You are on page 1of 23

1. Proceso de constitución da moderna prosa literaria galega.

O Grupo Nós

1. Características do grupo
Os membros do Grupo Nós, con algunha excepción, comparten unha
serie de características que FERRÍN recolle na obra De Pondal a Novoneyra. Imos
ver algunhas delas:
A) Procedencia social pequenoburguesa: o que, malia ser un factor externo, incide
na súa obra. Os membros do Grupo Nós proceden de:
a) Aristocracia rural en decadencia: derívaos dos señores da terra, mais xa
non viven desta, senón que se teñen que incorporar a profesións liberais. É
o caso de Losada Diéguez ou Otero Pedrayo, quen critica que a fidalguía
non saiba adaptarse aos tempos (Os camiños da vida).
b) Fillos de profesionais liberais non galegos, como é o caso de Cuevillas ou
Vicente Risco.
Todos eles dispoñen de medios económicos que lles permiten acceder a
estudos superiores, amais de teren grandes bibliotecas nas súas casas (non son
autodidactas).
En canto á procedencia, CASTELAO é unha excepción, mais tamén
posúe medios económicos grazas aos cartos que o seu pai fai na emigración.
B) Ideoloxía pequenoburguesa: rexeitan a sociedade industrial, o progreso, o
capital e o proletariado, en canto a que destrúen a cultura agraria que define
o país. Isto podémolo observar en diferentes obras:
a) Castelao, Cousas: os protagonistas son só labregos e mariñeiros, nunca
proletarios, malia existir esa realidade.
b) Risco, O porco de pé: baséase nun personaxe real (maragato), foráneo,
que é criticado na obra. Esta remata co incendio da biblioteca que
simboliza o triunfo da materia sobre o espírito. En Risco están moi
presentes os conceptos de terra e raza.
c) Otero Pedrayo, Os camiños da vida: escribáns e especuladores son vistos
coma algo negativo.
d) Otero Pedrayo, O mesón dos ermos: simboliza o triunfo da tradición e o
espírito sobre o progreso e a materia.
Até 1972, con Xente ao lonxe de Blanco Amor, o proletariado non
aparecería na literatura galega.
C) Procedencia ideolóxica desvencellada da tradición galeguista anterior: case todos
están desvencellados de Galiza até o ano 1920.
 Así por exemplo, Risco preocupábase polo mundo esotérico, o ocultismo e as
relixións orientais no fascímil de La Centuria. Isto reflícteo a obra Arredor de si,
de Otero Pedrayo, na que o protagonista vai coñecer novos mundos para
finalmente volver e coñecer a Galiza que descoñecía.
 CASTELAO é de novo a excepción, xa que procede do rexionalismo (Alfredo
Brañas) e do agrarismo (Basilio Álvarez).
 Os membros do Grupo Nós volven complementarias dúas tendencias opostas
que se deran no século anterior:
 Tradicionalismo: neocatólico e reaccionario, representado por Emilia
Pardo Bazán.
 Progresismo: positivista, representado por Clarín ou Pérez Galdós.
Tendo como base o nacionalismo democrático toman, ao igual cá Xeración do 98
española, o que consideran mellor de cada unha das tendencias. Isto verase reflectido

1 Curso monográfico de literatura galega


2006/2007
USC
1. Proceso de constitución da moderna prosa literaria galega. O Grupo Nós

tamén na súa actitude vital: no 1936 católicos coma Otero Pedrayo ou Alexandre
Bóveda permanecen no PG, aínda cando este se une á Fronte Popular.
D) Rigorosa formación intelectual: viaxan e coñecen a cultura europea. Así, Risco
estuda etnografía en Alemaña, Castelao viaxa a Bélxica (Diario 1921)... Isto
reflectirase en obras coma Teatro de máscaras, de Otero Pedrayo, pezas de teatro
escritas no papel timbrado das Cortes cando este era deputado e con trazos de
vangarda que as equiparan ao teatro vangardista francés. Todos foron creadores
de ficción, analistas e documentalistas, pero ademais tiñan cadansúa profesión.
E) Son os creadores da prosa literaria galega moderna: se a lírica galega emerxe no
século XIX, a prosa literaria moderna emerxe co Grupo Nós. Cada un dos seus
membros ten un estilo individual característico:
a) Otero Pedrayo: estilo arborescente, árbore que medra e chega ao mesmo
sitio (Arredor de si).
b) Risco: enumeracións, invención de palabras (O porco de pé).
c) Castelao: estilo de frase contida, condensa a mensaxe nunha pequena frase
ou parágrafo.
F) Vocación pedagóxica: buscan o adoutrinamento dun pobo do que queren que
recupere o orgullo de ser como é e a súa propia personalidade1.

2. Tres textos reveladores:


2.1. Florentino López-Cuevillas, Dos nosos tempos (1920)
2.2. Vicente Risco, Nós, os inadaptados (1933)
Esta obra ensaística de Risco explica como e por que o Grupo Nós
evoluciona cara o galeguismo. Trátase de once capítulos e un limiar nos que se quere
demostrar esta tese. Isto será feito tamén por Otero Pedrayo na ficción con Arredor
de si. Imos analizar algúns capítulos importantes de Nós, os inadaptados:
A) Capítulo 1: explícanse as influencias literarias que ten Risco, comúns a todo
o Grupo, xa que el está en contacto coas vangardas europeas e fornece as
lecturas de Castelao e Otero. É, polo tanto, un importante teórico, publicista e
divulgador da cultura, o que contrastará coa súa actitude vital. Estas
influencias literarias, de autores espiritualistas, contrarios ao materialismo e
afastados da sociedade2, son:
a) HUYSMANNS, francés autor de À rebours, obra na que o protagonista é un
neurótico insatisfeito que vive en París. Decide marchar a unha casa rural
para fuxir da civilización, onde se evade da realidade, e acaba volvendo a
París. Ten unha certa similitude con Arredor de si, por iso se pensa que
quizais Otero Pedrayo se inspirou nela. É unha das influencias máis
importantes no Grupo Nós.
b) Ingleses e escritores en lingua inglesa: Ruskin (crítico de arte, autor de As
pedras de Venecia), Carlyle (historiador, autor de Representative man),
Swimburne (poeta antisocial, “rebelde”), Rosetti (creador do

1
Di Ferrín que o Grupo Nós decide influír pedagoxicamente na sociedade galega para facela reaccionar
perante a España opresora. Esta vontade de influencia no pobo podémola observar tamén en verbas de
pensadores coma Ortega y Gasset, quen di que hai que influír “allí donde esté el español”. Isto
podémolo ver en obras do Grupo Nós coma Arredor de si.
2
Tamén influíu O. Spengler, autor de A decadencia de Occidente, obra na que se fala da “Europa
moribunda” na que non hai saída e hai que procurar outras cousas.

2 Curso monográfico de literatura galega


2006/2007
USC
1. Proceso de constitución da moderna prosa literaria galega. O Grupo Nós

Prerrafaelismo – sentimento da natureza –), E. A. Poe (grande teórico e


creador, dálle identidade ao conto moderno afastándoo da novela e destaca
polos ambientes místicos das súas creacións).
c) Franceses:
 Baudelaire (autor de As flores do mal e Os paraísos artificiais –
escrito baixo os efectos do opio –, poeta antisocial, precursor das
vangardas), Verlaine (simbolistas, “poeta maldito”), Rimbaud (autor
de Unha tempada no inferno, aos 19 anos deixa de escribir porque
considera que o poeta só o é nun determinado momento, non toda a
vida), Mallarmé (arte pola arte), Laforgue.
d) O italiano d’Annunzio.
e) O noruegués Ibsen.
f) Nietzsche.
g) Os considerados “raros” por Risco: o francés León Bloy (espiritualista), o
Conde de Leautremont. Ou exóticos coma Omar Khayyan ou Tagore.
h) Españois: non son moi recoñecidos, só Ganivet (precursor da Xeración do
98) e Maragall (federalista), Xenius (pseudónimo de Egenio d’Ors, autor
de Cinco horas no Prado). Outros coma Azorín (La voluntad) ou Pío
Baroja (Camino de perfección) tamén puideron influír.
B) Capítulo 2: explica o que son os inadaptados, os que ven a arte coma
evasión e non como compromiso, o que era o Grupo Nós antes da súa
evolución:
a) Os membros do Grupo Nós eran rebeldes por insatisfacción, non
pretendían cambiar a sociedade, senón que se illaban e afastaban dela.
b) Fai referencia a ROUSSEAU, precursor do Romanticismo que explica que
o home é bo no medio natural pero que se degrada no social. Isto influiría
en Castelao e Otero.
c) Define o termo filisteo, co que se fai referencia aos materialistas, dentro
dos que inclúen os proletarios. Estes eran atacados polo Grupo Nós.
C) Capítulo 10: explica que Arredor de si reflicte a evolución dun home e tamén
de todo o Grupo. Falar do británico CHESTERTON (≈ Adrián Solovio) e do
nacionalista bretón M. BARRÉS, quen expón que é preciso coñecerse a si
mesmo para coñecer o de fóra3.

2.3. Otero Pedrayo, Arredor de si (1930)


2.3.1. Obras de Otero Pedrayo
Otero Pedrayo é unha das figuras máis importantes da literatura galega.
Imos ver agora as súas obras, mais non as únicas xa que son moitos os artigos que
publicou (moitos deles relatos, contos). Segundo Alonso Montero a obra de Otero
Pedrayo é oceánica.
A) Narrativa: comeza a escrita das obras de ficción en 1925, con 36 anos, polo
que o ritmo que sigue desde entón é importante. Ademais, entre 1925 e 1936
combina a activade política coa creación literaria.
a) Narrativa breve:
 Pantelas, home libre (1925)
 O purgatorio de don Ramiro (1926)
3
Isto pode apreciarse tamén en “Da medida das cousas”, pertencente a Leria, de Risco.

3 Curso monográfico de literatura galega


2006/2007
USC
1. Proceso de constitución da moderna prosa literaria galega. O Grupo Nós

 Escrito na néboa (1927)


 Contos do camiño e da rúa (1932)
 Entre a vendima e a castañeira4 (1957)
 Contos de Santos e Nadal (1988)
b) Narrativa longa:
 Os camiños da vida (1928)
 Arredor de si (1930)
 A romeiría de Gelmírez (1934)
 Fra Vernero (1934)
 Devalar (1935)
 O mesón dos ermos (1936), é a última obra que escribe antes da
Guerra Civil.
 Las palmas del convento (1941)
 Adolescencia (1944), escrita en castelán, ten certos trazos
autobiográficas. Foi publicada en América por Seoane.
 La vocación de Adrián Silva (1950), novela fantástica publicada na
Coruña.
 O señorito da Reboraina (1960), biografía novelada de Xoán Manuel
Pereira e ambientada no Pazo de Reboreda.
 La fiesta del Conde Bernstein (1988), obra póstuma de ambientación
alemá.
B) Teatro:
 A lagarada (1929), obra de difícil representación cuxo título fai
referencia ao lagar (lugar onde se pisa o viño), é unha obra moi
vangardista. Foi representada polo Centro Dramático Galego.
 O desengano do priorio (1952)
 Teatro de máscaras (1975), pezas de corte vangardista escritas no
papel timbrado das Cortes cando Otero era deputado.
C) Poesía:
 Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar (1958), Otero non se
considera poeta, mais en 1958 aparece en Madrid a editorial Brais
Pinto (nome que fai referencia a un afiador ourensán) da man da
Xeración das Festas Minervais, e quere ser inaugurada cun libro de
Otero, de aí xorde esta obra de poesía.
 Poemas soltos.
D) Ensaio:
 Guía de Galicia (1926), texto importante en canto a crónica histórica.
 Pelerinaxes (1929), libro de viaxes que narra a peregrinaxe a San
Andrés de Teixido na compaña de Risco e Oxea.
 Romantismo, saudade, sentimento da raza e da terra en Pastor Díaz,
Rosalía Castro e Pondal (1931), é o seu discurso de ingreso na Real
Academia Galega.
 Ensayo histórico sobre la cultura gallega (1933)
 Por os vieiros da saudade (1952), libro de viaxes que fai referencia á
súa despedida de Castelao en 1947.
 O libro dos amigos (1953), libro escrito trala guerra cando está sumido
nun sentimento de soidade. Consta de pequenas biografías dos seus
4
Nesta obra e na seguinte podemos apreciar como Otero mide divide as épocas do ano, así coma do
artigo “Do San Lucas ao San Xoán”, publicado na revista Dorna.

4 Curso monográfico de literatura galega


2006/2007
USC
1. Proceso de constitución da moderna prosa literaria galega. O Grupo Nós

amigos, empezando polo seu pai e rematando por Castelao, pasando


por Losada Diéguez, Casal, Blanco Torres...
 O espello na serán (1966), imaxe de Compostela no serán. Otero tiña
a intención de escribir un gran libro sobre Compostela, que nunca
escribiu.
 Vida del P. M. Benito Jerómino Feijóo Montenegro. Ensayo sobre
sus doctrinas y tendencias e influencia de su carácter y escritos
(1972), a vida do Padre Feijoo é un pretexto para dar unha visión da
Europa do século XVIII.

2.3.2. Características de Otero Pedrayo


A) Lector empedernido: as súas lecturas son moi diversas e repercuten na súa
escrita. Destaca en relación a isto a etapa de 1905 a 1911, cando vive entre
Madrid e Galiza e frecuenta o Ateneo de Madrid, onde coñece a Matías5, o
bibliotecario. A distinción entre obras culturalistas e non culturalistas é absurda en
Otero Pedrayo, pois tódalas súas obras son culturalistas, mesmo as que en
aparencia son máis sinxelas6. Ten, grazas a estas lecturas, unha grande capacidade
para inventar espazos que non coñece, como faría Cunqueiro en As crónicas do
Sochantre (describe a Bretaña Francesa sen coñecela).
B) A súa obra coma un macrotexto: todo está interrelacionado na obra de Otero, o
que nos permite dicir que é un grande macrotexto ou hipertexto (termo de Julia
Kristeva).
C) Tópicos que cómpre desfacer:
a) Para moitos escribe de xeito desordenado, mais isto non é así xa que aínda
que se vaia do tema principal sempre acaba volvendo a el, sempre pecha o
círculo e todo garda unha relación lóxica.
b) É frecuente dicir que improvisaba. O certo é que non corrixía os seus
escritos e moitas veces os responsábeis de transcribir as súas obras non lle
entendían a letra, mais isto non quere dicir que improvisase, pois era moi
reflexivo (moitas novelas remítennos a contos anteriores).
D) Temática:
a) Galiza: é o tema fundamental7 da súa obra, en tódolos xéneros. É unha
Galiza que trata en diferentes momento históricos:
 Idade Media: A romeiría de Gelmírez (1934).
 Tránsito da sociedade galega do século XIX ao XX, é un período do
que Otero é un auténtico cronista literario:
 Desamortizacións8, que dan lugar a aparición de frades
exclaustrados, que saen dos conventos porque non teñen que
comer. Isto podemos observalo en Os camiños da vida (1928).

5
Matías aparece como personaxe en Arredor de si e O libro dos amigos.
6
É o caso de Os camiños da vida, onde describe en “As trenzas loiras” a un reloxeiro suízo
atribuíndolle as características de Rousseau. Ademais o título de “As trenzas loiras” refírese á
Margarida de Goethe.
7
Na única obra na que non se fai referencia a Galiza é en Fra Vernero (1934), que trata a vida dun
romántico alemán contemporáneo de Goethe.
8
Consisten en quitarlles as terras ás ordes relixiosas co obxectivo de que estas pasen a mans dos
campesiños, mais sería a burguesía a que se faría con elas. A máis coñecida é a desamortización de
Mendizábal (1836)

5 Curso monográfico de literatura galega


2006/2007
USC
1. Proceso de constitución da moderna prosa literaria galega. O Grupo Nós

 Fidalguía, clase social que considera responsábel do futuro de


Galiza. Ten unha visión idílica dela, pero critica que non saiba
adaptarse aos novos tempos. Isto podémolo ver Contos do camiño
e da rúa (1932) e Os camiños da vida (1928), onde se narra a
decadencia de don Caetano.
b) Santiago de Compostela: é outro dos grandes temas da obra de Otero.
Sempre quixo facer unha novela de cidade protagonista, tendo como tal
Santiago e que supuxese unha reacción contra a obra La Casa de la Troya
(Otero detestaba a Casa da Troia). Nunca fixo tal novela, pero Compostela
aparece en tódolos seus libros, incluído Fra Vernero. Compostela
caracterízase por:
 Conxunga galeguismo e catolicismo.
 É campesiña e universal (Adrián Solovio reafirma a súa
universalidade en Compostela).
 Ten catro importantes elementos: celta (castro de santa Susana),
románico, barroco e romántico.
c) Autobiográfica: aínda que o texto constitúe sempre un mundo autónomo,
hai personaxes da obra de Otero que lembran diferentes etapas da vida do
autor, tal é o caso de:
 Paio Soutelo (Os camiños da vida) lembra ao pai de Otero, Enrique
Otero, a persoa á que máis referencia fixo.
 Adrián Solobio aparece por primeira vez en Escrito na néboa, e
aparecerá en Arredor de si como Adrián Solovio. Lembran ao Otero
prepotente e a súa conversión ao galeguismo.
 Pauliños Fontela e Martiño Dumbría (Devalar) son as dúas caras
da mesma moeda, idealista e materialista (igual ca Quijote e
Sancho). Lembran ao Otero integrado no Seminario de Estudos
Galegos, sen dúbidas, convencido do galeguismo e disposto a loitar
pola realidade galega.
 Xosé Ramón da novela Adolescencia9 (1944), que se desenvolve en
Ourense e publicada no exilio por Seoane, lembra ao Otero
adolescente antes de madurar e de se converter ao galeguismo.
d) Outros: exotismo e ocultismo que se dá en toda a produción do Grupo
Nós, froito dese afastamento inicial do galeguismo:
 Otero: O purgatorio de Don Ramiro (esqueleto que se ergue da
tumba, pasea por Santiago e despois de vivir malas experiencias quere
volver á tumba); O desengano do prioirio (ambientada en Ribadavia,
expón o contraste entre a industria do viño e a dos féretros).
 Risco: Do caso que lle aconteceu ao Doutor Alveiros (descuberta da
tumba de Tutankamon).
 Castelao: Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete; Os vellos non
deben de namorarse (os vellos analizan a súa desgraza no máis alá).
E) Estilo e creación de personaxes:
a) A súa formación romántica e simbolista reflíctese en moitos dos seus
personaxes, como é o caso de don Adrián.

9
Fálase da existencia dunha novela que se perdeu, Del noviciado al Ateneo, que sería a continuación de
Adolescencia e contaría vivencias anteriores a Arredor de si.

6 Curso monográfico de literatura galega


2006/2007
USC
1. Proceso de constitución da moderna prosa literaria galega. O Grupo Nós

b) Importancia da paisaxe10, chegando a ter un papel protagonista:


 Para Otero a natureza é cambiante tanto a través do tempo como da
súa propia disposición.
 O termo devalar é empregado polos mariñeiros para falar do
movemento da paisaxe, termo que é recuperado por Castelao nun
dos seus cadros (museo de Pontevedra) e ao que Otero se refire e
adopta.
c) Renovación: rompe coa novela realista e estática do século XIX. Así, en
Devalar hai unha simultaneidade de acción11.
d) Riqueza lingüística: quizais só comparábel á de Ferrín, xa que amosa un
grande dominio do léxico, da sintaxe...
e) Estilo arborescente, pero ás veces rotundo e cortante.
f) Os personaxes son planos, case non evoluciona (mesmo o proceso que
atravesa Adrián Solovio ten un esquema preconcibido). Hai personaxes
arquetípicos que se repiten. En La vocación de Adrián Silva aparece unha
personaxe fantástica, unha muller que lembra á Jacinta de Galdós.

2.3.3. Arredor de si12

2.3.3.1.Tipoloxía da novela
Debaixo do título de Arredor de si aparece o termo novela porén, debaixo
do título de Vidas non paralelas aparece a palabra novelo. Unha interpretación disto é
que novela fai referencia a un relato máis longo ca novelo.
Arredor de si é unha novela que podemos ver desde diferentes
perspectivas:
A) Novela de personaxe: todo xira arredor do protagonista, todos os
acontecementos están, directa ou indirectamente, relacionados con el. El é o
centro do relato, o que pode lembrarnos aos poemas épicos, como é o caso de
El Cid.
B) Novela autobiográfica: non podemos deixar de ter en conta que o texto
constitúe unha entidade autónoma. Con todo, hai trazos en Arredor de si que
lembran á vida de Otero Pedrayo:
 Procedencia fidalga do protagonista, que vive nunha casa en
Bocarribeira do Miño.
 Os libros que Adrián le en Madrid (realistas, románticos, simbolistas)
correspóndense coa formación literaria de Otero.
 A acción que sucede en Madrid lembra á vida de Otero nesta cidade
(Ateneo, Matías...)
 Segundo Risco Arredor de si é a biografía dunha xeración en canto
a que recolle a súa conversión ao galeguismo, pero di tamén que
contén trazos autobiográficos do propio Otero.
C) Novela de tese: as novelas de tese están ideolóxica e didacticamente
orientadas, partindo dunha afirmación inicial que demostrarán a acción e os

10
Influencia do filósofo francés Henri Bergson, quen defende unha evolución na que os cambios da
natureza se fagan por pulos creadores, igual ca un artista que crea características novas inexistentes.
11
Isto xa o fai John dos Passos en Manhattan Transfer.
12
Máis info sobre Arredor de si

7 Curso monográfico de literatura galega


2006/2007
USC
1. Proceso de constitución da moderna prosa literaria galega. O Grupo Nós

personaxes, como acontece en Doña Perfecta de Galdós. Porén, Arredor de si


non é estritamente unha novela de tese porque non pretende demostrar unha
idea preconcibida, senón narrar a conversión ao galeguismo.
D) Novela de viaxes: nas novelas de viaxes hai un fío argumental moi feble xa
que o que interesan son os lugares nos que decorre a acción. É unha novela
culturalista, propia da Xeración do 98 baseada na idea do rexeneracionismo e
a recuperación da Historia (paisaxes, costumes, etnografía). Arredor de si está
en relación con este tipo de novelas.
E) Novela intelectual: hai abondosas referencias culturais (novelas, autores,
filósofos, obras de arte...) que unen cada cidade aos seus personaxes e obras
máis destacadas.
F) Novela de autoformación: reflicte a autoformación non só do escritor, senón
tamén de toda unha xeración, xa que aprenden algo novo (o galeguismo). Isto
tamén acontece noutras novelas de Otero: Escrito na néboa, Adolescencia, La
vocación de Adrián Silva.

2.3.3.2.Influencias
2.3.3.2.Influencias
Ricardo Gallón sinala a intertextualidade (o que non implica plaxio) de
Arredor de si con outras obras:
a) Próximas: La voluntad de Azorín, Camino de perfección de Pío Baroja ou
Pedro Sánchez de Pereda.
b) Remotas: Os anos de aprendizaxe de Wilhelm Meister (1808) de Goethe, quen
inaugura con esa obra un tipo de novela: a novela de aprendizaxe ou
bildungsroman na que un personaxe consigue formarse da adolescencia á
madurez. O modelo que Otero sigue para escribir Arredor de si é o de Goethe13.

Esta influencia de Os anos de aprendizaxe de Wilhelm Meister en Arredor


de si percíbese nos seguintes trazos:
a) Tanto Adrián Solovio coma Wilhelm Meister teñen unha clara vontade
autoformativa.
b) Os dous son mozos con aspiracións espirituais (Xacobe, o irmán de Adrián,
ten, pola contra, aspiracións materiais).
c) Nas dúas novelas a iniciación nesta aprendizaxe está marcada pola viaxe
(Arredor de si comeza coa viaxe de Adrián a Madrid co gallo dunha oposición).
d) Os dous protagonistas teñen unha inclinación artística (Wilhelm Meister
teatral e Adrián Solovio narrativa).
e) Nos dous textos aparecen narracións intercaladas (isto non é un trazo propio
da bildungsroman), feito que xa aparecía en El Quijote.
f) Nas dúas obras hai un narrador heterodiexético (narrador externo), que en
Arredor de si narra a depresión de Adrián (nalgún caso úsase o monólogo
interior para isto).
g) As dúas son novelas de estrutura circular con final feliz: Arredor de si
comeza e remata en Galiza e Adrián volve ás súas orixes galegas, e Wilhelm
Meister volve ás súas orixes burguesas.

13
Aínda que Otero dominaba o francés, o alemán presentáballe máis dificultades, pero xa contaba con
traducións da obra de Goethe ao francés e ao castelán. Con todo, para a escrita de Fra Vernero tivo que
consulta bibliografía alemá, polo que se lle poden supoñer algúns coñecementos desta lingua.

8 Curso monográfico de literatura galega


2006/2007
USC
1. Proceso de constitución da moderna prosa literaria galega. O Grupo Nós

h) O final feliz prodúcese dun xeito un tanto abrupto (Adrián rompe coa
marquesa e regresa só a Galiza).

Esta autoformación do protagonista é tamén a autoformación de Galiza,


como se confirma na derradeira frase da obra: “Pois a Galicia tamén comeza a ser
outra volta historia des que deprendeu os camiños para atopar a súa conciencia e
deixou de andar, como unha cega, arredor de si”. Galiza está sempre presente:
 Moitas veces preséntase como paisaxe (lembranza da vendima).
 A Terra (chamada da terra) e a terriña, con matiz máis sentimental.
 A nai é o cordón umbilical que une a Adrián con Galiza (da man dela recibe
novas de Galiza).
Neste tipo de novelas hai dúas constantes que axudan á autoformación do
personaxe: a viaxe e o camiño. Adrián chega a autoformación por diversos
procedementos:
a) Coñece outras terras.
b) Depuración da concepción pexorativa de Galiza, un proceso progresivo que
deriva do anterior.
c) Sólida presenza da terra.

Esta autoformación ten un carácter relixioso, é un proceso de salvación,


unha reconquista da alma na que, ademais, participan dous personaxes:
a) A marquesa, á que acaba renunciando.
b) A nai, o útero materno, á que volve.

***

A reiteración do nome de Adrián na obra de Otero ten a súa orixe en San


Adrián, pretor do século III que, horrorizado polas persecucións que se levaban a
cabo contra os cristiáns, se converte ao Cristianismo e é asasinado (camiño de
perfección). Ademais o 5 de marzo é San Adrián, día no que nace Otero en 1888.

2.3.3.3.Estrutura
2.3.3.3.Estrutura
Dise que Otero escribiu Arredor de si case dunha vez. Fose así ou non,
esta novela subxace en tódalas súas obras posteriores (esquema, situación, motivos
transfigurados), polo que debeu ser unha novela escrita con moita reflexión previa.
Hai seis puntos claves na estrutura de Arredor de si:
1) Situación inicial: hai unha exposición na que se describe a acción e se presentan
algúns personaxes, é un punto de partida no que Adrián está en Madrid co gallo
dunhas oposicións. O baleiro que deixa na casa será enchido polo seu irmán,
Xacobe, quen, se ben non ten grande protagonismo na historia, é o contrapunto
de Adrián14.
Adrián → Madrid
Aldea ← Xacobe

14
Xacobe (materialista) representa a modernidade mal entendida, mentres que Adrián (idealista) busca
o seu desenvolvemento espiritual.
9 Curso monográfico de literatura galega
2006/2007
USC
1. Proceso de constitución da moderna prosa literaria galega. O Grupo Nós

2) Achegamento á realidade castelá: para realizarse Adrián necesita viaxar e


coñecer outras realidades, que irá desbotando para quedar coa galega. Neste
achegamento hai dous lugares significativos, ademais de Madrid (que representa o
Estado, a política, pero non a cultura castelá):
 Burgos: cidade clave na Reconquista e provincia onde nace o castelán, lingua
que Adrián rexeitará.
 Toledo15: cidade na que conviviron tres culturas (musulmá, xudía e cristiá).
3) A morte de Don Bernaldo (cap. IX), un crego priscilianista que ten dúbidas da
moral da Igrexa, simboliza o paso do século XIX ao XX, un dos grandes temas
de Otero. Adrián chega á aldea cando el está morrendo e a súa morte impúlsao a
ir cara outros lugares.
4) Francia (cap. XI), país ao que se dirixe trala morte de Don Bernaldo e
caracterizado polo seu centralismo (París). Isto fará que posteriormente Adrián
reflexione sobre o centralismo que Madrid exerce en España.
5) Alemaña representa o cosmopolitismo mal entendido, de ideas cocktail (París
cedéralle o predominio cultural a Berlín logo das vangardas). Alí é onde rompe
coa marquesa de Portocelos e volve a Galiza polo Atlántico (enlaza coa teoría
do atlantismo de Risco).
6) Volta a Galiza e identificación coa terra. Morre dona María, o que libra a Adrián
de toda conexión co século XIX.
Fóra destes puntos habería que falar da noveliña Nosa Señora das
Lavercas, que está fóra da obra.

Aínda que a estrutura da obra é irregular, Otero ten un proxecto de


estrutura predefinida que abandona nalgún momento pero retoma ao final:
a) Nel habería dous motivos: A (Adrián) e G (Galiza)
b) Os capítulos pares situaríanse na casa natal de Adrián e os impares seguirían
a Adrián.
c) A idea que Otero ten da novela sería similar á dunha sinfonía con tres partes:
 No capítulo VII hai unha ruptura da secuencia, tal vez por cansazo.
 Dous capítulos sobre Adrián e dous nos que se combinan os dous
motivos.
 Final e fusión dos dous motivos no capítulo XV (A=G).

1A 2G 3A 4G 6A 7A (-) 8A 9G 10A
11A 12GA 13A 14AG
15G(A)

2.3.3.4.Personaxes
2.3.3.4.Personaxes
A) Adrián Solovio: é un romántico que despreza o materialismo e semella estar fóra
do mundo. Representa ao home da cultura fronte ao home económico. É un
personaxe que dubida, é indeciso, inseguro. É anacrónico xa que se mantén
ligado ás ideas dos antergos é a nai.
B) Xacobe: aínda que ten pouca relevancia na historia, é o contrapunto do seu irmán
Adrián. Materialista, partidario da vida rutinaria e sen meditación, seguro e
resolutivo. O contrapunto con Adrián é feble (non chega aos extremos de Quijote
15
Otero di que contemplando El entierro del conde de Orgaz, de El Greco, cando falou por primeira
vez con Castelao, aínda que outras veces contradise.

10 Curso monográfico de literatura galega


2006/2007
USC
1. Proceso de constitución da moderna prosa literaria galega. O Grupo Nós

e Sancho), pero ámbolos dous representan de xeito universal a cara e a cruz do


ser humano.
Adrián Solovio é o único personaxe sólido e imprescindíbel na novela.
Personaxe que, por excesivamente reflexivo, pode chegar a cansar o lector.

2.3.3.5.A
2.3.3.5.A muller
Até hai pouco a crítica minusvalorou o papel da muller, Carvalho Calero
mesmo chegou a dicir que a marquesa era unha personaxe innecesaria. Porén, aínda
que o fío da novela deixa á muller, e a calquera outro personaxe, nun segundo plano
xa que todo xira arredor dun protagonista masculino, a muller é importante:
a) Mulleres en particular:
 Como novela de autoformación que é, Adrián evoluciona tamén no referente
ao sexo e ao amor, evolución para a que é decisiva a marquesa.
 A marquesa ten unha funcionalidade clara xa que a ruptura con Adrián é a
que impulsa a este a volver a Galiza.
b) Muller en xeral:
 Aténdese á beleza física.
 Aténdese á idade, valorando a mocidade.
 A solteiría é unha característica negativa.
 Hai unha literaturalización da muller (moza castelá e marquesa).
 Non é rendíbel xulgar a concepción que Otero ten da muller desde os
parámetros de hoxe, xa que estamos falando doutro tempo e doutra sociedade.
A muller é observada no seu rol e no seu estrato social.
 Contémplase a muller desde unha perspectiva xeográfico – antropolóxica,
contrapoñéndose a muller galega á castelá e á cosmopolita.
2.3.3.5.1. A muller galega

A) A nai de Adrián:
 A nai identifícase con Galiza, é o cordón umbilical que une a Adrián coa
Terra quen, trala súa viaxe, volverá ao útero materno.
 Representa a intrahistoria, aquilo que permanece e non cambia, é unha
metonimia da terra. Oponse á Historia cambiante, representada polo pai de
Adrián (tiña desexos de cambio) e por Don Bernaldo (ten proxecto de
cambio que nunca levará a cabo).
 É o prototipo de muller que coida e administra os bens que Adrián herdará
para que, cando volva, o atope todo inalterado. É un prototipo de muller
querido por Otero e equiparábel á figura da maorazga en Os camiños da vida.
 A nai renuncia ao vivir na cidade e fica na aldea, feito que enlaza coa
defensa da tradición e o menosprezo do burgués e do urbano do Grupo Nós.
A nai, aínda que está a carón da burguesía representada por Xacobe, acaba
elixindo a tradición e o elemento aldeán que represente Adrián.
B) A avoa de Adrián:
 É unha reliquia do século XIX, representa, xunto con Don Bernaldo, o
pasado, pero ela nun estadio anterior. É o símbolo do Antigo Réxime e da
fidalguía que morre.
 Otero destrúe o tópico da mala relación entre sogra e nora, xa que están
unidas pola dor que lles causou a perda do pai de Adrián.
 Por veces refírese a ela coma un elemento natural.

11 Curso monográfico de literatura galega


2006/2007
USC
1. Proceso de constitución da moderna prosa literaria galega. O Grupo Nós

 A diferenza da nai, a avoa transmítelle a Historia a Adrián.

2.3.3.5.2. A marquesa

Otero gusta de introducir nas súas obras elementos exóticos, alleos á


realidade galega. Este é o papel de Frolinda, a marquesa de Portocelos, en Arredor de
si.
a) Funcionalidade: a marquesa cumpre unha importante función na evolución
sentimental e sexual de Adrián polo que, malia non ser unha personaxe
elemental, tampouco é unha personaxe irrelevante.
b) Debémola ver desde dúas perspectivas:
 Muller castelá, cunha concepción renacentista.
 Muller romántica e vangardista, relacionada con George Sand (Amandine-
Aurore-Lucille Dupin, baronesa Dudevant) ou madame de Stöel, mulleres
modernas que rompen cos canons e coa tradición.
c) É unha personaxe literaturizada que simboliza a apertura universalista á
modernidade, sendo neste senso unha personaxe positiva.
d) A marquesa é o contrapunto do marqués, home que representa o carlismo
reaccionario, non a tradición.
e) A relación de Adrián coa marquesa segue tres pasos:
 Adrián tenlle medo á marquesa, a súa experiencia e o seu cosmopolitismo
fano sentir inferior.
 Adrián comeza a considerar á marquesa un ser superficial, serva das
modas, e intenta salvala.
 O cosmopolitismo da marquesa e o seu rexeitamento de Galiza farán que
Adrián rompa con ela. Adrián non cae perante os encantos da marquesa,
coma o marqués, senón que elixe a terra.

Segundo Carvalho Calero Adrián é un Ulises que marcha de Ítaca e


que, despois dunha serie de peripecias, volve a Ítaca, á súa terra.

3. Os grandes narradores:
3.1. Castelao, Cousas (1926)
A palabra cousas é unha palabra na que entra todo e non se concreta
nada (as cousas da vida son sucesos susceptíbeis de lle pasar a calquera persoa). Na
obra de Castelao conxúgase arte, literatura e vida, o que o levará á unha
fragmentariedade que debe ser entendida coma un todo16.
Castelao considérase fundamentalmente un artista plástico17, con todo
hai dúas obras que lle outorgan un lugar privilexiado na literatura:
a) Cousas (1926), obra na que a imaxe non abonda para transmitir o que quere,
polo que bota man do texto. Nesta obra texto e paratexto forman un todo.

b) Retrincos18 (1934)

16
Non é conveniente falar de macrotexto, xa que quedaría fóra a súa obra gráfica.
17
Na súa obra predominan os tons escuros, quizais pola súa eiva na vista.
18
Limiar de Retrincos:

12 Curso monográfico de literatura galega


2006/2007
USC
1. Proceso de constitución da moderna prosa literaria galega. O Grupo Nós

3.1.1. Cousas
3.1.1.1.Antecedentes
3.1.1.1.Antecedentes
Castelao era un coñecido debuxante cando comeza a súa actividade
literaria. Así, en 1914 fai unha exposición de debuxos en Madrid e un ano antes
publica o Álbum Nós (que dá nome á revista e ao grupo), arredor do cal se realiza
unha exposición itinerante en Galiza con diversas actividades (conferencias...)

Os antecedentes de Cousas témolos que buscar nos relatos e debuxos de


Castelao que aparecen en diversas publicacións periódicas:
a) A Nosa Terra: o 25 de xullo de 1919 publica unha edición especial que supón a
estrea de Castelao como narrador co relato “Peito de lobo”, logo inserido en
Retrincos (1934)
b) Nós: nos números 2, 3, 6, 12 e 16 aparece unha nova modalidade artística que
mestura o texto e o debuxo, que supón o precedente máis achegado a Cousas.
No número 31, en 1926, aparecería outra cousa máis de Castelao.
do texto ilustrado de Un ollo de vidro.
Memorias d’un esquelete (1922)
superación

do debuxo con pé do Álbum Nós (1913)

c) Galicia: é un dos xornais galegos máis importantes nos anos 20 do século XX,
fundado por Paz Andrade (fundador tamén de Pescanova), conta cunha cabeceira
deseñada por Castelao e nel escriben Otero, Risco, Vilar Ponte, Cabanillas... Nel
Castelao publica unhas 200 viñetas e, entre agosto de 1922 e febreiro de 1923,
seis de contos baixo os epígrafes “Contos de Castelao” ou “Cousas da vida”.
d) Céltiga: revista publicada en Buenos Aires na que, entre decembro de 1924 e
febreiro de 1925, Castelao publica catro prosas, amais das sete cousas que
publicaría en novembro de 1927.

Cada vez que dou un mergullo na miña vida de dibuxante apaño retrincos deleixados, que non tiveron realización plástica, e
que agora vou aproveitando, cando cadra, nos meus soaces literarios. Tamén atopo na valume de papeles vellos moitos retrincos
esquecidos do meu pensamento, que recollo, amoroso, coma se fosen recordos dun irmanciño morto. Outras veces un retrinco de
papel faime cavilar no intre de vida en que foi escrito, e sorríome compasivo.
Cando estaba de praiticante no Gran Hopital de Compostela, encontreime unha noite de servizo no coarto de socorro e
leváronme a un suicida moribundo. O coitado espichou alí e quedei soio na súa compaña, cheo de medo e respeto. Pero aquela
impresión inspiroume o treito siguente:
“Os mortos son uns preguiceiros. Cando non rexen coa vida derrúbanse, redondos, e fican esterricados nunha postura
ridícula, ás veces indecente. Caen de calisquera e non volven a erguerse. Estou por dicir que paran os folgos e o corazón para
repousar mellor. Serían capaces de quedarse cos ollos abertos se unha man amorosa non llos cerrase. Quedarían en cirolas e
camisa se non os vestisen para recibir, dinamente, a derradeira visita dos veciños. Saben o disgusto que dan á familia e nen por
esas despertan. Saben o que custa o enterro, e os nugalláns mórrense para sempre. Choran ó seu redor os fillos, a muller e a
sogra, i eles siguen tesos. Lévanos pechados nunha caixa de madeira e non estremecen. Lévanos para apodrecer debaixo da
terra e non protestan. A terra cómeos, e os preguiceiros consinten en perde-la terra con tal de non volver á vida”.
“Abride amodo a caixa dun morto de sete anos e non atoparedes máis que os ósos e os zapatos; pero conservarán a postura
en que os deixou o enterrador”.
¿Quen ollaría nesta burla os medos que papei na compaña dun morto?
Pois se fose cordo entregar ás letras de molde as miñas fraquezas, podería citarvos exemplos de meirande artificio; pero cada
vida é unha novela que se perde, porque a ialma ten máis pudores que o corpo e gusta de taparse con adobíos de imaxinación.
De todos xeitos hai retrincos en carne viva que poden amostrarse tal como se conservan na memoria, e aínda convén
certificar da súa autenticidade. Son esas cousas que lle pasan a un e que dá gusto que se crean cando se contan.
Por eso eu ofrézovos hoxe uns anacos da miña vida e prégovos que os tomedes por certos e verdadeiros; pero se coidades que
son mentiras, eu perdónovos por adiantado.

Pontevedra, 1934

13 Curso monográfico de literatura galega


2006/2007
USC
1. Proceso de constitución da moderna prosa literaria galega. O Grupo Nós

e) El pueblo gallego: xornal de Manuel Portela Valladares publicado en Vigo no que


Castelao publica, entre outubro de 1926 e xullo de 1927, unha serie de relatos
baixo o título de Cousas da vida.

3.1.1.2.Os libros de Cousas


a) O primeiro libro de Cousas, publicado por Lar en 1926, xorde das
publicacións de Castelao en Galicia e Céltiga. Son 18 prosas con cadanseu
título, que posteriormente desaparecerá, e o limiar “A carón da natureza”
b) O segundo libro de Cousas, editado por Nós en 1930, conta con 25 das
prosas publicadas en El pueblo gallego, as 7 de Céltiga e a de Nós. Anuncia
unha terceira entrega.
c) O terceiro libro de Cousas, publicado por Nós en 1934, componse de 44
textos sen título e o limiar “A carón da natureza”. É o libro que chega á
actualidade.
No prólogo “A carón da natureza”19:
 Castelao expresa a limitación da imaxe para reflectir os sentimentos
humanos, de aí a necesidade de usar a palabra.
 É un limiar no que observamos a economía lingüística de Castelao, o seu estilo
de frase contida.
 Fai fincapé na paisaxe, nas vibracións sentimentais que transmite e que
inciden no home galego:

19
Prólogo de Cousas, “A carón da natureza”
É no intre en que a terra, para se durmir, vaille virando as costas á luz e o fume das tellas, mesto e leitoso, vaise esparexendo
no fondo do val. Non é cousa de outro mundo pinta-lo que ven os ollos, que serán comestos polos vermes; pero na paisaxe hai
máis cousas que fitar, pois naquel muíño cantareiro dous namorados danse o primeiro bico e naquel pazo do castiñeiro seco
ouvean os cans.

Dende o adro dunha eirexa ollámo-lo val afundido na choiva. A iagua que cai a fío aplaca o fume azul contra as tellas
brilantes dunha chouza. Os camiños están cubertos de lama e un vendedor de cobertores pasa cabaleiro na súa besta ferrada.
Velaí o cadro dun pintor; pero aínda hai máis na paisaxe, pois tocan a morto no campanario da eirexa e o son é tan amargurado
coma se batesen a campá coa mesma cabeza do morto e non adeviñamos en cal casa do lugar hai desgracia porque todas,
todas, están tristes.

Noite de luar. Na beira dunha encrucillada de leenda un cruceiro ten a rentes de si a mesa de pedra onde pousan os mortos
para botarlle o responso; por antre os piñeiros amóstrase a ría maina; a lúa está pendurada da ponla dun pino. O pintor ten que
evocar algo máis que unha visión, pois na mesa de pedra do cruceiro, aquela mesma tardiña, pousaron o corpo morto dun rapaz
que veu do servicio; por aquela congostra vai un estudante de crego cavilando na moza do pano roxo que lle roubou a vocación.
E ó lonxe cantan un alalá.

Mañanciña de domingo. Os montes de lonxe teñen azures de Patinir; as xestas e os toxos poñan as súas motiñas marelas na
diviña sinfonía verde da paisaxe. Moitas cousas máis ten a paisaxe para un artista, pois nunha ponla daquela maceira o melro
de Guerra Xunqueiro, “lucidío e xovial” aínda, agarda polo abade da aldea para darlle os “bons días”; choveu onte; as
campás da eirexa repenican unha muiñeira e polos carreiros das veigas de acolá embaixo as formiguiñas negras e roxas veñen á
misa.

O tempo engalanou cunha tona de ouro e prata o vello castelo feudal; os esclavos do fisco sachan o millo nas leiras; antre os
salgueiros sombrizos do fondo do val avístase a fouce do río. O sol bate no lombo da terra. Todo está disposto para pintar
porque todo é regalía dos ollos; pero na paisaxe hai máis. Hoxe é víspera de San Xohán, arrecende a colo de nai, cantan os
grilos e o vento morno trianos de lonxe o son dun bombardino. Mañán lavarémonos con herbas arrecendentes.

Anoitecía. A silueta negra dun pino dibuxábase no azul escuro do ceo. Todos sabedes que na primaveira os pinos botan
milleiros de velas, collendo eisí o aspeito de candieiros xigantes. ¡Cantas veces sentimos desexos de alcende-las velas dos pinos!
Pois ben; perto do meu pino acertou a pasa-lo Viático aldeán (o crego, dous rapaces, catro mulleriñas que van rezando) e, ¡ou
miragre!, o irmán pino, sentindo o momento relixioso e en homenaxe á Sagrada forma, alcendeu as súas velas, que estiveron
acesas namentras o Viático non se perdeu na revolta do camiño.
Un día de nadal, ollando unha paisaxe que imitaba a un Nacemento, decateime de que hai máis fermosura nas froliñas dos
campos que nas froles de xardín. As froliñas ventureiras que nacen nos campos parecen creadas polo Bosco ou por Breughel “o
vello”, namentras que as froles foulentas de xardín semellan os encoiros manteigosos de Rubens. Dende entón eu quixen ser un
ventureiro das letras.

14 Curso monográfico de literatura galega


2006/2007
USC
1. Proceso de constitución da moderna prosa literaria galega. O Grupo Nós

 Unha paisaxe melancólica, cunha atmosfera de paz.


 Hai un tratamento impresionista da luz e da cor, un punto de arranque
que nos levará á traxedia que agocha a paisaxe.
 Non lle interesa a paisaxe en si, senón o home, o pobo, que é o grande
protagonista fronte á paisaxe.
 Ten unha concepción hilozoísta da natureza, xa que é unha natureza con
vida. É dicir, rexeita a paisaxe como estampa fotográfica.
 Rexeita o costumismo, tendo preferencia polo popular (rexeita as flores
de xardín). Os valores estéticos e emocionais da tradición son claves
para a arte e a literatura.
Cousas é, polo tanto, unha manifestación sintética de literatura que
ofrece unha revalorización culta da literatura oral popular integrada nunha
simbiose de texto e debuxo, na que o home galego é o protagonista.

3.1.1.3.Mecanismos
3.1.1.3.Mecanismos narrativos
O esquema é esencialmente igual en tódalas cousas:
a) Castelao fai un conto literario con aparencia de oralidade, xa que usa
recursos típicos da tradición oral.
b) O enfoque narrativo é o de narrar algo visto, vivido ou oído.
O narrador pode ser:
a) Narrador en primeira persoa:
1) O relato pode remitirnos a unha vivencia na que o autor é protagonista
(autodiexético) ou testemuña (heterodiexético). Un exemplo de
narrador autodiexético é “Na cova dos ‘carcamáns’” e de narrador
heterodiexético “Xa van alá moitos anos” ou “Aínda eu era médico
rural”. Castelao busca a interacción entre o autor e o lector e consigue
que este participe na obra grazas a unha omnisciencia autorial (fai
continuas chamadas ao lector).
2) Paranarrador: o narrador principal pasa a ser receptor cando entra
outro narrador. Isto observámolo en “Aínda eu era médico rural”20
ou en “Camiño esquecido.”.
b) Narrador en terceira persoa: é un narrador heterodiexético que conta os
acontecementos desde fóra. É o menos frecuente e atopámolo, por exemplo,

20

Aínda eu era médico rural e rubía por un camiño da serra. Os casales estaban lonxe, os alboredos tamén e por alí non había máis
que toxos e pedras.
No curuto avistei a figura dunha muller que me chamaba coa man, e o petrucio que camiñaba á par do meu cabalo contoume:
– ¡Malpocadiña! Chámanlle a “tola do monte”. Era unha rapaza ben asisada e bonita como un sol, e din que foi unha meiga
quen a enfeitizou e, dispois de perde-lo xuício, tívolle un fillo, e contan que foi do demo...

Por riba da tola do monte voaba un miñato. .

15 Curso monográfico de literatura galega


2006/2007
USC
1. Proceso de constitución da moderna prosa literaria galega. O Grupo Nós

en “Chámanlle a ‘marquesiña’”, aínda que o comentario final (“¡E aínda lle


chaman a ‘Marquesiña!’”) desdebuxa un pouco a terceira persoa.

3.1.1.4.Estrutura
3.1.1.4.Estrutura
A estrutura das cousas é a seguinte: un lugar, obxecto ou persoa
desencadea unha lembranza que constitúe o conto ou anécdota, todo orientado cara un
final.
a) Marco da narración: nel preséntase o lugar, obxecto ou persoa que
desencadeará a lembranza que constituirá a anécdota, e ademais:
 Pode aparecer nel a relación entre texto e paratexto (referencias á imaxe),
aínda que isto tamén pode acontecer na anécdota.
 Hai unha descrición dos personaxes que normalmente xira arredor do seu
alcume, condición social ou idade e, en ocasións, das súas características
físicas.
 Pode estar formado por un sintagma preposicional que faga referencias ao
tempo ou ao espazo, aínda que isto tamén pode aparecer no medio da
anécdota. É precisamente o uso recorrente da aparición de marcas temporais
o que fai das cousas contos populares literaturizados.
b) Anécdota/conto: o obxecto, persoa ou lugar trae a lembranza, a anécdota, que é a
cousa en si:
 Castelao xoga co presente e co pasado, para non quedar simplemente na
plasmación dun cadro, senón que lle dá vivacidade. Ex: na cousa na que un
rapaz lle rouba a unha mendiga hai unha referencia ao presente na que o rapaz é
xa un home rico.
c) Final: as cousas son breves e están orientadas cara o final, un final irónico que
pode ser:
 Final climático: o final coincide co momento de máxima tensión, co clímax.
 Final anticlimático ou epilogal: o final non coincide co momento de máxima
tensión. Adoita estar marcado por:
 Diálogos, que son pouco frecuentes pero cando aparecen adoitan
marcar un final epigonal.
 Comentarios persoais do narrador con carácter irónico que remiten
ao presente e actualizan a historia (“A ponte vella”).
 Hai finais aclimáticos cheos de sarcasmo a modo de posdata (“na
feira de Soutomaior había mercado de carros”).
 Final anticipado: é pouco frecuente. Aparece, por exemplo, en “Xa van alá
moitos anos”.

Final climático Final aclimático

3.1.1.5.F
3.1.1.5.F
u
n
ci
marco anécdota final marco anécdota final
ó
n da antítese na anécdota
Un dos elementos predominantes na anécdota é a antítese, por exemplo:
a) Antítese entre o alcume da “Marquesiña” e a súa condición.

16 Curso monográfico de literatura galega


2006/2007
USC
1. Proceso de constitución da moderna prosa literaria galega. O Grupo Nós

b) Contradicións sociais, por exemplo en “Se eu fose autor” (peza en dous


lances).
c) Entre a realidade e aparencia (“A ‘cova dos carcamáns’”).
d) Entre a lóxica dos personaxes e o mundo real (o romanticismo de “Don
Froitoso”).
Neste senso, a obra de Castelao pode ser considerada coma un
macrotexto, xa que a antítese tamén a podemos observar en Un ollo de vidro.
Memorias d’un esquelete (entre o rural e o urbano) ou en Os dous de sempre (entre
Pedriño e Rañolas). En Cousas destaca a oposición de clases sociais e as antítese non
son máis ca un reflexo particular da antítese xeral que move a obra.

3.1.1.6.Temática
3.1.1.6.Temática
a) Expresión sincera da vida popular:
 Defensa dun pobo desvalido, sen artificiosidade e apoiándose nos presupostos
social e racial.
 Amosa o pomo a modo de detalles, de mosaico.
 A imaxe que dá do pobo é oposta á de Emilia Pardo Bazán (considérao
manifestación de ignorancia e de degradación social).
 Superioridade da aldea sobre a cidade.
 A presenza da morte, o medo á morte. Castelao presenta os sucesos tráxicos
nos que está a morte a través da perspectiva de seres máis libres, é dicir, de
nenos, vellos ou tolos.
 Crenza en certas supersticións.
 Tratamento relixioso de certas cousas, o que non supón unha defensa da
relixión xa que só expón a relixiosidade do pobo.
b) Caracterización dun grupo social, labregos e mariñeiros:
 Ambientación mariñeira e labrega.
 Superioridade do mar fronte á terra, un mar que lle pode dar moito ao home
pero que tamén lle pode quitar a vida.
 Pugna entre o mar e a terra.
c) Chamamento por parte da Terra (Bieito, o Negriño).

3.1.1.7.Personaxes
3.1.1.7.Personaxes
a) Solidariedade cos que sofren: vítimas da Historia, cegos, mendicantes,
pobres... Solidarízase coa dor dunha persoa que non é comprendida polo seu
grupo social.
b) Oposición de personaxes de diferentes clases, aínda que sen conflito: hai dous
núcleos sociais, a xente do común e os burgueses, burócratas e señoritos
(morte da vaca e da cadela).
c) Emigración: os personaxes emigrantes, froito das desigualdades sociais, están
sempre presentes na obra de Castelao, quen os trata sentimentalmente e con
certa saudade.

3.2. Risco, O porco de pé (1928)


Risco é o ideólogo do grupo e o coñecedor da arte e a literatura
europeas, e incitará a Otero e a Castelao a abrirse ao que acontece en Europa.
Incitará tamén aos membros do grupo ao galeguismo e á literatura vangardista de
Manuel Antonio.

17 Curso monográfico de literatura galega


2006/2007
USC
1. Proceso de constitución da moderna prosa literaria galega. O Grupo Nós

3.2.1. Etapas en Risco segundo Carvalho Calero

Segundo Carvalho Calero Risco atravesa por tres etapas que, se ben é así,
pode que a división que fai estea influída por algúns prexuízos dado o
colaboracionismo de Risco co réxime na última etapa. Estas son:
a) Pregaleguista.
b) Galeguista: na que Carvalho Calero inclúe O porco de pé, que non é de
contido galeguista, un exemplo de que pode ser unha división con certas eivas.
c) Posgaleguista, de colaboracionismo co réxime franquista.
Fronte ao romanticismo de Otero, Risco ten unha bagaxe intelectual
simbolista (cita a Des Esseintes de À rebours de Huysmans), postsimbolista e
modernista (xa cando chega ao galeguismo).

3.2.2. Literatura lúdica e literatura doutrinaria

Agás Castelao, ningún dos compoñentes do Grupo Nós estaba vencellado


a Rexionalismo e non tiñan, en xeral, conciencia galeguista. Así, podemos considerar
que Risco pasa por varias etapas:
a) Literatura lúdica (La Centuria):
 A literatura coma un xogo híbrido no que se require a participación
intelixente e complicidade do lector21.
 Temática exótica, esotérica, fantástica (tumba de Tutankamon), afastada
do costumismo que até entón dominaba a literatura galega.
 Obras coma Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919), a
primeira que dá ao prelo e publicada no suplemento “¡Terra a nosa!” de El
Noroeste. Este interese polo ocultismo manterase posteriormente en obras
coma O purgatorio de don Ramiro (1926) e O desengano do Priorio (1952)
de Otero Pedrayo, ou en Un ollo de vidro. Memorias d’un esquelete (1922)
de Castelao.
b) Literatura doutrinaria: doutrina galeguista que se aprecia en obras coma:
 Teoría do nazonalismo galego (1920)
 O lobo da xente e A trabe d’ouro e a trabe d’alquitrán22 (1925), publicadas
en Lar.
 A coutada23 (1926)
c) Literatura lúdica: obras sen presenza do galeguismo nas que recupera o
concepto da literatura como xogo lúdico:
 Os europeos en Abrantes (1927), obra publicada nos números 30 e 40 da
revista Nós. Obra de forte compoñente satírico que se desenvolve en Oria
(Ourense) e que ficou inconclusa, quizais porque certos personaxes
satirizados eran facilmente identificados (segundo Carvalho Calero).
 O porco de pé (1952), sátira en clave de humor dos hábitos dunha
sociedade provinciana que rende culto ao diñeiro. Forma parte da literatura
lúdica xa que require un esforzo por parte do lector (hai numerosas chamadas
ao lector). Con esta obra Risco sitúa a prosa galega dentro da modernidade.
En O porco de pé percíbese a influencia de numerosas obras anteriores:
21
Segundo Roland Barthes hai “textos de pracer”, que non requiren esforzo por parte do lector, e
“textos de goce”, que si a requiren.
22
Nela fala de dúas trabes que sosteñen o mundo e que simbolizan os camiños cara a felicidade e o
fracaso.
23
É unha crítica á fidalguía, que non é quen de adaptarse aos tempos.

18 Curso monográfico de literatura galega


2006/2007
USC
1. Proceso de constitución da moderna prosa literaria galega. O Grupo Nós

 Libro del buen amor (século XIV) do Arcipreste de Hita.


 Los sueños (1627) de Quevedo.
 Gargantúa (1534) de François Rabelais.
 El Quijote (1605) de Cervantes.
 Tristan Shandy (1767) de Lawrence Sterne.
 Aspectos esperpénticos de Valle Inclán (Luces de bohemia, 1920)

Así, en O porco de pé Risco usa un xogo de creación entre autor e lector,


algo característico da novela do século XX24.

3.2.3. O porco de pé (1928)


3.2.3.1.Opinións
3.2.3.1.Opinións sobre a obra
a) Pilar Vázquez Cuesta, en Historia de las literaturas hispánicas no
castellanas (1980), entende que é unha burla a unha figura foránea que
representa a unha burguesía sen espírito. Para a autora é máis unha crítica
desde o punto de vista estético ca ideolóxico.
b) Carvalho Calero di que Risco pronuncia os feitos alleos sacando deles
“máis farelo ca fariña”.
c) Carlos Casares expón a influencia de Oswald Spengler, quen en A
decadencia de Occidente (1918 – 1923) expón que esa clase burguesa é a que
precipita a decadencia. Así, Risco satiriza a homes materialistas, filisteos,
que substitúen o espírito polo diñeiro.
d) Anxo Tarrío di que a novela critica unha sociedade idiotizada e que é un
exemplo de sátira menipea25 carnavalesca, na que o mundo ao revés está
plenamente xustificado.

3.2.3.2.Mensaxe
3.2.3.2.Mensaxe
A sátira ten unha mensaxe que salienta o grotesco e o absurdo desa
sociedade de filisteos. É unha mensaxe que se impón negativamente e a risa que
poder provocar a obra no lector implica a adhesión ás ideas do autor. Con todo, a
presenza da dor e da tristura tamén está patente (arde a biblioteca da vila e tódalas
persoas fican indiferentes).
Malia que O porco de pé non se insire dentro da literatura doutrinaria
nacionalista de Risco, cómpre sinalar que o humor é unha das peculiaridades do
volkgeist, do sentimento da raza.

3.2.3.3.Narrador
3.2.3.3.Narrador
a) É un narrador heterodiexético.
b) Presenta trazos que denotan a súa modernidade:
 Fai chamadas ao lector buscando a súa colaboración e anunciándolle o que
vai pasar (“vouvos referir a vida de don Celidonio”; “veredes”).
 Defínese a si mesmo, expón o seu parecer, sendo neste senso case un
personaxe máis que se semella a Risco caricaturizado26.
c) O seu punto de vista ten as súas raíces en:
24
Cómpre nomear tamén Meixelas de rosa (1929), publicada no número 264 de A Nosa Terra.
25
Sátira moralizante, irónica e crítica que emprega recursos violentos. Varrón e Séneca foron dous
destacados autores deste tipo de sátira.
26
Segundo Risco “todo é asegún” (todo é relativo) e “cada cousa ten a súa contraria”.
19 Curso monográfico de literatura galega
2006/2007
USC
1. Proceso de constitución da moderna prosa literaria galega. O Grupo Nós

Quevedo.
 Rabelais.
 Esperpento de Valle Inclán, aínda que o de Valle Inclán distorsiona
totalmente a frase e o de Risco só atende ao discurso, sen cinguirse á palabra.
d) Suscita o humor con catro recursos fundamentais:
1) Lirismo invertido: cousas que en principio suscitarían unha evocación
gozosa vólvense degradantes27 (noite de vodas de don Celidonio e Nicasia,
don Celidonio durmindo nun concerto en Madrid, vista ao bordel en Madrid...)
2) Heroísmo grotesco: deformación das características e atributos dos heroes
épicos. Podemos observar isto cando don Celidonio chega a alcalde, cando se
parodia un discurso histórico dicindo que as alturas da sociedade están
ocupadas polo seu elemento máis baixo (“Oria é unha cidade histórica, que
perde as súas orixes na noite dos tempos, en pobos celtas, gregos, en heroicos
reis, e que remata fatalmente gobernada por don Celidonio”)
3) Falsa ou deformante interpretación ideolóxica: deformación das teorías
razoadas expostas polos sabios, xurdindo así o humor. Así, asimílanse as
ideas de Platón ás de don Celidonio ou a partir da teoría de Maetzu, que
defende en certo modo o capitalismo, o narrador conclúe que hai que honrar
aos ricos.
4) Pseudocientifisimo: degradación das ideas científicas, dando lugar ao
humor (por exemplo: se a fame dá orixe á intelixencia, que non fará a fartura).
A enfermidade de don Celidonio é consecuencia do conflito entre a súa
natureza sobrehumana (porco) e a súa caracterización bípede (humano).
Estes catro recursos responden ao mundo ao revés, a unha invención de
valores que responde a un estilo antilírico, antiheroico, antiideolóxico e anticientífico,
un antiestilo paródico que descansa na caricatura e na sátira.

3.2.3.4.Aspectos
3.2.3.4.Aspectos formais
3.2.3.4.1. Trazos estilísticos

a) Rápidas e esquemáticas descricións expresionistas: o expresionismo busca


na literatura a condensación da frase, sendo substantivos e verbos os
elementos fundamentais e suprimíndose os nexos (non hai subordinación) e
as descricións, que se substitúen por enumeracións.
b) Longos períodos articulados que forzan ao lector a ler sen pausa até perder o
alento. Son unha suma de elementos heteroxéneos que non casan e forman
un todo. Ex: descrición da filla de don Celidonio (“moles, deslucidas,
descoloridas...”)
c) Enumeracións caóticas que aparecen en case todo o relato e transmiten a
idea de acumulación de riqueza de don Celidonio (mobles, comida...). Así, a
crítica que se fai está en consonancia co estilo. Ademais Risco crea palabras
compostas case interminábeis.
3.2.3.4.2. Relación do narrador cos personaxes

O narrador é:
a) Omnisciente, xa que sabe o que pensan os personaxes e o que van facer,
sendo neste senso un narrador tradicional.

27
“Mil e unha noites e moitas máis”
elemento que rompe o idealismo

20 Curso monográfico de literatura galega


2006/2007
USC
1. Proceso de constitución da moderna prosa literaria galega. O Grupo Nós

b) Case un personaxe máis, xa que opina, intervén na acción. Das súas


intervencións podemos tirar unha descrición del como personaxe. Neste senso
podemos vencellar este narrador ás vangardas e falar de metaliteratura.

Ademais, o narrador sigue unha linealidade temporal ríxida (case non


hai saltos no tempo) que trata de amosar a apoteose de don Celidonio fronte á derrota
do doutor Alveiros. É, polo tanto, unha novela río que, ademais, supón unha parodia
das novelas de tese.
3.2.3.4.3. Personaxes

a) Don Celidonio e o doutor Alveiros:


 Están rodeados de personaxes secundarios encadrados nunha anécdota
perfectamente tramada.
 Sitúanse nun ambiente provinciano.
 Son dous personaxes opostos que representan o idealismo (doutor Alveiros)
e o materialismo (don Celidonio). Unha alegoría do particular ao
universal, xa que se dá un triunfo do consumismo que o autor pretende
parodiar.
 Don Celidonio é o personaxe mellor definido.
b) O demo: é un axente importante da historia xa que consigue que o doutor
Alveiros caia aos pés do consumismo. Non é un elemento marabilloso, senón
que representa o demo interno, a maldade de cada un de nós.
Todo está destinado a destacar o triunfo do homo economicus, que non
é don Celidonio individualmente, senón que está representado en toda a cidade,
destinada a ter un alcalde así:
a) Nos primeiros parágrafos exponse o argumento que logo se desenvolverá.
b) Nos últimos parágrafos exponse o triunfo de don Celidonio sobre o doutor
Alveiros, cun final dramático no que arde a biblioteca da cidade. Ademais, a
resistencia que mantén o doutor Aleiros magnifica o triunfo de don
Celidonio.
Os demais personaxes non son de grande importancia. Podemos
nomear algúns coma os que se reúnen no Novelty (trasunto do Royalty) como é o caso
de Aser das Arias, Restituto Mendes, o Profundador Xoaquín Gondulfes...

3.2.3.4.4. Ambiente

É un ambiente tipicamente provinciano, só se desenvolve unha pequena


parte en Madrid, que:
a) É unha metáfora da España e do mundo do momento, xa que o importante
non é o ambiente, senón os fundamentos ideolóxicos que transmite a obra.
Non en van, Risco é un dos ideólogos fundamentais do Grupo Nós.
b) Critica a suplantación da sociedade tradicional pola capitalista, con
elementos foráneos coma os comerciantes maragatos que crearán conflitos e
tensión na sociedade (“a liñaxe fora suplantada pola razón social”).
c) Non hai, malia a crítica dos elementos foráneos, ningunha referencia nin
valoración do nacionalismo.
d) Hai unha referencia ao cambio de réxime (golpe de estado de Primo de
Rivera, 1923) retratando a don Celidonio coma un personaxe que se acomoda
ao grupo político que lle conveña, xa que o que lle importa é o capital.

21 Curso monográfico de literatura galega


2006/2007
USC
1. Proceso de constitución da moderna prosa literaria galega. O Grupo Nós

3.3. Otero Pedrayo, Contos do camiño e da rúa (1932)

É o único libro que Otero dá ao prelo como libro unitario de contos,


organizado por el de xeito consciente (outros son recompilacións doutros autores).
Nel destaca a simboloxía do título:
a) Camiño e rúa: son palabras que simbolizan a aldea e a vila/cidade
respectivamente. A carretera é o tránsito entre o camiño e a rúa e ten
connotacións nefastas, ao igual cá rúa que leva ao mundo consumista. O
camiño, porén, ten connotacións positivas xa que representa o mundo rural.
b) Contos: son os fidalgos, unha clase que xa está morta. Dos sete contos do
libro, cinco fan referencia á morte da fidalguía.

3.3.1. Temática
3.3.1.1. Contos que non fan referencia á morte da fidalguía

a) O “Pecado”: é un conto de personaxe centrado nun burócrata (clases


pasivas) que representa a clase media vilega. Otero descríbeo de xeito
semellante ao Don Celidonio de Risco e aos burócratas de Dostoievsky.
b) Medicina legal: é un conto centrado no mundo rural, onde a entrada de
elementos foráneos, da vida moderna dominada polo diñeiro creará conflitos.

3.3.1.2. Contos que se refiren á morte da fidalguía

a) A serea: desenvólvese no marco dunha vila case morta que precisa dun
elemento extraordinario, que non é tal, para que a saque da apatía. Precisa
dunha rexeneración que virá dada polo fidalgo e a súa serea28.
b) A criada: malia non mencionarse a cidade, é un relato que podemos supoñer
doadamente que se desenvolve en Ourense. Conta a historia dunha familia
fidalga en decadencia cuxo herdeiro, Paulos, se namora dunha campesiña,
Balbina. Foxe con ela a un pazo rural, pero non hai solución para a clase
fidalga (el sigue a perseguir mozas e ela adopta os costumes da fidalguía).
c) O pazo das cinco chagas: é a historia dun fidalgo viúvo que se traslada á
aldea coas súas cinco fillas. Tres delas tolearán e o fidalgo colle as outras
dúas e marcha con elas29.
d) Dona Xohana e don Guindo: son dous personaxes namorados fidalgos
pertencentes a unha familia carlista e a outra liberal respectivamente, polo
que nunca poderán casar, pero plantan unha pereira da que entrelazan as pólas
como símbolo dese amor imposíbel. Retrata unha fidalguía que non sabe
adaptarse aos tempos, razón da súa decadencia.
e) O fidalgo: narra do suicidio dun fidalgo na rúa Nova de Compostela, un
fidalgo que abandonou as súas terras. É un relato cheo de símbolos.
Son relatos que censuran á fidalguía por non saberse adaptar aos tempos,
pero que a defenden.

28
Isto conecta coa tese do atlantismo, segundo a cal un elemento alleo será o promotor da rexeneración.
29
Está na liña de Sonata de primavera de Valle Inclán e ten a súa orixe nun conto ruso no que un pai e
os seus cinco fillos son perseguidos polos lobos, entón ten que botar tres deles para que se entreteñan
os animais e sobrevivan os outros dous.

22 Curso monográfico de literatura galega


2006/2007
USC
1. Proceso de constitución da moderna prosa literaria galega. O Grupo Nós

23 Curso monográfico de literatura galega


2006/2007
USC