galeguización da sociedade galega. Precisamente a disolución do Partido Galeguista no interior e a aposta pola estratexia culturalista, foron os feitos que provocaron a segunda ruptu-

Estratexia Piñeiro
Cando a cultura é política
ALFREDO IGLESIAS
ra no eido do galeguismo político, definida pola fundación do Consello da Mocidade, primeiro, e do Partido Socialista Galego nacido da esfera galaxiana e piñeirista- e a Unión do Pobo Galego -nacida á marxe do galeguismo galaxiano e directamente inspirada na exper ienci a dos movementos de liberación nacional do Terceiro Mundo-, despois. Evidentemente, a década dos sesenta vai representar o afastamento entre os representantes do galeguismo cultural e as forzas políticas nacionalistas, de clara inspiración marxista e popular; este afastamento será determinante na evolución política do piñeirismo como estratexia política (cultural). Efectivamente, en 1977, cando tras a morte do ditador a posibilidade dunhas eleccións democráticas se fai posible, Piñeiro vai promover a galeguización das forzas políticas estatais (socialdemócra-

tas -PSOE- e democristiáns -forzas agrupadas arredor da UCD-), unha arela que foi cultivando paseniño nos seus miolos dende os anos cincuenta, fronte ao apoio ás forzas políticas nacionalistas, que naquela volta estaban agrupadas arrdor da coalición electoral BNPG-PSG, de inspiración marxista. Para coñecer a persoa que protagonizou esa evolución do galeguismo ao longo do século XX, Mercedes Queixas Zas vén de publicar unha interesante biografía: Ramón Piñeiro: a expresión cultural dunha estratexia política (L a i ove n t o, 2009), na que podemos achegarnos á vida e a obra deste intelectual e político que fixo da recuperación da dignidade da lingua e da cultura galegas unha estratexia política nos tempos en que Atila gobernaba a nosa terra. QUEIXAS ZAS, Merceces, Ramón Piñeiro. A expresión cultural dunha estratexia política, Ed. Laiovento, Santiago, 2009, P . 13€ .V.P

Intimista e Cósmica
Irradiando afectos
ROMÁN RAÑA
Comento hoxe este libro fermoso e excepcional de Manuel Rivas, A desaparición da neve. Quizá eclipsado ou distorsionado pola súa condición de escritor mediático e exitoso (ambas circunstancias parecen incompatíbeis coa calidade literaria), a obra poética do noso autor sempre permaneceu nun discreto segundo plano ante o fulgor da súa prosa. É hora xa de afirmar que estamos ante un poeta completamente maduro, dono absoluto dunha cosmogonía persoal, cun portentoso dominio sobre a linguaxe e as súas metáforas, que sabe incorporar á plenitude mística do seu discurso, a acertada crítica á realidade máis vital e innobremente maculada. Contra as manchas do destino, contra a incuria dos poderosos, contra o cinismo e o cainismo de moitos politicastros da dereita máis reaccionaria de Europa (que sofre en propria carne), Rivas erixe un canto de pureza suprema, unha inocente e por iso mes mo contundente declaración de amor universal, de amor ao oprimido, ao pobre, ao marxinal, ao que non ten nin nunca tivo nada, ao louco, ao neno, á muller de armas tomar, e dá unha lección de humanidade, de pudor, de lírica contención, de fermosura implacábel. A primeira obra do coruñés acaso adolecía dunha certa inclinación ao pop-art, á dispersión deliberada, ao nomeamento de íconos do mundo popular do século XX e xa do XXI. Agora esta tendencia fica circunscrita aos poemas “Boh” e “Unha chamada perdida”, o resto das composcións desprega unha fonda beleza, un camiño de ouro verbal.Así temos a enumeración magnífica en “O subtraccionismo”; a vehemencia das mazás,“Guía práctica”; a diatriba contra o autoritario “Toque de oración”; o maravilloso discurso surreal contra a avaricia,“Historia do diñeiro”; o esgazamento que provoca o terrorismo en “A man baleira”; o intemporal diálogo coa pedra traballada en “Graffiti”, que nos conmove desde o inicio:“Ti, quenquera que sexas, escoita nesta laxe a ánima que eu fun./Un home feliz cando labrou a apocalipse no obradoiro de Mateo./E os tres cabaliños da Adoración./E a serea paxaro do magno coro, cun rostro que eu soñei/ao tempo que xurdía con mil e cento mil beixos do buril.” Tamén a man sabia e inspirada do poeta manexa a imaxe surreal con visionaria mestría: “Pobreza, pobreza é non ter un pouco de escuridade.” Sen dúbida sabemos que detrás desta imaxe aniña a ironía, a gota do

Aínda que é máis coñecido pola súa traxectoria como artista plástico, Jorge Llorca (Ferrol, 1952) ten publicado artigos e relatos en diversas revistas e xornais. O’ Salto do Can reúne dez historias entrelazadas, apuntes de personaxes cuxas vidas frustradas coinciden na taberna que dá nome a obra: unha taberna que ten “un can azul no escaparate, brincando por riba dos roxóns”. Os contos, mestura de realidades vividas e imaxinadas -tanto polo autor coma polos protagonistas- compoñen, por extensión, tamén unha visión da vida ferrolá nos anos do franquismo. Á semellanza das pinturas de Llorca, a descrición de caracteres e ambientes combina a exactitude hiperrealista co fantástico e o surreal. Os contos responden a unha fórmula narrativa eficaz, sen ousadías formais, baseada nos diálogos dos personaxes e o relato dun narrador onmisciente que pene-

Fórmula eficaz
Retallos ferroláns
DOLORES MARTÍNEZ TORRES
tra nas súas percepcións e sentimentos. Só no derradeiro conto (coincido con outros lectores en sinalar a súa superior calidade literaria), a voz narrativa pasa a relatar, en primeira persoa, as experiencias do protagonista. As distintas historias transcorren de xeito simultáneo, centradas cada unha nun personaxe, polo que, ás veces, o conxunto -algo irregularpode resultar un tanto repetitivo. Todos os protagonistas gardan arelas incumpridas, e mais algún detalle único que os afasta da normalidade: Ponciano, o dono do local, ficáraa engaiolado por unha serea, vomitada pola mesma quenlla que lle tronzou o dedo. O cego Zacarías, que vende alí os cupóns, defende a súa propia teoría cromática: o azul recende a fresco; os verdes son de mar, de verzas ou de bágoas; e o vermello, cor do diaño, pica na boca coma mel de breixo. Mahía, outro habitual, sabe escoitar a todos, pois trafica cos segredos alleos. A pantasma da señorita de Fontá habi-

ta na Casa Grande, entre niños de pombas, e ás veces baixa á taberna para mercar viño branco. Perseus, o mariñeiro errante, soña domingos de churros en familia... Así, coa caprichosa precisión descritiva dos recordos fabulados, preséntase tipos e lugares que forman parte da historia de Ferrol. E por iso de que tanto gusta ver a paisaxe propia retratada nos libros, seguro que moitos ferroláns aprezarán recoñecer nestas páxinas os vellos iconos da súa cidade, hoxe desaparecidos. Aquí están o bulir dos estaleiros, a fábrica de lápices, os loros no comercio da esquina do Cantón, os troncos a flotar na ensenada da Malata, os cines, os cafés “floreados” do Negresco, a coqueta casiña dos parrulos do parque e os mastros do Galatea a asomar por detrás da muralla do Arsenal. Símbolos dunha época determinada, tamén, polo resentimento e polo medo, a poderosa influencia dos estamentos militar e relixioso, e unhas estritas normas de comportamento que non admitían desviacións. LLORCA, Jorge, O´ Salto do Can, Ed. Xerais,Vigo, 2009, P . 15,80€ .V.P

vacío irracional no caos calmo da vida. Ou, mellor, a pedra que cae no estanque e vai creando ondas concéntricas que medran e que nos fan vibrar infindamente.Así é a poesía de Manuel Rivas (publicada nas catro linguas do estado español), intimista e cósmica, irradiante de afectos. RIVAS, Manuel, A desaparición da neve, Ed. Alfaguara, Madrid, 2009, P P19,50€ .V. .

INFANTIL/XUVENIL

FARO DE VIGO
XOVES, 2 DE XULLO DE 2009

VII

OQO Editora presenta aos primeiros lectores un volume que, baixo o título Mosquito, traduce para o galego Antón Fortes e ilustra Roger Olmos e no que a súa autora, Margarita del Mazo, presenta una substanciosa historia na que os personaxes, case todos animais, fan ostentación da súa condición de seres vivos e pórtanse como membros típicos da súa especie. Así a serpe devora humanos, os mosquitos prefiren o sangue das persoas e as andoriñas son aves solidarias. O baño diario do vello vese un día interrumpido pola aparición nas augas do río dunha serpe xigante que non ten outra intención ca de comer o humano se este non lle indica ao día seguinte cal é a carne máis saborosa. O ancián pide axuda ao mosquito, ao ferreiro e a andoriña e ao final cando semellaba que todo estaba perdido, a intervención providencial do paxaro desvía a atención cara aos ratos e dá explicación ao

Unha ollada divertida
Contrapoñendo mundos
MARÍA NAVARRO
comportamento de determinados animais. A miúdo recórrese á lendas para explicar acontecementos ou prácticas da vida real e é na fabulación de feitos cotiás onde reside una importante carga emocional que supera as fronteiras da realidade, busca acubillo na ficción e introduce o elemento fantástico como resposta a certos modos de actuación,

ANDEL DE NOVIDADES
de aí o carácter etiolóxico da historia que funde as súas raíces nun conto tradicional chinés e que se revela como un modo de entender a vida que vai máis alá da simple concatenación de feitos, días, anos e que pretende dar resposta á existencia de determinados eslabóns da engranaxe que supón a vida. Tamén é certo que a literatura non é máis ca un recurso do que botar man, non só co que dar forma máis ou menos verosímil a una historia ou a un feito, senón que tamén serve para xustificar o inxustificable e así supoñer que chegamos a un coñecemento real das cousas. Por outra parte, a oposición que se establece entre os personaxes humanos -reais- e os animais -fantásticossérvelle ao ilustrador Roger Olmos para contrapoñer dous mundos sobre os que deita unha ollada divertida capaz de converterse nunha auténtica lección antropolóxica. MAZO, Margarita del, Mosquito, OQO Editora, Pontevedra 2009, P .11,90€ .V.P

M. BLANCO RIVAS

Monte Louro
Luís Rei Núñez
Edicións Xerais. 24 euros
Unha muller casa e, tras quedar embarazada, é abandonada polo home, ao que idolatra, no tempo da proclamación de República. O fillo criase como un orfiño nun Muros de posguerra de onde tamén el vai acabar dimitindo polo tempo da súa estrea na mocidade. O destino tenlle reservada cita en Barcelona cun crime que o condena a fuxir para sempre. Provisto dunha nova identidade desembarcará en Bos Aires, onde a experiencia da emigración se verá decontado premiada co éxito e cun grande amor. Monte Louro foi gañadora do Premio Blanco Amor 2009.

Historia do deporte en Galicia
Andrés Domínguez Almansa
Editorial Galaxia. 25 euros
A historia social do deporte en Galicia, o arraigamento das prácticas deportivas como unha forma de cultura cívica, é o obxecto desta indagación histórica, que emprega un amplo abano de fontes documentais e hemerográficas. A análise das actividades deportivas como novas pautas e ámbitos de socialización, ademais da contextualización na historia actual, confiren a esta obra un carácter singular que atende as orixes e desenvolvemento das prácticas deportivas, dándolles sentido e coherencia como parte dun relato anovado sobre o pasado dfo país.

Xograres dun tempo novo é a primeira novela galega que trata o traballo que desenvolveron en Galicia as Misións Pedagóxicas, encargadas de difundir a cultura polos lugares máis incomunicados de Galicia durante a República. Persoeiros como Urbano Lugrís, Carmen Muñoz, Lorenzo Varela ou Rafael Dieste colaboraban coas misións levando títeres, teatro, música ou lecturas a diferentes lugares e así nolo amosa Pepe Carballude nesta novela histórica que conxuga trazos literarios cos datos reais tirados da época. Para construír a súa historia, o autor válese de Francisca Porta, unha anciá ingresada nunha residencia da terceira idade, que xa nesta última etapa da súa vida fala da súa mocidade e do traballo des envol v id o xunto ao seu compañeiro Agustín, morto nun dos pa-

Realismo, dozura, intriga
Destrezas narrativas
PAULA FERNÁNDEZ
seos da Guerra Civil,nas misións Pedagóxicas. Deste xeito a novela sitúase temporalmente no presente de Francisca xunto aos seus compañeiros na residencia mais na narración que se intercala, a feita pola protagonista, coñecemos toda a súa vida até a morte do seu home. Unha vida marcada polo compromiso cultural desta mestra coa terra e pola que pasan nomes da importancia dos devanditos. Dende o intre que coñece a Agustín a súa vida vólvese plena grazas a este traballo que realizaba, mais o comezo da Guerra Civil e as durísimas consecuencias que tivo na súa vida converten a súa nunha historia tráxica de amor. A narración sae fundamentalmente de Francisca, de exceptuarmos algún capítulo dominado po-

la omnisciencia dende a terceira persoa, e malia a súa idade e o lugar onde se atopa sorprende a vivacidade, o ritmo frenético, que se reflicte na concatenación de historias dentro da diéxese principal onde sempre Agustín, representado no autorretrato que ela conserva no seu cuarto, actúa como o narratario que dentro do relato escoita todo o que esta narradora protagonista está a contar. Realismo,dozura,intriga e un desenlace tremendo contribúen a dotar esta historia de todo o preciso para compoñer unha novela atraente e interesante mais, á beira da compoñente ideolóxica que enfronta posturas radicalmente opostas, cómpre tamén salientar a calidade da escrita de Carballude, o seu dominio da linguaxe, dos ritmos narrativos e a destreza á hora de deseñar personaxes. Son todos trazos que enriquecen unha achega que se ben nun principio podería considerarse tópica polo que ten de histórica, moi pronto advertimos advertimos a súa innovación e sobre todo a súa calidade. CARBALLUDE, Pepe, Xograres dun tempo nov (Ilustr. Beatriz García Trillo) Ed. Everest Galicia.A Coruña, 2009. P . 8,50€ .V.P

As campañas de Soult
Paulo Nogueira Santiago
Editorial Toxosoutos. 13 euros
Estas supostas memorias de guerra de Jean de Dieu Soult en terras galegas e portuguesas -que foran publicadas en vida do mariscal Soult, en 1821, e que este home de armas desautorizou cando o rei de Francia, Luís XVIII, inimigo xurado de Napoleón Bonaparte, o restituíra nos seus cargos anteriores-, preséntanos as manobras do exército francés, a súa forma de concibir a guerra, os seus numerosos e sanguentos enfrontamentos co exército español e aliado en Galiza e Portugal, o sistema de guerrillas e a cruenta vida cotiá dos soldados das dúas frontes.

Ficción e maxia en Cunqueiro
Manuel Forcadela
Editorial Galaxia. 20 euros
A relación de Álvaro Cunqueiro coa lingua galega, o período de residencia en Mondoñedo (1947-1960) no que escribiu as súas obras narrativas fundamentais e as claves do mundo imaxinario do autor de Merlín e familia, son algúns dos asuntos nos que este ensaio pescuda para achegar aos lectores unha visión nova da actividade literaria e un xeito diferente de analizar a realidade (lingüísticfa e semiolóxica) da que xorde. Poeta, novelista e estudoso da literatura do noso país, Manuel Forcadela é autor do volume Escolma da Nova Narrativa Galega (1993).

VIII

FARO DE VIGO
XOVES, 2 DE XULLO DE 2009

TEATRO

Tampouco é Broadway, nin Hollywood, nin sequera Barcelona, cousa que xa comentaron no seu día Leandro Carré Alvarellos, Armando Cotarelo Valledor ou Antón Villar Ponte. Galicia non é un país rico pero ten moitas potencialidades, a pouco que se queiran e saiban combinar dous elementos fundamentais na creación de sociedades de benestar e progreso. Falamos do binomio educación e cultura, que actualmente adoitan camiñar por vieiros ben dispares por mor dunha visión pouco acertada da acción política. Galicia non é un país rico, pero hai anos que ben enterrando diñeiro en hipérboles, como a Cidade da Cultura de Compostela, sen reparar os responsables da tal fazaña que a tal urbanización (pois unha cidade é outra cousa) xamais deixará de ser a fonte dun déficit permanente cun crecemento exponencial. Fronte a esas políticas de construcións faraónicas cabería imaxinar outras iniciativas orientadas con decisión a potenciar ese binomio fundamental que tanto pode condicionar o desenvolvemento dun país aínda en proceso de modernización. A educación e a cultura son sectores estratéxicos segundo informes e directivas de institucións como a UNESCO ou de organizacións como a Unión Europea. Unha educación pensada en tempos e espazos diversos, con usuarios diferenciados, e privilexiando por igual todas as etapas e todos os formatos, pois se a formación profesional é importante tamén o é a educación infantil, transcendental no proceso de conformación persoal. Outro tanto acontece coa creación e a difusión cultural, en toda a súa riqueza e diversidade. Entre os moitos erros iniciais do proxecto de Cidade da Cultura hai que destacar o de carecer de análises e referentes contextuais. Se queremos converter Galicia nunha comunidade competitiva no eido da creación e a difusión cultural, e en consecuencia nun país demandante de consumo cultural, cómpre apostar pola formación de creadores emprendedores e poñer os recursos necesarios para que esa formación se desenvolva con criterios de excelencia. Contamos na actualidade cunha ampla rede de centros de formación artística, de carácter elemental, profesional e superior, que serían alicerces inmellorables sobre o que construír un país que tamén destacase pola calidade da súa creación artística, para deixar de ser un país cunha cultura en

Da educación e da creación artística
MANUEL F. VIEITES
obras. Hai países no noso entorno nos que a creación artística constitúe unha parte importante do PIB e unha fonte importante de recadación por dereitos de autoría. Semella que hai uns días a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria deu un chanzo importante na promoción das ensinanzas artísticas superiores, coa incorporación destas ensinanzas á Secretaría Xeral de Universidades, o que lles podería permitir converxer no Espazo Europeo da Educación Superior con garantías de éxito. Unha converxencia no EEES que implica a adecuación da organización das ensinanzas e dos centros que as imparten así como unha dunha mellora substantiva das condicións en que profesorado e alumnado desenvolven as súas actividades. Sen esquecer o Espazo Europeo de Investigación, igualmente transcendental, especialmente neste eido. A promoción efectiva dos centros superiores de ensinanzas artísticas pode permitir que Galicia poida contar con xeracións de creadores emprendedores capaces de proxectar as súas creación no ámbito local e no ámbito global, porque para facer un país de culturas cómpren creadores debidamente cualificados, coa capacidade para converter a cousa competitiva en aliada e non en atranco. A decisión da Consellería de Educación abre portas a unha mellora urxente e necesaria que só pode traer beneficios para o país, por iso cabe demandar dos responsables do departamento a coraxe e a decisión para enfrontar esa adecuación ao EEES con xenerosidade e amplitude de miras. Pero tamén cabe a posibilidade de que os centros galegos de ensinanzas artísticas superiores queden fóra do EEES o que sería realmente grave para a nosa creación cultural. E de novo, a condena de emigrar para estudar. Isto non é Hawai, certamente, pero cabe imaxinar que algún día Galicia poida contar con ámbitos de formación e creación coma o Barbican de Londres ou o Lincoln Center de Nova York. É cuestión de crer neste país, nas súas xentes, nas súas capacidades e no seu compromiso. De crer nesas xentes e fornecerlles espazos, ferramentas e recursos.

Isto non é Hawai

Un clúster para as artes escénicas
Calquera que se asome a internet poderá ver a moita literatura que xa convoca a palabra “clúster”.Asombra o que se fixo, por exemplo, en Silicon Valley, pero tamén en Las Vegas, onde a Howard R. Hughes College of Engineering colabora activamente coa industria do espectáculo fornecéndolle solucións tecnolóxicas. En Galicia hai varios, desde o da Automoción ao do Audiovisual,e todos coas mesmas finalidades: traballar en rede, compartir recursos, reforzar alianzas, investir en formación e potenciar procesos de investigación, desenvolvemento e innovación. O primeiro deles é un referente en toda Europa e conta cun importante centro de investigación en Porriño. No caso das artes escénicas, un sector estratéxico en calquera país cun certo nivel de desenvolvemento,semella especialmente importante para poder unir sinerxias entre organizacións,empresas,entidades ou asociacións,para potenciar a visibilidade destas artes e a súa lexitimación, para aplicar políticas de investigación, innovación e creación, ou para fomentar a procura da excelencia. Cabe imaxinar que un tal “clúster”creado con criterios inclusivos conseguiría xuntar un numero importante de voces,todas elas necesarias.Porque os teatros son moitos, porque o teatro é encontro,deliberación.