You are on page 1of 2

LATÍN II

Bacharelato LOE
Curso 2009-2010

CIRCULAR INFORMATIVA

Segundo o acordado no seu momento polo Grupo de Traballo, para o curso 2009-2010 proponse o
seguinte para a materia de “Latín II”:

1º) Manter o mesmo programa fixado para o curso 2008-2009, cun único cambio no apartado de
“lecturas”: para adaptarse ao programa previsto no “Festival de teatro grecolatino de Lugo 2010”, a
lectura de Plauto pode ser Xemelgos ou Anfitrión. Así pois, o programa xeral queda do seguinte
xeito:

1.- TRADUCIÓN: Eutropio e Fedro.


2.- GRAMÁTICA: análise gramatical sobre o texto proposto para tradución.
3.- LITERATURA: a) Historiografía. Livio; b) Oratoria. Cicerón; c) Épica. Virxilio; d) Lírica.
Horacio; e) Teatro. Plauto.
4.- MUNDO CLÁSICO: a) aforismos e frases; b) topónimos; c) composición e derivación; d)
lecturas dos seguintes textos:

a) Historiografía: Livio, I, 56, 4-60.


b) Oratoria: Tácito, Agrícola, 29-38.
c) Épica: Ovidio, Metamorfoses, I, 452-567; IV, 55-166; X, 1-71.
d) Lírica: Catulo, 51, 2, 86, 87, 109, 5, 7, 3, 85, 70, 8, 11.
e) Teatro: Plauto, Xemelgos ou Anfitrión. Esta lectura pode ser substituída pola película
“Golfus de Roma”.

2º) O modelo de exame manterá tamén a mesma estrutura e o mesmo sistema de valoración có do
curso 2008-2009. En cada apartado do exercicio haberá dúas opcións diferentes entre as que o
estudante terá que elixir unha:

1.- Tradución (ata 6 puntos): opción entre texto en prosa ou texto en verso.
2.- Gramática (ata 1 punto): análise gramatical sobre o texto escollido para tradución.
3.- Literatura (ata 1,5 puntos): responder a unha das dúas preguntas propostas.
4.- Mundo clásico (ata 1,5 puntos: 0,75 por cada pregunta): responder a dúas preguntas das
catro propostas.

Santiago de Compostela, outubro 2009


José Carracedo Fraga
Director do Grupo de Traballo
LATÍN
Modelo de exame
PAAU curso 2009-2010

1.- Tradución dun dos seguintes textos:

OPCIÓN A:

Os cónsules romanos conquistan algunhas cidades en África, pero ante algúns desastres teñen que
desistir.

Servilius et Sempronius consules cum ducentis sexaginta navibus ad Africam profecti sunt. Aliquot
civitates ceperunt. Praedam ingentem reducentes naufragium passi sunt. Itaque cum continuae
calamitates Romanis displicerent, decrevit senatus ut a maritimis proeliis recederetur.

OPCIÓN B:

Alguén lle dá unha pedrada a Esopo e este entrégalle a aquel un ás.

Successus ad perniciem multos devocat.


Aesopo quidam petulans lapidem impegerat.
«Tanto» inquit «melior!» Assem deinde illi dedit,
Sic prosecutus est: «Plus non habeo mehercules,
Sed unde accipere possis, monstrabo tibi».

2.- Gramática: explicar morfosintacticamente o fragmento subliñado do texto escollido para


traducir.

3.- Literatura latina: responder a unha das seguintes cuestións.

1. Virxilio, poeta épico.


2. A comedia de Plauto.

4.- Mundo clásico: responder a dúas das seguintes catro propostas.

• Construír unha frase con cada unha das seguintes expresións: conditio sine qua non, ipso
facto, verbi gratia.
• Explicar o significado dos seguintes topónimos: Armenteira, Ortigueira, Ribeira.
• Sinalar cal é o prefixo e explicar que significado achega este nas seguintes palabras:
retrotraer, semicultismo, submarino.
• Describir brevemente os personaxes principais dos Xemelgos ou do Anfitrión de Plauto ou
da película Golfus de Roma.