0.

Introdución histórica ao século XIX francés

1. Revolución Francesa (1789) a) CAUSAS: o 5 de maio de 1789 Louis XVI convoca os Etats Généraux (clero, nobreza e tiers etat –burguesía–) para votar uns impostos que lle permitisen á Coroa percibir máis ingresos. A Coroa pretende disolver o tiers etat porque lle creaba moitos conflitos. b) A REVOLUCIÓN: o 20 de xuño o tiers etat constitúese como Assemblée Nationale e únenselle o clero e a nobreza. Así constitúese a Revolución:  O 14 de xullo (día nacional de Francia) o pobo de París toma a Bastilla.  A revolución pasa por diferentes etapas, vaise radicalizando e en 1793 aguillotinan ao rei.  Os máis radicais, liderados por Robespierre (Le comité de salut public) serían aguillotinados tamén en 1794.  A Revolución pretenden impoñerse non só en Francia, senón tamén en Europa, polo que os reinos europeos intentarán atacar Francia. A capacidade de reacción francesa é moi eficaz: constitúese un exército revolucionario vence aos outros reinos europeos. c) CONSECUENCIAS: desde 1794 hai un importante descontento e en 1799 o xeneral Napoleón Bonaparte dará un golpe de estado. 2. I Imperio (1800 – 1814) Napoleón, oficial de Córsega ao servizo dos revolucionarios, collera fama na Campaña de Italia, deseñada para derrotar aos austríacos. Establece un réxime ditatorial e logo un imperio:  Organiza a estrutura administrativa de Francia (departamentos...)  Impón as ideas revolucionarias nos lugares que conquista. Porén, comete dous importantes erros militares: a) Na Campaña de Rusia (1812): os rusos, perante a superioridade do exército napoleónico, levan a cabo a técnica da “terra queimada” e o exército de Napoleón é sorprendido polo frío inverno en Moscova. É a primeira vez que dito exército dá unha imaxe de fraxilidade. b) Na invasión de España (1808), Napoleón leva a Fernando VII a Baiona e coloca como rei a José I. Pero a invención das guerrillas fará que, por primeira vez, o exército de Napoleón sexa derrotado en batalla. En 1814 é derrotado por unha coalición de países europeos, pero volverá ao poder. Con todo, en 1821 unha nova coalición de países europeos vencerao na batalla de Waterloo.
2.1. A Revolución e o I Imperio en relación á literatura

a) A Revolución e a etapa napoleónica convértense en mitos literarios, especialmente o segundo. b) O Romanticismo chega medio século tarde (en 1827) e consérvase a traxedia do século XVIII (seguindo as normas de Racine e Cornelle) por varias razóns:  A loita con outros países europeos durante a revolución favorece un sentimento nacionalista que rexeita as correntes que proveñen doutros países.  Napoleón admira o Neoclasicismo e rexeita o Romanticismo. 1
Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa 2006/2007 USC

0. Introdución histórica ao século XIX francés

c) Os románticos franceses serán conservadores (monárquicos) ou oporanse ao réxime. d) As figuras máis importantes son:  Madame de Staël (De l'Allemagne)  Benjamin Constain e) Non hai liberdade de expresión. 3. Restauración (1815 – 1848)
3.1. Louis XVIII (1814 – 1824)

Louis XVIII, irmán de Louis XVI, é un monarca hábil que consigue reinar até a súa morte sen moitos problemas: a) Admite unha serie de liberdades:  Relativa liberdade de prensa.  Igualdade ante a lei.  Admite símbolos coma a bandeira tricolor (bandeira da revolución). b) Promulga un texto semellante a unha constitución:  Divídense as Cortes en dúas cámaras.  A cámara dos deputados e elixida por sufraxio censatario, aínda que iso supón que voten 800.000 persoas de 32 millóns de habitantes que tiña Francia. c) As relacións cos demais países europeos son equilibradas, mesmo se une a eles en 1823 para invadir España e por fin ao golpe de Riego.
3.2. Charles X (1824 – 1830)

Tamén é irmán de Louis XVI e a súa política desembocará na revolución de 1830 en París, momento no que abdicará. Leva a cabo accións a prol do absolutismo coma as seguintes: a) Reprime a liberdade de expresión. b) Dálle máis poder á Igrexa. c) Disolve a Garda Nacional (creada pola revolución e símbolo do pobo). d) Abandona a bandeira tricolor.
3.3. Louis Philippe (1830 – 1848)

É un período de no que: a) A política é semellante á de Louis XVIII: as Cortes divídense en dúas cámaras, promúlgase un texto semellante a unha constitución, volve haber liberdades... b) Hai un importante progreso económico:  A burguesía adquire máis poder (Louis Philippe é chamado o “rei burgués”).  Desenvólvese a revolución industrial (industria téxtil, siderurxia no norte e no sur, ferrocarril...) e con ela o liberalismo
3.3.1. O liberalismo

Durante o reinado de Louis Philippe desenvólvese o primeiro período do liberalismo, que se caracteriza por: a) Reivindicar as liberdades (expresión, prensa...) b) Reivindica a división de poderes. 2
Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa 2006/2007 USC

0. Introdución histórica ao século XIX francés

c) Reivindica a participación do individuo no goberno mediante representantes electos. d) Reivindica o desenvolvemento económico sen intervención do Estado (“Laisser faire, laisser passer”), o que leva á represión da clase obreira:  Prodúcese un éxodo rural por mor da revolución industrial, pero as condicións de traballo son inhumanas (xornadas de 12 horas, non hai liberdade de folga nin de asociación, non hai días de descanso...). Publícase desde o poder o Livret de l’ouvrier que marca as accións que deben levar a cabo os obreiros.  En 1830 organízase a clase obreira e desde 1840 hai unha importante prensa reivindicativa, todos estes conflitos desembocan na revolución de 1848. 4. II República (1848) A revolución de 1848, que dará lugar á II República: a) Acabará coa monarquía de Louis Philippe. b) Constituirase un goberno provisional que intentará recoller tódalas preocupacións sociais (formará parte del o poeta Lamartine) pero terá que reprimir a esquerda. c) En 1848 Louis Napoleón Bonaparte (sobriño de Napoleón) será elixido presidente e en decembro de 1851 dá un golpe de estado e é plebiscitado polos votantes, dando lugar ao II Imperio. 5. II Imperio (1851 – 1870) Louis Napoleón Bonaparte adopta o nome de Napoleón III e o II Imperio caracterízase por: A) Ciencia: progreso. B) Economía:  Reforzamento do sistema bancario.  Desenvolvemento da industria, do comercio (300%) e dos transportes.  Organización das cidades, destacando o caso de París cuxa distribución (grandes avenidas) é deseñada polo Barón Hausmann e ten dúas finalidades:  Adquirir prestixio.  Facer que as revoltas urbanas sexan máis doadas de reprimir (como acontecerá coa Comuna de París). C) Sociedade: dificultades do proletariado que son denunciadas por Émile Zola. Están prohibidas as folgas e até 1864 as organizacións obreiras, mais os obreiros iranse organizando. D) Política exterior:  Colonizacións en África: Alxeria (colonia máis importante, na que habitan moitos franceses), Senegal...  Apoio dos nacionalismo europeos (Italia fronte a Austria).  Francia gaña novos territorios: Niza e Saboia.  Colonización de Indochina.  Intervención fracasada en México (1861 – 1863) para intentar instaurar un imperio. 3
Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa 2006/2007 USC

0. Introdución histórica ao século XIX francés

Oposición a Alemaña, que xa vén de etapas anteriores, que terá como consecuencia a primeira guerra con Prusia e os estados alemáns en 1870, na que Francia será derrotada e será parcialmente ocupada (Maupassant).

6. III República (1870 – 1900) O 1 de setembro de 1870 as tropas francesas son derrotadas na batalla de Sedán, o emperador réndese e o 4 de setembro instáurase a III República. Desde entón, e a excepción da II Guerra Mundial, o réxime político francés será a República. Con todo, hai un período confuso entre 1870 e 1871: a) As tropas prusianas invaden Francia. b) Hai un movemento revolucionario que dura tres meses (marzo, abril e maio), La Commune de Paris. Constitúese un estado independente e federativo que se opón á República burguesa, mais a revolución é reprimida violentamente (20.000 execucións). A) Cultura:  Educación laica, igualitaria (homes e mulleres), obrigatoria e gratuíta.  Igualdade entre as rexións para acabar coa tendencia monárquica do sur e do leste.  Centralismo (tamén lingüístico).  Consolidación das liberdades: educación, prensa, asociación, matrimonio civil (xa o había na I República), sindicatos... B) Política: hai diferentes tendencias coma a católica e monárquica, a republicana ou a bonapartista (o herdeiro de Napoleón III, que estaba exiliado, morre e esta opción queda sen representante). Neste ambiente prodúcense fitos importantes coma:  Intentos de golpes de estado:  En 1877 o xeneral que reprimira a Comuna, Mac-Mahon intenta dar un golpe de estado que fracasa.  Entre 1886 e 1888 o xeneral Boulanger suscita entre a poboación un desexo golpista, pero non o leva a cabo.  Asundo Dreyfus1: é un oficial francés xudeu que é acusado inxustamente de ser espía dos alemáns, será defendido pola esquerda e rehabilitado en 1900. Isto terá consecuencias:  Oposición clara entre dereita e esquerda.  Cambia a noción de intelectual: xa non só é aquel que pensa ou escribe, senón que ten que estar comprometido coa sociedade (pensa sobre a sociedade, sobre a súa función nela e pon os seus coñecementos e a súa capacidade para que evolucione). *** Durante o século XIX prodúcense cambios considerábeis para a figura do lector e do autor: a) Lector. O número de lectores aumenta considerabelmente2:
1 2

Émile Zola escribe en relación a isto o artigo “J’accuse”. Tamén aumenta o número de libros publicados, duns 600/800 ao ano a 7.500 en 1850.

4
Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa 2006/2007 USC

0. Introdución histórica ao século XIX francés

Aumenta o número de alumnos nas escolas (de 800.000 no século XVIII a 3,2 millóns en 1850) e as escolas relixiosas intentan substituír ás laicas, esta competencia fará que ambas se desenvolvan.  “Democratízase” a literatura xa que os libros baixan de prezo e créanse o Cabinet de Lecture (unha especie de bibliotecas nas que se podían coller libros prestados por un prezo módico).  Os roman – feuilleton ou novelas por entregas terán un grande éxito entre o público. b) Autor. O autor deixa de depender dos mecenas para depender das súas vendas, xa en 1793 se promulgara a lei Lakanal que recoñecía a propiedade intelectual. A Revolución fará que o escritor se implique nos acontecementos históricos.

5
Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa 2006/2007 USC

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful