Aire negro, Agustín Fdez.

Paz
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (Vilalba, 1947). Vive en Vigo, onde imparte clases nun instituto. Mestre e Licenciado en Ciencias da Educación, estivo vencellado a movementos de renovación pedagóxica e impartiu numerosos cursos relacionados coa didáctica da lingua. É autor de recoñecidas obras de literatura infantil e xuvenil pertencentes a todos os xéneros e algunhas delas galardoadas con prestixiosos premios, como As flores radiactivas, Contos por palabras, Trece anos de Branca, Cartas de inverno ou Cos pés no aire, entre outras. Confésase un apaixonado da lectura, do cine, dos cómics, da música... Entre as súas afeccións cóntanse os paseos polo monte, andar en bicicleta ou escribir cartas. Esta novela foi recoñecida como: - 6º Premi de Literatura Protagonista Jove 2002, escollido polos adolescentes dos institutos e das bibliotecas de Catalunya. - Finalista do Premio Nacional de Literatura Xuvenil 2002. - Lista de Honra do IBBY 2002.

GUIÓN DO TRABALLO
1. Resumo do argumento. 2. Describe os personaxes centrándote na súa evolución ao longo da novela e nas súas reaccións e actitudes ante os acontecementos. 3. Analiza o suspense na novela. Como crea o autor o clímax de misterio? Conségueo? 4. Na novela están moi presentes as supersticións, cales son? Fai un comentario deste tema relacionándoo co que ti observas no teu propio contorno. 5. Como se explica o título? Propón outro título e argumenta a túa escolla? 6. Comenta as reaccións da protagonista. Como reaccionarías ti ante unha experiencia semellante? 7. Crea o teu propio relato de medo baseado nunha experiencia propia.