BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA

Son a e este ano quero propor aos pais e nais unha nova e trepidante aventura: Estamos a organizar dende a biblioteca unha actividade chamada “LECTURAS PARA COMPARTIR” que será totalmente voluntaria e consistirá no seguinte: aquelas persoas que o desexen traerán un ou varios libros dos que teñen na casa e xa leron para a biblioteca. Estos libros utilizarémolos para facer intercambios entre familias e profesorado; de maneira que colleremos un libro para levarnos a casa, e cando o rematemos de ler o levaremos en perfecto estado á biblioteca. Unha vez que remate o curso, devolveremos os libros aos seus donos ou donas. Durante o mes de outubro recolleremos os libros cos que queirades participar neste proxecto. O horario para esta actividade será o primeiro e tercer martes de cada mes de 18:00 a 18:30 horas na biblioteca da escola, e comezaremos en novembro. Para participar necesitamos que cubrades a ficha de abaixo e traiades unha foto para facervos o carné. Se tedes alguna dúbida dirixídevos a Laura (mestra de 5º de E.P) ou a María (mestra de 3 anos de E.I).

NOME E _______________________________________________ NOME E CURSO ___________________________________ DO

APELIDOS FILL@/FILL@S

BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA

TELÉFONO CONTACTO___________________________________________ CORREO ELECTRÓNICO____________________________________________

DE