You are on page 1of 1

O GDR 22 TERRAS DO DEZA ABRE A CONVOCATORIA DE

AXUDAS DO PROGRAMA LEADER

O GDR 22 Terras do Deza,que integra os seis concellos da


Comarca abre a súa convocatoria de axudas do Programa Leader
o próximo luns 12 de setembro de 2009 trala autorización do
contido do baremo por parte de AGADER .

O período para recepción de propostas estenderase ata o 1


de setembro de 2013, e contará cunha financiación procedente de
fondos europeos de case catro millóns e medio de euros.

Os interesados poderán achegar os seus proxectos na sede


do GDR, sita no Polígono Lalín 2000-Rúa E, en horario de nove a
dúas, de luns a venres, e solicitar información e apoio do equipo
técnico para a maduración das súas ideas.

Próximamente o equipo técnico comezará cunha rolda de


presentacións nos distintos Concellos da Comarca, e nas mesas
sectoriais que o integran.

A consulta da convocatoria de axudas e descarga dos


modelos oficiais pódense facer a través do blog da asociación,
terrasdodeza.blogspot.com, ou contactar a través do teléfono
986794463.