María Pilar Jiménez Aleixandre (Madrid, 1947; galega polo menos desde 1973 ) exerce profesionalmente como profesora

de Didáctica das Ciencias e Educación Ambiental na Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolve unha intensa actividade cultural colaborando en diversas revistas literarias e foros científicos. Desde un profundo compromiso coa cultura e a lingua galegas participa tamén en diferentes espacios asociativos. Pero o seu principal campo de intervención social é a literatura. Con A compañía clandestina da contrapublicidade acadou o Premio Álvaro Cunqueiro de novela 1998. A súa obra literaria infantil-xuvenil recibiu destacados galardóns como é o caso de A expedición do pacífico (1994) (Premio Merlín e Premio da Crítica á creación literaria en galego, que por primeira vez recaeu nun libro xuvenil e nunha muller) ou O trasno de alqueidón (Premio Rañolas de literatura infantil-xuvenil 1997). Con Rúa carbón foi finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2006. A novela xa foi traducida ao castelán e ao euskera como Elurra ibarrean.

GUIÓN DE TRABALLO DE RÚA CARBÓN 1. As últimas vacacións en Donostia convértense para Maite nunha viaxe na procura das súas orixes e da súa identidade. En que consiste esta busca interior e cales son as reaccións da protagonista ante as revelacións que lle deparan eses días estivais? 2. O desvelamento do pasado mestúrase coa descuberta do amor. De que maneira? 3. A narración combínase nesta novela coa introdución dunha serie de elementos informativos (noticias, correos...) que a complementan e que son fundamentais para o desenvolvemento da historia. Cales son e que papel xogan? 4. Igualmente, hai numerosas citas e referencias musicais ao longo da novela. Que papel teñen na historia? Que nos din? 5. Cal é o significado do título da novela? Poríaslle outro? Por que? 6. Valoración persoal desta obra de Marilar Aleixandre. Que che gustou máis / menos? (imaxina que lla estás recomendando a un amigo)