You are on page 1of 1

Como cada último venres de mes, onte celebrouse en Dodro o pleno ordinario.

Na orde do día
figuraba a modificación da ordenanza que regula os datos protexidos, a requerimento da Xunta de
Galicia e para facer máis operativo o traballo en rede dos servizos sociais. Este asunto, explicado
pola concelleira responsable da área, Victoria Rei Mariño, foi aprobado cos únicos votos en contra
do Partido Popular.
A contratación do Centro de Artes Escénicas retirouse da orde do día, o que non significa, segundo
declaracións de Anxo Franco, que o concello renuncie á execución da obra, senón que se retrasa un
pouco a súa contratación.
Xa no apartado de mocións, as dúas presentadas polo PP foron rexeitadas polo executivo local. Na
primeira pedían que o concello dese 720 € a cada un dos dous deportistas de elite, pero nos
orzamentos aprobados para o ano 2009 só figuran 720 € para este concepto, polo que non hai
partida orzamentaria suficiente para aceptar a moción do PP. Na segunda, na que pedían solicitarlle
a Augas de Galiza a limpeza dos ríos e regatos, tamén se rexeitou xa que xa se lle solicitou fai ano e
medio, volveu solicitarselle en agosto deste ano e nunha terceira ocasión neste mesmo mes de
outubro, chegando tarde a moción do PP.
Pola contra, aprobáronse as tres mocións apresentadas polo BNG por unanimidade: a primeira para
reclamarlle á Xunta que garanta o financiamento local a través do Fondo de Cooperación Local,
ademáis de reclamarlle tamén ao Estado que introduza criterios coma o da dispersión poboacional
ou o avellentamento da poboación para o reparto de fondos aos concellos, xa que os custes dos
servizos ofertados tamén é moi diferente. A segunda moción para reclamarlle á Xunta a creación do
Observatorio Galego da Violencia de Xénero, así coma doutras medidas contra a violencia de
xénero que desenvolvan a lei 11/2007. A terceira das mocións, que por un problema de rexistro no
concello tivo que ser sometida por urxencia ao non figurar na documentación do pleno malia darlle
entrada, tamén foi aprobada por unanimidade para reclamarlle ao Goberno do Estado que modifique
os criterios de reparto do vulgarmente chamado Plan E para que teña en conta as condicións galegas
de dispersión e avellentamento poboacional.