You are on page 1of 1

ENTREGA DO PREMIO DE POESIA EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN EN DODRO

Como cada ano, o Concello de Dodro fixo o acto de entrega do Premio de Poesia Eusebio Lorenzo
Baleirón. No presente ano 2009 celebrouse a XXII edición do premio, sendo un dos máis antigos de
Galiza e sempre con continuidade.
A obra premiada foi Conservas, de Xosé Daniel Costas Currás, polo seu transfondo lírico e o seu
coidado estético e da linguaxe.
O acto de entrega tivo lugar o pasado domingo día 20 de decembro no CPI Eusebio Lorenzo
Baleirón. A el asistiron unhas oitenta persoas, sendo unha grata sorpresa a aparición do alcalde de
Moaña, Xosé Manuel Millán Otero, tamén poeta e gañador do mesmo premio de poesía no ano
1995.
Abriu o acto o grupo Campo de Estrelas, para, nunha posta en escena áxil e lixeira, intervir, por esta
orde, Helena Villar Janeiro, coordinadora do certame; de seguido Anxo Franco, que fixo lectura da
acta do xurado en calidade de secretario do mesmo; unha vez recibido o premio, o gañador dirixiu
unhas palabras ao respetable, sendo o momento máis emotivo de todos. Nos seus agradecementos
destacou precisamente o alcalde de Moaña e compañeiro literario, a muller e a filla de Eusebio,
Anxo Angueira, ademáis de todos os seus compañeiros e familiares. Pechou o acto o alcalde de
Dodro, para, a continuación, cantar todos xuntos o Himno de Galiza.
Ao remate serviuse un aperitivo.
O Concelleiro de Cultura e responsable do evento, Anxo Franco, valora moi positivamente a
repercusión social que este premio ten non só no mundo literario da poesia senón na sociedade
dodrense.