You are on page 1of 15

Grupo Municipal Socialista

Mocin

Vilalba, 26 de Setembro de 2013 MOCIN DE CONDENA DICTADURA FRANQUISTA

Ao Pleno do Concello de Vilalba: O Grupo Municipal Socialista do Concello de Vilalba, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organizacin, Funcionamento e Rxime Xurdico das Entidades Locais e demais normativa que poida resultar de aplicacin presenta, diante do Pleno da Corporacin, a seguinte MOCIN, en base seguinte EXPOSICIN DE MOTIVOS O gran pacto acadado durante a Transicin Espaola, froito do consenso dos diferentes partidos polticos e nacido dunha fonda ansia popular de paz e liberdade, recuperou para o noso pas xa hai 35 anos- a democracia perdida como consecuencia dun cruento Golpe de Estado e dunha Guerra Civil que traera consigo a instauracin dun rxime ditatorial que perdurara durante case 40 anos. Non cabe dbida de que nese histrico momento espallouse un esprito de reconciliacin e concordia entre a maiora dos espaois, as como de respecto e de defensa, sempre dun xeito pacfico, de todas as ideoloxas polticas respectuosas cos dereitos fundamentais dos individuos e dos pobos. Na sociedade espaola, que naquel intre estaba acollendo a centos de exiliados polticos dende diferentes partes do mundo, haba ganas de facer poltica, tal e como levaban decenios facendo os nosos vecios europeos mis al dos Pirineos. Esa efervescencia fixo que os espaois se lanzasen durante os anos 80 construcin dun novo Estado, o Estado que hoxe temos. Pero este fito histrico non supuxo o esquecemento nin debe facelo- de todo canto aconteceu durante a Guerra Civil e a represin posterior do bando gaador: esa guerra foi consecuencia dun golpe de Estado, do levantamento ilextimo de parte do Exrcito contra o goberno republicano ao que estaba subordinado, un goberno democraticamente elixido e que, anda que coas vicisitudes e dificultades propias da poca que lle tocou vivir, foi exclusivamente froito da vontade do pobo espaol. Ao longo da Historia dos pases, estes adoitan vivir momentos, poltica ou economicamente, mis ou menos convulsos sabmolo ben nos tempos que actualmente corremos-, pero son eses uns feitos que non poden nunca ser xustificacin ou pretexto para romper a convivencia pacfica do pobo ou a lexitimidade dos poderes dun Estado democrtico.

Todos somos coecedores dos horrores que os rximes totalitarios fascista, franquista e nazi supuxeron para todo o mundo durante o seu apoxeo, dende 1931 ano no que Adolf Hitler acadou o poder en Alemaa-, ata 1975 ano no que en Espaa falecera Francisco Franco, ltimo representante desta terna-. Foron 44 anos nos que o sculo XX se horrorizou coa visin do peor comportamento do xnero humano: deportacins, asasinatos en masa, fusilamentos sumarios, paseos, exilio Os historiadores de todo o mundo non poden poerse, anda hoxe, de acordo no nmero de mortos totais: estmase entre 50 e 60 millns de persoas, e mesmo hai fontes que falan dun nmero prximo a 100 millns de mortos xerados por estes rximes totalitarios. O 1 de Novembro de 2005, o plenario da Asemblea Xeral das Nacins Unidas aprobara a resolucin 60/7 na que se designou a data do 27 de Xaneiro como Da Internacional de Conmemoracin anual en memoria das vtimas do Holocausto. A este respecto, e por analoxa co acordado neste organismo supranacional, en datas recentes foi presentada nas Cortes unha proposicin non de lei para acadar a declaracin do da 18 de Xullo coma Da de condena do Franquismo, declaracin que non foi aprobada debido negativa do Partido Popular. O da 4 de Xullo de 2006, o Parlamento Europeo rgano que representa a casque 400 millns de cidadns- condenou o golpe de estado do xeneral Franco, unicamente coa oposicin do Partido Popular de Jaime Mayor Oreja, que unira os seus votos aos de dous deputados da ultradereita polaca. Finalmente, o 9 de Outubro de 2008, e dentro do Debate sobre o Estado da Autonoma, os tres grupos polticos (PPdeG, BNG e PSdeG) do Parlamento Galego aprobaran por unanimidade unha iniciativa de condena do franquismo e de dignificacin da memoria das vtimas da represin exercida durante a Guerra Civil e a ditadura. Naquela iniciativa reclambase tamn da Xunta de Galicia que proseguise coas accins de recuperacin da memoria de todas as vtimas da Guerra Civil, as como para eliminar os smbolos, denominacins e referencias franquistas de ras e edificios pblicos, ademais de colaborar na identificacin dos desaparecidos e enterrados en foxas comns durante a ditadura. Foi este un fito histrico para Galicia, un intre no que toda a sociedade civil se felicitou do feito de que os tres grupos polticos da cmara acadasen un acordo ao respecto deste tema tan sensible, un acordo polo que se asuman os efectos de condena da represin da Lei de Memoria Histrica. por iso que a sociedade espaola estivo a ver con preocupacin recentes actos levados a cabo por diferentes simpatizantes, membros e dirixentes de partidos polticos espaois e organizacins xuvens afns. Refermonos, como obvio, ao que pareceu ser un rexurdimento estival de actitudes de corte fascista, franquista ou filonazi, e que tivo como primeiro acto as palabras de Manuel Gonzlez Capn, alcalde de Baralla que, en sesin plenaria afirmou publicamente que os fusilados durante a Guerra Civil sera porque o

merecan. Con moitos menos motivos, en calquera pas democrtico do noso contorno
europeo, a persoa responsable destas afirmacins tan ignominiosas tera dimitido ou sera obrigado a cesar de xeito fulminante. Pero non fixo tal, se non que tras unhas tibias palabras de desculpa, o mesmo persoeiro acabara premiando, das mis tarde, a unha pea chamada Cara al Sol, nome de innegable connotacin fascista. As mesmo, e con posterioridade a este feito, foi de pblico coecemento que en diversas ocasins diferentes membros e dirixentes de Nuevas Generaciones foron retratados facendo apoloxa do franquismo ou do nazismo, difundndose a travs de diversos medios de comunicacin imaxes de membros desta asociacin xuvenil facendo sados de corte fascista, exhibindo parafernalia filonazi, entoando cnticos de contido franquista, e retratndose coa bandeira dun rxime antidemocrtico como foi o de Francisco Franco. Debemos lembrar novamente neste punto a gravidade destas accins noutros pases democrticos do noso contorno: calquera persoa que en Alemaa efecte sados fascistas, vista uniformes nazis ou mostre a bandeira coa esvstica inmediatamente detido, incondose procedemento penal con condenas que van, en funcin da sa reincidencia, desde multas ata os 3 anos de crcere. O propio Vicesecretario de Estudios e Programas do PP, Esteban Gonzlez Pons, afirmou en Agosto que quienes cometen la estupidez de fotografiarse haciendo gestos nazis

o fascistas no merecen formar parte del partido, afirmacin que non deixa moi claro si se
refera estupidez de facer xestos nazis ou ao feito de quedar retratados, co perigo de difusin pblica posterior. Mesmo o segundo voceiro do PP no Congreso, Rafael Hernando, quixo darlle a volta tortilla da Historia, culpando ao goberno democrtico da 2 Repblica no canto de posicionarse claramente en contra dos golpistas, ao dicir o 28 de Agosto nunha entrevista en Cuatro TV: La Repblica llev a un milln de muertos. E xa, de novo en Galicia, soubemos de Senn Pousa, alcalde de Beade, que mantn simboloxa franquista preconstitucional no seu despacho da alcalda, sen que o comit de dereitos e garantas do PP galego tomase medida algunha ao respecto. Este tipo de actitudes neofascistas teran o seu clmax o pasado 11 de Setembro no ataque violento que sufrira a librera La Blanquerna de Madrid por parte de diversos elementos profranquistas e neonazis, que chegaran a liberar no aire algn tipo de sustancia txica irritante e que acabara co traslado de diversas persoas aos centros de sade, mesmo dunha nena de 4 anos de idade. En definitiva, estamos a ser testemuas ultimamente dun rexurdimento de actitudes neonazis, franquistas, falanxistas e antidemocrticas que, nunha Espaa moderna, europea e democrtica non poden ser toleradas en forma algunha. Nun tema coma este, non cabe tibieza algunha: ou se est coas vtimas ou cos verdugos, posto que todos somos sabedores do que estas ideoloxas extremistas supuxeron para Europa, Espaa e mesmo para Vilalba: a da de hoxe non se sabe onde estn os restos mortais de Jess Orosa Otero, natural de Vilapedre, carteiro de profesin, e asasinado o 25 de Setembro de 1936 por elementos

falanxistas en Espiaredo (A Capela) sinxelamente pola sa militancia no Partido Socialista. E non foi o nico vecio vilalbs morto nestas condicins: Andrs Ares Daz, sacerdote de 45 anos, sera tamn paseado no Val de Xestoso (Monfero) por elementos falanxistas o 3 de Outubro de 1936. Ou Jos Eirado Fernndez, limpabotas de 30 anos, e paseado por coecidos elementos falanxistas corueses na praia de Bastiagueiro, de triste recordo. Tamn Angel Fraga Orosa, vilalbs de nacemento, mestre de 38 anos, sera executado en Vieiro (Viveiro) o 17 de Decembro de 1936. E a todos estes mortos hai que sumar as persoas que sufriran persecucin, crcere, sancins ou exilio. En definitivo, Vilalba a pesares de estar na retagarda, e do que comunmente se quere facer crer- non foi inmune aos horrores da Guerra Civil. As pois, por todo o dito, polo que o Grupo Municipal Socialista presenta para o seu debate e posterior aprobacin polo Pleno os seguintes

ACORDOS

1.- O Pleno de Vilalba, manifesta o seu total rexeitamento ditadura franquista, e recoece as inxustizas sofridas polos represaliados da ditadura. 2.- O Pleno de Vilalba, insta ao Goberno de Espaa a que tome as medidas necesarias para a modificacin do Cdigo Penal para que o enaltecemento do franquismo tea o mesmo tratamento penal que ten, no seu artigo 578, o enaltecemento do terrorismo. 3.- O Pleno de Vilalba, insta ao Goberno de Espaa a que introduza no Cdigo Penal un artigo que tipifique como delito a exaltacin do franquismo, ou, calquera manifestacin lesiva para a dignidade dos represaliados, inclundo, a quen en calquera contexto, aprobe, negue ou minimice un feito cometido durante a ditadura franquista, sempre en concorrencia co esprito recollido na Lei 52/2007, do 26 de decembro, pola que se recoecen e amplan dereitos, e establcense medidas a favor dos/as que padeceron persecucin ou violencia durante a guerra civil e a ditadura. O voceiro do Grupo Municipal Socialista

Asdo. Eduardo Vidal Baamonde

SR. ALCALDE PRESIDENTE DA CORPORACIN MUNICIPAL DE VILALBA

Grupo Municipal Socialista


Mocin

Vilalba, 25 de Setembro de 2013 MOCIN DE REXEITAMENTO AO COPAGO DE FRMACOS HOSPITALARIOS

Ao Pleno do Concello de Vilalba: O Grupo Municipal Socialista do Concello de Vilalba, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organizacin, Funcionamento e Rxime Xurdico das Entidades Locais e demais normativa que poida resultar de aplicacin presenta, diante do Pleno da Corporacin, a seguinte MOCIN, en base seguinte EXPOSICIN DE MOTIVOS Desde o ano 2012 coa posta en marcha do Real Decreto-lei 16/2012, de 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sostibilidade do Sistema Nacional de Sade e mellorar a calidade e seguridade das sas prestacins, moitos foron os pasos dados pola Administracin en contra dos dereitos dos doentes, algns deles singularmente graves. O primeiro foi o copago dos medicamentos, cun incremento do 10% respecto a situacin anterior. Despois, en setembro do 2012, a retirada da financiacin econmica para mais de 430 frmacos, sen ter en conta que, nunha gran maiora, son para doentes crnicos que os precisan, de forma inevitable, para manter unhas aceptables condicins de vida. Posteriormente engadronse a esta longa lista de frmacos excludos de cobertura econmica outros produtos como certas cmaras de inhalacin peditricas ou as sondas de baixa friccin para persoas afectadas de parlise. O copago no transporte sanitario non urxente ou o adiamento do pago do material ortoprotsico, sen pararse a pensar que moitos cidadns igual, sinxelamente, non o poden afrontar e mis nestes tempos de crise, Todas estas medidas podemos calificalas de inxustas e insolidarias porque recaen, en maior medida sobre as persoas que sofren enfermidades crnicas e graves, en definitiva sobre os mais desvalidos e mis necesitados de axuda. Finalmente, no BOE do pasado 19 de setembro publicbase a Resolucin de 10 de setembro de 2013, da Direccin General de Cartera Bsica de Servicios del Sistema Nacional

de Salud y Farmacia, pola que se modifican as condicins de financiacin dos medicamentos includos na prestacin farmacutica do Sistema Nacional de Sade mediante a asignacin de aportacin do usuario, en desenvolvemento do Real Decreto-lei 28/2012, de 30 de novembro, de medidas de consolidacin e garanta do sistema da Seguridade Social. Con esta nova medida os pacientes que reciban medicacin nas farmacias dos hospitais pblicos que eran, ata o momento, gratutas, agora tern que pagar unha parte do seu custo. As, agrvase mis a situacin persoal destes doentes que xa estn sufrir unha enfermidade crnica, grave, mesmo mortal, o que resulta especialmente cruel . Ante esta situacin son moitas as asociacins e colectivos de doentes, de profesionais sanitarios e consumidores os que elevan as sas protestas Administracin.. Mesmo algunhas Comunidades Autnomas tamn amosan a sa incomprensin ante unha medida inxusta, ineficaz e de difcil aplicacin . Por todo o exposto, o Grupo Municipal Socialista propn ao Pleno da Corporacin do Concello de Vilalba os seguintes

ACORDOS

1.- Expresar o seu rexeitamento novo copago de frmacos dispensados nos hospitais pblicos. 2.- Solicitar goberno da Xunta de Galicia que Inste ao Ministerio de Sanidade, Asuntos Sociais e Igualdade a derogar a Resolucin de 10 de setembro de 2013 da Direccin Xeral de Carteira Bsica de Servicios do Sistema Nacional de Sade e Farmacia, pola que se modifican as condicins de financiacin de medicamentos includos na prestacin farmacutica do Sistema Nacional de Sade mediante a asignacin de aportacin do usuario. 3.- Solicitar do Goberno da Xunta que non faga efectiva a citada Resolucin no territorio da nosa Comunidade Autnoma e que, por tanto, os cidadns afectados non tern que realizar ningn pago polo suministro de frmacos nos hospitais de Galicia. O voceiro do Grupo Municipal Socialista

Asdo. Eduardo Vidal Baamonde SR. ALCALDE PRESIDENTE DA CORPORACIN MUNICIPAL DE VILALBA

Grupo Municipal Socialista


Mocin

Vilalba, 26 de Setembro de 2013 MOCIN RELATIVA REGULARIZACIN DAS PENSIONS DA EMIGRACIN

Ao Pleno do Concello de Vilalba: O Grupo Municipal Socialista do Concello de Vilalba, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organizacin, Funcionamento e Rxime Xurdico das Entidades Locais e demais normativa que poida resultar de aplicacin presenta, diante do Pleno da Corporacin, a seguinte MOCIN, en base seguinte

EXPOSICIN DE MOTIVOS

Dende o pasado mes de marzo, aproximadamente, milleiros de pensionistas galegos que perciben pensins de outros pases (de momento parece que s do continente europeo),estn sendo notificados por Facenda para que presenten declaracin complementarias da renda dende o ano 2008. Moitos xa recibiron varias notificacin se unha vez presentadas as declaracin complementarias empezan a comunicarlles tamn as sancins. Estamos ante reclamacins de pensins de pases como Alemaa,Francia, Suza, Blxica, etc., pensins que en moitos casos nos pases de onde proveen estn exentas de tributar pola sa conta, pensins que nalgns dos documentos aos que tivemos acceso non supoen mis que 800-900 euros ao ano, que para coecer o seu importe total as persoas afectadas teen que ir s sas entidades bancarias e sumar as cantidades percibidas durante o ano anterior porque ningn organismo oficial deses pases comunica cada ano a conta da pensin a percibir nin teen ningn tipo de retencin. Reclamacins que si sumamos a complementaria mis as sancins por non habelas declarado no seu da poden chegar a cifras de12.000 ou 15.000 euros, para as que a Facenda estatal d uns prazos de devolucin moi curtos e ademais con xuros. A informacin oficial confusa sobre quen ten a obriga de declarar, e sobre os procedementos, de feito ata agora era habitual que nas propias delegacins da facenda estatal se lles comunicase aos pensionistas que as pensins estranxeiras non tian que declaralas e o feito constatable de que estn recibindo por milleiros as reclamacins confirma

que a meirande parte dos pensionistas entendan que non era obrigatorio declarar estas pensins. Mesmo hai sentenzas xudiciais que as o entenden, pero a pesares disto estn chegando mis e mis notificacins e cando un contribunte recibe a reclamacin de 1 ano e, voluntariamente e para demostrar que non houbo intencin de ocultar estes ingresos facenda, trata de entregar as complementarias dos demais anos que lle poden reclamar, xa estn notificndolle dende a Facenda o seu requirimento, evitando as que poida "librarse" da sancin por non habela presentado. As persoas notificadas estn sumidas nun mar de dbidas, non s pola escasa e pouco clara informacin que reciben da facenda pblica e a contradicin evidente coas sentenzas xudiciais xa existentes, senn polo grave problema que lles supn un desembolso econmico desa magnitude, cuns prazos tan curtos e con xuros, nun momento no que as economas familiares non son moi boiantes e mesmo as persoas con pensin en moitos casos son o principal sustento de moitos fogares. A va xudicial en persoas de idade avanzada, con custos de avogados, procuradores, taxas xudiciais engadidos aos custos de sancins e declaracins complementarias non se rebela como unha solucin axeitada para estes casos. Ante esta situacin, que est xerando unha grave alarma nas persoas pensionistas e dado o elevado nmero de emigrantes que tivemos e volvamos a ter en Galicia, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Vilalba presenta a seguinte

MOCIN

O Pleno do Concello de Vilalba, solicita do Goberno de Espaa que, na inspeccin que se est dirixindo por parte da Axencia Estatal da Administracin Tributaria a pensionistas que sa vez tean pensins da emigracin, tendo en conta as actuais circunstancias de recesin econmicas, os altos niveis de desemprego e o empobrecemento das familias, moitas das cales hoxe dependen, para a sa supervivencia, dos ingresos mensuais destes pensionistas nos seus fogares, adopte as seguintes medidas:

1.- Regularizar a situacin dos pensionistas sen consideralos como defraudadores fiscais, ofertando informacin pormenorizada e homoxnea das sas obrigas fiscais. 2.- Habilitar, para o caso de que tean que afrontar pagos polas sas declaracins complementarias, perodos de pagamento mis longos que os estipulados habitualmente, en aras de evitar un quebranto econmico nas unidades familiares destes pensionistas. 3.- Eximir do pago de sancins e xuros de demora a aqueles pensionistas que

regularicen a sa situacin fiscal.

O voceiro do Grupo Municipal Socialista

Asdo. Eduardo Vidal Baamonde

SR. ALCALDE PRESIDENTE DA CORPORACIN MUNICIPAL DE VILALBA

Grupo Municipal Socialista


Mocin

Vilalba, 26 de Setembro de 2013 MOCIN RELATIVA AO SALARIO DO ALCALDE-PRESIDENTE DE VILALBA

Ao Pleno do Concello de Vilalba: O Grupo Municipal Socialista do Concello de Vilalba, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organizacin, Funcionamento e Rxime Xurdico das Entidades Locais e demais normativa que poida resultar de aplicacin presenta, diante do Pleno da Corporacin, a seguinte MOCIN, en base seguinte EXPOSICIN DE MOTIVOS

O Pasado 11 de agosto de 2013, o xornal a Voz de Galicia, publicou unha reportaxe pormenorizando o que cobran os alcaldes galegos polo desempeo do seu traballo fronte das respectivas alcaldas. Segundo o publicado ao respecto, o Sr. Alcalde-Presidente desta Corporacin, manifestou: Hay mucha demagogia, gano lo mismo que en mi trabajo. Tamn dixo, me baj

el sueldo cuando se lo bajaron a los funcionarios, e fijamos mi salario en funcin de lo que cobraba como jefe de rea de servicios veterinarios
No ano 2012 o presidente do Goberno, D. Mariano Rajoy, ditou unha medida sen precedentes na historia da democracia espaola, a supresin da paga extra de Nadal aos funcionarios das administracins pblicas. Daquela (xullo de 2012) O Grupo Popular, votou en contra de solicitarlle ao Alcalde a renuncia a tal paga. Sabido , que ao Sr Alcalde, no desempeo das sas funcins, non lle corresponde a catalogacin de funcionario pblico en sentido estrito. Pero tamn sabido, que se estivera exercendo as funcins de veterinario na Administracin Galega, si estara sometido a tal norma, e polo tanto, non tera recibido a paga extra en cuestin. Como queira que as condicins e o posto de funcionario en excedencia do Sr. Alcalde variaron dende que ocupaba unha xefatura de rea dos servizos veterinarios oficiais, o Grupo Municipal Socialista, solicita do Pleno o seguinte

ACORDO

O Pleno do Concello de Vilalba, insta ao AlcaldePresidente da Corporacin Municipal, a que asuma como salario polo desempeo das sas funcins ao fronte da Alcalda, o mesmo que lle correspondera polo desempeo do seu posto de traballo que ten reservado na Administracin Galega.

O voceiro do Grupo Municipal Socialista

Asdo. Eduardo Vidal Baamonde

SR. ALCALDE PRESIDENTE DA CORPORACIN MUNICIPAL DE VILALBA

Pregunta

Grupo Municipal Socialista

Vilalba, 26 de Setembro de 2013

Ao Pleno do Concello de Vilalba: O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organizacin, Funcionamento e Rxime Xurdico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicacin, formula a D. Ivn Fernndez Hermida, a seguinte PREGUNTA en base a seguinte EXPOSICIN DE MOTIVOS Na comisin de Urbanismo celebrada o 18/12/2012, no momento de informar sobre o inicio de actividade do centro de Formacin de enseanzas diversas presentado pola empresa FORMA-T 2011 S.L, o concelleiro D. Ivn Fernndez Hermida, alegando intereses persoais ausentouse da sesin. A este respecto:

1.- Cales eran os intereses polos que se ausentou? 2.- Segundo ten constancia este Grupo Poltico, a nave que alberga tal actividade, tia efectuado un enganche elctrico directo coa nave contigua , na que asenta parte da sa actividade a Consellera de Medio Rural e do Mar. Cales foron os motivos de efectuar tal enganche? 3.- Durante canto tempo estivo operativo?

O voceiro do Grupo Municipal Socialista

Asdo. Eduardo Vidal Baamonde

SR. ALCALDE PRESIDENTE DA CORPORACIN MUNICIPAL DE VILALBA

Pregunta

Grupo Municipal Socialista

Vilalba, 26 de Setembro de 2013

Ao Pleno do Concello de Vilalba: O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organizacin, Funcionamento e Rxime Xurdico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicacin, formula ao Sr. Alcalde Presidente da Corporacin, a seguinte PREGUNTA en base a seguinte EXPOSICIN DE MOTIVOS

O Sr Alcalde, ten manifestado en Sesin Plenaria que antes do remate do vern 20013, estara aprobado inicialmente o PXOM.

Cal o motivo polo que non se ten aprobado?

O voceiro do Grupo Municipal Socialista

Asdo. Eduardo Vidal Baamonde

SR. ALCALDE PRESIDENTE DA CORPORACIN MUNICIPAL DE VILALBA

Pregunta

Grupo Municipal Socialista

Vilalba, 26 de Setembro de 2013

Ao Pleno do Concello de Vilalba: O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organizacin, Funcionamento e Rxime Xurdico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicacin, formula ao concelleiro de Infraestruturas, Urbanismo e Medio Ambiente, a seguinte PREGUNTA en base a seguinte EXPOSICIN DE MOTIVOS

Segundo puido saber este Grupo Poltico, a comunidade educativa do CEIP A. Insua Bermdez, ten manifestado a sa contrariedade e discrepancia ao respecto de decisins tomadas polo Concelleiro de Infraestruturas, Urbanismo e Medio Ambiente D. Jess Bermdez Rodriguez, relacionadas coa instalacin elctrica e limpeza do Centro.

Podera explicar ao Pleno o acontecido ao respecto?

O voceiro do Grupo Municipal Socialista

Asdo. Eduardo Vidal Baamonde

SR. ALCALDE PRESIDENTE DA CORPORACIN MUNICIPAL DE VILALBA

Grupo Municipal Socialista


Rogos

Vilalba, 26 de setembro de 2013

Ao Pleno do Concello de Vilalba: O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organizacin, Funcionamento e Rxime Xurdico das Entidades Locais e demais normativa que poida resultar de aplicacin, formula en Sesin Plenaria ao Sr. Alcalde Presidente da Corporacin os seguintes ROGOS 1.- Que ordene o necesario para sinalar correctamente as bandas rugosas existentes sobre a estrada no barrio de Trastoi, na parroquia de Santaballa. 2.- Igualmente, que dispoa o necesario para a colocacin de bandas rugosas entrada e sada do barrio de Augarro, na parroquia de San Simn.

O voceiro do Grupo Municipal Socialista

Asdo. Eduardo Vidal Baamonde

SR. ALCALDE PRESIDENTE DA CORPORACIN MUNICIPAL DE VILALBA

You might also like