miércoles, 26 de marzo del 2008 | la voz de la escuela

ciencias >>

7

Chega a publicidade interestelar
O centro espacial Eiscat (Noruega) tenta comunicarse coa estrela 47 Ursae Majoris
«Ola, ¿hai alguén aí? Somos os terrícolas. ¿Queredes patacas fritas?». Este será, máis ou menos, o contido do primeiro anuncio publicitario feito por humanos que podería chegar ata outra civilización extraterrestre. Os detalles da mensaxe aínda están por definir, xa que o fabricante de aperitivos salgados que promove a idea invitou aos seus clientes a crear o anuncio, que será retransmitido ao espazo no verán desde as antenas do centro espacial Eiscat, na localidade norueguesa de Svalbard. O anuncio debe durar exactamente 29 segundos (tamén sairá en televisión) e unha vez traducido a código binario enviarase por radio cara a 47 Ursae Majoris, unha estrela moi parecida ao Sol situada na constelación da Osa Maior. O destino da mensaxe non se escolleu ao azar, xa que este sistema atópase relativamente cerca, a só 42 anos luz da Terra, e ademais posúe un sistema de planetas entre os cales podería haber algún como a Terra. As ondas de radio, como o resto das radiacións electromagnéticas (microondas, luz visible, raios X, etcétera) viaxan polo espazo baleiro a 300.000 quilómetros por segundo. A esa velocidade o anuncio de pataquiñas alcanzaría a Lúa en pouco máis dun segundo, Marte en menos de 5 segundos e o Sol nuns 8 minutos. Cinco horas e media logo da súa emisión, a mensaxe podería escoitarse en Plutón, e ao cabo de catro anos e uns meses percorrería a distancia que nos separa da estrela máis próxima, Alpha Centauri. As antenas do Eiscat utilízanse habitualmente para estudar as variacións no campo magnético da Terra. Funcionan como un radar, emitindo pulsos de radiación cara ao espazo e analizando a forma en que chegan rebotados. Outros radares espaciais utilízanse para localizar asteroides e cometas, levantar mapas doutros planetas ou para enviar instrucións a sondas interplanetarias.

> ACTIVIDADES

Anuncios de lenda
En 1967 a empresa Union Carbide presentou un illamento térmico que permitiría meter un café no conxelador e mantelo quente durante varios días. O anuncio que se emitiu en televisión figura nos anais da historia da publicidade. Védeo en clase de inglés e analizade as súas virtudes e defectos. http://www.youtube.com/ watch?v=bmczbfVhfX0&feature=related

A imaxe que proxectamos
¿Que idea podería facerse de nós un extraterrestre que nos coñecese a través da televisión? Analiza a grella televisiva do día e anota qué situacións aparecerían como habituais e qué valores se poderían deducir delas. ¿Podería ser que a ficción nos defina mellor que as propias noticias? ¿Cres que a nosa visión do que ocorre noutros lugares do mundo pode estar igual de distorsionada polo que vemos na televisión?

Recreación dun planeta extrasolar, da web da National Science Foundation

OS PRECURSORES Desde finais do século XIX, a Terra atópase rodeada por un débil cuncha de ondas electromagnéticas que se propaga en todas direccións, procedente das emisións de radio, televisión e telefonía móbil. A primeira mensaxe radiada intencionadamente ao espazo emitiuse en novembro de 1962, cando os científicos soviéticos que operaban un radar deseñado para cartografar a superficie de Venus enviaron as palabras paz, Lenin e URSS. Con todo,

como Venus non está habitado, adóitase considerar que a primeira comunicación con posibilidades de chegar ata unha intelixencia extraterrestre foi a enviada en 1974 desde o radiotelescopio portorriqueño de Arecibo. En pleno auxe da procura de sinais de vida noutros planetas, un grupo de científicos entre os que se atopaba Carl Sagan preparou unha especie de mensaxe institucional da humanidade. Nel dábase información sobre os nosos coñecementos científicos (os números, os elementos químicos máis importantes, a dobre hélice de ADN) e mostrábase a posición que ocupamos na nosa galaxia. A mensaxe de Arecibo retransmitiuse cara

a M13, un cúmulo de estrelas situado a uns 25.000 anos luz da Terra, e que pode verse con prismáticos na constelación de Hércules. Desde entón enviáronse outras mensaxes ao espazo, ata anuncios por palabras e SMS, pero con tan pouca potencia que o sinal non poderá ser detectado máis aló dos límites do Sistema Solar. Para contribuír un pouco máis ao ruído, en febreiro deste ano a NASA celebrou o seu 50.º aniversario retransmitindo a canción dos Beatles Across the Universe cara á Estrela Polar, a 431 anos luz da Terra.

Publicidade e valores
Analiza os anuncios que aparecen na revista dominical que vén co xornal. ¿Hai algún no que aparezan conceptos científicos? ¿Con que obxectivo?

> Marcos Pérez
marcos@casaciencias.org

Ciencia nas mensaxes comerciais
Hai quen defende que a publicidade impón costumes e contribúe a definir os valores dunha sociedade. ¿Que opinas diso? En calquera caso, a ciencia ten unha presenza destacada na publicidade de moitos produtos, xa que o seu prestixio axuda a convencer da súa eficacia aos consumidores. Algúns invocan directamente a autoridade da ciencia, como moitos cosméticos que declaran cientificamente probados os seus efectos contra o envellecemento. Outros son máis sutís, limitándose a introducir palabras da xerga científica aínda sabendo que o destinatario dos anuncios non vai comprendela, como ocorre con moitos alimentos que case parecen medicamentos. público de investigación ceda o uso dos seus aparellos para a publicidade dunha compañía privada. Ou tamén que un articulista trate como noticia o que se parece máis a unha gran campaña publicitaria. Por outra banda, tamén paga a pena discutir se é sensato enviar mensaxes que delaten a nosa posición na galaxia, xa que a pouco que se parezan a nós, os hipotéticos extraterrestres poderían supor un grave perigo para a humanidade.

¿ALGO QUE OBXECTAR? A de hoxe non é unha gran noticia científica, pero é tan boa como calquera outra para pór a punto o noso espírito crítico. Por exemplo, podería discutirse a conveniencia de que un centro

Antenas de radar do Eiscat en Svalbard (arquipélago do océano Glacial Ártico)