You are on page 1of 1

Jacobo Pérez Méndez 2ºC

Empatía dun doctrinario defendendo o sufraxio censitario

Se hai unha cousa que non entendo é a defensa do sufraxio universal. Iso
non é mais que unha utopía na que creen os progresistas. Como poden
pensar que todas as persoas poden ter dereito a voto sen ningún tipo de
distinción.
O burgués que contribúe cunha gran cantidade de diñeiro ao Estado, ten
propiedades privadas, que se pode ver beneficiado ou perxudicado pola
actuación do Goberno ten o mesmo dereito a votar que un mísero
campesiño que non ten nada que perder? Isto é un auténtico disparate, o
burgués é o único que debe ter ese dereito.
Ademais de poder económico tamén é necesario ter unha certa formación
xa que unha persoa que ten estudos, que se interesa polo saber e está
informado dos acontecementos que suceden no país ten dereito a votar, oa
contrario, por ejemplo, de un simple campesiño que nin sequera sabe ler
nin escribir, e que iso non lle preocupa, que só se preocupados seus
animais, e carece por tanto de cultura, non pode ter o mesmo dereito que
aquel que co seu suor adquiriu un nivel intelectual do que outros carecen.
Pensar no sufraxio universal provócame unha gran incomprensión, por iso
creo que os progresistas deberían pensar noutras cousas xa que o sufraxio
universal podería levarnos a un Goberno que nos dirixiría cara a unha
crise que ninguén desexa.