P. 1
7. O tránsito do Antigo Réxime

7. O tránsito do Antigo Réxime

|Views: 22|Likes:
Published by Luz Varela Armas

More info:

Published by: Luz Varela Armas on Aug 14, 2009
Copyright:Attribution Non-commercial

Availability:

Read on Scribd mobile: iPhone, iPad and Android.
download as DOC, PDF, TXT or read online from Scribd
See more
See less

08/13/2009

pdf

text

original

7.

O tránsito do Antigo Réxime

1. A crise do Antigo Réxime até a Guerra de Independencia
1.1. O modelo político que resiste a crise (1780 - 1808)

O Estado Moderno constrúese sumando o poder absoluto do monarca co teocrático da Igrexa, é dicir, constitúese un poder único no mundo exercido por dúas potestades: o Papa in rebus spiritualibus e o monarca in rebus temporalibus: a) A crise protestante libera da dependencia espiritual de Roma aos monarcas e obriga ao Papa a cederlles aos monarcas católicos maiores competencias espirituais, de xeito que:  Prodúcese un proceso de nacionalización ou estatalización das igrexas locais: a actividade temporal e espiritual a favor da unidade do estado.  Trono e Altar alíanse ao mesmo nivel. b) A Igrexa española segue este modelo realizando funcións encomendadas polo Estado:  Control social.  Unidade da fe como base da unidade política.  Homoxeneización de condutas (ortodoxia).  Evitar discrepancias teolóxicas ou disciplinares (ortopraxia). c) Igrexa e Estado comparten un modelo de sociedade estamental que consideran eterno e inmutábel. d) Consenso xuridiscional entre Igrexa e Estado (in rebus mixtis).
1.2.
A)

As posíbeis amezas ideolóxicas ao modelo político
A ILUSTRACIÓN GALEGA

Malia o labor dos ilustrados galegos por estender a ciencia útil e a educación mediante institucións, revistas ou libros, os seus postulados distan dos das Ilustración francesa e tamén dos do liberalismo:
Ilustración galega A razón humana está sometida á Razón Divina Defende o modelo político do Estado absoluto e a alianza entre o Altar e o Trono Deriva no Despotismo Ilustrado, un intento desesperado da Monarquía Absoluta por subsistir
B)

Ilustración francesa A razón humana é o único criterio de verdade Defende a soberanía nacional Deriva na Revolución

Liberalismo Defende a soberanía nacional (cara un réxime constitucional)

DISIDENCIAS INDIVIDUALIZADAS

Entre finais do século XVIII e comezos do XIX penetran en Galiza as ideas das dúas grandes revolucións do século XVIII: a revolución política dos EUA e a Revolución Francesa. Isto constátase: a) Nos documentos da Inquisición de Galiza:  Incauta documentos e libros (en 1808 introdúcese en Galiza o Contrato Social de Rousseau).  Recibe denuncias contra persoeiros ilustrados.

1

Historia de Galiza 2006/2007 USC

7. O tránsito do Antigo Réxime

b) Nas pastorais de bispos e arcebispos coma o de Lugo, o de Santiago ou o de Mondoñedo, que amosan a súa preocupación pola penetración de ideas revolucionaras xa antes da Revolución Francesa. É dicir, en Galiza van penetrando as novas ideas revolucionarias que, se ben non darían producido unha contestación organizada, xa preocupan aos defensores de Estado absolutista.
C) A DISIDENCIA ORGANIZADA

Existen varios movementos, máis ou menos organizados, cuxas actividades se manteñen tan en segredo que non se pode constatar o seu carácter de disidentes respecto do Estado absolutista até que en 1808 se instaura a liberdade intelectual e de prensa. Estes grupos son: a) Sociedade Económica de Santiago: as súas reunións e os escritos e decisións resultantes delas son vixiadas pola Inquisición. b) Real Consulado da Coruña: dá acubillo a intelectuais e burgueses que poden acceder á súa biblioteca sen censurar, feito que preocupa á Inquisición. c) Grupo que se forma na Universidade de Santiago:  Lugares de reunión: primeiro no despacho do vicerreitor no Colexio de San Xerome e logo nos cuartos secretos da Biblioteca da Universidade, onde se atopaban os libros prohibidos.  Membros: Bazán de Mendoza (líder), José Vega, Manuel Sánchez Boado y Fraguío, José Francisco Pedrosa (bibliotecario), Bernardo Bedoya (axudante de Biblioteca), Agustín Ruíz e posibelmente estudantes coma Verea Aguiar.  Obxectivo: posibelmente exercer o control da Universidade.  En 1708 é denunciado á Inquisición polo equipo reitoral e en 1806 a Inquisición ordena tapiar os cuartos nos que están os libros prohibidos, pero non procesa os membros porque:  Tenlle respecto á Universidade.  Bazán de Mendoza ten contactos e apoios no Goberno.  En 1808 coa chegada da liberdade de prensa o grupo divídese en dous:  Colaboracionistas dos franceses, o grupo máis numeroso e liderado por Bazán.  Liberais. Os dous grupos teñen unha ideoloxía ben definida e serían os líderes da opinión pública galega entre 1808 e 1814. 2. A construción do novo Estado (1808 – 1814)
2.1. O derrubamento do Estado

Fernando VII fica ausente e proclámase Murat como Lugartenente do Reino, feitos que abondan para que o Estado absolutista se descompoña. Desde este momento os feitos desenvólvense en dúas etapas: a) As institucións1 aceptan as ordes de Murat e chaman a recibir hospitalariamente os franceses.
1

Lembremos que en Galiza o Estado estaba representado polo Capitán General e a Real Audiencia en primeira instancia. Logo estaba a Xunta do Reino, formada polos concellos das sete cidades (Santiago, Ourense, Tui, Mondoñedo, Lugo, A Coruña e Betanzos) e con poder xurisdicional.

2

Historia de Galiza 2006/2007 USC

7. O tránsito do Antigo Réxime

b) A reacción do pobo contra os franceses fai que as mesmas institucións pasen a liderar o movemento de liberación nacional e a construción do novo Estado.
2.2.
2.2.1.

A construción do novo Estado
As Xuntas

O derrubamento do estado e a decisión de non acatar ao rei imposto polos franceses, José I, fixo que se creasen espontaneamente xuntas locais, provinciais e rexionais. As súas dúas principais características son:
Son de carácter popular Porque foron constituídas polo pobo de xeito espontáneo Pero seguen a reflectir a estrutura social anterior: - Xuntas locais: fidalgos, clérigos, empregados públicos e algúns campesiños fortes. - Xuntas provinciais e rexionais: formadas polas elites militares, eclesiásticas e económicas. Son revolucionarias Supoñen un cambio cara a soberanía nacional Os compoñentes das Xuntas non serían conscientes de estaren exercendo a soberanía nacional, senón que consideraban que exercían o poder no nome do rei. Son os liberais das Cores de Cádiz os que son quen de proclamar esa soberanía popular, xa de xeito consciente.

A Xunta Superior do Reino de Galiza constitúese o 5 de xuño de 1808 na Coruña recorrendo á antiga Xunta do Reino de Galiza2. Esta xunta asume o poder en Galiza até que en xaneiro de 1809 chegan os franceses e se disolve. Trala liberación constitúese a Xunta Central en Cádiz e en Galiza formarase a Xunta Superior de Subsidios, Armamento e Defensa en decembro de 1809: a) Depende da Xunta Central. b) Está controlada polo Capital Xeral. c) Está formada por persoas do exército, da Igrexa e representantes das sete grandes cidades. d) Non ten que ver coa antiga Xunta do Reino de Galiza.
2.2.2. A representación de Galiza nas Cortes

En 1810 ábrense as Cortes de Cádiz, que redactarían a Constitución que sería a base do Estado. De entre os deputados das Cortes, dos que Galiza enviaría 25, destacan: a) José Alonso López, liberal radical de Ferrol. b) Agustín Rodríguez Baamonde, deputado por Tui e lixeiramente liberal. c) Domingo García Quintana, deputado por Lugo, extremadamente patriota, polo que levaría a cabo accións polas que sería expulsado. d) Luis Rodríguez del Monte, presidente das Cortes. Nas segundas eleccións, en 1813, acentuaríase a rivalidade entre liberais e absolutistas. O clero sería o gran vencedor destas eleccións.
2

Así, nela había representantes das 7 cidades: Santiago (Pedro María de Cisneros), Lugo (José María de Prado Neira), Ourense (Benito María Sotelo), Mondoñedo (Ramón Pardo Montenegro), Tui (Manuel María Avalle), A Coruña (Francisco Somoza de Montsoríu) e Betanzos (José Quiroga y Quindós).

3

Historia de Galiza 2006/2007 USC

7. O tránsito do Antigo Réxime

2.3.
2.3.1.

A Guerra de Independencia ou de Liberación
A invasión

Os franceses chegan a Galiza perseguindo o exército inglés dirixido polos xenerais Crawford e Moore, que decidiran marchar da Península desde os portos galegos. En xaneiro de 1809, e en menos dun mes, os franceses fanse co control de Galiza.
2.3.2. A liberación

Coa retirada do exército inglés en Galiza quedaba só un corpo de exército, dirixido polo MARQUÉS DE LA ROMANA. Se ben o seu exército non axudou moito na liberación, a súa figura permitiu a unidade do movemento contra os franceses. Apoiou ás guerrillas, dirixidas por fidalgos, clérigos e oficiais retirados, que en xuño de 1809 xa liberaran Galiza (batalla da Ponte San Paio o 7 de xuño). Despois disto Galiza apoiou ao resto do Estado con homes, cartos e abastecemento.
2.4. A pluralidade ideolóxica

Coa instauración, en 1808, da liberdade de prensa (necesaria para a propaganda antifrancesa) xorden en Galiza un 34 xornais: a) 1808 – 1810: propagandísticos e informativos. b) 1810 – 1814: ideolóxicos e políticos. Entre as posturas ideolóxicas destacan: A) AFRANCESADOS:  Colaboran co mando francés durante a ocupación.  Entre eles están persoeiros coma Pedro Bazán de Mendoza ou Francisco Barrié, todos eles profesores da Universidade e burgueses de orixe francesa.  Teñen o xornal La Gazeta de La Coruña (1809), que fai propaganda do goberno de José I.  Defenden un modelo liberal centralizado (a revolución desde arriba).  Os seus ideais non asentan e son desprazados coa liberación. B) LIBERAIS:  Teñen o seu centro na Coruña, no club Café de la Esperanza.  Inflúen no exército e na Administración.  Son seguidos en todo o Estado, xa que están en contacto cos liberais gaditanos.  Son apoiados por intelectuais coma Pardo de Andrade, Antonio de la Peña ou Pacheco.  Crean unha doutrina que difunden en xornais coma:  Semanario Político, de Pardo de Andrade.  Ciudadano por la Constitución, de Peña. C) ABSOLUTISTAS:  Son a contestación ideolóxica e política dunha Igrexa que se sentía acosada ás decisións das Cortes de Cádiz.  Contan con ideólogos coma Freire Castrillón ou Frei Manuel Martínez Ferro. 4
Historia de Galiza 2006/2007 USC

7. O tránsito do Antigo Réxime

Usan os púlpitos para a propaganda, pero tamén xornais coma:  El sensato  La Estafeta de Santiago  Exacto Correo  Diario de La Coruña a la Aurora

3. A restauración (1820 – 1814) Cando Fernando VII volveu de Francia presentáronlle o Manifiesto de los Persas, no que se pedía a restauración do absolutismo. En tres días veuse abaixo todo o que fixeran os liberais, xa que a súa revolución política non tiña como base unha revolución social.
3.1. A reimplantación do absolutismo en Galiza

a) Persecución e depuración dos liberais:  Son insultados e asáltanse as súas casas en cidades coma Compostela ou A Coruña.  Afástanse dos postos administrativos e da Universidade de Santiago.  Reinstálase á Inquisición e elabóranse listas de libros publicados polos liberais e prohibidos agora. b) Prémiase aos absolutistas con ascensos ou pensións vitalicias.
3.2. Conspiracións en Galiza. O pronunciamento de Polier

A) O pronunciamento de Polier:  Apoios: Polier, militar encarcerado trala restauración do absolutismo, contacta desde o castelo de San Antón (A Coruña) a través de Sinforiano López, que sería executado, con burgueses que o apoiarían.  Desenvolvemento: contando con grandes apoios na Coruña e Ferrol, a noite do 17 para o 18 de setembro de 1815 leva a cabo un pronunciamento coa finalidade de restaurar o réxime constitucional, respectando a monarquía.  Fin: en outubro de 1815, cando estaba en Ordes camiño de Compostela para tomar esta cidade, é traizoado e aforcado. B) Outros intentos: en 1817 prepárase outro golpe en Compostela, liderado por Francisco Ferro Caaveiro, que sería descuberto. C) A fin do absolutismo: pronunciamento de 1820. 4. Galiza e o Trienio Liberal (1820 – 1823) O 1 de xaneiro de 1820 triúnfa o pronunciamento liberal de Riego en Cabezas de San Juan, dando paso ao Trienio Liberal ou Constitucional (1820 – 1823). Desta volta os liberais non deixaron que os absolutistas se manifestasen de ningún xeito (deputados, xornais, administración...) o que daría lugar a unha guerra civil.
4.1. Galiza aposta polo liberalismo

O pronunciamento do 1 de xaneiro estaba condenado a fracasar, pero o 21 de febreiro levántase a guarnición da Coruña apoiada pola de Ferrol, de xeito que o goberno acaba por se entregar aos liberais. O 9 de marzo toda Galiza estaba en 5

Historia de Galiza 2006/2007 USC

7. O tránsito do Antigo Réxime

mans dos liberais, aínda que as sés episcopais tiveron que ser sometidas militarmente (nelas non houbo levantamentos).
4.2. A organización do liberalismo galego

a) Créanse as Sociedades Patrióticas, para controlar as autoridades municipais e provinciais. b) Fúndanse 15 xornais liberais. c) Úsanse os teatros para difundir as ideas liberais. d) Ás principais rúas das cidades galegas póñenselles nomes de liberais. e) Créase unha milicia nacional, para vixiar as posíbeis conspiracións. f) Convócanse as Cortes pero contrólase todo o proceso electoral, como tamén se fará en 1821.
4.3.
 

O Novo Estado. Medidas que lle afectaron a Galiza

 

Recupérase a Constitución de 1812 e as leis anteriores. Intento de reformar o Ensino (por parte de Quintana, que presidía a Dirección General de Instrucción Pública), baseándose na gratuidade, uniformidade, liberdade e apoio ao ensino público, que nunca se chega a realizar. División administrativa que suprime as xurisdicións para impor dúas polémicas divisións: provincias e concellos. Medidas para favorecer a Facenda, en quebra:  Apoiadas polo pobo: supresión do Voto de Santiago, da Inquisición, nacionalización dos bens, redución do décimo...  Incomprendidas polo pobo: supresión de ordes relixiosas e nacionalización dos seus bens (deixaban frades na rúa, edificios abandonados e o campesiño seguía tendo que pagar o foro).
A contrarrevolución: a primeira guerra civil en Galiza

4.4.

A resistencia ao réxime liberal iníciase nas cidades, especialmente nas sés episcopais. Xa que os absolutistas non podían optar por ningunha outra vía, recorren á violencia organizada: a) En 1820 créase en Tui a Junta Apostólica e hai unha manifestación no Baixo Miño, destacando como líder Pereira. b) En 1822 a Junta Apostólica está en contacto coa contrarrevolución doutras rexións e organiza guerrillas que conseguen:  Manter a Galiza nunha axitación permanente.  Obrigar ao exército a se dispersar e a non poder desprazarse para frear o avance dos franceses enviados polo Congreso de Verona para liberar a Fernando VII. c) En 1823 tómase A Coruña e toda Galiza fica en mans dos absolutistas, de xeito que os liberais marchan a Inglaterra, Francia, Holanda... 5. A década absolutista (1823 – 1833). Conspiracións liberais e represión. O carlismo
5.1. As estratexias da represión

Noméase Capitán General de Galicia a Nazarino Eguía, quen traslada a Capintanía General e a Real Audiencia a Compostela. 6
Historia de Galiza 2006/2007 USC

7. O tránsito do Antigo Réxime

 

Fernando VII fai algunhas reformas respecto da seguridade pública: Reforma a policía, creando unha rede de informadores. Crea un corpo paramilitar para garantir a seguridade no rural, xa que non acaba de fiarse do exército.

A) Represión sobre as autoridades liberais: foi depurada toda a Administración e encarcerados os deputados, gobernadores, xefes políticos... B) Represión sobre os militares: os membros do exército teñen que xustificar documentalmente as súas actividades entre 1820 e 1823. Moitos exiliáronse e iniciaron conspiracións no estranxeiro. C) Represión sobre os centros de estudo:  Depuráronse as universidades e centros de estudo (na Universidade de Santiago expulsáronse varios profesores e alumnos).  Fernando VII pechou tódalas universidades do Estado entre 1829 e 1832. D) Represión sobre a prensa e a imprenta:  Prohibíronse moitos xornais.  Non se reinstaurou a Inquisición, estableceuse a censura (tanto para obras por publicar coma para as publicadas).
5.2.
5.2.1.

A conspiración liberal
No exilio

Os exiliados dirixíronse principalmente a Inglaterra, pero tamén a Portugal, Holanda ou Francia, onde:  Tiñan como obxectivo sacar do poder a Fernando VII.  Xa que era improbábel un pronunciamento en España (depurárase moi ben o exército e Fernando VII recoñecera a Filipe de Orleáns, polo que non podían usar o territorio francés como base) dedicáronse a manter informados aos grupos liberais galegos mediante cónsules ingleses e holandeses, contrabandistas, empregados de correos...
5.2.2. No interior de Galiza

a) Ante a incapacidade para levar a cabo un pronunciamento con éxito, algúns botáronse ao monte. b) Na Mezquita formouse a Partida de Bordas que deu un pronunciamento fracasado en 1830 e que se mantivo activa até dous anos despois (quizais se acolleron ao indulto da rexente María Cristina).
5.3. O precarlismo en Galiza

O exército francés do Duque de Angulema permanece en Galiza até 1825 para impedir revolucións, pero tamén unha excesiva represión. Fernando VII decátase da existencia dun sector ultarrealista ou ultraabsolutista que:  É para el tan perigoso coma os liberais.  Pretende restaurar a Inquisición.  Provoca unha escisión dentro do absolutismo.  Pronúnciase en 1826 liderado por Bessières e en 1827 coa revoltas dos Agraviats en Catalunya.  Conta con apoios en Galiza: o Capitán General, Eguía, o Gobernador de Ferrol, Zumalacárregui e o arcebispo de Compostela, Rafael de Vélez. 7
Historia de Galiza 2006/2007 USC

7. O tránsito do Antigo Réxime

Aproxímase, desde 1828, a don Carlos, irmán do rei, xa que o monarca non ten descendencia. Xorde neste momento o precarlismo. Pero Fernando VII casaría coa súa curmá, María Cristina, e terían unha filla, dona Isabel, o que supón un atranco para os precarlistas:  Co nacemento da súa filla Fernando VII promulga a Pragmática Sanción e deroga a Lei Sálica.  María Cristina tomará medidas para controlar este sector precarlista:  Decreta unha amnistía política: volven os exiliados e desaparece a conspiración exterior.  Abre as universidades.  Depura o exército e a administración de ultrarrealistas.  Dada a situación os ultraabsolutistas bótanse ao monte, iniciándose así a primeira guerra carlista.

8

Historia de Galiza 2006/2007 USC

You're Reading a Free Preview

Download
scribd
/*********** DO NOT ALTER ANYTHING BELOW THIS LINE ! ************/ var s_code=s.t();if(s_code)document.write(s_code)//-->